You are on page 1of 13

28. A axilidade como capacidade resultante.

Tratamento e criterios para o deseño de tarefas no


seu marco escolar. Aspectos siolóxicos implicados.

Indice

— contextualizar porqué escollemos este enfoque —

Introdución

A axilidade, durante bastante tempo, foi concebida como unha unha habilidade que implicaba a
capacidade para cambiar de dirección con rapidez durante o desprazamento. Desta forma, unha
boa parte da literatura que existe sobre esta capacidade está basada en avaliar os rendementos
conseguidos en probas coma o Test de Illinois ou o T-test, que avalían cambios de dirección en
contextos pre-planeados.

Hoxe, sen embargo, existe unha tendencia cada vez maior a considerar a axilidade como a
habilidade para realizar movementos rápidos que inclúen cambios de dirección COMO
RESPOSTA A UN ESTÍMULO (Sheppard e Young) (Lloyd et al.). Esta última parte da de nición
sería a que cambiaría o paradigma, e introduciría unha distinción entre a velocidade nos cambios
de dirección (VCD) e a axilidade, que resultaría dunha combinación da VCD con factores
perceptuais e de toma de decisión.

Este cambio de concepción orixínase, fundamentalmente, pola observación e a práctica no


acondicionamento de deportistas. Existen moi poucos deportes nos que se realicen con
frecuencia accións de cambio de dirección pre-planeadas, que non inclúan un compoñente
cognitivo de toma de decisións. Sen embargo, en todos os deportes de equipo ou de adversario

1 de 13
fi
fi
existen movementos constantes que implican a lectura das accións do contrario (mecanismo
perceptivo) e unha modi cación da resposta en base á información obtida (toma de decisións).

Sheppard e Young establecen os seus compoñentes no seguinte esquema:


Esta concepción da axilidade é a que se inclúe no Youth Physical Development Model (YPD)
(Lloyd e Oliver), un modelo para o desenvolvemento das capacidades atléticas a longo prazo,
publicado por dous investigadores da Universidade de Gloucestershire, que ven de gañar unha
ampla popularidade nos últimos anos. A axilidade é unha das nove cualidades que se inclúen
neste modelo, xunto coas habilidades motrices básicas, as habilidades especí cas, a mobilidade,
a axilidade, a velocidade, a potencia, a forza, a hipertro a e a resistencia.

No marco do YPD considerase que tanto a infancia como a adolescencia presentarían fases
sensibles para o desenvolvemento da axilidade. Se ben se admite que se trata de un dos
compoñentes da condición física menos investigados pola literatura pediátrica, a pesar da súa
importancia nunha amplia variedade de deportes. Polo que existe unha falta de evidencia para
determinar marcos axeitados para maximizar o desenvolvemento deste compoñente.

O desenvolvemento e a entrenabilidade da axilidade durante a infancia e a adolescencia

Velocidade nos cambios de dirección (VCD)

Os estudos dispoñibles suxiren que o desenvolvemento da VCD mellora de forma natural durante
a infancia e a adolescencia, pero de forma non linear, aparecendo diferencias entre sexos a partir
da pubertade, e atopándose as ratios de maior aumento entre os 13-14 anos en chicos. O cal é
coincidente co pico de velocidade no crecemento.

As adaptacións prepuberais na VCD estarían relacionadas co desenvolvemento do sistema


nervioso, a través de melloras na coordinación intramuscular e intermuscular, e o control motor
xeral. Mentres que as adaptacións en torno ao período puberal e á adolescencia estarían
asociadas a factores hormonais (aumento de andróxenos: testosterona, hormona do crecemento,
factores de crecemento similares á insulina…etc.), que facilitan as ganancias de forza vinculadas
ao aumento de masa muscular, aos cambios no ángulo de penación e á diferenciación no tipo de
bras musculares.

A investigación parece indicar que unha combinación de adestramento de forza e de pliometría


sería unha forma efectiva de promover melloras na VCD en xóvenes. Posto que se teñen
identi cado melloras entre a VCD e a forza relativa e reactiva. Polo que os programas de
adestramento que combinen factores técnicos (asociados ás HBM) co desevolvemento destas
capacidades físicas ao longo da etapa parece o enfoque máis adecuado para mellorar a VCD.

Mecanismos de percepción e de decisión

Tampouco existe moita literatura que examine o impacto do crecemento e a maduración nos
mecanismos de percepción e de toma de decisión vinculados aos rendementos de axilidade. Non
obstante, a investigación suxire que unha exposición repetida a un determinado estímulo en
nenos e adolescentes resultará en tempos de resposta máis rápidos e nunha mellora das
capacidades cognitivas, debida ao fortalecemento de vías sinápticas existentes.

2 de 13
fi
fi
fi
fi
fi
Tamén se ten demostrado que a exposición temperá a unha variedade amplia e profunda de
experiencias deportivas pode mellorar o proceso de toma de decisións en atletas xóvenes, o cal
facilitaría unha maior transferencia de patróns e habilidades cara a disciplina de futura
especialización.

Adestramento da axilidade durante a infancia e á adolescencia

Lloyd et al. recomendan un modelo para o adestramento da axilidade en nenos e adolescentes,


que se divide en tres compoñentes: habilidades motrices básicas (HBM), VCD e adestramento de
axilidade reactiva. A importancia de cada un destes compoñentes variaría en función do
momento de desenvolvemento, e quedaría distribuida da seguinte forma:

Os autores propoñen que durante a infancia se faga especial énfase na aprendizaxe e o


perfeccionamento das habilidades motrices básicas, para poder pasar a un enfoque que de máis
importancia a traballar a VCD durante a etapa puberal. Este traballo debería permitir no alumno
ou deportista unha capacidade para combinar distintas HBM e aprender a acelerar, decelerar e
reacelerar de xeito controlado.

Non obstante, durante esta etapa segue a ser importante adicar un certo tempo ao a anzamento
dos patróns das HBM, que deberá seguir a ser unha prioridade cos alumnos que non as teñan
ben desarrolladas. Algúns dos patróns das HBM tamén se poden ver afectados polos cambios

3 de 13
fi
do crecemento, polo que debemos prestar esepcial atención a este feito, e traballar posibles
desequilibrios vinculados aos cambios antropométricos experimentados polos alumnos.

Neste modelo, durante a etapa puberal, tamén se adicaría un 30% do adestramento a potenciar a
axibilidade de tipo reactivo, mediante tarefas especí cas que incorporen distintos tipos de
estímulos cognitivos.

A medida que nos aproximamos á adolescencia tardía e á adultez, as tarefas deberían voltarse
cada vez máis desa antes, e reduciríase o tempo total adicado ás HBM (20%) e á VCD (20%)
para poñer o foco no adestramento das reaccións (60%).

Profundizando nas diferencias entre axilidade e velocidade de cambio de dirección

A diferencia entre a VCD e a axilidade, como xa se comentou, reside en que na primeira o atleta
debe levar a cabo unha tarefa pre-planeada, onde pode coñecer con anterioridade os axustes
corporais que debe levar a cabo para executar unha determinada acción. Ademáis, non debe
reaccionar ante ningún estímulo externo.

Tradicionalmente, a VCD e a axilidade foron concebidas como dous fenómenos totalmente


intercambiables. De aí a prevalencia de tests tan extendidos coma o Test de Illinois ou o T-test,
que supostamente avalian a axilidade, pero en realidade o que están a medir e a velocidade no
cambio de dirección. Un dos motivos polos que isto é así é que se trata de tests relativamente
sinxelos, cun amplio abanico de datos dispoñibles, validados e ables. A avaliación da axilidade,
se introducimos un compoñente cognitivo, é moito máis complexa.

Este feito invita a moitos adestradores a seguir usando os protocolos de tests de VCD posto que
seguirían a ser a mellor ferramenta dispoñible para avaliar a axilidade, e dando por feito a
existencia de unha certa transferencia. Esta transferencia, non obstante, non ten sido
demostrada. E algúns estudos atoparon pouca relación entre os resultados en tests de VCD e os
rendementos de axilidade en situacións de xogo real coa introducción de compoñentes
cognitivos.

O rol da técnica nos rendementos de axilidade (Young et al.)

Que se entende por técnica de axilidade?

A técnica poderíase de nir como unha secuencia especí ca de movementos, e a forma en que as
habilidades deportivas se levan a cabo. Young advírtenos de que se ben a axilidade está
in uenciada por factores cognitivos e perceptuais, así como polas capacidades físicas como a
forza e a velocidade, os movementos de axilidade tamén se poderían considerar habilidades. E
polo tanto débense mellorar as habilidades técnicas e mecánicas para levar a cabo tarefas de
axilidade de forma rápida, controlada e e ciente. Algo que resulta fundamental para elevar o
rendemento e minimizar o risco de lesión.

Consideracións biomecánicas para a técnica de axilidade

4 de 13
fl
fi
fi
fi
fi
fi
fi
Os movementos de axilidade adoitan incluir algún tipo de desprazamento do centro de masa
relativo á base de soporte, e polo tanto as súas características mecánicas adoitan ser bastante
similares. En función de cada deporte, existe un amplio abanico de técnicas que se poden levar a
cabo en escenarios ofensivos e defensivos. A maioría destas accións inclúen cambios de
dirección, nos que a técnica adecuada é crítica para facilitar unha aplicación efectiva dos
impulsos de frenado e de aceleración.

Estos cambios de dirección adoitan dividirse en catro fases:

1. Movemento líneal, curvilíneo ou lateral (iniciación)


2. Deceleración primaria / axustes corporais preparatorios (preparación)
3. Fase principal de apoio do CD (execución)
4. Reaceleración (continuación)

Estas fases vense in uenciadas pola velocidade do acercamento, as capacidades físicas, o


ángulo do CD e as demandas do contexto de cada escenario deportivo. Dende un punto de vista
biomecánico, as demandas do CD dependen da velocidade e do ángulo. Canto maior é este
ángulo, maior será a reducción do momentum necesaria.

Young et al.

recomendan que os cambios de dirección se adestren prestando atención non só ao último paso,
se non tamén aos pasos previos. Os axustes na zancada e a preparación da planta do pé para o
contacto, recepción da carga e posterior impulso xogan un papel fundamental na técnica de
frenado.

Esto pódese adiestrar mediante tarefas que se dirixan a mellorar a capacidade de deceleración,
como a seguinte:

Durante a execución dos cambios de dirección, existen algúns consellos importantes


5 de 13
fl
- Na fase preparatoria, os axustes corporais son a chave para reducir o momentum, facendo
axustes na zancada e baixando o centro de masa para aumentar a estabilidade
- Na fase de execución, requerirase unha base de apoio rme que facilite o frenado e o posterior
impulso, orientado na dirección desexada

* En todas as fases, é importante manter unha boa aliñación frontal da rodilla, que reduza
posibles riscos.

A incidencia de lesións e a técnica de axilidade

Os movementos que implican rápidos cambios de dirección están fortemente asociados con
algunhas lesións, entre as que podemos destacar, por exemplo, a do ligamento cruzado anterior
(LCA). As accións en que a carga mecánica supera a capacidade de tolerancia do texido
aumentan potencialmente o risco de unha lesión como a rutura ou o esguince do LCA. Esta carga
vese ampli cada cando non existe unha boa execución técnica, ou con dé cits de control
biomecánico e neuromuscular.

En accións propias dos cambios de dirección vinculados aos movementos de axilidade, hai
factores técnicos e mecánicos que favorecen unha acción máis rápida (apoios laterais externos
moi separados, exión reducida de rodilla ou de cadeira, velocidades máis rápidas de
aproximación), pero están en con icto con unha execución máis segura que libere a carga na
articulación da rodilla.

6 de 13
fi
fl
fl
fi
fi
No ámbito do rendemento, sacri car unha dose de seguridade en búsqueda dun maior
rendemento pode ser un obxectivo aceptable. No marco educativo, sobra dicir que a prioridade
máxima será sempre garantir a seguridade dos alumnos, e que un adestramento que implique
cambios de dirección, ou aceleracións e deceleracións a altas intensidades deberá ser
implementado coa máxima cautela.

Outra condición indispensable para levar a cabo este tipo de adestramentos e que se acompañe
este traballo con outros programas de fortalecemento previos.

Marcos de referencia e losofía do adestramento da técnica de axilidade (Young)

Resultaría pouco práctico tratar de establecer un modelo universal para o desenvolvemento da


técnica de axilidade, posto que esta pode variar en función dos individuos polas súas condicións
antropométricas, capacidades físicas, habilidade perceptual e cognitiva, ou historial de
adestramento deportivo.

Unha estratexia exible que inclúa distintos elementos coordinativos e movementos variados
parece a clave para minimizar o risco de lesións e mellorar as capacidades. Neste sentido, sería
desexable que os alumnos ou deportistas poidan executar distintos movementos de axilidade
con ambas extremidades, nun amplo espectro de ángulos e velocidades e baixo condicións de
fatiga para poder mellorar as súas habilidades.

Desenvolvendo as cualidades físicas para o rendemento de habilidade

Os estudos existentes parecen resaltar a importancia da forza reactiva como un dos


compoñentes chave á hora de mellorar os rendementos de axilidade. Estes movementos
caracterízanse pola producción de elevados niveis de forza en períodos curtos de tempo. En
accións que requiran cambios de dirección con ángulos reducidos, sen moita perda de
momentum, sería importante a participación do ciclo rápido de estiramento-acurtamento (CEA),
mentres que en accións con cambios de dirección máis pronunciados, onde o tempo de contacto
é maior, poderíamos considerar o ciclo lento de estiramento-acurtamento.

Dito isto, a investigación actual invita a pensar que o máis recomendable é desenvolver un per l
da forza multifacético, que de soporte a todas as habilidades motoras (aceleración, deceleración,
velocidade máxima, cambios de dirección…) que son necesarias en distintos contextos da
axilidade. Onde a forza máxima e a potencia muscular do tren inferior tamén se sitúan como
elementos determinantes.

Polo tanto, as tarefas de axilidade con compoñentes perceptivos deben ser acompañadas de
intervencións especialmente dirixidas a desenvolver as capacidades mecánicas necesarias, como
o adestramento de forza. O cal implica que as situacións xogadas que se adoitan empregar, se
ben poden mellorar algunhas cualidades, poderían non ser su cientes para este n.

A práctica dos ‘lounges’, por exemplo, que implica compoñentes de forza unilateral, de
mobilidade e estabilidade podería ser un exemplo dun exercicio axeitado para mellorar os
rendementos de axilidade.

7 de 13
fl
fi
fi
fi
fi
fi
En xeral, recoméndase a importancia de manter un enfoque mixto (forza + axilidade)

Dawes e Rozen:

8 de 13
Habilidades perceptivo-cognitivas e axilidade

A habilidade para percibir a información de forma axeitada e para elixir a mellor resposta é un
factor discriminante no deporte. A anticipación é un compoñente chave da axilidade, e está
in uenciado por tres factores (Young):

- Recoñecemento visual
- Coñecemento da situación
- Recoñecemento de patróns

Para Young et al. a anticipación podería verse como unha habilidade cognitiva global, que se
aborda en primeiro lugar.

A anticipación

Pódese describir como a capacidade dun atleta para iniciar un movemento de resposta antes de
que se complete un estímulo. Unha anticipación correcta e axustada require que o atleta poida
escanear o entorno en busca de información relevante, ademáis o recoñecemento de patróns en
situacións similares tamén lle permite prever as respostas posibles.

Recoñecemento visual

O recoñecemento visual, ou escáner visual, é a habilidade para empregar a visión de forma


sistemática en busca de infromación relevante. En relación coa axilidade, faría referencia á
capacidade para extraer información sobre o movemento do rival, dun compañeiro ou de outros
factores do contexto. A investigación ten amosado que os deportistas de alto nivel son máis
efectivos nos seus movementos visuais previos á toma de decisións.

Recoñecemento de patróns

Fai referencia á habilidade dos atletas para recoñecer determinados patróns en unha situación de
xogo. Os atletas experimentados recoñecen patróns aos que se ven regularmente expostos, que
lles permiten reaccionar máis rápido.

Coñecemento situacional

O coñecemento dunha determinada situación do xogo permite analizar de forma máis rápida os
posibles resultados potenciais, e polo tanto ser máis efectivo na selección das respostas. Un
defensa central, á hora de parar un contraataque, estará máis preparado que un dianteiro para
anticipar as accións dos contrincantes.

O emprego de situacións que simulen o contexto real de xogo axudará aos atletas a reaccionar
ante o tipo de estímulos que se poden dar nun determinado deporte, e por tanto, as situacións
reducidas son a mellor forma de adestrar o compoñente cognitivo da axilidade.

Adestrando a axilidade (Young)

Os rendementos de axilidade son o resultado dunha interación constante entre o atleta, o entorno
e a tarefa. Para unha mesma tarefa, existen unha enorme variedade de respostas e de estratexias

9 de 13
fl
posibles en función de cada deportista. Así mesmo, un único deportista pode reaccionar de
forma distinta ante múltiples tarefas.

O adestramento da axilidade, polo tanto, podería entenderse dende unha perspectiva que de ao
alumno ou ao deportista as ferramentas necesarias para enfrontarse a unha amplia variedade de
problemas e de situacións. Este acondicionamento, que se podería denominar como un
condicionamento de axilidade, debe ser individualizado, e estará formado por unha serie de
capacidades técnicas, físicas e perceptuais.

As intervencións destinadas a mellorar a axilidade dun determinado grupo de alumnos, ou de


deportistas, deben estar vinculadas a obxectivos especí cos, e variarán en función de cada
circunstancia.

Oliver e Lloyd, recomendacións para adestrar os cambios de dirección en poboación xoven

Unha serie de adestramentos veñen recomendados pola literatura para mellorar a velocidade nos
cambios de dirección:

- Adestramento pliométrico
- Adestramento de forza
- Adestramento combinado
- Cambios de dirección con sprints
- Situacións xogadas

Algúns estudos atoparon correlación moderada-alta entre os niveis de forza e a velocidade nos
cambios de dirección. Polo que a forza volve a ser moi importante.

Recomendacións para adestrar os mecanismos perceptuais de toma de decisión:

Existe pouca investigación que permita determinar a interrelación entre crecemento, maduración
e adestramento no desenvolvemento destas cualidades. Capacidades como os patróns xerais de
recoñecemento, a coordinación óculo-manual ou as habilidades de toma de decisión pódense
practicar si se expón aos xóvenes a unha ampla gama de actividades e de situacións.

Tarefas

Como se recolle nas propostas de Dawes e Rozen, ou de Bompa e Carrera, pódense empregar
unha ampla variedade de tarefas para traballar os desprazamentos e os cambios de dirección,
que poden incluir distintos tipos de:

- Saltos. Sobre unha liña, sobre un cadrado, en desprazamento, bipodais, unipodais…


- Escaleiras. Todo tipo de exercicios sobre escaleiras
- Desprazamentos de cono a cono
- Desprazamentos en distintas formacións con conos

- Pódense variar o número de cambios de dirección


- O ángulo dos cambios de dirección

10 de 13
fi
- A velocidade dos cambios de dirección…
- A tarefa posterior ao cambio de dirección…

Para adestrar o compoñente cognitivo, pódense empregar tarefas de simulación, onde se lle
proporcionen estímulos ao alumno para que teña que tomar decisións mentres realiza un
determinado exercicio de axilidade.

Non obstante, o máis recomendable quizáis sexa empregar formas xogadas, como 1 vs 1, 3 vs 3
etc…..

Conclusión

Como podemos extraer do comentado neste tema, a axilidade é unha capacidade multifacética
que se atopa presente nunha ampla gama de modalidades deportivas. Nas de nicións máis
recentes do termo, o factor diferencial é o feito de aludir á resposta ante un estímulo como factor
diferenciador da axilidade.

No ámbito da secundaria, podemos traballar a axilidade de forma global, como un compoñente


máis dentro do desenvolvemento das capacidades condicionais dos alumnos. Pero tamén sería
recomendable levar a cabo tarefas de adestramento da axilidade vinculadas aos distintos
deportes que vaiamos a practicar na aula. Esto podería facerse nunha fase preparatoria, de
acondicionamento, ou como parte das sesións de desenvolvemento de estes deportes.

En todo caso, debemos ter sempre presentes unha serie de factores á hora de implementar
tarefas que requiran da execución de cambios de dirección de intensidade moderada ou alta por
parte do noso alumnado. O primeiro, será que debe existir unha técnica axeitada por parte do
alumnado. Polo cal, a primeira fase terá que ser necesariamente de aprendizaxe de unha técnica
axeitada de aceleración e de frenado. Prestando especial atención ao aliñamento frontal da
articulación da rodilla.

O segundo, é que os niveis de forza deben ser axeitados. Canto menor sexa o nivel de forza do
alumnado, menor será a capacidade de executar estes cambios de dirección, e o que é máis
importante, maior será o risco de lesión. Polo tanto, o adestramento de axilidade deberá vir
precedido dun bo desenvolvemento das capacidades de forza.

En terceiro lugar, o adestramento da axilidade debe adaptarse na medida do posible as


características individuais de cada alumno, a súa práctica deportiva habitual, ás súas
experiencias previas, factores antropométricos, de maduración, etc.

Por último, como xa se comentou, resultaría idóneo tratar de orientar o traballo de axilidade para
aliñalo con aquelas modalidades deportivas que se inclúan na programación. Por exemplo, se
temos planeado levar a cabo unha unidade didáctica de badminton, deberíamos incorporar
tarefas que simulen o tipo de movementos e as respostas cognitivas típicas deste deporte.

11 de 13
fi
Agility in Invasion Sports: Position Stand of the IUSCA. Young et al. International Journal of
Strenght and Conditioning. 2022.

Agility Literature Review: Classi cations, Training and Testing. Sheppard e Young. Journal of Sport
Sciences. 2006.

A Review of Agility: Practical Applications for Strenght and Conditioning. Young e Farrow.
Strenght and Conditioning Journal. 2006.

Conditioning Young Athletes. Bompa e Carrera. 2015. Human Kinetics.

Considerations for the Development of Agility During Childhood and Adolescence. Lloyd et al.
Strenght and Conditioning Journal. 2013.

Developing Agility and Quickness. Dawes e Rozen. 2012. Human Kinetics.

Oxford Childrens Sport Science Textbook. Chapter 37. Speed and Agility Training. Jon L Oliver
and Rhodri S Lloyd. 2017.

The Youth Physical Development Model: A New Approach to Long-Term Athletic Development.
Lloyd et al. Strenght and Conditioning Journal. 2012.

12 de 13
fi
13 de 13

You might also like