You are on page 1of 14

37. Os deportes de adversario. Aspectos técnicos, tácticos e reglamentarios.

Exempli cacións
sobre algúns deportes.

Indice

1. Introdución
2. De nición dos deportes de adversario
3. Os deportes de adversario na etapa secundaria e o bacharelato
4. Aspectos técnicos, tácticos e reglamentarios
5. Exempli cacións sobre algúns deportes
6. Conclusións

1. Introdución

Ao longo deste tema, trataremos de analizar coa maior profundidade posible a categoría dos
deportes de adversario. Para poder levar a cabo esta tarefa debemos enfrontarnos, en primeiro
lugar, á súa de nición. Veremos como se trata dun problema bastante máis complexo do que
podería parecer a simple vista.

A realidade deportiva das nosas sociedades é un fenómeno rico, diverso e cambiante, que
conforma un dos obxectos de estudo principais de esta disciplina e que pon ao noso alcance
unha ferramenta educativa de un potencial inestimable. Agora ben, a propia de nición de cales
son aquelas actividades que merecen a consideración de ‘deportes’ non existe de forma unánime
en ningún sitio. Non hai unha unidade de referencia, un sistema de recoñecemento, un órgano
competente, nin unhos criterios establecidos.

Poderíamos considerar que o Comité Olímpico Internacional é a institución máis parecida a un


órgano de goberno do deporte mundial que existe na actualidade, pero a súa nalidade non é a
ordenación do fenómeno deportivo a nivel global, se non que a súa actividade se centra
fundamentalmente na organización dos xogos.

Polo tanto, para chegar ata unha de nición do que constitúe un deporte, e a partir de aí poder
categorizalo, necesitamos apoiarnos nas aportacións de distintas institucións e autores. Os
dicionarios da Real Academia Galega (RAG) e da Real Academia Española (RAE) non nos brindan
de nicións moi esclarecedoras. Incluso problemáticas.

A RAG, por exemplo, tan só nos fala de unha actividade que persegue o desenvolvemento dun
compoñente físico. Que hai, polo tanto, do desenvolvemento emocional? Ou das aptitudes
psicopedagóxicas? Que cabida tería o deporte no sistema educativo, se tan só fora isto?

A RAE, como tratando de evitar problemas, aporta dúas acepcións, case contraditorias. A
primeira fálanos de unha actividade física suxeita a normas, a segunda como recreación ou
pasatempo. Tampouco é de moita axuda.

A de nición máis completa, na que adoitan apoiarse a maioría dos autores, é a que se recolle na
Carta Europea do Deporte (revisada no ano 2021), que di o seguinte:

‘Todo tipo de actividades físicas que, mediante unha participación, organizada ou de outro tipo,
teñan por nalidade a expresión ou a mellora da condición física e psíquica, o desenvolvemento
das relacións sociais ou o logro de resultados en competicións de todos os niveis’.
1 de 14
fi
fi
fi
fi
fi
fi
fi
fi
fi
fi
Esta de nición está a gozar dun amplio alcance, posto que da cabida ao mesmo tempo as
actividades que son organizadas e ás que non, recoñece que existen distintas motivacións para a
práctica deportiva e identi ca un compoñente psíquico. Polo que nos da unha visión moito máis
completa do fenómeno que podemos clasi car como deporte.

2. De nición dos deporte de adversario

Unha vez que acadamos unha de nición satisfactoria do que representa o termo ‘deporte’,
atopámonos ante o reto de realizar taxonomías que faciliten o seu estudo e clasi cación. Neste
sentido, atopámonos con múltiples exemplos na literatura, que poden variar en función dos
autores. Unha das máis coñecidas é a de Ellis (1983), que ven recollida no currículo da
comunidade autónoma galega, e distingue entre as seguintes manifestacións deportivas:

- De invasión (con ou sen oposición regulada)


- De rede e muro
- De campo e bate
- De branco e diana
- De loita
- De carácter individual

Ao longo de toda a etapa debemos practicar polo menos unha vez cada unha destas
manifestacións deportivas. O currículo, non obstante, tamén nos fala de empregas prácticas
motrices con distintas lóxicas internas, e especi ca entre paréntese (individual, de cooperación,
de oposición ou de colaboración-oposición). Esta distinción xa se parece máis á proposta do
enunciado deste tema, posto que os deportes de adversario se
poderían identi car coas prácticas de ‘oposición’.

Trátase de unha clasi cación basada na proposta do autor francés


Pierre Parlebas, un dos pioneiros e máis in uintes investigadores no
ámbito da didáctica da Educación Física, que foi profesor no Instituto
Nacional do Deporte Francés e na Universidade París V.

Para poder clasi car a acción motriz nas actividades deportivas, este
autor basouse en tres elementos:

-A presenza ou non de compañeiros, que derivan nunha práctica


psicomotriz (individual) ou sociomotriz (colectiva), (P)

-A presenza ou non de adversarios (A)

-A interacción co medio ou o entorno físico (I)

A partir da combinación de estos elementos podemos distinguir oito


grandes categorías na práctica motriz. As catro primeiras, que son as
que se re exan nos decretos 156/2022 e 157/2022, de 15 de setembro,
deveñen da combinación dos dous pimeiros elementos:

PA: non hai nin compañeiros nin adversarios

2 de 14
fi
fi
fl
fi
fi
fi
fi
fi
fl
fi
fi
fi
PA: non hai compañeiros, pero si ADVERSARIOS
PA: hai compañeiros, pero non adversarios
PA: hai compañeiros e adversarios
No temario da presente convocatoria, que é o que se recolle na Orde do 9 de setembro de 1993
publicada no BOE, debemos distinguir entre deportes individuais, de adversario e colectivos.
Unha clasi cación que non é exactamente equivalente a esta, pero para a cal nos podemos
apoiar bastante. No caso dos deportes de adversario, a efectos deste temario, entenderemos que
son aqueles en que tan só existen adversarios, pero non compañeiros. É dicir, estaríamos ante o
PA de Parlebas.

Ademáis, podemos considerar a de nición de Hernández Moreno (1994), para quen os deportes
de adversario son aqueles en que: ‘ O desenvolvemento da acción se da sempre en presencia de
outro, en calidade de adversario e opoñente, de maneira que todo o comportamento e a conduta
motriz de un e outro teñen obxectivos opostos’.

Os dous grandes exemplos que nos atopamos dentro dos deportes de adversario serían as
actividades luctatorias e os deportes de raqueta, se ben non son os únicos. A pelota vasca, por
exemplo, ou o xadrez, tamén terían argumentos para incluirse neste grupo.

Existen distintas clasi cacións dos mesmos, que teñen en conta elementos como:

O tipo de blanco
-Material: o duelo realízase a través dun móvil
-Humano: buscase o contacto directo co adversario

A utilización de implementos
-Con material: tenis, bádminton…
-Sin material: pelota vasca, judo…

O espazo
-Espazo común: pelota, boxeo, esgrima…
-Espazo separado: tenis, bádminton…

Con participación simultánea ou alternativa


-Simultánea: boxeo
-Alternativa: tenis

3. Os deportes de adversario na Ensinanza Secundaria e no Bacharelato

Se voltamos a xarnos nas indicacións curriculares, recordamos que debemos practicar polo
menos unha vez ao longo da ESO cada unha das seis manifestacións deportivas propostas por
Ellis. Esto quere dicir que teremos que practicar, cando menos, un deporte de rede ou muro e
outro de loita.

Dentro dos deportes de rede e muro é frecuente que se introduza un deporte colectivo, como é o
voleibol, pero tamén é frecuente que se utilicen no ámbito educativo distintas adaptacións dos
deportes de raqueta. No caso da loita, será prácticamente inevitable que teñamos que
decantarnos por unha modalidade que pertenza aos deportes de adversario, como poderían ser
adaptacións do judo, do karate, do taekwondo, de loitas tradicionais ou locais, da esgrima… etc.

3 de 14
fi
fi
fi
fi
Dentro dos deportes de adversario, non son moitos os que se teñen desenvolto con frecuencia
ou regularidade no sistema educativo do noso país. Un dos máis recurrentes é o badminton, que
a adoita ser a escolla habitual de entre os deportes de raqueta por diversos motivos:

- O primeiro é que o implemento e relativamente barato, e fácil de atopar. O mesmo se podería


decir das plumas sintéticas.
- O segundo que as dimensións da pista son bastante reducidas e a rede é fácil de montar; polo
que tirando unha corda e marcando as liñas podemos dispor de varios campos de xogo en
unha super cie relativamente reducida.
- O terceiro é que os seus golpeos son relativamente fáciles de asimilar, e a curva de
aprendizaxe non é moi elevada. Polo que permite que se ralicen intercambios dende as
primeiras sesións.

Hai outros deportes, coma o tenis, o pádel, o squash, ou o ping-pong, que por motivos de
instalación e loxísitca quedan case descartados para a inmensa maioría dos centros da nosa
comunidade. Unha opción interesante, que está a recibir cada vez máis apoio por parte da
Federación Galega de Tenis e dos Clubes da nosa comunidade é o touchtennis. Trátase de unha
modalidade do tenis que se xoga con pelotas de espuma e raquetas de 21’’. Os patróns de
golpeo son prácticamente idénticos aos do tenis, pero o feito de que as pelotas e as dimensións
sexan reducidas facilita enormemente o intercambio durante as primeiras etapas de aprendizaxe.

No que se re re aos deportes de loita, como ben sabemos a día de hoxe aparecen como
obrigatorios no actual currículo. Se ben é verdade que tradicionalmente pasaban con frecuencia
desapercibidos en moitas programacións docentes. Hai varios motivos que poderían explicar
este feito, como o temor a que os alumnos se manquen, a falta de formación dos docentes ou a
carencia instalacións axeitadas (tatami).

Se ben isto pode supoñer unha barreira, cada vez existen máis recursos na literatura e na rede
que nos poden axudar a levar a cabo adaptacións de moitos destes deportes. Un dos máis
empregados é o judo, pero tamén existen distintas propostas para adaptar outros deportes de
loita coma o taekwondo, o karate ou o kick boxing. Ou deportes de combate con implemento,
como sería a esgrima.

Unha disciplina a ter moi en conta dende a nosa perspectiva sería a loita tradicional galega, que
se trataría dun deporte tradicional en vías de recuperación (Federación Galega de Loita). Mesmo
en Rosalía de Castro e en Pardo Bazán existen algunhas referencias a este tipo de prácticas, se
ben a maioría de referencias que nos quedan son orais.

Máis adiante, no último apartado, profundizaremos con máis detalle nalgunhas destas prácticas.

4. Aspectos técnicos, tácticos e reglamentarios

4. 1. Aspectos técnicos

Para Morante e Izquierdo (2008), a técnica faría referencia a un ‘movemento deportivo que se
caracteriza pola e cacia, e ciencia, estereotipo e adaptación’. E os seus principios serían a
e cacia, que mide a relación entre a intención e o resultado da execución e a economía, que iría

4 de 14
fi
fi
fi
fi
fi
en relación co gasto enerxético. Debemos estar ante un movemento, polo tanto, que sexa
biomecánicamente e siolóxicamente e ciente.

A técnica vese moi condicionada pola natureza de cada deporte, e podería de nirse como unha
especie de consenso, sobre o que Weineck denomina o ‘patrón motor ideal’, que adoita reunir os
patróns de movemento máis desexables en cada disciplina. Se ben, estos patróns, adaptaranse
de distinta forma en cada deportista.

Se tomamos como exemplo o tenis, existe un patrón técnico bastante claro respecto ao que
debe ser un bo golpe de dereita, un revés, un saque, unha volea… E sen embargo bastará con
ver a calquera dous tenistas que se enfronten para apreciar a enorme impronta persoal que
re exa a súa técnica. Ou pensemos no baloncesto, nun xesto relativamente sinxelo, como o tiro a
canastra. Cada xogador ten a súa mecánica.

Bompa, polo tanto, propón empregar o patrón técnico como punto de referencia, pero permitindo
certa exibilidade.

Debemos entender, á súa vez, que a técnica deportiva é un elemento en evolución constante,
susceptible sempre a melloras, e sensible a modi cacións no regramento ou nos materiais. O
exemplo máis paradigmático é o do saltador Dick Fosbury, que cambiou para sempre o salto de
altura nos xogos de México de 1968.

Todos os autores que teñen abordado a cuestión da técnica deportiva coinciden nun mesmo
aspecto: o número de repeticións é un factor clave. Evidentemente, non é o único, pero sí
debemos ser conscientes de que o aprendizaxe de unha determinada técnica deportiva require
un volume moi grande de adestramento (Bompa). Algo que debemos ter en conta á hora de
adaptar estes deportes nas aulas de Educación Física, pois as esixencias do programa, as ratios
de alumnos e a dispoñibilidade horaria son limitacións signi cativas á hora de considerar as
posibilidades de aprendizaxe de unha determinada técnica.

No aprendizaxe da técnica, Weineck distingue 4 etapas:

1. Fase de ensinanza e comprensión. Ensinamos o movemento, e o alumno debe elaborar un


plan de acción, no que axudarán as súas experiencias motoras, nivel motor e dotes de
observación e comprensión.
2. Fase de coordinación gruesa. As súas primeiras experiencias de práctica, e as indicacións
verbais sinxelas, son a principal fonte de información.
3. Fase de coordinación na. O volume, a forza e o ritmo xa se acercan a un patrón idóneo. A
precisión é creciente, e a recepción da información é moi boa.
4. Fase de consolidación, perfeccionamento e dispoñibilidade variable. O movemento pódese
adaptar con éxito a situacións variables, grazas a unha elevada automatización.

No ámbito do ensino, é posible que nos vexamos moitas veces limitados aos estadíos 1 e 2.
Tendo en conta, ademáis, que existen diferencias moi signi cativas nas habilidades e nos ritmos
de aprendizaxe de cada persoa, así como no bagaxe motor previo do alumnado.

Máis alá disto de todo isto, podemos comentar que os deportes de adversario adoitan ser
modalidades con requerimentos técnicos bastante complexos e variados, que serán propios de
cada disciplina. Non obstante, podemos atopar patróns comúns nos deportes de raqueta, como
son as empuñaduras, os efectos ou os golpes básicos. Tamén existen habilidades que son

5 de 14
fl
fl
fi
fi
fi
fi
fi
fi
fi
comúns a distintas modalidades luctatorias (agarres, patadas, inmovilizacións, escapes…). Pero
comentaremos estos aspectos con algo máis de detalle no último apartado.

4.2. Aspectos tácticos

A palabra táctica ten a súa orixe nun vocablo grego, taktica, que se re re á ‘organización das
cousas’. E estaría moi vinculado ao concepto de estratexia, do grego strategos, que servía para
referirse ao xeneral ou ao arte do xeneral.

No ámbito deportivo, seguindo a Weineck, podemos entender a táctica como un comportamento


plani cado na competición, enfocado á capacidade de rendemento propia e do contrario, así
como ás circunstancias exteriores.

Un determinado plan de acción táctico debe estar basado nunha serie de compoñentes, e
Weineck identi ca 3:

- As capacidades cognitivas do deportista


- A técnica adquirida
- As capacidades psicofísicas

O análise destas capacidades permitirá que se combinen da mellor forma posible para maximizar
as fortalezas e minimizar as debilidades.

O compoñente táctico non ten a mesma importancia en todas as modalidades deportivas. Nunha
carreira de 100 metros, por exemplo, a táctica non adoita ser un factor determinante. Nos
deportes de adversario, sen embargo, xoga un papel clave. O feito de que nos atopemos en
oposición directa con un contricante, obríganos a tomar decisións en resposta ás súas accións
de forma constante, nun entorno cambiante.

Neste tipo de deportes, cando deseñamos a táctica, tamén será moi importante que teñamos en
conta as virtudes e as debilidades do contrario, así como o seu estilo de xogo, etc. En moitos
deportes, o mero feito de que o opoñente sexa destro ou zurdo levará a modi cacións tácticas
importantes no noso plan de acción.

As condicións do medio tamén deben ser un factor a ter en conta para tomar decisións de tipo
táctico. En deportes que se poidan desenvolver en exteriores, coma o tenis, en días de vento
forte, a precisión nos golpeos será menor, polo que os tiros seguramente se volvan máis
conservadores.

Weineck distingue no adestramento da táctica unha vertente teórica e outra práctica. A teórica
pasaría por potenciar o coñecemento sobre a disciplina, o análise de información e a capacidade
re exiva. Mentres que a práctica pasaría por tarefas de adestramento que potencien habilidades
e formas de comportamento táctico, nun contexto real de práctica.

Recomenda levar a cabo ambas formacións de forma paralela, en contextos de di cultade


crecente, e recórdanos que as posibilidades tácticas irán sempre en función do nivel técnico.

6 de 14
fl
fi
fi
fi
fi
fi
De forma un tanto errónea, poderíase chegar a pensar que a táctica é un elemento propio do
deporte de competición, que só aparece en niveis avanzados. Pero a consideración da táctica
pode e debe estar presente dende o primeiro momento da práctica de calquera actividade
deportiva. É moi posible que non poidamos alcanzar estadios moi elevados no desenvolvemento
da técnica cos nosos alumnos da ensinanza secundaria, pero sempre poderemos ensinarlle a
maximizar as súas estratexia para adaptar a táctica aos recursos dispoñibles.

Neste sentido, o currículo da ESO e o bacharelato recolle unha evolución bastante coherente de
un conxunto de contidos e criterios de avaliación que se poderían relacionar con un
comportamento de tipo táctico. Atópanse no bloque 3, de resolución de problemas en situacións
motrices. Poñemos como exemplo a evolución destes contidos:

1º da ESO. Toma de decisións: adaptación dos movementos propios ás accións do contrario en


situacións de oposición.

3º da ESO. – Elección dunha resposta óptima en función do movemento do rival, así como da
situación do móbil, se o hai.
– Organización anticipada das accións individuais en función das características do contrario en
situacións de oposición de contacto.

1º de bacharelato. – Accións que provocan situacións de vantaxe con respecto ao adversario nas
actividades de oposición.
– Oportunidade, pertinencia e risco das accións nas actividades físico-deportivas de contacto a
partir da aná- lise dos puntos fortes e débiles propios e do rival.

4.3. Aspectos regramentarios

Os aspectos reglamentarios forman parte da estrutura formal dos deportes, son propios e
especí cos de cada modalidade e a súa in uencia e determinante en aspectos técnicos e
tácticos. Como norma xeral, adoitan establecer:

- O marco xeral da competición


- Os límites da técnica e as infraccións
- Os sistemas de competición
- Os sistemas de valoración e medición

Se no deporte se empregan artefactos, como poden ser unha raqueta ou un orete, o regramento
tamén fará referencia aos tamaños, a forma e os materiais. O mesmo se pode dicir da vestimenta,
con todo o que ven indicado, por exemplo, na etiqueta do judo.

Cañizares e Carbonero recoméndannos que no entorno escolar o regramento sexa aberto e


adaptable, sobre todo en aqueles casos en que non teñamos instalacións deportivas axeitadas.
No caso dos alumnos con necesidades especiales, as adaptacións do regramento tamén son
unha das formas máis e caces de facilitar a súa participación (Potter).

O respeto ás normas é un contido que está presente en todos os cursos da ESO e no 1º de


bacharelato. En 1º e 2º da ESO, ademáis, añádense como contido as funcións de arbitraxe
deportiva. E en 1º de bacharelato o desempeño de roles relacionados coa arbitraxe.

7 de 14
fi
fi
fl
fl
Vemos, polo tanto, como ao longo da etapa os alumnos deberán familiarizarse coas normas das
modalidades deportivas practicadas dende a perspectiva do xogador, se non que tamén deberán
vivenciar as funcións do arbitraxe.

5. Exempli cacións sobre algúns deportes

Como ben é sabido, o currículo non concreta as modalidades deportivas que se deben practicar.
A escolla destos exemplos é debida a que se considerou que estes deportes, por distintas
razóns, son algúns dos máis susceptibles de ser empregados na aula. Ben sexa por razóns
curriculares, por facilidades loxísticas, ou por unha combinación de ambas.

5.1. O bádminton

O bádminton é un xogo de pluma e raqueta, que se pode practicar en modalidade de individuais


ou de dobres. O deporte toma o seu nome da casa Badminton, do duque de Beaufort, no
condado inglés de Gloucestershire, cercano ás cidades de Bath e Oxford.

Este xogo é unha derivación do ‘Poona’, traído polo propio duque dende a India. O xogo tivo
unha grande aceptación entre as súas amizades, e no 1877 o recen creado Bath Badminton Club
elaboraría as primeiras regras escritas do deporte.

Na normativa actual, o bádminton dispútase ao mellor de tres xogos, a 21 puntos. O tanteo


dirímese por diferencia de dous, pero chegados ao 29-29, sería morte súbita.

As raquetas son lixeiras, e adoitan rondar os 100 gramos. Son fáciles de conseguir e económicas,
polo que non supoñen un gran desembolso por parte do centro ou do alumnado. Os volantes, na
competición o cial, levan 16 plumas de ala esquerda de ganso (debido á forma). Pero na
iniciación, e no ensino, o máis habitual é empregar volantes sintéticos. Pesan uns 5g.

Os golpeos máis habituais adoitan clasi carse en función da súa traxectoria e da forma en que se
executan. Así poderíamos distinguir:

Golpes de man baixa (por debaixo da cintura)

8 de 14
fi
fi
fi
Deixada
Lob

Golpes de man alta (por riba da cintura)


Drop
Clear
Remate

Golpes medios (entre a cintura e o hombro)


Drive

Ademáis debemos considerar o saque, que se debe executar por baixo da cintura cara a zona de
saque (detrás da liña de saque, no cadrado oposto). Adoitase diferenciar entre un servicio corto
ou largo, tenso ou defensivo. O servicio pódese executar indistintamente de dereita ou de revés.
Tan só hai un servicio.

Como xa se comentou anteriormente, hai distintos motivos que xeron do bádminton un dos
deportes estrela no sistema educativo. Trátase dun deporte con unha curva de aprendizaxe
asequible, que non presenta grandes barreiras técnicas (polo menos no momento inicial), non
plantexa grandes desafíos loxísticos e adoita ser do agrado do alumnado.

Non por ser unha proposta pouco innovadora, ou de corte máis tradicional, deixa de ser unha
disciplina que presenta grandes vantaxes para o alumnado.

5.2. O touchtennis

Por desgraza, o tenis é un deporte que queda completamente fora do alcance da maioría de
centros educativos. E nos casos en que se trata de levar a cabo algunha adaptación, estas non
sempre son de todo satisfactorias. Trátase dun deporte cunha curva de aprendizaxe
9 de 14
fi
considerable, que adoita requerir bastantes horas de práctica antes de poder manter un
intercambio de forma uida.

Unha alternativa que se pode adecuar mellor ao entorno educativo é o touchtennis. As


dimensións da pista son reducidas, moi similares ás do bádminton. Os materiais son adaptados,
xógase con raquetas de 21’’, habituais en nenos de iniciación, e con pelotas de espuma. Por todo
o demais, a dinámica do deporte, e os golpeos, son moi semellantes aos do tenis.

Pero o feito de empregar unha pista máis reducida, e pelotas de espuma, facilita enormemente o
desempeño dos rapaces nas etapas iniciais do aprendizaxe.

*O touchtennis non debe ser visto como unha modalidade exclusiva para nenos. É unha
ferramenta moi útil para o aprendizaxe, pero tamén é unha disciplina para adultos e dispútanse
competicións coma o campionato de España a alto nivel.

5.3. Judo

O judo é un deporte que se atopa unido como ningún outro á gura do seu creador, Jigoro Kano,
que foi un home de biografía e pensamento singulares. Este profesor xaponés reuniu elementos
de dúas escolas clásicas de combate do Jiu-jitsu, que se aunaban no seu Judo Kodokan. Nun
primeiro momento non estaba especialmente pensado como unha modalidade deportiva, e o
propio Kano tuvo dúbidas nun primeiro momento sobre a súa consideración como deporte
olímpico.

Na actualidade, o Judo é unha das disciplinas de combate máis practicadas no mundo, que
ademáis conta cunha estrutura ben arraigada e unha ampla presenza na comunidade autónoma
galega.

Unha noción fundamental para entender a losofía deste arte marcial é o concepto da ‘non
resistencia’, que implica unha certa sumisión á forza do opoñente, para anular así o seu esforzo e
debilitar o equilibrio. De aí que os termos ju-jitsu (arte da xentileza) e judo (vía ou camiño da
xentileza) estén moi relacionados con este concepto.

Como deporte, o judo está especializado nos lanzamentos ou proxeccións, con algunhas
sumisións, luxacións e estrangulacións. Os fundamentos de loita no judo pé coñécense como
Tachi Waza, e os do judo chan como Ne Waza.
As formas de conseguir a victoria en judo (ippon) son as seguintes:

- Proxectar ao opoñente completa e limpamente sobre a súa espalda


- Inmovilizar ao opoñente de espaldas durante 30 segundos, ou 25s en menores de 15 anos
- Forzar ao opoñente á rendición pola presión de unha luxación ou estrangulación (prohibido
antes dos 16 anos

Ademáis do ippon, que son 10 puntos, pódense conseguir outras puntuacións máis baixas, que
se van acumulando, pero non supoñen a nalización do combate. Coa excepción de dous
wazaaris, que sí implican victoria. Tamén existen distintas penalizacións.

Os combates duran 5’ en homes en 4’ en mulleres.

10 de 14
fl
fi
fi
fi
O espazo de competición, que adoita recibir o nome de ‘tatami’ pola súa super cie acolchada, a
zona de combate estará entre 8x8 e 10x10, e a maiores inclúense unha zona de seguridade e
outra de ‘peligro’.

Respecto á indumentaria, é clásica e ben coñecida a presencia do judogi, un uniforme composto


de tres pezas. Chaqueta, pantalón e cinturón. Debe ser de un texido resistente. A cor dos
cinturóns tamén serve para establecer unha serie de grados ou Dans, que simbolizan o proceso
de evolución e aprendizaxe.

Seguindo a Tamayo Fajardo, debemos ter en conta que todas as reglas establecidas, así coma o
espazo e o material, son susceptibles de ser modi cados no ámbito escolar.

Debemos ter en conta, ademáis, que o combate con un opoñente non signi ca máis que o
estadio nal de aprendizaxe do deporte. Para progresar e mellorar débese competir cun mesmo,
correxíndose dende o principio.

Na iniciación ao judo, o primeiro e o imprescindible é aprender a caer. Aprendendo a rodar e a


realizar volteretas frontais e laterais, sen apoiar a cabeza. Golpeando posteriormente co brazo
extendido para amortiguar a caída.

O aprendizaxe das caídas é fundamental para poder pasar a asimilar outras técnicas, como as
proxeccións, e ademáis pode ser de utilidade na vida diaria dos alumnos.

Logo pasaríamos aos agarres, desequilibrios, etc.

A asimilación e a boa execución das técnicas de judo é un proceso que require unha gran
cantidade de repeticións,

*Existen formas xogadas para a realización de actividades no contexto escolar, e propostas de


unidades didácticas e estratexias metodolóxicas para trasladar os contidos básicos da
aprendizaxe de iniciación ás aulas do ensino. Algunhas delas pódense atopar nas obras de
Tamayo Fajardo, Iniciación ao Judo (Wanceulen) e na de Álamo, A iniciación ao judo na
Educación Física escolar (Wanceulen).

5.4. Esgrima

A esgrima é unha das actividades físicas máis antigas, e a súa evolución está moi ligada á das
armas. Durante a Idade Media publicáronse en España diversos tratados sobre a técnica e a
táctica da esgrima. Se ben as normas das competicións modernas están máis vinculadas a un
desenvolvemento posterior na Francia e na Italia do XVIII. Forma parte dos xogos olímpicos
modernos dende a súa primeira edición, e foi a primeira modalidade de loita ou combate onde
participaron mulleres (Paris, 1924).

Existen tres disciplinas, con distintos implementos: orete, sable e espada. Existen diferencias
entre cada modalidade, como son as zonas válidas de ataque.

Ademáis os deportistas da modalidade tamén se equipan con unha careta, unha chaquetilla, un
guante, e unha vestimenta especí ca de cor branco.

11 de 14
fi
fi
fi
fl
fi
fi
A posición fundamental é a de guardia, dende onde se inician todos os ataques. A perna
dominante está adiantada, cos pes en posición perpendicular, as rodillas exionadas e o orete
apuntando ao frente.

A marcha sería o desprazamento cara adiante, que se fai levantando e estirando o pé de diante,
para logo arrastrar o traseiro. Tratando de manter a posición de guardia.

O romper sería un desprazamento cara atrás, que se realiza tirando coa perna traseira cara atrás,
apoiando primeiro a punta dese pé, e logo desprazando o dianteiro. Sen perder a orientación
frontal nin a posición de guardia.

O movemento de ataque básico é a línea ou golpe recto, que se fai estirando o brazo armado
cara a un determinado ‘blanco’ do contrincante.

Outro dos movementos de ataque fundamentais sería o ‘fondo’, que nos permite estirarnos cara
adiante para intentar tocar ao adversario, lanzándonos coa perna dianteira e estirando
completamente o brazo, realizando un paso de gran amplitude. O pe atrasado non se move, de
forma que poidamos recuperar a posición cun movemento similar á recuperación dun ‘split’.

Para a adpatación deste deporte ao marco escolar, Ruiz Sanchis e cols. propoñen que os
alumnos fabriquen o seu propio implemento, con unha varilla de bra de vidrio e outros materiais
alternativos.

Na súa proposta metodolóxica de aprendizaxe, os contidos secuenciarianse da seguinte forma:

Sesións:

1- Guardia
2- Marchar/romper
3- Fondo, agarre do arma, saúdo
4- Golpe recto directo, liñas, brancos
5- Tempo e ritmo
6- Parada/resposta (fase defensiva)
7- Frase de armas (ataque-defensa-contraataque)
8- Introdución á competición

5.5. Loita Galega

Outra disciplina interesante, que iría en consonancia coas recomendacións curriculares que nos
invitan a adoptar formas da cultura motriz tradicionais e populares. Trátase dunha modalidade
que se atoparía en vías de recuperación, tal e como se admite dende a Federación Galega de
Loita.

Unha das asociacións máis implicadas neste proceso sería o clube A Cambadela, da Estrada.
Que ten publicado unha serie de recursos, como un Manual Práctico de Loita Tradicional Galega,
normas de regulamento e mesmo unha proposta de Unidade Didáctica para trasladar que se
pode trasladar ás aulas do ensino.

12 de 14
fi
fl
fl
6. Conclusión

Os deportes de adversario, como puidemos observar ao longo deste tema, engloban un


conxunto de modalidades deportivas variadas e diversas, que teñen entre dous dos seus
máximos expoñentes os deportes de raqueta e os de loita. Hai unha característica común a todos
eles, que é a oposición directa e contínua a un opoñente, de forma que nos vemos obrigados a
tomar decisións e a adaptar a nosa conducta en función das súas accións.

Adoitan ser deportes que presentan un desenvolvemento complexo no apartado técnico, que
adoita ser propia de cada modalidade, e ademáis posúen un compoñente táctico importante.

A súa implementación no sistema educativo é desigual, e non son moitas as modalidades que
gozan de unha presencia extendida e habitual nos centros de ensino secundario. Isto pode ser
debido a múltiples factores, como a escasa dispoñibilidade de instalacións e materiais, a falta de
formación docente, o medo a que se produzan danos e lesións ou as elevadas barreiras técnicas
de aprendizaxe en algúns deportes.

Actualmente o currículo non especi ca qué disciplinas se deben practicar en concreto, pero sí
nos obriga a escoller, polo menos, unha modalidade das manifestacións deportivas luctatorias e
outra de rede e muro, e ambas se poderían alcanzar a través de modalidades deportivas como as
que se estudaron ao longo deste tema.

Na actualidade existen in nidade de recursos e de materiais, tanto na rede como na bibliografía


escrita, que ofrecen propostas detalladas de orientacións didácticas e formas lúdicas para a
adpatación das distintas modalidades deportivas ao contexto da aula. Que poden axudar aos
docentes a adaptar as súas propostas, e a apostar por modalidades deportivas menos
coñecidas, diversas e de carácter inclusivo. Sen por isto deixar de lado outras prácticas de corte
máis tradicional que teñen probado a súa e cacia.

A oferta é ampla, e os deportes de adversario son unha boa ferramenta para trasladar á aula os
contidos curriculares, no seo de unha ampla variedade de prácticas motrices en situación de
oposición que ofrezan experiencias enriquecedoras, desa antes e variadas.

7. Bibliografía

Iniciación a la esgrima escolar. Ruíz Sanchis, Ros Ros e Bastida. INDE. 2021.

Tamayo Fajardo. Iniciación ao Judo. 2003. (Wanceulen)


A iniciación ao judo na Educación Física escolar. 2008. (Wanceulen).

Manual Práctico de Loita Tradicional Galega. Severino Gómez Neira, Jorge Mato e Moisés
Iglesias. Clube de loita galega A Cambadela.

Periodización, 5ª edición. Bompa y Buzzichelli. 2019. Ediciones Tutor.


Weineck. Entrenamiento Total. 2005. Paidotribo.
Parlebas. Léxico de Praxiología Motriz. 2008. Paidotribo.

Diccionario de la Lengua Española. RAE


Diccionario da Lingua Galega. RAG
13 de 14
fi
fi
fi
fi
Revised European Sports Charter. Council of Europe. 2021.

DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da


educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do
bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

14 de 14

You might also like