You are on page 1of 7

16. Capacidades físicas básicas. Concepto, clasi caciones y evolución de las mismas.

Evolución
en el desarrollo motor de los alumnos y las alumnas en Educación Secundaria.

Cañizares y la otra

Índice

Introducción

1. Capacidades físicas básicas. Concepto, clasi caciones y evolución de las mismas.


1.1. Clasi caciones.
1.2. Evolución de las mismas.

2. Evolución en el desarrollo motor de los alumnos y las alumnas en educación secundaria.


2.1. Características de la evolución del desarrollo motor en pubertad y adolescencia.

Introdución

Generalidades

Ao longo do tema trataremos de delimitar o concepto, a clasi cación e a evolución das


características básicas no desenvolvemento motor dos alumnos da educación secundaria. Se
ben en primaria estas capacidades se inclúen dentro dun marco de práctica das habilidades
motrices básicas, na etapa secundaria o seu desenvolvemento pasa a ter un papel protagonista
no currículo. Tanto é así que o ‘desenvolvemento das capacidades físicas básicas’ aparece como
contido en todos os cursos da ESO no decreto 156/2022 de 15 de setembro, e en 4º da ESO xa
se fala de ‘plani cación para o desenvolvemento das capacidades físicas básicas (forza e
resistencia). En primeiro de bacharelato o currículo vai un paso máis alá, e xa nos fala de
plani car, elaborar e por en práctica de forma autónoma un programa persoal de actividade física
aplicando os diferentes sistemas de desenvolvemento das capacidades físicas básicas. Sendo
capaces, ademáis, de autoevalualas por sí mesmos.

Non cabe dúbida algunha, polo tanto, de que o desenvolvemento das capacidades físicas
básicas enfocado á saúde, e a plani cación do mesmo, son un dos contidos centrais da
asignatura de Educación Física. Todo isto cobra especial importancia, se cabe, nun momento no
que a sociedade parece especialmente preocupada por adestrarse na persecución de unha
nalidade estética, deixándose levar por teorías e informacións pouco fundadas e entregándose
dende unha curta idade a sistemas de adestramento que poden conlevar serios problemas.

Porén, dotar ao alumnado dunha serie de ferramentas que lle permitan adoptar un enfoque
basado na evidencia, de forma que poidan desenvolver as súas capacidades físicas dacordo cos
principios do adestramento e nun enfoque que priorize a saúde, antóllase como unha das tarefas
fundamentais dos docentes de Educación Física.

1 de 7
fi
fi
fi
fi
fi
fi
fi
fi
1. As capacidades físicas básicas. Concepto, clasi cacións e evolución das mesmas.

Dende un punto de vista conceptual, as capacidades físicas básicas son cualidades, factores,
potencialidades ou recursos orgánico-corporais que ten o individuo. Tal é o caso de alcanzar
amplios grados de movemento nas súas articulacións ( exibilidade), executar movementos coa
máxima rapidez (velocidade), vencer resistencias pesadas (forza), ou manter estos esforzos
durante un longo período de tempo (resistencia). Este tipo de capacidades atópanse presentes
no conxunto das persoas, poderíamos falar de ‘predisposicións innatas’, son factibles de mellora
en organismos sanos e permiten un amplo rango de rendementos.

Tamén se coñecen como capacidades condicionais, xa que establecen o rendemento físico do


individuo e se poden desenvolver mediante o acondicionamento. En maior ou menor medida, as
capacidades físicas básicas están presentes en todas as manifestacións motrices.

1.1. Clasi cacións.

A día de hoxe, a bibliografía tende a diferenciar dous grandes grupos de capacidades, as


capacidades físicas básicas e as capacidades perceptivo-motrices. Así, dentro do primeiro grupo
aparecerían a forza, a velocidade, a resistencia e a exibilidade, e no segundo teríamos o
equilibrio e a coordinación. A axilidade, por contra, adoita considerarse como unha manifestación
mixta de ambas.

A consideración da forza, a resistencia, a velocidade e a exibilidade como capacidades físicas


básicas ven de que se lles considera como relativamente independentes as unhas das outras.
Polo feito de que as podamos traballar de forma aislada. Mentres que as motrices necesitan
dunha alta intervención do sistema nervioso e son máis dependentes as unhas das outras. É moi
difícil traballar o equilbrio sen coordinación, e viceversa.

*esto está algo débil

1.2. Evolución das capacidades físicas básicas.


Estudiaremos cada capacidade física centrándonos no seu concepto, clasi cación e evolución.

A) Resistencia
A resistencia é a capacidade de manter un esforzo durante un período de tempo prolongado.
Tamén se adoita considerar como a capacidade para repoñernos de dito esforzo. E está moi
vinculada coa aparición da fatiga.

Clasi cación
En base ás vías metabólicas máis demandadas, e á solicitude de osíxneo, Maynar e Maynar
distinguen:

a) Resistencia aeróbica. Capacidade de manter un esforzo de intensidade media durante un


tempo prolongado. Realízase en presenza de osíxeno, e debe manterse un equilibrio entre o
consumo e o aporte do mesmo. Son esforzos de longa ou mi longa duración.

Dentro da resistencia aeróbica podemos distinguir entre:


Capacidade aeróbica: o metabolismo aeróbico é claramente predominante, esforzos moi
prolongados por debaixo do umbral de lactato.

2 de 7
fi
fi
fi
fl
fl
fl
fi
Potencia aeróbica: trabállase á máxima intensidade que permite esta vía metabólica. Son
esforzos bastante intensos, non moi prolongados, moi importantes en probas de media distancia.

b) Resistencia anaeróbica. Adoitase considerar como a capacidade para manter esforzos de alta
intensidade durante o maior tempo posible. Nesta vía metabólica a enerxía obtense sen a
intermediación do osíxeno, e non se pode manter durante máis de dous minutos.

Dentro da resistencia anaeróbica podemos distinguir entre:

Resistencia anaeróbica láctica. A enerxía en forma de ATP obtense a través da glucólisis


anaeróbica, que produce ácido láctico (lactato) como un producto intermedio, un composto
acidi cante. A capadidade para tolerar o lactato, e a e ciencia do mecanismo de tamponamento
dos ións hidróxeno son os que determinan principalmente a capacidade para manter este tipo de
esforzos. (10’’-2’)
Resistencia anaeróbica aláctica. É a vía metabólica máis rápida, posto que consume o ATP que
está directamente dispoñible na célula, así como o que se pode extraer dos depósitos de
fosfocreatina (PCr). Emprégase en esforzos curtos e moi intensos, que tan só podemos manter
durante unhos dez segundos.

Dentro de cada un destes subgrupos tamén podemos distinguir entre potencia e capacidade.
Sendo a potencia o pico máximo de esforzo que podemos acadar mediante estas vías
metabólicas, e a capacidade sería o gasto enerxético total ocasionado.

c) Evolución da capacidade de resistencia.

*esto hai que buscalo nalgún sitio, porque Cañizares……

B) Fuerza.
É a principal fonte do movemento, serve de base ao dinamismo corporal e interrelacionase
fortemente co resto de capacidades. Supón, ademáis, un dos factores claves no rendemento
deportivo.

a) De nición. Unha das de nicións máis empregadas é a de Mosston, que a de ne como a


capacidade de vencer unha resistencia exterior ou de adaptala por medio dun esforzo
muscular.

b) Clasi cación. A forza é unha capacidade que non adoita manifestarse de forma pura, xa que
calquera movemento implica a manifestación de varias das súas expresións. As divisións máis
empregadas na metodoloxía do adestramento distinguen entre:

Forza máxima.
Forza explosiva.
Forza resistencia.

A forza máxima expresase en movementos con moi poucas repeticións (1-2), e supón a máxima
capacidade de exercer forza ou vencer unha resistencia nun determinado movemento ou
posición. Depende en gran medida da super cie transversal do músculo, e da capacidade para
recultar unidades motrices.

3 de 7
fi
fi
fi
fi
fi
fi
fi
A forza explosiva é aquela que busca alcanzar a máxima potencia nun determinado movemento.
É moi importante na maioría de disciplinas deportivas, e adoitase traballar con pesos bastante
inferiores ao 1RM e buscando a máxima velocidade posible na execución. Os exercicios que non
infrinxen limitiacións no movemento, coma os levantamentos olímpicos, son exemplos manifestos
deste tipo de forza.

A forza resistencia. É a capacidade para manter un movemento que implica vencer unha
resistencia durante un período prolongado. Trabállase con pesos baixos e cun número moi alto
de repeticións. É moi importante en deportes cíclicos, como a natación, a bicicleta ou a carreira.

*Ademáis desta clasi cación, nos últimos anos ganou cada vez máis importancia na metodoloxía
do adestramento a consideración da forza elástico explosiva. A forza elástico explosiva é aquela
que se aproveita do ciclo de estiramento acortamento (CEA) para almacenar enerxía nos
compoñentes elásticos do músculo e tendón nunha fase excéntrica previa que permita aumentar
a enerxía producida na execución da fase concéntrica.

O ciclo de estiramento acortamento está na base do adestramento pliométrico, un método


promovido a partir dos traballos do famoso adestrador e teórico ruso Yuri Verkhoshansky, que a
día de hoxe forma parte das rutinas de preparación da maioría dos deportes.

Dentro da forza elástico explosiva podemos distinguir aquela que emprega un CEA rápido, cunha
fase excéntrica moi curta (<250 milisegundos) daquela que emprega tempos máis largos, cun
contramovemento máis acentuado (>250 milisegundos). De todos os xeitos, é importante aclarar
que a enerxía elástica se disipa rápidamente e é practicamente nula transcurrido un segundo.

c) Evolución

*esto tamén habería que miralo porque vaia por dios cañizares…

C) Velocidade.
É unha capacidade fundamental para moitos deportes, ven moi determinada por compoñentes
xenéticos, pero é mellorable en canto ao desenvolvemento da potencia e o perfeccionamento da
técnica.

a) De nición. Podemos de nila como a capacidade para executar movementos coa máxima
rapidez.

b) Clasi cación. Existen multitude de tipos e subtipos. Cañizares (2004), sinala dúas categorías:

4 de 7
fi
fi
fi
fi
Adoitase considerar que as primarias son formas máis ‘puras’ de velocidade, mentres que as
variantes están máis relacionadas con outras capacidades, como pode ser a coordinación.
Defínense da seguinte forma:

1) Velocidade de Reacción: é a capacidade de responder, no menor tempo posible, ante a


aparición dun estímulo. Pode ser simple ou discriminativa.
2) Velocidade segmentaria ou xestual: consiste en realizar un xesto técnico deportivo de forma
explosiva. Distinguimos entre cíclica ou acíclica.
3) Velocidade de desprazamento. Capacidade que permite recorrer unha distancia no menor
tempo posible. Adoita considerarse como a velocidade de carreira, e depende de varios
factores:
- Amplitude da zancada
- Frecuencia de zancada
- Técnica de carreira
- Resistencia á velocidade (capacidade para manter a máxima velocidade durante o máximo
tempo posible)
- Factor relaxación-coordinación e relación agonistas/antagonistas. É dicir, empregar únicamente
os grupos musculares necesarios.

4) Velocidade de aceleración. Consiste en aumentar a velocidade no maior tempo posible.


5) Velocidade de axilidade. Implica realizar movementos que poden incluir unha combinación de
desprazamentos curtos e xestos propios dunha disciplina deportiva coa máxima rapidez posible.
É clave en moitos deportes, coma os de equipo.
6) Velocidade con balón. En deportes coma o fútbol, o baloncesto, ou o hockey, fai referencia á
máxima velocidade que pode acadar o deportista sen perder o control do móvil. Require de un
gran nivel de adestramento e coordinación.

*Habitualmente tamén se traballan as deceleracións dentro do adestramento de velocidade, se


ben polas súas características poderían pertencer máis ben ao adestramento da forza.

c) Evolución

NOVAMENTE, ESTO HAI QUE MIRALO

Invents meus:

Adoita considerarse que algunhas manifestacións da velocidade, como a velocidade de reación,


a velocidade xestual ou a axilidade, se poden traballar a unha intensidade relativamente alta
dende a infancia. Non obstante, manifestacións moi dependentes da forza, como a aceleración
ou a velocidade máxima en carreira, non se poderán desenvolver plenamente ata chegada a
pubertade, cando se posúan niveis de forza e un desenvolvemento do sistema nervioso que
sexan axeitados.

2. Evolución no desenvolvemento motor dos alumnos e as alumnas de educación secundaria.

O estudo do desenvolvemento motor ao longo do ciclo vital sufriu grandes transformacións ao


longo da historia debido a distintas incorporacións dende o ámbito da medicina, a psicoloxía
evolutiva ou os avances en ciencias do deporte, que contribuiron enormenente ao seu estado
5 de 7
actual. O desenvolvemento motor é un aspecto parcial do desenvolvemento integral do individuo,
que integra á súa vez os ámbitos cognitivo, afectivo, social e motor. Este último estuda os
cambios que se producen nas capacidades motrices durante toda a vida da persoa, así como as
causas que interveñen e as súas conexións con outras esferas da conducta, que serán fruto en
gran medida da relación co medio que nos rodea.

Se ben cada persoa pode seguir un ritmo diferente, Cañizares e Carbonero (2018) destacan os
seguintes conceptos:

- Crecemento.
- Maduración.
- Desenvolvemento.
- Ambiente.
- Periodo crítico.

Todo isto implica o avance das capacidades motrices e físicas do alumnado, e en suma, da súa
competencia motriz.

Existe unha evolución positiva das capacidades físicas co crecemento e a maduración,


aproximadamente ata os 30 anos de idade, cando empezan a aparecer os primeiros signos de
involución. Para Torres (2008) o período de maior evolución sucede entre os 12 e os 18 anos, e os
mellores niveis de condición física adoitan conseguirse entre os 20 e os 30 anos.

Non obstante, a evolución das capacidades físicas non é homoxénea, e existen diferencias
considerables en función dos suxeitos e de cada unha cas capacidades. A exibilidade, por
exemplo, adoita ser a que antes se desenvolve, e tamén a que máis pronto empeza a decrecer.
Por iso as ximnastas adoitan ser das deportistas cunha vida activa máis curta. Algunhas
manifestacións da velocidade, como xa vimos, desenvólvense a bo nivel durante a infancia,
mentres que a forza non poderá alcanzar o seu pleno desenvolvemento ata que se produzan os
cambios inducidos na adolescencia. A resistencia, por contra, é unha capacidade relativamente
neutra, que se mantén relativamete estable ao logo de toda a vida (en niveis relativos).

2.1. Características da evolución do desenvolvemento motor na pubertade e na adolescencia.

A través de Torres (2008),

A) Pubertade (12-16 anos):


- Ósos e músculos medran en lonxitude e grosor.
- Cambios hormonais importantes, como a testosterona, que favorece a hipertro a muscular.
- Pode haber u menor nivel de resistencia por un crecemeto corporal máis rápido que o
cardíaco. Podemos levar a cabo traballo aeróbico, pero con pausas.
- Maior capacidade de velocidade, por unha maior amplitude na zancada e na potencia.
- Gran pérdida de exibilidade polo crecemento, polo que deberíamos traballala
concienzudamente.

B) Adolescencia (a partir dos 16 anos):


- Culmina o crecemento e a maduración do alumno: desenvolvemento cardiovascular e
respiratorio, muscular, metabólico e hormonal.
- Incremento progresivo da forza.

6 de 7
fl
fl
fi
- A resistencia ten niveis parecidos aos do adulto. A anaeróbica láctica podemos traballala a
partires dos 15-16 anos, con precaución.
- A velocidade aumenta de forma paralela á forza, sendo unha fase sensible para o
desenvolvemento da velocidade de desprazamento.
- A exibilidade continua involucionando.

Concluir

Bibliografía

Cañizares (2004). Entrenamiento Deportivo.


Maynar y Maynar. Fisiología aplicada a los deportes.
Torres (2008). Las capacidades físicas orientadas a la salud.

Transposición didáctica

Ejemplo de actividades para desarrollar las cuatro capacidades de forma un pouco lúdica en 1º
da ESO

7 de 7
fl

You might also like