You are on page 1of 4

AS CALIDADES FÍSICAS BÁSICAS

As calidades ou capacidades físicas básicas son as calidades esenciais


para realizar calquera actividade física ou deportiva, cada vez que
realizamos un exercicio precisamos delas en maior ou menor medida.
Son factores que determinan a condición física do individuo orientada
á actividade física. Estas calidades pódense mellorar co adestramento.

En xeral considérase que as calidades físicas básicas son:

• Resistencia.

• Forza.

• Velocidade.

• Flexibilidade

 RESISTENCIA

É a capacidade de realizar ou manter un esforzo continuado durante o


maior tempo posible. A maior resistencia máis se atrasa a aparición da
fatiga.

Existen dous tipos de resistencia:

Aeróbica: Permítenos realizar esforzos prolongados dunha intensidade


media-baixa.

Anaeróbica: Permítenos manter un esforzo de intensidade elevada o


maior tempo posible, que adoita ser relativamente curto
A FORZA

CONCEPTO

A forza é unha capacidade física fundamental, pois calquera


movemento que realicemos (mover, empuxar ou levantar obxectos,
desprazarnos...) vai necesitar a participación da forza. 

Podemos dicir que é a tensión que pode desenvolver o músculo contra


unha resistencia. 

A forza está directamente relacionada co aparato locomotor: ósos,


músculos e articulacións. Os encargados de xerar a forza son os
músculos, que teñen a capacidade de contraerse, movendo así os ósos
nos que se insiren. Ademais de producir o movemento tamén xeran
unha tensión constante para manter a postura (ton muscular). 

Tipos de Forza: 

Forza máxima: neste tipo de forza a carga que se debe vencer é a


máxima posible. Por exemplo, un levantador de pesas. 

Forza resistencia: é a capacidade de mover unha carga non máxima,


pero durante un tempo prolongado. Por exemplo; un remeiro que
move o seu remo durante 30 minutos sen parar. 

Forza explosiva: é a capacidade de mobilizar unha carga non máxima


pero no menor tempo posible. Por exemplo; un lanzador de peso. 

A VELOCIDADE 

CONCEPTO 

Podemos definila como a capacidade física básica que nos permite


realizar un movemento o máis rápido posible. Percorrer unha distancia
ao sprint, lanzarse a parar un balón,... son algúns exemplos. A
velocidade pode manifestarse de varias formas:
CLASES DE VELOCIDADE

Velocidade de reacción: Serve para responder o máis rápido posible


cun movemento, a un estímulo sensorial (este pode ser auditivo -
disparo de saída dunha carreira-, visual -o movemento dun balón-,
táctil -ao notar determinado contacto)

Velocidade de desprazamento: Permítenos percorrer unha distancia


no menor tempo posible (100 m. lisos en atletismo,..)

Velocidade xestual: Podemos realizar un xesto determinado o


máis rápido posible (un esgrimista necesítaa sobre calquera outra).

A FLEXIBILIDADE

CONCEPTO 

A flexibilidade é a calidade física básica que nos permite realizar


movementos en toda a súa amplitude cunha ou varias articulacións do
noso corpo. É unha calidade física moi importante, pois nos permite
plena liberdade de movementos e axuda a evitar posibles lesións do
noso aparello locomotor. 

TIPOS 

Distinguimos dous tipos principais:

-Flexibilidade dinámica: prodúcese movemento significativo dunha


ou varias partes do corpo.

-Flexibilidade estática: non hai movemento apreciable, mantemos


unha posición determinada onde traballamos a flexibilidade.
DEPENDE DE: 

Que unha persoa sexa máis ou menos flexible, depende de: 

- A mobilidade articular: é todo o percorrido que pode efectuar unha


articulación no seu movemento. Pódese notar como chega a un límite
que non excede, que vén xerado pola cápsula articular e os ligamentos
que limitan o movemento. Cun bo adestramento, facilítase a
flexibilidade de cápsula e ligamentos, mellorando a nosa mobilidade
articular. 

- A capacidade de relaxación e estiramento muscular: canto máis se


poida alongar un músculo ou grupo muscular máis se favorece o
movemento. Se a musculatura está tensa ou contraída, prexudícase a
flexibilidade.

You might also like