You are on page 1of 4

EDUCACIÓN FÍSICA

ALUMNO__________________________________________________________
CURSO___________________

1.- Se realizas un skipin no entrenamento, qué estarías a desenvolver?


□ O skipin é un medio básico para acadar unha maior resistencia
□ O skipin axuda a mellorar a técnica de carreira
□ O skipin é unha xogada típica do balonmán
2.- Cómo sería un apoio correcto do pe nunha carreira de velocidade?
□ O pe debe apoiarse polo calcañar, porque se realiza máis forza
□ Hai que correr apoiando sobre as puntas dos dedos, porque o percorrido é máis pequeño
□ O apoio debe ser co metatarso, na metade da planta do pe
3.- Cal é a importancia dos brazos na carreira?
□ Os brazos teñen unha importancia escasa porque non poden incrementar a velocidade
□ Os brazos somentes serven para a carreira lenta, porque teñen movementos lentos
□ Os brazos colaboran coordinadamente e axudan a acción das pernas
4.- Cando fas un triple salto nas probas de educación física, qué estarías a valorar?
□ A forza explosiva porque se trata de facer forza e impulsar o máis longo posible
□ Avalías a velocidade, porque para saltar máis tes que ser moi rápido
□ É unha proba de atletismo que valora a capacidade para competir
5.- Cómo debe ser a acción da perna de apoio nunha carreira de velocidade?
□ Debe flexionarse moito para aumentar a forza da súa impulsión na realización do paso
□ Debe flexionarse pouco, para evitar que baixen as cadeiras e perder velocidade
□ O importante é que o pe vaia o máis atrás posible e toque o glúteo cando abandona o chan
6.- Porque denominamos a resistencia como aeróbica?
□ A resistencia aeróbica é a que ten o oxíxeno como soporte fundamental
□ A resistencia aeróbica é cando se realiza un esforzo onde o oxíxeno non abonda para a súa realización
□ A resistencia somentes se produce cando se realizan esforzos máis longos de 15 minutos
7.- E importante hidratarse durante unha proba deportiva?
□ Non debemos beber durante unha proba deportiva porque o líquido provoca molestias no estómago
□ O rendimento é maior con sede porque quere decir que perdemos peso e somos máis lixeiros
□ É imprescindible porque a perda de líquidos pon en risco o rendimento e a saúde do deportista
8.- Podemos beber auga ao rematar un entrenamento ?
□ Sí, porque o líquido que perdemos co suor é nun 95% auga
□ Non, porque no entrenamento pérdense moitos máis minerais que auga
□ Somentes podemos beber durante o entrenamento porque se bebes ao remate xa non asimilas o líquido
9.- Cando corres debes respirar pola boca?
□ Nunca, porque o aire entra excesivamente contaminado
□ É unha estratexia para que poida entrar máis oxíxeno
□ Somentes podes respirar pola boca nun esforzo moi curto é rapido, coma un sprint de 20 m.
10.- Se tuveras que entrenar a resistencia, cal das tarefas seguintes elixirías preferentemente?
□ Correr 20 minutos a ritmo cómodo sen parar
□ Facer 3x10 m. a máxima velocidade, recuperando 2 minutos entre cada repetición
□ Facer pesas con unha carga tan grande que somentes a poidas levantar dúas veces seguidas
11.- Se queres correr unha maratón, que capacidade necesitarías en maior medida?
□ Depende da velocidade máxima, porque así podes ter un ritmo máis alto ao longo de toda a proba
□ Debes ter unha forza moi elevada para poder desplazarte en cada paso
□ A maratón é unha proba que depende básicamente da resistencia aeróbica
12.- Para que serve tomarse as pulsacións durante un entrenamento?
□ As pulsacións indican somentes se o individuo é apto para poder entrenar
□ As pulsacións indican se os depósitos de enerxía xa están repostos ao 100%
□ Para valorar o tipo de esforzo desenvolto e a súa recuperación
13.- Despois dun trote, con cantas pulsacións considerarías que estaría recuperado o corazón ?
□ Con 120 ou menos
□ O corazón debe estar sempre por enrriba de 150 para poder rendir
□ Hai que esperar sempre a que estea en menos de 60
14.- A qué pode deberse que aparezan maniotas na práctica deportiva?
□ Aparecen sempre que se fan actividades de coordinación
□ Realizar un tipo de tarefa nova, a que non estás acostumado, de xeito intenso
□ As maniotas son debidas a realización de estiramentos
15.- Cal sería unha mellor estrategia para perder peso?
□ A actividade física non é axeitada para adelgazar, somentes podes acada-lo coa alimentación
□ Correr de maneira lenta, durante bastante tempo, para consumir graxas
□ Facer abdominais para rebaixar a prominencia da barriga
16.- Se queres ter un brazo musculado, entrenarías o bíceps braquial?
□ Non aumenta moito o volume do brazo porque é un músculo moi pequeno
□ Si,porque está situado na cara anterior do brazo
□ Non, porque se sitúa no antebrazo, ao redor do pulso
17.- O tríceps braquial é un músculo que se nota no brazo?
□ É visible porque está na cara posterior do brazo
□ Non se nota porque é un músculo que está moi profundo no brazo
□ O tríceps e o bíceps forman un mesmo grupo muscular
18.- Sería axeitado entrenar o deltoides para evitar ter unha lesión no ombro?
□ Si, porque recubre a articulación do ombro
□ Non, porque o deltoides sitúase por diante do peitoral
□ O deltoides somentes serve para mover a cabeza adiante e atrás
19.- O peitoral maior é doado de entrenar?
□ Non, porque somentes ten a función de flexionar o brazo
□ O peitoral ten a única función de manter o brazo metido na articulación do ombro
□ Si, porque é un músculo grande e moi potente
20.- O recto abdominal que función ten?
□ O recto non ten unha función moi definida, colaborando especialmente nos golpeos coas pernas
□ Serve para flexionar o tronco
□ É imprescindible para facer flexións de brazos
21.- É bo traballar os abdominais para evitar a dor nas costas?
□ Os abdominais son músculos que traballan de xeito independente das costas
□ Son imprescindibles para evitar unha grande cuvatura da zona lumbar
□ Un abdominais potentes ocasionan unha grande curvatura do lombo
22.- Se fas flexións no chan, traballarías algún músculo do brazo?
□ Somentes traballas músculos do tronco
□ É un traballo básico para desenvolver os bíceps do brazo
□ Traballa o tríceps braquial cada vez que se estenden os brazos
23.- As flexións no chan terían incidencia no desenvolvemento do peitoral maior?
□ Somentes traballa músculos do brazo
□ É un dos exercicios básicos para desenvolver o peitoral maior
□ As flexións no chan non traballan o peitoral porque somentes necesitas da forza dos abdominais

24.-
Valería este exercicio para muscular os transversos do abdome?
□ Non, porque básicamente traballan os brazos
□ Non, porque os abdominais serven para flexionar o tronco
□ Si, porque obligan a manter a postura recta e extendida do tronco

25.-
Qué músculo estarías a desenvolver na figura?
□ Somentes o peitoral, porque se encarga de estender os cóbados
□ O tríceps braquial, porque tes que facer forza para estender os brazos
□ Traballa especialmente o dorsal ancho

26.-
Qué músculo desenvolve principalmente este exercicio?
□ O deltoides, porque se centra na articulación do ombro
□ É moi bo para o bíceps porque tes que manter o brazo estendido
□ Traballa sobre todo a flexibilidade do deltoides, porque aumenta o seu rango de movemento

27.-
É este un bo traballo para muscular o peitoral?
□ O ter os pes en alto hai que facer menos forza
□ Somentes é axeitado para mellorar a velocidade dos brazos
□ Si. Aumenta a forza do peitoral o ter os pes elevados

28.-
Son as dominadas recomendables para entrenar os dorsais?
□ A forza fundamental realízana os abdominais ao doblar o tronco para subir
□ É un dos traballos básicos para desenvolver os dorsais
□ Non se fai forza porque é un exercicio de velocidade

29.-
Sería este un exercicio recomendable para traballar os abdominais ?
□ Sí, porque concentra o traballo no recto do abdome
□ É unha mala posición para traballar os abdominais
□ Non, porque forza especialmente o cuadricípite e non incide no abdome
30.- Cando un xogador de fútbol fai un sprint rematando cun salto, que función asumen os abdominais?
□ Manteñen a postura correcta do tronco
□ Non traballan, porque o tronco mantense estendido
□ Somentes interveñen se no momento do salto hai que cabecear un balón

You might also like