You are on page 1of 2

Tema 1: O quecemento CURSO 22/23 1º ESO

TEMA 1

O quecemento

1. DEFINICIÓN

O quecemento é un conxunto de exercicios que serven para preparar o organismo para unha

actividade física posterior.

2. OBXECTIVOS

Os obxectivos do quecemento son, fundamentalmente, dous:

a. Diminuír o risco de lesión.

b. Mellorar a actividade física posterior.

3. EFECTOS QUE PRODUCE NO ORGANISMO O QUECEMENTO

Os efectos que se producen no organismo ao quentar son os seguintes:

a. Aumenta a temperatura corporal.

b. Aumenta a función do sistema respiratorio.

c. Aumenta a función do sistema circulatorio.

4. TIPOS DE QUECEMENTO

O quecemento pode ser de dous tipos:

a. Quecemento xeral

É aquel no que se realizan exercicios comúns a tódolos deportes o actividades físicas.

b. Quecemento específico

É aquel no que se realizan exercicios propios, unicamente, do deporte ou actividade física

para a que quentamos.

IES DE BARRO Profesor: Damián Ríos Calvar


Tema 1: O quecemento CURSO 22/23 1º ESO

5. FASES DO QUECEMENTO

As fases do quecemento son cinco:

I. Posta en acción

A posta en acción son os exercicios de carreira, de desprazamento, de locomoción. A posta

en acción debe realizarse a un ritmo suave e continuo.

II. Exercicios xenéricos

a. Mobilidade articular en movemento

A mobilidade articular en movemento son os exercicios que serven para quentar as

articulacións en desprazamento.

b. Mobilidade articular de parado

A mobilidade articular de parado son os exercicios que serven para quentar as

articulacións sen desprazamento.

III. Estiramentos

Os estiramentos son os exercicios que serven para quentar os músculos.

IV. Exercicios específicos

Os exercicios específicos son aqueles que serven para prepararnos fisicamente para o

deporte ou actividade física en concreto para a que quentamos.

V. Recuperación

A recuperación son os exercicios que serven para prepararnos mentalmente para o deporte

ou actividade física en concreto para a que quentamos.

IES DE BARRO Profesor: Damián Ríos Calvar

You might also like