You are on page 1of 2

Presidencia: Mª José Redondas Vallejo

(Mondoñedo-Lugo, 1962), colexiada nº 376. Traballadora Social desde 1985,


diplomada pola USC en 1991. Comezou a súa experiencia profesional no ámbito
da saúde para pasar logo aos servizos sociais de atención primaria. Desde hai
18 anos é Traballadora Social dos servizos sociais de atención primaria no
concello de Viveiro –Lugo. Ten experiencia como docente en cursos do plan
FIP e formación complementaria continua desde a súa diplomatura ata a
actualidade.

Vicepresidencia: Natalí Asorey Zorraquino

(Nueva Caledonia- Colonia Francesa, 1974), colexiada nº 1294. Traballadora


Social Diplomada pola Universidade de Zaragoza desde 1995, ten experiencia
laboral no terceiro sector, na empresa privada e na actualidade é
Traballadora Social no concello de Fene como coordinadora do
programa ANTA, ten experiencia como docente en distintas accións
formativas.

Secretaría: Mª Elena Antelo García

(A Coruña, 1977), colexiada nº 1494. Traballadora Social diplomada pola


USC en 1999. Comezou a súa experiencia laboral no ano 2000 como
orientadora laboral, na actualidade e dende o 2003 traballa no 3º sector como
Traballadora Social- Coordinadora de COGAMI- Coruña. Ten experiencia
en distintas accións formativas e como relatora en distintos eventos
relacionados coa práctica profesional. Así mesmo conta con ampla formación
no campo da Xestión de Centros de Rehabilitación para persoas con
diversidade funcional así como no campo do voluntariado.

Tesouraría: Xosé Manoel Mosteiro Valle

(Melide, 1978), colexiado nº 2168, Traballador Social diplomado pola USC en


2004, iniciou a súa experiencia profesional no CODTS de Galicia no ano
2005, onde permaneceu un ano ata o comezo do seu actual traballo como
dinamizador da sociedade da información no centro comarcal de Ordes -
A Coruña, ampla formación complementaria, levada a cabo dende a súa
diplomatura ata actualidade. Está a realizar o curso de experto universitario:
axente de igualdade de oportunidades da UNED e Máster de Axente de
emprego da Universidade de Vigo.

Vogalía: Alexandre Penas Roibás

(Lugo, 1975), colexiado nº 1299. Traballador Social diplomado pola USC en


1997. Experiencia profesional no CODTS de Galicia, en 1998, coa
Elaboración do Manual de Traballo, Información e Asesoramento en Servicios
Sociais (MATIASS) e logo dende o ano 2000 ao 2002 co Mantemento e
actualización do MATIASS. De 2002 ata 2004 como traballador social dos
servizos sociais de atención primaria do Concello de Lugo. En 2004 foi
contratado polo CODTS para a realización do Plan de Calidade de Servizos
Sociais de Galicia. Na actualidade desenvolve o seu facer profesional na
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en
Galiza (FORGA), como orientador Laboral.
Vogalía: Ana Ares Quintáns

(Santiago de Compostela, 1980), colexiada nº 1871 Traballadora Social


diplomada pola USC no ano 2002. A súa experiencia profesional comezou
nos servizos sociais de atención primaria do Concello de Santiago. Ten
experiencia profesional como traballadora social no Servizo de Cooperación
coas Corporacións Locais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar
onde desenvolveu tarefas técnicas relacionadas co Plan concertado, así coma
tarefas de deseño e programación de accións formativas destinadas aos
servizos sociais de atención primaria de Galicia. Na actualidade é
Traballadora Social nos servizos sociais de atención primaria do
Concello de Santiago de Compostela. Ten realizado diversas accións
formativas con continuidade desde a súa diplomatura ata a actualidade.

Vogalía: Mª de la Cruz Otero Vigo

(Dodro-A Coruña, 1972), colexiada nº 1601 Traballadora Social diplomada pola


USC no ano 2000. A súa experiencia profesional comezou nos servizos sociais
de atención primaria do Concello de Padrón, onde está a traballar na
actualidade como Traballadora social nos servizos sociais de atención
primaria. Ten realizado diversas accións formativas con continuidade desde a
súa diplomatura ata a actualidade.

Vogalía: Mª Isabel Hermida Arias

(Carballiño-Ourense, 1977, colexiada nº 2139. Traballadora Social diplomada


pola Universidade de Vigo en 2001. Na actualidade Traballadora Social do
Instituto de Medicina Legal de Galicia, ten experiencia profesional no sector
de menores e de persoas maiores, por ter traballado en centros públicos
dedicados a estes colectivos, así como experiencia de traballo no terceiro
sector. Ten unha ampla formación complementaria continua desde a súa
diplomatura ata a actualidade.

Vogalía: Mª Tania Cobas González

(Lugo, 1980), colexiada nº 1775, Traballadora Social diplomada pola USC en


2002, desenvolve o seu facer profesional na Fundación Secretariado Xitano
en Lugo como Orientadora Laboral e Coordinadora do Voluntariado,
desde o ano 2003; de forma parella traballa desde o 2005 en ASPNAIS como
responsable do Programa de Lecer e Voluntariado. Ten experiencia como
Educadora, no desenvolvemento de campañas didácticas e de sensibilización
social en centros educativos e no Programa de Animación Sociocultural do
Concello de Lugo, e como Monitora de Tempo libre en campamentos para
persoas con discapacidade intelectual. Ten formación complementaria
continua desde a súa diplomatura ata a actualidade e está cursando o 2º ciclo
de Socioloxía.

Vogalía: Verónica García-Boente Fernández

(A Coruña, 1973), colexiada nº 1993, Diplomada en Traballo Social. Escola


Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela. 1997. Cursa
Antropoloxía Social e Cultural pola UNED. Habilitación do título de Educadora
Social por experiencia profesional. 2007. Na actualidade, e dende 1997, é
Traballadora Social en Médicos do Mundo– Galicia (Santiago de
Compostela) desenvolvendo a actividade profesional en diferentes tarefas:
Traballadora Social no Programa de Unidade Móbil de achegamento a
colectivos en risco ou situación de exclusión social: Persoas que manteñen un
uso problemático de drogas, persoas prostituídas e persoas inmigrantes sen
recursos en situación irregular. Desenvolvendo tarefas na Área de
sensibilización e voluntariado e na de Mobilización Social.

You might also like