You are on page 1of 3

A POLÍTICA EDUCATIVA NOS FEITOS: ESCOLARIZACIÓN E

FINANCIACIÓN
de Tiana Ferrer, Alejandro (2004)

Introdución
- Proceso de escolarización obrigatoria en España: retraso da realidade en relación co
contemplado nas leis.
- O contemplado nas leis:
• Lei Moyano (1857): 6-9 anos.
• Comezos do s. XX: 6-12 anos.
• 1964: 6-14 anos.
• LXE (1970): incídese na meta establecida en 1964: 6-14 anos.
• LOXSE (1990): 6-16 anos.
- Proceso real:
• Escolarización plena na EXB: na década dos 80.
• No ensino pre e postobrigatorio: esforzo escolarizador e avance a partir da década
dos 80.

Escolarización nas idades obrigatorias


- Anos 70 e 80 do S.XX: esforzo por acomodar nas aulas ao alumnado entre 6-14 anos.
- Pactos da Moncloa (1977) e política educativa do 1º goberno socialista: impulso ao proceso
de escolarización obrigatoria.
- LOXSE (1990): escolarización obrigatoria de 6-16 anos (no ano 2002 algo menos do 10% do
alumnado desta idade non estaba escolarizado).
- A escolarización efectiva lógrase coa iniciativa pública e privada (evolución):
• 1ª metade dos anos 70: aumento da matrícula nos centros privados (do 28% en 1970
ao 39,5% en 1975).
• Pactos da Moncloa: incremento do orzamento para o ensino: mellora da rede pública.
• Do 75 ao 85: incremento da matrícula na rede pública. 1985: 35,3% escolarizados na
rede privada.
• A partir do ano 85: estabilización das redes pública e privada.
• 2000: 34% alumnado de ensino obrigatorio na rede privada (concertada e non
concertada).
- No ano 2000, a escolarización obrigatoria en España en centros públicos é menor que noutros
países europeos (66,6% fronte ao 90% ou máis).
- Na ESO a distribución do ensino público e privado varía dunha comunidade a outra debido á
distribución da riqueza e ás raíces históricas. Nas comunidades máis ricas e nas que a
escolarización se produciu antes a % de alumnado escolarizado en centros privados e
concertados é maior. Nas comunidades máis pobres o esforzo escolarizador foi posible grazas
á acción das administracións públicas.
- A ratio dos centros privados que escolarizan a alumnado de EP e ESO é maior que a dos
públicos. Esta afirmación necesita matizarse.
- Os centros públicos contan con máis profesorado especialista e de apoio que os privados.
- Os centros públicos atenden a alumnado de menor nivel socioeconómico e cun volume maior
de problemas académicos.

1
- A promoción ao final dos ciclos de EP é maior nos privados que nos públicos. O mesmo
acontece en 3º e 4º de ESO.
- A proporción de alumnado que cursa programas de diversificación curricular no 2º ciclo de
ESO é maior nos públicos que nos privados.
- Os centros públicos acollen maior proporción de alumnado con nee, de alumnado en situación
de risco e de inmigrantes que os privados.
- En conclusión, o perfil das dúas redes é diferente.

Escolarización nas idades temperás


- O esforzo escolarizador da LXE (1970) tivo tamén algúns efectos na educación preescolar
(hoxe denominada educación infantil).
- Aumento da escolarización (etapas):
• Anos 80: escolarización case completa do alumnado de 5 e 4 anos e baixa (27,7%) nos
de 3 anos.
• Década dos 90: escolarización paulatina do alumnado de 3 anos.
- Escolarización moi reducida de 0-3 anos.
- A escolarización universal vai máis aló da obrigatoriedade escolar e ten que ver coa demanda
de educación por parte da poboación, tanto ou máis que coa oferta de prazas.
- Factores que motivaron o aumento da escolarización en educación preescolar (infantil):
• Esforzo das Administracións públicas por incrementar a oferta de prazas en centros
públicos nas décadas dos 70 e 80.
• Incorporación das mulleres ao mercado laboral.
• Descenso de taxas de natalidade: diminución do alumnado no ensino obrigatorio
(aulas libres e profesorado sen praza) e incremento de prazas no nivel 3-6.
• Revalorización da educación infantil (EI) a partir dos anos 80.
• Reivindicación expresa do carácter educativo da etapa fronte ao meramente
asistencial.
- A LOXSE (1990) consagrou estes cambios ao integrar a EI no sistema educativo.
- A LOCE (2002) retrocedeu nese proceso, pero choca coa tendencia existente noutros países á
evolución na liña na que se viña producindo en España.

Escolarización nas idades postobrigatorias


- A guerra civil freou o desenvolvemento da educación en España e afectou especialmente ao
ensino secundario. A creación de institutos públicos foi escasa e a % de alumnado escolarizado
moi baixa.
- Década dos 60: expansión: política desarrollista e necesidade de contar con man de obra máis
capacitada.
- Décadas dos 70 e 80: novo impulso ao ensino medio e incremento da escolarización (50%
escolarizados no BUP ou FP).
- LOXSE (1990): reforza dita tendencia.
- Anos 80 e 90: aumenta a escolarización do alumnado de ensino postobrigatorio. Superación
da discriminación histórica entre homes e mulleres na matrícula.
- Comezos da década de 2000: a escolarización media do alumnado español nesta etapa está
por enriba da media internacional (17,5 anos fronte ao 16,8 anos) e o BUP cursouse máis que
a FP (2/3 f. 1/3)

2
- A matrícula do ensino secundario feminizouse. Durante o franquismo, no bacharelato
predominaban os homes, en 1976 o número de homes e de mulleres era similar e a partir de
aí o nº de mulleres escolarizado nel superou ao de homes. Nunhas ramas de FP predominan
mulleres e noutras homes (discriminación por sexos).
- O réxime franquista ata a década dos 60 desenvolveu unha política favorable ao ensino
privado confesional no ensino secundario. Sen embargo, a matrícula nesta etapa aumentou
cando o Estado asumiu a función docente.
- No nivel postobrigatorio o alumnado escolarízase, sobre todo, nos centros públicos. A non
existencia de concertos neste nivel e a necesidade de contar con moito profesorado
especialista fai que o ensino privado sexa moi caro. Tendencia a diminuír algo o ensino
público, neste nivel, nos últimos anos.

Financiación do ensino
- Dos 70 aos 90 o gasto público en educación medrou de forma continuada. En 1993 acadaba o
6,1% do Produto Interior Bruto (PIB). A partir desa data reduciuse ao 5,8% en 1997 e ao 5,6%
no 2002.
- O gasto privado (das familias) en educación en España representa o 20% do total.
- Nos últimos anos o gasto público descendeu e o privado mantívose ou incrementouse
lixeiramente.
- O gasto español en educación é máis baixo que o da media da Unión Europea.
- En 1999 o gasto español en institucións educativas por estudante en EI era inferior ao medio
da OCDE (15% do PIB f. 18%). En EP e ES era similar e en educación superior era inferior (30%
do PIB f. 44%).

Unha valoración global


- Nos anos 80 conseguiuse a escolarización global no ensino obrigatorio.
- Nos anos 80 e 90 aumentou a escolarización nas idades temperás e postobrigatorias.
- O desemprego xuvenil pode ter incidido no incremento das taxas de escolarización no ensino
postobrigatorio, pero na etapa de educación infantil o incremento débese,
fundamentalmente, á vontade política de aumentar os niveis de formación da poboación na
etapa de ed. infantil.
- Nos últimos anos diminuíu o esforzo económico a favor da educación, o que incidirá
negativamente no incremento da escolarización e na calidade da educación.

You might also like