You are on page 1of 2

Vocabulario

Estímulos: é unha sinal externa ou interna capaz de causar unha reacción nunha célula ou
organismo.

Receptores: elementos do sistema nervioso que reciben estímulos e os convirten en impulsos


nerviosos.

Centros de coordinación: elementos do sistema nervioso que reciben impulsos nerviosos,


interpretan a información e elaboran unha resposta que será executada polos órganos efectores.

Efectores: son células nerviosas que executan respostas ante os estímulos que reciben.

Rede nerviosa: é unha rede complexa de nervios e células que conecta os receptores, os centros
nerviosos e os efectores.

SN cordal: é un sistema nervioso formado por ganglios, que son aglomeracións de corpos neuronais
e cordóns nerviosos formados polas prolongacións das neuronas.

SN ganglionar: é o sistema nervioso máis extendido nos invertebrados. Está formado por ganglios.
Na rexión cefálica hai dous ganglios cerebroides. O resto do corpo está percorrido por dous
cordones nerviosos con ganglios unidos mediante nervios transversais.

Nervios: é un conxunto de fibras nerviosas ou axóns, asociadas en fascículos por medio de tecido
conxuntivo.

Ganglios: é unha masa de tecido nervioso no que se encontran os corpos celulares neuronais das
fibras nerviosas, que se presenta como un engrosamento na traxectoria dun nervio no sistema
nervioso periférico.

Cerebro: é o centro de supervisión, de centralización e de cefalización do sistema nervioso, o de


maior complexidade do reino animal.

Cerebelo: é unha rexión do encéfalo situado na zona occipital da cabeza debaixo do cerebro e detrás
do tronco do encéfalo, que ten a función de integrar as vías sensitivas e as motoras. O cerebelo
integra toda a información recibida para precisar e controlar as ordes que o córtex cerebral manda
ao aparato locomotor a través das vías motoras.

Bulbo raquídeo: é a porción inferior do tronco encefálico, que, xunto con outros órganos como o
mesencéfalo e a ponte, establece a comunicación entre o cerebro e a medula espiñal. Está situado
entre a ponte de Varolio e a medula espiñal e por diante do cerebelo. Relaciónase con funcións
vitais como a respiración, o latexo cardíaco e a presión arterial, e con algúns tipos de reflexos como
a mastigación, movementos peristálticos, fala, parpadeo, secreción lacrimal e vómito.

Actos voluntarios: son actos conscientes, e máis elaborados que os reflexos, e a diferencia dos actos
reflexos, a codia cerebral participa na súa producción.

Actos reflexos: son actos rápidos, automáticos, e que se realizan sen a participación do cerebro. Nun
acto reflexo, a información sensitiva so chega á médula espiñal, onde se elabora a resposta, polo
que ésta é automática. Realízanse cando se necesita unha resposta inmediata, como en situacións de
perigo.
Glándulas endócrinas: conxunto de glándulas que producen sustancias mensaxeiras chamadas
hormonas, verténdoas sen conducto excretor, directamente aos capilares sanguíneos.

Hormonas: son substancias químicas liberadas por glándulas, órganos ou por células epiteliais ou
intersticiais, que afectan ao metabolismo doutras células noutras partes do corpo. Só se precisa unha
pequena cantidade de hormona para modificar o metabolismo doutra célula. Trátase basicamente
dun mensaxeiro químico que leva un sinal dunha célula a outra.

Órganos diana: órganos concretos sobre os que poden actuar cada hormona.

Hipotálamo: é unha glándula que forma parte do diencéfalo, e se sitúa por baixo do tálamo. Libera
polo menos nove hormonas que actúan como inhibidoras ou estimulantes na secreción doutras
hormonas na hipófise anterior, polo que se pode dicir que traballa en conxunto con esta. Adoita
considerarse o centro integrador do sistema nervioso vexetativo ou autónomo, dentro do sistema
nervioso central. Tamén se encarga de realizar funcións de integración somato-vexetativa. Regula a
homeostase do organismo en conxunto coa hipófise, por medio dun sistema de retroalimentación
negativo.

Hipófise: é a glándula que controla as outras glándulas, entre elas a tiroide. É unha glándula
complexa que se aloxa nun espazo óseo chamado cadeira turca do óso esfenoide, situada na base do
cranio, na fosa cerebral media, que conecta co hipotálamo a través do talo pituitario ou talo
hipofisario.

Neurohormonas: sustancias químicas producidas por células nerviosas. Vértense ó sangue a


diferencia dos neurotransmisores. Compórtanse como hormonas.

Hormonas trópicas: hormonas segregadas polas células dea adenohipófise e que regulan a secreción
de hormonas nas glándulas endócrinas periféricas.

Hormonas efectoras: hormonas que actúan directamente sobre o órgano efector.

Retroalimentación: é o proceso en que parte da enerxía de saída dun circuito ou sistema é


transferida, de retorno, á súa entrada, có obxectivo de reforzar, diminuir ou controlar a saída de
enerxía do circuito.

You might also like