You are on page 1of 4

UD2. A clasificación dos seres vivos. Reinos Monera, Protoctista e Fungi.

1º ESO

PENSA E REFLEXIONA

1. En que categoría hai máis seres vivos: no reino ou na

especie? Por que?

2. Quen ten máis características semellantes? Por que?

a. Dous seres vivos da mesma familia.

b. Dous seres vivos do mesmo filo.

c. Dous seres vivos do mesmo xénero.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA... A CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS.

3. Define o concepto de especie.

4. A única especie que existe actualmente do xénero Homo somos nós, os

seres humanos. Averigua o nome científico da nosa especie, a que orde

pertencemos e que outros animais pertencen a esta orde.

5. Moitos nomes que utilizamos habitualmente para referirnos aos seres

vivos non corresponden a unha especie concreta. Adoitan facer

referencia a grupos de especies que se corresponden con taxons de

nivel superior. Busca información e indica a que taxon fan referencia

os seguintes nomes comúns: escaravello, insecto e formiga.


Pista: Especie, xénero, familia, orde, clase, filo.

Insecta, Formicidae, Coleoptera.

6. Busca información para encontrar o nome científico da aciñeira, o lince

ibérico e a roseira silvestre. Ademais, busca o nome científico do teu

animal favorito.

1
UD2. A clasificación dos seres vivos. Reinos Monera, Protoctista e Fungi. 1º ESO

REPASAMOS? OS CINCO REINOS.

7. Completa o seguinte cadro indicando as características dos

seres vivos de cada un dos cinco reinos.

A mobilidade é outro criterio que se utiliza para clasificar aos seres vivos,

investiga cal é a mobilidade de cada uno dos cinco reinos e indícao na táboa.

Moneras Protoctistas Fungos Plantas Animais


Tipo de célula
Unicelular ou
pluricelular
Poden ou non
formar tecidos
especializados
Tipo de nutrición
Mobilidade

8. Observa as seguintes imaxes de seres vivos e responde as preguntas:

a. Indica a que reino pertencen cada un.

b. Que teñen todos eles en común?

2
UD2. A clasificación dos seres vivos. Reinos Monera, Protoctista e Fungi. 1º ESO

9. Que reinos presentan as seguintes características?

a. En que reinos hai seres autótrofos?

b. En cales hai seres unicelulares?

c. En que reinos hai seres vivos con tecidos?

d. En que reinos hai seres con órganos, sistemas e aparatos?

10. Interpreto a imaxe. Observa a fotografía e contesta as preguntas:

a. Que mostra a imaxe?

b. Que seres vivos podemos atopar neste produto?

11. As plantas, as algas e algunhas bacterias comparten unha

característica moi relevante para o resto dos seres vivos. Indica cal é

esta característica e o por que da súa importancia.

12. Os animais e as plantas son moi importantes para os seres humanos,

sen embargo, existen outros seres vivos que son igual de importantes

que estes e que se agrupan en tres reinos.

a. Cales son estes outros reinos?

b. Busca un ser vivo que pertenza a cada un destes reinos que sexa

útil para o ser humano en ámbitos como a saúde, a alimentación,

a industria...

3
UD2. A clasificación dos seres vivos. Reinos Monera, Protoctista e Fungi. 1º ESO

13. Relaciona as características co reino correspondente. Fíxate na táboa

para axudarte.

a. Unicelulares Protoctistas

b. Unicelulares ou pluricelulares Plantas

c. Sen órganos Monera

d. Con órganos autótrofos Fungos

e. Con órganos heterótrofos Animais

You might also like