You are on page 1of 18

TEMA 4: A BIODIVERSIDADE: ORIXE E CONSERVACIÓN

1. QUÉ É A BIODIVERSIDADE?
Biodiversidade: Variedade da vida que está composta por xenes, especies e ecosistemas.
Especie: Grupos de poboacións que se poden cruzar entre si dando individuos fértiles.
1.1 A BIODIVERSIDADE ESPECÍFICA
Variedade de especies que existe nunha rexión. A diversidade relaciónase coa diversidade
taxonómica; grupos máis amplos de seres vivos (reinos ou clases).
1.2 A BIODIVERSIDADE XENÉTICA
Variavilidade que existe na información xenética dos individuos da mesma especie (cor do
pelo, bordo das follas). Pódese medir utilizando a diversidade de xenes, heterocigosidade
ou
número de alelos por locus.
1.3 A BIODIVERSIDADE ECOLÓXICA
Variedade de comunidades biolóxicas que interactúan coa variedade de ecosistemas.
Os intentos de medida céntranse en calcular a cariedade de comunidades bióticas dunha
rexión xunto coa variación das condicións físicas presentes.
COMO CALCULAR A DIVERSIDADE DE ESPECIES
Para determinar a biodiversidade desenvolvéronse índices que miden simultaneamente o
número de especies, riqueza e abundancia relativa. O indice de máis fácil aplicación e o de
Simpson.Canto maior é o índice maior é a diversidade.

1. Completar unha táboa cos detos relativos a cada ecosistema.


2. Cálculo do índice de Simpson en cada caso.
3. Orde de ecosistemas segundo a diversidade de especies.

2. A ORIXE DA BIODIVERSIDADE
Ata o século XIX predominaron as ideas fixistas, que consideraban ás especies inmutables.
2.1 GRADUALISMO
As teorías evolucionistas propoñen que as especies actuais descenden de antepasados
comúns e que cambiaron co paso do tempo. Xorden diferentes torías para esplicar o
mecanismo destes cambios.

A EVOLUCIÓN POR SELECCIÓN NATURAL


Charle Darwin propuxo a teoría da selección natural. Supuxo que un mecanismo debía
actuar sobre a poboación e baseouse nos seguintes principios:
- Os individuos que forman unha poboación varían nos trazos que posúen (tamaño ou
forma).
- Diferenzas ou variacións hereditarias.
- Nacen máis seres vivos dos que poden sobrevivir. Só algúns individuos sobreviven
para dar descendencia.
- A selección natural prodúcese cando os individuos con certas características
sobreviven e deixan máis descendencia que aqueles que non posúen esas
características.
Co tempo producirase un cambio gradual das variedades hereditarias vantaxosas,
evolucionando a povoación.
Redescrubríronse as leis da herdanza de Mendel e, a existencia de factores precisos
(xenes).
Formuláronse duas novas teorías.
TEORÍA CROMOSÓMICA DA HERDANZA: Localización dos factores hereditarios nos
cromosomas.
TEORÍA DA MUTACIÓN: Sobre os cambios producidos nos factores hereditarios.
O descubrimento da mutación permitiu explicar como se orixina a variación dentro das
poboacións e saber que se producía nos cromosomas a deducir que sucedía pola
reprodución sexual.
TEORÍA SINTÉTICA (Teoría de Darwin con avances científicos): A unidade evolutiva non é
o
individuo senon a poboación.
- A reprodución diferencial: Mecanismo que produce a selección. As condicións
ambientais favorecen á reprodución dos individuos mellor adaptados,
determinando un conxunto dominate.
- A evolución prodúcese por un cambio gradual na constitución xenética das
poboacións.
2.2 SALTACIONISMO
- O rexistro fósil non conta coas formas intermedias.
- A evolución xorde de xeito irregular. As novas especies xorden de explosións
evolutivas seguidas de longos períodos de estabilidade.

3. A ORIXE DE NOVAS ESPECIES


Especiación: Proceso polo que a partir dunha especie se forman dúas ou máis.
3.1 MODELO XERAL DE ESPECIACIÓN
Etapas:
1a: Dúas poboacións ven o interrompido o intercambio de xenes. A partir dese momento
estas poboacións evolucionarán de xeito independiente.
2a: Acumularanse as diferencias xenéticas pola mutación e a selección natural.
Se pasado este tempo se pode comprobar o cruzamento destas especies pódense dar dous
casos:
- Os híbridos resultantes non presentan desventaxes fronte o resto de individuos e
restablécese un único conxunto de xenes. A especiación queda anulada.
- Os híbridos manifestan claras desvantaxas, suficientes para que a selección natural
impida a súa formación. A especiación queda completada.

4. A ADAPTACIÓN
Adaptación: Calquera característica que mellora a capacidade do organismo para utilizar os
recursos do medio co fin de sobrevivir e reproducirse.
4.1 A SELECCIÓN NATURAL EXPLICA A ADAPTACIÓN
A selcción natural promove a adaptación dos seres vivos aos ambientes en que viven. As
variantes hereditarias xorden por mutación e, as que son desfavorables elimínaas a
selección natural. As favorables aumentan a súa frecuencia.
O proceso actúa de meneira indefinida porque os ambientes tamén evolucionan.
4.2 ADAPTACIÓN E ACLIMATACIÓN
En bioloxía evolutiva un organismo non pode adaptarse posto que non pode cambiar a
frecuencia dos seus xenes, é unha propiedade das poboacións.
Aclimatación: Cambios que sofren os individuos en resposta aos cambios do medio. Estes
só afectan ao fenotipo e non se transmiten á descendencia.
* Algunhas enfermidades víricas teñen pouca variavilidade e adaptación, polo que con un
tratamento é suficiente. Outros virus mutan, polo que os tratamentos deben ser modificados.

4.3 TIPOS DE ADAPTACIÓN


MORFOLÓXICA OU ESTRUTURAL
Adaptación relacionada coa forma do corpo ou coa estrutura dos órganos interno. Tamén se
inclúen o mitemismo e a coloración críptica.
Exemplo: As espiñas dos cactos; depredación hervívora e perda de auga.
FISIOLÓXICA OU FUNCIONAL
Adaptación relacionada co funcionamento dos órganos internos. Acompañada de
adaptacións morfolóxicas.
Exemplo: Glándulas do sal de aves e tartarugas; excreción da sal mariña.
ETOLÓXICAS OU DE COMPORTAMENTO
Adaptación relacionada con algún tipo de acción. É o caso das migracións das aves.
4.4 RESULTADO DA ADAPTACIÓN NATURAL
Unha adaptación debe ser resultado da selección natural. Segundo a teoría do neutralismo
da evolución molecular, a maioría das mutacións xenéticas son neutras fronte a selección
natural.
5. A ADAPTACIÓN XEOGRÁFICA DA BIODIVERSIDADE
BIOXEOGRAFÍA: Ciencia que estuda a distribución dos seres vivos na Terra. este estudo
pode facerse desde dúas perspectivas:
- COROLOXÍA: Estudo da área xeográfica que ocupa unha especie, determinción das
causas da súa distribución e prevención da súa evolución.
- CENOLOXÍA: Nun mesmo tipo de vexetación atópanse as mesmas especies de
plantas e determinados grupos de plantas albergan especies animáis determinadas.
5.1 A ÁREA DE DISTRIBUCIÓN E OS ENDEMISMOS
Área de distribución: Superficie do planeta que contén o conxunto de poboacións onde
foron observadas e rexistradas as especies.
Cando é dificil determinar a área de distribución utilízase como referencia a área
reprodutiva. Unha especie pode considerarse:
- Cosmopolita: Ocupa hábitats apropiados en tódolos continentes ou océanos
(gaivota).
- Endémica: Se se presenta nunha área moi restrinxida. (Quebrantahuesos, lince
ibérico).

5.2 FACTORES QUE INFLÚEN


A distribución actual dos seres vivos é o resultado de dous factores:
FACTORES INTERNOS: Relacionados coa constitución xenética dos organismos. Dela
dependerá a capacidade reprodutiva e de conquistar novos territorios.
FACTORES EXTERNOS: Propios do medio en que viven e expresan as limitacións que
impiden aos organismos moverse dun lugar a outro. Principais factores externos:
- Históricos: A diferente disposición de terras e mares ao longo da historia.
- Xeográficos: Interposición dunha cadea de montañas ou un río.
- Climáticos: Condicións téremicas desfavorables (réptiles nos polos).
- Edáficos: Substrato que impide o desenvolvemento dunha especie (salinidade).
- Bióticos: Presenza de parásitos, depredadores ou intervención humana.
5.3 CLASIFICACIÓN E XERARQUIZACIÓN DOS TERRITORIOS
Clasificación de territórios entre: reino, rexión, provincia, sector, distrito, tesela.
O reino adoita ter unha extensión continental e para a súa determinación téñense en conta
a
historia xeolóxica e a evolución da fauna e flora.
A rexión é un extenso teritorio definido por unha flora e fauna características con
elementos orixinais, taxóns endémicos. En cada rexión inclúense os dominios.
5.4 AS REXIÓNS BIOXEOGRÁFICAS DE ESPAÑAS

CARACTERÍSTICA EUROSIBERIANA MACARONÉSICA A REXIÓN


MEDITERRANEA

LOCALIZACIÓN Fachada norte da


Península Ibérica

Illas Canarias. Península e


arquipélago Balear
CLIMA Temperaturas suaves Tropical Cálido
HUMIDADE

Abundante Aires frescos e


húmidos e ventos
saharianos.

Seco

FLORA

Bosque caducifolio
(faia, carballo,
matogueira)

Bosque de Laurisilva
(loureiro, matogueira,
cardón)

Bosque mediterraneo
(aciñeira)
Matogueira
mediterranea
(plantas aromáticas)

5.5 OS PISOS XEOCLIMÁTICOS E OS PISOS DE VEXETACIÓN


* ver páxina 75, tabla e mapa térmico.

6. OS GRANDES BIOMAS
A Terra pode dividirse segundo a latitude, altitude, orientación do relevo ou proximidade ao
mar. En cada zona desenvólvese un mesmo tipo de vexetación cunha estrutura similar en
tipo de follas e distribución de espazos. Clasificación dos biomas:
CARACTERÍSTICA BOSQUES SABANAS MATOGUEIRAS E
PRADARÍAS

DESERTOS

VEXETACIÓN Bosques tropicais,


caducifolios
temperados,
emditerraneos.

Árbores de cobertura
reducida e vexetación
herbácea

- Arbustos
- Herbácea

Reducida

CLIMA Temperado Húmido Temperado Auga conxelada


Bioma: Comunidade de plantas características que se desenvolve nun clima e fauna
particular.
Reino: Territorio definido pola súa historia evolutiva con flora e fauna semellantes.
7. A CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE
A biodiversidade ten un valor necesario e dende a aparición do ser humano estase
extinguindo a un ritmo máis acelerado que nos inicios da Terra. Tamén un valor económico
que garante o benestar de tódals persoas.
7.1 A IMPORTANCIA DA BIODIVERSIDADE
OS SERVIZOS DOS ECOSISTEMAS E O VALOR UTILITARIO DA BIODIVERSIDADE
A biodiversidade é a base dos bens e servizos que nos proporcionan os ecosistemas. A súa
perda supón o empeoramento da saúde humana, maior inseguridade alimentaria,
vulnerabilidade ante catástrofes e cambio medioambientais e peor calidade de vida.
O VALOR NON UTILITARIO DA BIODIVERSIDADE
- Valor intrínseco, a perda dunha especie é irreparable.
- Valores potenciais descoñecidos.
- Valor de herdanza, deixar as xeracións futuras a posibilidade de desfrutar dos
beneficios da biodiversidade.

7.2 AS AMEAZAS DA Á BIODIVERSIDADE


DESTRUCIÓN, FRAGMENTACIÓN E DETERIORACIÓN DE HÁBITATS
Destrución de bosques para a construción de campos de agricultura ou gandaría, presas ou
desenvolvemento urbano. É o factor que máis afecta a perda de biodiversidade na
actualidade.
SOBREEXPLOTACIÓN
Resultado da colleita ou destrución de materia viva para alimento ou materiais superando a
capacidade reprodutiva das poboacións. Pode ser directa (tráfico de especies) ou indirecta
(pesca incidental).
INTRODUCIÓN DE ESPECIES EXÓTICAS
As especies trasladadas da súa hábitat convértense en depredadoras, competidóras ou
parásitos de especies autóctonas.
CONTAMINACIÓN
Xerada polo abuso de combustibles fósiles e fertilizantes e insecticidas da agricultura.
Afecta particularmente aos ecosistemas acuáticos.
CAMBIO CLIMÁTICO
É o maior problema para a biodiversidade e xa presenta o seu impacto en ecosistemas
costeiros, mariños, polares e de alta montaña.
7.3 COMO PROTEXER A BIODIVERSIDADE
As intervencións para a conservación da biodiversidade poden ser:
- Conservación ex situ: Manter os seres vivos fora do seu hábitat natural en centros de
investigación, zoolóxicos, bancos de sementes.
- Conservación in situ: Conservar áreas como puntos quentes, parques naturais ou
reservas da biosfera
Puntos quentes: Zonas de alta diversidade. Debe conter 1500 especies endémicas (o 0’5 %
total) e sufrir unha perda do 70% da súa vexetación orixinal.

TEMA 5: A CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS


1. A CLASIFICACIÓN DAS ESPECIES
TAXONOMÍA: Campo da ciencia que se ocupa de describir e clasificar a diversidade da
natureza.
Unha boa clasificación debe cumprir:
- Fácil acceso e recuperación da información.
- Servir de base para estudos comparativos.
- Permitir a incorporación de nova información.
1.1 OS PRIMEIROS INTENTOS DE CLASIFICACIÓN
Carl Linneo propuxo un sistema de organización en grupos aos que denominou taxóns, nos
que agrupaba especies con criterios de semellanza. Os taxóns máis grandes inclúen os
máis
pequenos, os xéneros, formando niveis de organización cada vez máis pequenos.
Sucesivamente créase unha xerarquía de taxóns na que o último nivel constitúe o reino.
XERARQUÍA POR COMPLEXIADDE E
EVOLUCIÓN
1.2 CÓMO SE NOMEA AOS GRUPOS?
NOMENCLATURA LINNEANA (binominal):
Asigna nomes aos taxóns e cada especie recibe
un nome único. O nome científico dunha
especie está composto por dous termos.
xénero + especie pinus pinaster
sp= por identificar pinus sp
cf= por confirmar pinus cf pinaster
1.3 A CLASIFICACIÓN DE DARWIN

Un sistema de clasificación sólido ten xenealoxia; a descendencia en común e o grao de


similitude, a cantidade de cambios evolutivos.
A este sistema de clasificación chámaselle evolutivo, darwinismo ou ortodoxo. Outros
sistemas que utilizan un dos dous criterios son:
- SISTEMA CLADÍSTICO (xeneoloxía): Os seres vivos que constitúen un grupo deben
ter unha orixe común. Os grupos así formados denomínase clados.
- SISTEMA FENÉTICO (similitude): Os seres vivos agrúpanse segundo o número de
características comúns.

2. REINOS DOMINIOS E IMPERIOS


2.1 CANTOS REINOS HAI?
- Reino protista: Separa os organismos unicelulares dos vexetais e animais.
- Reino Monera: A principios do S. XX descúbrense os procariotas unicelulares sen
verdadeiro nucleo e foron incluidos neste novo reino.
- Reino dos fungos: Os fungos consideráronse máis próximos aos animais por seren
heterótrofos, creouse un novo reino.
- Reino Protoctista: Inclúe o reino protista e as algas pluricelulares.
Finalmente quedan establecidos os cinco reinos.
CARACTERÍSTICA MONERA PROTOCTISTA PLANTAS FUNGOS ANIMAIS
ORGANIZACIÓN
CELULAR

Procariota Eucariota Eucariota Eucariota Eucariota


NÚCLEO Ausente Presente Presente Presente Presente
NUTRICIÓN Autótrofa ou
heterótrofa

Autótrofa ou
heterótrofa

Autótrofa Heterótrofa Heterótrofa

PAREDE CELULAR Presente Algas sí


Protozoos no

Presente De queratina Ausente

No DE CÉLULAS Unicelular Algas


unicelulares e
Protozoos
pluricelulares

Pluricelulares Variable Pluricelular

EXEMPLOS Bacteria Paramecio Margarita Mofos, Setas Rá, León


2.2 OS TRES DOMINIOS
Wose creou un novo nivel taxonómico que denominou dominio Dominio e propuxo tres:
CARACTERÍSTICAS BACTERIA ARCHAEA EUKARYA
CÉLULAS Procariotas Procariotas Eucariotas
ADN CON HISTORIAS Non Sí Sí
LÍPIDOS DE MEMBRANA Con ácidos graxos non
ramificados
Con ácidos graxos
ramificados

Con ácidos graxos non


ramificados

RESISTENCIA A
ANTIBIÓTOCOS

Non Sí Sí
*Dentro do dominio Eukarya poderíanse incluir as procariotas, fungos, planta e animal.

2.3 A CONTINUACIÓN DOS CAMBIOS


O descubrimento das relacións entre fungos e animais ou arqueas, cambiou a clasificación
dos seres vivos.
Thomas Caviler- Smith propuxo dous imperios (prokaryota e eukaryota) e seis reinos; o
reino bacteria está dentro do procaryota e os restantes dentro do Eukatyota. (Propón a
división en dous dos antigos protistas).

3. A ÁRBORE DA VIDA
A historia evolutiva pódese representar con árbores filoxenéticas ou filoxenias. A base
representa a especie ancestral común a todas e as ramas que se van dividindo representan
liñaxes da evolución.

3.1 CÓMO SE CONSTRÚEN AS ÁRBORES FILOXENÉTICAS?


A reconstrucción dunha filoxenia baséase na busca de caracteres compartidos por grupos
de
organismos. Pártese de que dous grupos moi emparentados evolutivamente comparten
moitas características e vicebersa.
DATOS PARA CONSTRUIR UNHA FILOXENIA:
- O estudo anatómico ( de organismos e fósiles)
- O estudo da idade dos restos fósiles. Suministra datos sobre a sucesión dos
organismos ao longo do tempo .
- A comparación das secuencias moleculares de proteínas ou ácidos nucleicos,
fundamentalmente información achegada polo seu ADN.

3.2 CÓMO SE INTERPRETAN AS ÁRBORES FILOXENÉTICAS ?


1o RECOÑECEMENTO DE ELEMENTOS: Unha árbore está formada por ramas, nós e
puntas.
- Ramas: Representan os grupos de organismos ao longo do tempo, as liñaxes.
- Nós: Aparecen cando un grupo ancestral se divide en dous ou máis descendentes.
- Puntas: Representan grupos de organismos, taxóns vivos ou extinguidos
actualmente.
2o OBSERVACIÓN DO SETIDO TEMPORAL DOS ACONTECEMENTOS
3o IDENTIFICACIÓN DE CLADOS (mediante cortes).
Clado: Que todas as súas liñaxes teñen unha orixe común.
4o LECTURA DA ÁRBORE XENÉTICA
As árbores lense da raíz as puntas. Conforme ascendemos podemos seguir a orde na que
se
van separando os grupos.

4. A DIVERSIDADE DAS PLANTAS


As plantas son organismos eucariotas pluricelulares e cada unha das células está recuberta
de celulosa. Posúen cloroplastos para realizar a fotosíntese e almacenar o amidón
producido. A súa nutrición autótrofa convérteas en fundamentais para o mantemento da
vida terrestre (inda que tamén hai plantas acuáticas).

4.1 CLASIFICACIÓN DAS PLANTAS


CRITERIOS A SEGUIR:
- Presenza de células ou vasos condutores. Vasculares ou non vasculares.
- Produción de sementes. Divide ás vasculares en pteridofitas ou fentos (non
producen semente) e espermatófitas (producen semente).
- Formación de froito. Ximnospermas (sen froito) e anxiospermas (con froito).
4.2 DOS MUSGOS ÁS PLANTAS CON FLORES
AS PLANTAS NON VASCULARES: Musgos e hepáticas
Non superan os 10 cm e atópanse suxeitas mediante rizoides á terra, rochas ou árbores.
- Musgos: Poden entrar en estado de latencia, unha adaptación para sobrevivir cando o
ambiente é seco.
- Hepáticas: Teñen follas en forma de fígado e adoitan atoparse en ambientes húmidos.

AS PLANTAS VASCULARES SEN SEMENTE: Equisetos e fentos


- Equisetos ou colas de cabalo: Reciben este nome polo aspecto de cepillo dos seus talos e
ramas. As especies actuais son de pequeno tamaño e abundan á beira de regatos e
pantanos.
- Fentos: Posúen frondes, follas ben desenvolvidas que funcionan como órganos
reprodutores e fotosintéticos. Viven en ambientes húmidos e son de tamaños moi variados.
AS PLANTAS CON SEMENTES
A semente é unha estrutura que protexe o embrión e lle permite manterse en repouso
durante longos períodos. Contribúe ao predominio da especie na Terra en calquera hábitat.
CARACTERÍSTICA XIMNOSPERMAS ANXIOSPERMAS
TALO Leñoso Herbáceo
FOLLAS Perennes
(en forma de agulla ou
escama)

Perennes e caducas
(forma e tamaño variables)
SEMENTES Sen froito Con froito
REPRODUCIÓN Polo vento Polos insectos
* A clasificación das anxiospermas baséase en monocotiledóneas e dicotiledóneas. O nome
refírese á formación no embrión dunha planta, o cotiledón é só unha ou xorden duas á vez.

5. A DIVERSIDADE DOS ANIMAIS


Os animais son organismos pluricelulares eucariotas con células recubertas por unha
matriz extracelular, na que abundan proteínas fibrosas. A súa nutrición é heterótrofa e
posúen estruturas sensoriais moi desenvolvidas; nerviosos e hormonais que coordinan a
información.
5.1 CLASIFICACIÓN DOS ANIMAIS
CRITERIOS:
- Diferenciación de tecidos e órganos.
- Simetría corporal: Radial (todos os lados iguais) ou bilateral (iguais a metades).
- Características do desenvolvemento embrionario.
- Formación de dúas ou tres capas de células durante o desembolvemento
embrionario: Diblástico ou triblástico
- Presenza ou ausencia de cabidades corporais cerradas ou celoma: Celomados
ou acelomados
- Lugar no que se forma a boca durante o desmbolvemento embrionario:
Protóstomos ou deutróstomos.

5.2 DAS ESPONXAS AOS MOLUSCOS


PORÍFEROS OU ESPONXAS
Son acuáticos, a maioría mariños e viven fixos ao substrato. O seu corpo está formado pola
agregación de células aredor dun sistema de canáis.
A auga transporta os nutrientes que entran á esponxa polos poros, flúe a través do seu
corpo
e sae por unha ou máis aberturas, os ósculos.
CNIDARIOS
A maioría son mariños, coma as medusas ou os corais. Os seus tentátulos están recubertos
de cnidocistos, células urticantes que poden descargar na presa a toxina que conteñen.
No seu ciclo vital poden pasar por duas fases:
- Pólipos: Cilindro fixo ao substrato. No extremo oposto ten a boca rodeada de
tentáculos. (Boca- ano superior= sesil).
- Medusas: Ten movilidade e forma de paraugas. Flota coa boca e os tentáculos cara
abaixo.
ANÉLIDOS
Viven en ambientes acuáticos ou terrestres pero sempre húmidos. Teñen forma de verme e
corpo segmentado recuberto por sedas ríxidas que se adhieren ao substrato faborecendo
ao
desplazamento e a reprodución
MOLUSCOS
Taxón próximo aos anélidos pero sen segmentación. O seu corpo conta cun pé para a
locomoción, masa visceral dos órganos e o manto, estrutura que cubre a masa visceral e
segrega a cuncha.

CARACTERÍSTICAS DOS GRUPOS DE MOLUSCOS

CARACTERÍSTICA BIVALVOS GASTERÓPODOS CEFALÓPODOS


PÉ En forma de machada
para enterrarse.

Longo para
arrastrarse polo
substrato.
En forma de brazos
ou tentáculos a
rredor da cabeza.

CUNCHAS 2 valvas articuladas 1/0 0


EXEMPLOS ameixas, meixóns caracois, lapas polbos, sepias

5.3 OS ARTRÓPODOS
ELEMENTOS:
- Corpo segmentado:En rexións; abdome, cabeza...
- Exoesqueleto: Formado de quitina e as veces endurecida como carbonato cálcico.
Mudan para crecer mentres forman un novo.
- Apéndices articulados: Especializados ben en relación, nutrición ou movemento.

CARACTERÍSTICA ARÁCNIDOS CRUSTÁCEOS INSECTOS MIRIÁPODOS


PATAS 8 10 6 moitas
ANTENAS pedipalpos 4 2 2
CORPO Cabeza non
diferenciada do
torax

Abdome pregado cara


abaixo

4 ás e corpo
diferernciado

cabeza, tronco,
exoesqueleto

5.4 OS EQUINODERMOS
Constitúen, xunto cos cordados, o grupo dos deuteróstomos, polo que están máis próximos
aos vertebrados que aos artrópodos. Simetría radial para adaptarse a vida sedentaria.
CARACTERÍSTICAS ESTRUTURAIS:
- Esqueleto interno: Recuberto pola pel, formado por placas calcarias.
- Aparato ambulacral: Sistema de canais interno polos que circula a auga. Desta rede
interna saen os pés ambulacrais que interveñen na respiración, locomoción e
alimentación.

*Os ourizos de mar son hervívoros.


*As estrelas de mar son carnívoras de moluscos bivalvos.
*Os equinodermos teñen espiñas na pel para defenderse dos depredadores.

5.6 OS CORDADOS
O seu trazo máis característico é a súa notocorda, estructura flexiva e cartilaxinosa. Son
cordados todos os vertebrados e defínense por:
- Columna vertebral dorsal: Estrutura ósea ou cartilaxinosa que substitúe nos adultos
a notocorda. Constitúe a áncora dun esqueleto interno ríxido e protexe a espiña
dorsal.
- O cranio: Carcasa ósea ou cartilaxinosa que encerra o cerebro.

TEMA 6: A NUTRICIÓN DAS PLANTAS

1. AS FUNCIÓNS VITAIS DOS ORGANISMOS PLURICELULARES


As 3 FUNCIÓNS VITAIS:
- Reprodución: Obter descendentes.
- Sexual=Descendentes da combinación de dous individuos.
- Asexual= Descendentes idénticos ao individuo.
- Relación: Estímulo + resposta = supervivencia.
- Nutrición: Obter do medio:
- Materia: Crecer e renovar tecidos
- Enerxía: Movemento
AS 3 FUNCIÓNS VITAIS NAS PLANTAS:
- Reprodución: Organos sexuais (estames e pistilo(sexual); esporas, tubérculos e
estolóns (asexual)).
- Nutrición: Fotosíntese, respiración, escreción e a circulación de zumes.
- Relación: Mediante fitohormonas; caída das follas, orientación do crecemento das
raíces, orientación cara o sol ((1) tropismos) e as plantas narnívoras.

(1) Fototropismo, xeotropismo, hidrotropismo.


ESPECIE NUTRICIÓN RELACIÓN REPRODUCIÓN
PLANTAS Follas Flores Flores
KNIDARIOS Boca Ollos Gónadas
FUNGOS Todo o micelio Todo o micelio Cogomelos (esporas)/ esporanxos
VERTEBRADOS Boca Olllos Gónadas

2. PROBLEMAS RELACIONADOS COA NUTRICIÓN


O intercambio de materia e enerxía é necesario para calquera ser vivo e dentro do seu
organismo precisa:
- Sistema de captura de materia e enerxía do esterior.
- Sistema de circulación e distribución interna.
- Sistema de eliminación ou excreción.

SISTEMAS E MECANISMOS DAS PLANTAS PARA ANUTRICIÓN


PROCESOS PLANTAS ESPERMATÓFITAS
Captura de materia sólida ou líquida Pelos radicais (raiz)- Absorven auga
Captura de gases Estomas, lenticelas e pelos radicais
Captura de enerxía Directamente da radiación solar (follas)

Transformación de alimentos fora da célula Non hai


Traslado de líquidos e sólidos capturados ou
elaborados ata as células

Sistemas vasculares (floema e xilema) e a través do


paso directo entre células
Traslado dos gases capturados ata as células A través de espazos intercelulares
Metabolismo celular Células autótrofas e heterótrofas
Traslado de gases de refugallo ata o exterior Espazos intercelulares
Traslado de líquidos e sólidos de refugallo ao

esteror

Non hai estruturas especializadas, algunhas

almacénanse.

Os organismos pluricelulares son autótrofos ou heterótrofos segundo necesiten ou non


tomar substancias orgánicas para o seu metabolismo. Nos organismos autótrofos hai
células autótrofas e heterótrofas.
OBTENCIÓN DO C OBTENCIÓN DA ENERXÍA

FOTÓTROPOS QUIMIÓTROFOS

LITÓTROFOS (mat. innorg.) Plantas, bacterias verdes e


cianobacterias

Bacterias nitrificantes, do S, Fe, H

ORGANÓTROFOS (mat. org.) Bacterias purpúreas


fotosintéticas

Animais e fungos

3. A ALIMENTACIÓN DAS PLANTAS


3.1 INCORPORACIÓN DE AUGA E SALES MINERALES
A auga con sales minerales disilvidos atravesa as membranas celulares para pasar ao
interior da planta e faino diferente segundo o tipo de planta:
OS MUSGOS
Non teñen órganos especializados, a incorporación de auga e sales pode darse en toda a
superficie da planta.

PLANTAS VASCULARES
Posúen órganos especializados, as raíces. Teñen pelos radicais que aumentan a superficie
de contacto co solo, aumentando a cantidade de absorción. Mecanismos de entrada das
células segundo a substancia absorvida:
- A AUGA: Entra pola raíz polo potencial hídrico, no que interveñen procesos como a
ósmose.
- AS SALES MINERAIS: En forma de ións pasan á raiz mediante transporte activo.
Unha vez obtida a agua e as sales, estas deben chegar ao resto da planta. Nos musgos
prodúcese entre células ou por capilaridade no espazo intersticial e nas plantas con
sementes e basos especializados as substancias deben ir ate o xilema no centro da raiz.
3.2 INTERCAMBIO GASEOSO NAS PLANTAS
As plantas intercambian gases co exterior. Teñen células autótrofas e heterótrofas e todas
respiran pero solo as autótrofas realizan a fotosíntes; é por isto polo que as plantas precisan
absorver O2 e emitir CO2. Ningunha planta desenvolve un sistema embrionario como tal.
- OS MUSGOS: Non precisan estrutúras polo seu pequeno tamaño e facilidade de
intercambio de gases.
- FENTOS E ESPERMATÓFITAS: Precisan:
- Estomas: Poros de células oclusivas que interveñen na turxencia do estíolo,
atópanse no embés das follas.
- Lenticelas: Protuberancias con ocos situados nos talos leñosos.
- Pelos radicais: Protuberancias das raíces que absorben a auga e os gases
disolvidos do solo.
3.3 A CAPTACIÓN DA LUZ
As follas das plantas con sementes son os órganos especializados na captación da luz. Nos
fentos son as frondes e nos musgos o taliño e as folliñas.
A captación da luz prodúcese grazas á clorofila dos cloroplastos das células verdes. A luz
non pode tarnsmitirse polo interior da planta, polo que as células fotosintéticas sitúanse
nas follas cara a superficie. Reciben a luz e o CO2.

4. O TRANSPORTE DE NUTRIENTES NAS PLANTAS


Os fentos e plantas con sementes presentan un sistema de transporte de nutrientes sólidos
e líquidos a través de células autótrofas (ou verdes) e heterótrofas.
CÉLULAS AUTÓTROFAS: Sitúanse en follas e frondes e precisan auga, CO2, sales
minerales e
luz para sintetizar as moléculas orgánicas.

CÉLULAS HETERÓTROFAS: Requiren O2, auga e substancias organicas obtidas na


fotosíntese, das que obteñen materia e enerxía para o seu metabolismo.
Existen duas vías de comunicación dentro destas plantas:
- Zonas de captación de MO no exterior cara as células verdes (xilema): Zume bruto.
- De células verdes a non verdes (floema): Zume elaborado
4. 1 PROCESOS QUE MOVEN O ZUME BRUTO
O zume bruto móvese de raíces a follas en diferentes procesos:
- NA RAIZ: Xérase un aumento de presión hídrica pola absorción da auga empurrando
o zume bruto cara arriba. Introdúcea no xilema.
- NAS FOLLAS: Transpiración de auga nos estomas. A regula o gasto de auga que
supón. Diminúe a presión nas follas e ascende o zume bruto.
Estes procesos xeran tensión, que coa cohesión entre moléculas de auga e a súa adhesión
á
capilaridade, motiva o ascenso de zume bruto de raices a follas.
4.2 PROCESOS QUE MOVEN O ZUME ELABORADO

Zume elaborado: Líquido formado por aminoácidos, sacarosa e outras substancias


sintetizadas na fotosínte. Máis sintetizado que que o zume bruto.
Floema: Tubos de cálulas vivas polos que discorre o zume elaborado.
Translocación: Movemento do zume elaborado polas células do floema. Débese á
concentración de sacarosa e presenza de auga producindo a ósmose e dacordo coa (1)
(1) Hipótese da corrente de presión: Baséase na diferencia de presión entre o floema das
zonas fonte e os sumidoiros de zume elaborado.
- AS ZONAS FONTE: Áreas por onde entra o zume elaborado. Nelas a sacarosa pasa
polo floema con transporte activo. Fórmase un líquido moi concentrado con auga
incorporada por ósmose.
- OS SUMIDOIROS:Lugares onde se trasvasa este zume a outras células. A sacarosa sae
do floema por transporte activo e a auga séguea por ósmose.
Este movemento é ascendente cando o zume ten que chegar ata as xemas e descendente
cando ten que trasladarse a troncos e raíces.
5. A FOTOSÍNTESE COMO EIXE DA NUTRICIÓN AUTÓTROFA
Follas, talo e raíces contribúen a nutrición vexetal, absorbendo, transportando ou
metabolizando os nutrientes. A fotosíntese é un proceso celular que ten lugar só nas follas
verdes. (Interpretar gráficas páxina 117).

6. A EXCRECIÓN
A nutrición autótrofa e o metabolismo menos activo provoca unha menor producción de
substancias de refugallo ca nos animais.
EXCRECIÓN: Expulsión das substancias de refugallo ao exterior.
SECRECIÓN: Liberación de substancias cun obxetivo concreto.
PRODUTOS CARACTERÍSTICAS LIBERACIÓN
O2 Dase na fotosíntese e é o gas
residual do metabolismo

Aos estomas das follas

CO2 Dase na respiración, úsase na


fotosíntese

Estomas das follas e lenticelas

dos talos

ETILENO Acelera a maduración e dá olor


aos froitos

En calquera parte da planta

ACEITES ESENCIAIS Atraen e repelen insectos e


protexen a planta

Glándulas odoríferas

RESINAS Substancias protectoras de


insectos

Como protector nas feridas


das plantas

LÁTEX Mestura de graxas, ceras e


resinas con función protectora

Ao exterior formados en tubos


laticíferos

OXALATO DE CALCIO Regula o nivel de calcio e serve


para defenderse de herbívoros

Vacuolos (almacénase)

7. A NUTRICIÓN NAS PLANTAS VASCULARES


As diferentes partes da planta están especializadas. As follas realizan a fotosíntese, as
raíces
a absorción de auga e sales e os talos comunican os outros dous órganos.

8. ADAPTACIÓNS NUTRICIONAIS
8.1 AS PLANTAS CARNÍVORAS
O hábito carnívoro en plantas é unha adaptación a ambientes con pouco nitróxeno
asimilable (medios húmidos).
As plantas realizan a fotosíntese para obter enerxía e captar nitróxeno das súas presas.
Para
atrapalas empregan:
- Trampas en forma de urna
- Pinzas ou valvas
- Sistema de pelos pegañentos
8.2 RELACIÓNS SIMBIÓTICAS E PARASITARIAS
- Formación de micorrizas: Relación entre un fungo e as raices dunha planta. As
hinfas do fungo introdúcense nos espazos intercelulares da planta. Intercambio de
substancias.
- Formación de nódulos radicais: Algunhas plantas leguminosas forman nódulos nas
raíces para albergar bacterias fixadoras de nitróxeno atmosférico. As plantas
obteñen N e as bacterias glc.
- Plantas holoparasitas e hemiparasitas: As raices das plantas penetran noutras
9. A IMPORTANCIA DAS PLANTAS NOS ECOSISTEMAS
- Son a base fundamental das pirámides tróficas terrestres.
- Factor biótico formador de solos.
- Definición e regulación do clima.
- Incremento da biodiversidade.
- Regulan o ciclo da auga

TEMA 9: A RELACIÓN E REPRODUCIÓN NAS PLANTAS

1. AS PLANTAS RELACIÓNANSE CO SEU MEDIO


Relación: Obter información sobre o que ocorre ao seu redor e responder en consecuencia.
As plantas teñen células para captar os estímulos externos, dsipoñen de sistemas químicos
de comunicación interna e algunhas posúen mecanismos para moverse.
Carecesn de órganos sensoriais e poden captar a estímulos a traves das células individuais.
Fitocromos: Proteínas sensibles á luz.

1.1 RESPOSTAS AOS ESTÍMULOS EXTERNOS


- MORFOXÉNESE: Activación de procesos como a caída das follas, floración,
maduración de froitos...
- CRECEMENTO DIRIXIDO OU MOVEMENTO: Dirección do crecemento cara a auga
nas raices ou seguir o sol coma os xirasois.
1.2 CRECEMENTO DIRECCIONAL E MOVEMENTO
TROPISMOS: Respostas permanentes en forma de crecemento lento cara o estímulo.
- Fototropismo. - Tigmotropismo
- Quimiotropismo. - Xeotropismo
- Hidrotropismo.
NASTIAS: Respostas temporais en forma de movemento rápido e non direccional.
- Sismonastia: Contacto físico como estímulo.
- Fotonastia: A luz como estímulo.

2. AS HORMONAS VEXETAIS
A planta que recibe o estímulo transmite respostas mediante substancias químicas
producidas por fitohormonas, que teñen as seguintes características:
- Sintetizadas pola planta en resposta ao estímulo.
- En pequenas cantidades.
- Caracter activador ou inhibidor dun estímulo ou resposta.
- ACTIVADORAS: Auxinas, Xiberelinas, Citocininas.
- INHIBIDORAS: Ácido abscísico, Etileno e outras substancias.

3. A REPRODUCIÓN DAS PLANTAS


REPRODUCIÓN ASEXUAL: A formación dun novo individuo a partir dun só proxenitor.
REPRODUCIÓN SEXUAL: A formación dun individuo supón a fusión de dúas células
sexuais.
3.1 REPRODUCIÓN ASEXUAL
Denomínase propágulo a parte da planta capaz de separarse e xerar un novo individuo.
FRAGMENTACIÓN: Porción da planta nai que orixina un novo individuo, pode ser:
- Estolóns: Ramas laterais.
- Rizomas: Talos alongados subterraneos
- Tubérculos: Talos subterraneos engrosados.
- Bulbos: Xemas foliares.
ESPORULACIÓN ASEXUAL: O propágulo é unha célula denominada espora e dase en
musgos
e fentos.
3.2 REPRODUCIÓN SEXUAL
Cada individuo fabrica un gameto, que se une á célula ovo, por divisións sucesivas, formará
o novo organismo. Gametos masculinos, anterozoides; gametos femininos, oosferas.
A gametoxénese ten lugar nos gametanxios, organos vexetais equivalentes aos animais.
- UNISEXUAL: Dioicas, con dous tipos de individuos; masculino e feminino (acibro,
salgueiro).
- HERMAFRODITA: Cada órgano reprodutor pode ter os dous sexos (monoicas).
MEIOSE: Proceso previo á formación dos gametos, división celular.
4. OS CICLOS BIOLÓXICOS
- CICLO DIPLONTE: Meiose para formar os gametos (animais e algas).
- CICLO APLONTE: Ten lugar no cigoto e é a única fase diploide (fungos e protistas).
- CICLO DIPLOHAPLONDE: Esporófito (parte diplóide) e gametófito (haplóide).

5. A REPRODUCIÓN SEXUAL EN ESPERMATÓFITAS


5.1 A POLINIZACIÓN
POLINIZACIÓN: Mecanismo polo que o pole chega desde o estame dunha flor ao carpelo
doutra. As plantas desenvolveron sistemas de autofecundación, como a heterostilia.
Segundo cal sexa este axente, a polinización pode ser:
- Anemógama ou anemófila: Transportador, o vento.
- Zoógama ou zoófila: Transportador, un animal.
- Hidrófila ou hidrógama: Propia de plantas acuáticas. Transporte, auga.
5.3 A SEMENTE
Característica de todalas espermatófitas. Cubertas formadas por un casco embrionario,
embrión que dará lugar á futura planta, tecido alimenticio (endospermo). O embrión
desenvolve unha pequena raiciña ou radícula, untaliño ou plúmula e unha ou dúas follas
embrionaria denominadas cotiledóns.

5.2 A FECUNDACIÓN
Unión de gametos para formar o cigoto que dará lugar ao novo organismo. Proceso:

5.4 DISEMINACIÓN, DISPERSIÓN E XERMINACIÓN


Para non competir coa planta nai e favorecer que a especie se estenda, é importante que a
nova semente xermine lonxe (DISEMINACIÓN). Tipos:
- ZOÓCORA: Dispersión por animais.
- HIDRÓCORA: Dispersión pola auga.
- ANEMÓCORA: Dispersión polo vento.
- AUTÓCARA: Dispersión do froito ou da semente mediante propulsión.

You might also like