You are on page 1of 6

HERDANZA DOS CARACTERES.

XENÉTICA

O chamado código xenético é a linguaxe do noso xenoma porque cumple coas ctas dunha linguaxe
calquera , a saber:

- É un sistema de comunicación posto que transmite información.


- Está composto por símbolos: os grupos de 3 nucleótidos do código funcionan coma unidades de
información.
-Está formado por unidades discretas individualizadas: os tripletes de nucleótidos funcionan coma as
palabras dunha linguaxe hablada.

Coma con calquera linguaxe, cun limitado nº de símbolos poden construírse gran cantidade de
mensaxes diferentes.

OS CARACTERES HEREDITARIOS

A herdanza xenética é o conxunto de mecanismos de transmisión de caracteres dun individuo á súa


descendencia, rexidos polas leis do código xenético.
Un carácter hereditario é por tanto unha característica morfolóxica ou fisiolóxica que se transmite á
descendencia ( cor de ollos, do pelo, estatura, proporcións anatómicas , forma de ser )

Un xene é un fragmento de ADN que determina un carácter hereditario, sendo o ADN a molécula
que almacena a información xenética de cada especie.
As diferentes variantes dun xene denomínanse alelos ou xenes alelos, e controlan as diferentes
expresións para un determinado carácter.

Cada xene ocupa undeterminado lugar no cromosoma. Ese lugar denomínase “locus”. Os xenes alelos
sitúanse no mesmo locus nos cromosomas homólogos.Cando facemos referencia a varios , decimos
“loci”.
Os cromosomas homólogos son aqueles que portan os mesmos xenes, aínda que poden presentar
diferentes alelos.

1
CONCEPTOS BÁSICOS

Os seres humáns somos diploides, temos parellas de cromosomas homólogos. Cada célula do noso
corpo ten 23 parellas de cromosomas( 46 en total), 23 do noso pai e 23 da nosa nai).Os homólogos
conteñen información para os mesmos caracteres, as células somáticas portan 2 alelos para cada
caracter. Poden ser iguais (homocigose), ou diferentes (heterocigose).
Na xenética clásica denomínase raza pura aos individuos homocigóticos para un carácter. Os individuos
que teñen os 2 alelos diferentes chámanse heterocigóticos ou híbridos.
Na expresión dun xene determinado, consideraremos 2 tipos de alelos:

Alelo dominante: exprésase sempre, tanto en homocigose coma en heterocigose, e represéntase coa
letra maiúscula:

Por exemplo: AA: individuo homocigoto dominante.


Aa: individuo heterocigoto. Ambos expresan as características do A

Alelo recesivo: aa: maniféstase só en homocigose.

O xenotipo é o conxunto de xenes que un organismo herda dos seus proxenitores, mentres que o
fenotipo é o conxunto de caracteres que ese organismo expresa ou manifesta, é dicir , a apariencia
externa do xenotipo, e pode variar segundo a influencia dos factores ambientais.

2
XENÉTICA MENDELIANA

Os 1ºs pasos no estudo da herdanza deunos un monxe austríaco do século XIX. Gregor Mendel, ue
deseñou uns experimentos de análise matemática da distribución de certas características externas
( fenotípicas) da planta do guisante , Pisum sativum,mentras traballaba na horta do monasterio da orde
á que pertencía ( monxes agustinos). Escolleu o guisante pola facilidade para o seu cultivo e
manipulación nos experimentos que fixo, e que lle levaron a relizar unhas afirmacións , máis tarde
chamadas leis, sobre como se transmitían os caracteres desta planta, e que logose fixeron extensivos a
outras especies

Escolleu 7 características da planta , e foi vendo como era transmisión dun só caracter , un tras outro.

3
Neste caso , escolleu a cor da semente:1ª ley( de uniformidade dos híbridos da 1º xeración filial)

Coma todos os descendentes do cruzamento eran amarelos , deducíu que o amarelo “ dominaba “ sobre o verde.
Repetíu o experimento con cada un dos sete caracteres por separado , moitas veces , ata ter un nº elevado de
descendentes que lle permitíu afirmar que sempre sucedía o mesmo, cando repetía as condicións do cruzamento.

2ªLey (da segregación dos caracteres antagónicos da 2ª xeración filial)

Os alelos sepáranse e distribúense nos gametos de forma independente, e ó cruzar dos undividuos da F 1, obtivo
plantas de sementes amarelas e verdes con proproción 3:1, reaparecendo o carácter verde que desaparecera no
fenotipo da F1

4
CASOS PARTICULARES

Existen outro tipo de interaccións entre os alelos dun mesmo xene, aparte das de dominancia
recesividade.
Un deses tipos eé a denominada herdanza intermedia, que dáse por explo nas plantas de dondiego de
noite (Mirabilis jalapa).

HERDANZA INTERMEDIA
Exemplo do dondiego de noite ( Mirabilis jalapa): de 2 proxenitores ,un homocigótico de flores
vermellas e outro homocigótico de flores brancas, a F1 es toda rosa) Cúmprese a 1ª ley de Mendel,
todolos individuos da 1ª xeración son iguais entre sí , (e non a ningún dos 2 proxenitores)

A F2 resultante do cruzamento de 2 individuos da F1, tampoco da as proporcines fenotípicas obtenidas


nos caracteres anteriores con dominancia completa(3/1), senón que :

A proporción é 1/2/1 ( ó 25%,50%,25%) , coincidindo coas proporcións xenotípicas.


5
CODOMINANCIA
Neste caso , exprésanse á vez ambos alelos no fenotipo do individuo, pero sen combinarse dando un
fenotipo novo,
Codominancia: ambos alelos son equipotentes, non se impón un a o outro , polo que o individuo
presenta ambos fenotipos das razas puras á vez:

-exemplo vacas :

Neste caso tamén se cumpre a 1ª Ley de Mendel, porque todos os individuos da F1 son iguais entre si
( fenotipo “pinto”) .Na codominancia pódese identificar cada alelo cunha letra diferente, ó ser
codominantes.

You might also like