You are on page 1of 4

Problemas de genética II

1. O primeiro descendente, macho ou femia indistintamente, dun cruzamento de dous


cans normais estaba afectado por cegueira. Explique o modo de herdanza deste tipo
de cegueira e indique o xenotipo dos parenterais. ¿Cal é a
probabilidade de que deste mesmo cruzamento se obteñan descendentes normais
homocigotos e heterocigotos ?. Se deste cruzamento xa se ten un can macho cego
¿cal será a probabilidade de obter outro macho cego ? ¿E un can cego ?. Explique de
forma razoada o desenvolvemento e os resultados do problema.

2. Dous individuos sans, A varón e B femia teñen descendencia (dous varóns e tres
femias). Un dos varóns (C) está afectado dunha enfermidade non letal. Este varón ten
cunha muller sa tres fillos: dúas femias (D e E) e un varón (F), todos eles sans. Á súa
vez, D ten descendencia cun varón san e esta descendencia está formada por un
varón afectado por aquela enfermidade e unha muller sa. a) desenvolve a árbore
xenealóxica desta familia. b) Indica que tipo de transmisión segue o carácter
(enfermidade) en estudio. c) asigna xenotipos aos seguintes individuos: A, B, C, D.
Razoa as respostas

3. Un home de ollos pardos e con cegueira para as cores casa cunha muller tamén de
ollos pardos pero de visión normal. Tiveron dous fillos varóns: un de visión normal e
ollos azuis e outro con ollos pardos e con cegueira para as cores. Sabendo que a cor
dos ollos é un carácter autosómico e que a cegueira para as cores se atopa ligado ao
sexo, responder: a) Dados os xenotipos paternos e filiais, ¿cal espera que sexa o
xenotipo dos proxenitores? b) ¿cales serían os xenotipos probables dos fillos? c) se
esta parella tivese unha filla, ¿que probabilidade hai de que teña os ollos azuis?
¿podería esta padecer a cegueira ás cores? Razoa a resposta

4. Unha planta de invernadoiro presenta dúas variedades: unha de flores vermellas e


follas aciculadas, e outra de flores brancas e follas oblongas. O carácter "cor das
flores" segue unha herdanza intermedia, e o carácter "forma da folla" presenta
dominancia da forma aciculada. Se se cruzan ambas as dúas variedades, ¿qué
proporcións genotípicas e fenotípicas aparecerán? ¿Que proporción das plantas con
flores vermellas e follas aciculadas da F2 serán homocigóticas?
5. A cor vermella da polpa do tomate depende da presencia do factor R, dominante sobre
o seu alelo r para o amarelo. O ananismo débese a un xene recesivo d. Disponse
dunha variedade homocigótica de polpa amarela e tamaño normal e outra anana de
polpa vermella.
o ¿ Podería obterse a partir das variedades dispoñibles, unha variedade
homocigótica de polpa vermella e tamaño normal ?
o ¿ E unha variedade de polpa amarela e de porte anano ?. Razóese a resposta
6. Unha parella na que a visión de ambos os dous é normal, teñen catro fillos. Neles e
nos seus descendentes aprécianse as seguintes características:
o Unha filla con visión normal, que ten un fillo normal e un fillo e unha filla
daltónica.
o Unha filla con visión normal, con tres fillas e dous fillos normais
o Un fillo daltónico, con dúas fillas normais.
o Un fillo normal, con dous fillos e dúas fillas normais.
Constrúe a xenealoxía desta familia e indica en cada caso os xenotipos probables.

7. Dúas condicións anormais no home, que son as cataratas e a fraxilidade de ósos son
debidas a alelos dominantes. Un home con cataratas e ósos normais o pai dos cales
tiña ollos normais, casou cunha muller sen cataratas pero con ósos fráxiles, o pai dos
cales tiña ósos normais. Cál é a probabilidade de:
o Ter un fillo completamente normal
o Que teña cataratas e ósos normais
o Que teña ollos normais e ósos fráxiles
o Que padeza ambas as dúas enfermidades.

8. Na seguinte árbore xenealóxica indícase a transmisión dun tipo de cataratas


(individuos en negro) nunha familia (os homes represéntanse por cadrados e as
mulleres cun círculo). Sábese que esta enfermidade está producida por un só xene
ligado ao sexo (situado no cromosoma X) a) Indíquese se este tipo de cataratas é
dominante ou recesivo. Razoa a resposta b)Indique os posibles xenotipos de todos os
individuos c) Indique a probabilidade de que a muller sinalada cunha frecha teña un
descendente con este tipo de cataratas: (1) se se trata dun neno; (2) se se trata dunha
nena

9. A cor dous ollos dá mosca Drosophila depende dun xene ligado ou cromosoma X. A
XR XW
cor vermella ( ) é dominante fronte ou alelo que produce cor branca.
a) ¿Que descendencia se obterá do cruzamento dunha femia de ollos brancos cun
macho de ollos vermellos? ¿Poderán aparecer femias de ollos brancos? Xustifica a
resposta.
b) ¿En que xeración se obterán femias de ollos brancos?

10. Unha muller daltónica dá que a nai tiña visión normal casou cun home de visión
normal. Do matrimonio naceron un fillo e unha filla. Realiza a árbore xenealóxica dá
familia e indica ou xenotipo e ou fenotipo de cada un de lles.

11. A calvicie prematura (alopecia) na especie humana é un carácter autosómico, influído


polo sexo, que está determinado por unha parella alélica na que ou xene dá calvicie (C)
compórtase como dominante nos varóns e como recesivo na mulleres, fronte ou xene
c.
a) ¿Que fenotipos presentarán unha muller e un home de xenotipo Cc?
b) ¿Que descendencia espera dun matrimonio entre un home calvo homocigótico e unha
muller con pelo heterocigótico para ou carácter?

12. Crúzanse tomates vermellos híbridos e de tamaño normal homocigóticos coa variedade
amarela anana. ¿Que proporción dos tomates vermellos que saen na F2 serán
ananos? (Os alelos dominantes son vermellos e o tamaño é normal.)
13. Como Mendel descubriu, as sementes de cor amarela nos chícharos son dominantes
sobre os de cor verde. Nos experimentos seguintes, pais con fenotipos coñecidos pero
xenotipos descoñecidos produciron a seguinte descendencia:
Parenterais Amarelo Verde
A. amarelo x verde 82 78
B. amarelo x amarelo 118 39
C. verde x verde 0 50
D. amarelo x verde 74 0
E. amarelo x amarelo 90 0
o Dar os xenotipos máis probables de cada parenteral
o Nos cruzamentos B, D, E, indíquese qué proporción da descendencia amarela
producida en cada un deles esperaría que producise descendentes verdes por
autopolinización.

14. A miopía é debida a un xene dominante, ao igual que o fenotipo Rh+. Unha muller de
visión normal Rh+, filla dun home Rh-, ten descendencia cun varón miope heterocigoto
e Rh-. Establézanse os previsibles xenotipos e fenotipos dos fillos da parella.
15. A cor do pelo dos gatos caseiros é un carácter ligado ao cromosoma X, que causa cor
amarela. Os machos pueder ser negros ou amarelos, mentres que as femias poden ser
negras, mouriscas ou amarelas. ¿Por que non existen machos con fenotipo mourisco?
Como será a descendencia entre un gato amarelo e unha gata mourisca? ¿ e entre un
gato negro e unha gata mourisca?

16. Sábese que a hemeralopía é unha enfermidade xenética recesiva ligada ao


cromosoma X que causa un tipo especial de cegueira. A xordomudez é un tamén un
carácter recesivo pero ligado a un autosoma. Un matrimonio fenotípicamente normal
para ambos os dous carácteres ten varios fillos dos cales un varón padece ambas as
dúas enfermidades.
a) Elixe un código válido para designar os alelos e determina os xenotipos paterno e
materno.
b) ¿Cal sería a proporción esperada de fillos con cegueira non xordomudos?.
c) Podería algunha filla sufrir a hemerolapía?. Razoa a resposta.

17. Un home de ollos pardos e con cegueira para as cores casa cunha muller
tamén de ollos pardos, pero de visión normal. Tiveron dous fillos varóns: un de
visión normal e ollos azuis e outro con ollos pardos e con cegueira para as cores.
Sabendo que a cor dos ollos é un carácter autosómico e que a cegueira para
as cores atópase ligada ao sexo, responder:
a) Dados os fenotipos maternos e filiais, ¿cal espera que sexa o xenotipo dos
proxenitores?.
b) ¿Cales serían os xenotipos probables dos fillos?.
c) Se esta parella tivese unha filla, ¿que probabilidade hai de que teña os ollos
azuis?. ¿Podería padecer a cegueira ás cores?. Razoa a resposta.

18. Á vista do seguinte esquema que representa a transmisión dun determinado carácter
non letal nunha familia, indica o seguinte:

- Tipo de transmisión do devandito carácter.


- Xenotipos de A, B e C.
Razoa a resposta.
19. Na especie humana o albinismo é un carácter autosómico recesivo e o daltonismo é un
carácter recesivo ligado ao sexo. Se unha muller albina e daltónica casa cun home que
non padece as devanditas enfermidades, pero a nai do cal é albina:
a) ¿Qué porcentaxe dos seus fillos padecerán ambas as dúas enfermidades e a qué
sexo pertencen?
b) ¿Qué porcentaxe dos seus fillos será normal e a qué sexo pertencen?.

20. A cor do talo da planta do tomate está baixo control dunha par de alelos
tales que a presenza de A orixina un talo morado, mentres que o xenotipo aa dá un talo
verde. Igualmente, o bordo da folla pode ser profundamente dentado (xene D), ou ben
liso se o xenotipo é homozigótico recesivo (xene d).
Crúzanse tomates de talo morado e folla lisa con outros de talo verde e folla dentada
(pero hterozigóticos para este carácter).
Determine a probabilidade de obter tomates de folla lisa e talo morado.

21. Na árbore xenealóxica seguinte, os cadrados negros representan home afectados por
unha anomalía xenética, e os brancos, homes normais. Os círculos brancos
corresponden a mulleres normais. Considerando que os individuos de fóra da familia
non teñen o xene que produce a anomalía:

a) Demostre que o xene que determina esta anomalía non pode ser dominante.
b) Demostre que o xene que determina esta anomalía non pode ser autosómico.
c) Supoñendo que se trata dun xene recesivo ligado ao sexo:
1) ¿Cal habería de ser o xenotipo da parella do primeiro cruzamento?.
2) ¿E o xenotipo da parella do segundo cruzamento?.
d) Se a parella do cuarto cruzamento ten outro fillo, ¿cal é a probabilidade

You might also like