You are on page 1of 2

Actividades da unidade 3

(páxinas 52, 53)


1.Define xene e locus.
Un locus é unha posición fixa nun cromosoma, que determina a posición dun xene ou
marcador (marcador xenético). Unha variante da secuencia de ADN nun determinado
lugar chámase alelo.

2.Que relación hai entre un xene e un determinado carácter?


Un xene é un fragmento de ADN que contén información sobre un determinado carácter e que,
polo tanto, controla ese carácter.

3, Analiza: Que é necesario que aconteza para que se exprese un carácter determinado?
Que está presente en polo menos un dos gametos e que sea dominante

4.Observa a imaxe do cromosoma e indicas a que


corresponden os números .

Comprende, pensa, investiga...


5 Analiza Explica se un individuo heterocigótico para un carácter pode mostrar o mesmo fenotipo
que un individuo homocigótico para ese mesmo carácter.

Si, sempre que os alelos do homocigoto sexan dominantes (AA).

6 Explica cando se di que un carácter é dominante e cando é recesivo.


Se nos individuos heterocigóticos respecto a un carácter (Aa) se manifesta ao carácter A, dise que A
é o alelo dominante, e que a é o alelo recesivo

Da páxina 72
❚ Define xene e alelo..

Xene:Un xene é un fragmento de ADN que contén información sobre un determinado carácter e
que, polo tanto, controla ese carácter.
Alelo: Denomínase alelo cada unha das distintas alternativas que pode presentar un xene que
controla un carácter determinado.

❚ Define homocigótico e heterocigótico.


Homocigótico: Se os dous alelo dun determinado xene son idénticos (AA ou aa) dise que o
individuo é homocigótico.
Heterocigótico: se os dous alelos dun determinado xene son diferentes (Aa) dise que o individuo é
heterocigótico.
❚ Explica que son o xenotipo e o fenotipo dun individuo. Pon un exemplo que explique isto con
claridade.
Xenotipo: É o conxunto de xenes que ten un organismo.
Fenotipo: É o modo no que se expresa un xenotipo nunhas condicións ambientais concretas; é dicir,
o conxunto de caracteres que se manifestan no individuo como resultado da ineraccíon do ambiente
e do xenotipo.

6 Sinala as frases verdadeiras sobre os xenes: (corrixe as falsas)


a) Están nos cromosomas. V

b) Son idénticos nos fillos dunha mesma parella. F

c) Conteñen a información para os diferentes caracteres. F

d) O seu conxunto constitúe o seu fenotipo. V

You might also like