You are on page 1of 1

Vocabulario xenético:

 Xenética: rama da Bioloxía que estuda a herdanza dos caracteres


 Xene: fragmento de ADN que contén a información hereditaria para un determinado
carácter. Corresponde o que Mendel denominou factor hereditario
 Alelo: cada unha das formas alternativas que pode presentar un xene. Represéntase con
letras, o alelo dominante cunha letra maiúscula e o recesivo con minúscula.
 Locus (loci en plural): lugar que ocupa un xene nun cromosoma
 Homocigótico ou raza pura: individuos que presentan os dous alelos son iguais
 Heterocigótico ou híbrido: individuos que posúen dous alelos diferentes
 Carácter: cada unha das particularidades morfolóxicas ou fisiolóxicas dun ser vivo
 Xenotipo: conxunto de alelos dun individuo para un carácter determinado

 Fenotipo: manifestación externa do xenotipo


 Dominancia-recesividade: o alelo determinante do carácter que se manifiesta
plenamente nun individuo heterocigótico denomínase dominante e recesivo o que
corresponde con el carácter parental enmascarado. O carácter recesivo solo se
manifiesta fenotípicamente no individuo homocigótico. Tanto o alelo dominante como o
recesivo represéntanse coa misma letra, en maiúsculas e minúsculas respectivamente.

You might also like