You are on page 1of 3

Unidade 10 A especie e o medio Proposta de avaliación

Carboeiros ao rescate: un curioso caso de simbiose


árbore-ave

Todos saen beneficiados

Árbores que piden auxilio ás aves cando están infectadas de parasitos. Aves que oen a chamada
e acoden a salvalas. Dito así parece ciencia ficción, pero unha investigación da Estación
Experimental de Zonas Áridas (EEZA-CSIC) e do Centro de Ecoloxía Terrestre (NIOO) dos Países
Baixos descubriu que este fenómeno sucede na natureza, en concreto entre os carboeiros
comúns, Parus major, e certas especies de árbores infectadas por eirugas de bolboretas.
O mecanismo responsable deste comportamento desvelouno Luisa Amo de Paz, autora principal
do estudo e investigadora do EEZA-CSIC: “Ante o ataque das eirugas, as plantas desenvolven
unha resposta de defensa que inclúe a liberación de compostos volátiles que as aves predadoras
usan para atopar as súas presas”.
“Este fenómeno estudouse en artrópodos predadores, pero apenas en aves insectívoras, a pesar
de que son uns dos predadores máis importantes de insectos”, continúa.
Os experimentos para pescudar este mecanismo consistiron en deixar elixir aos carboeiros entre
unha árbore infectada de eirugas e outra árbore non infectada. Para asegurarse de que o que
atraía as aves eran sinais químicos producidos polas árbores e non polas eirugas, quitaron todos
os restos químicos que puidesen desprenderse das eirugas.
“Os nosos resultados mostraron que os carboeiros comúns son capaces de discriminar
entre árbores infectadas por eirugas e árbores non infectadas, xa que observamos que as
aves visitaron por primeira vez a árbore infectada e ademais realizaron un maior número de
visitas á árbore que tiña eirugas que á árbore non infectada”, apunta a investigadora.
De feito, as aves sentíronse atraídas polas árbores infectadas mesmo cando se lles retiraban as
eirugas e as follas danadas por elas antes de realizar o experimento, co que así se demostra que
as aves son capaces de recibir un sinal da árbore infectada aínda que non posúa nese momento
eirugas.
Tanto a cor das follas coma as substancias volátiles que emitían eran distintas nas árbores
infectadas e nas sas, así que tanto a vista coma o olfacto poderían estar implicados no
mecanismo de recoñecemento dos carboeiros.
Para pescudar cal dos dous sentidos era o usado, realizaron un segundo experimento que
consistiu en ofrecer ás aves ambos os sinais illados, de xeito que se observou que a atracción
polas árbores infectadas se mantivo cando as aves puideron unicamente cheirar as árbores, pero
non cando só podían velas.
“As aves poden cheirar que árbore está infectada
grazas ás diferenzas nos compostos químicos emitidos
polas plantas”.
Este mecanismo recentemente descuberto supón un beneficio tanto para as aves coma para as
árbores, xa que uns obteñen alimento en forma de eirugas e outros líbranse dos molestos e
prexudiciais insectos. Esta capacidade dos carboeiros de detectar sinais químicos vólvese crucial
en momentos de máxima demanda de insectos, como é o caso da época de cría, onde deben
obter alimento para eles mesmos e para as súas crías, que no caso desta ave poden chegar a ser
moi numerosas.
“Esta evidencia da habilidade das aves insectívoras para utilizar os sinais químicos das plantas é
moi importante, tendo en conta que as taxas de predación destes animais son moito máis altas
que as dos artrópodos predadores. Ademais, pon de manifesto a necesidade de considerar as
aves insectívoras no control biolóxico de pragas”, conclúe Amo de Paz.
Luisa AMO DE PAZ

Unidade 10 │ A especie e o medio 1 Bioloxía e Xeoloxía 4.º ESO


Unidade 10 A especie e o medio Proposta de avaliación
Carboeiros ao rescate: un curioso caso de simbiose
árbore-ave
ACTIVIDADES

1. Ao realizar a procura do termo simbiose en Google, estes son algúns dos resultados que
aparecen.

1. 
Asociación íntima de organismos de especies diferentes para beneficiarse mutuamente no


seu desenvolvemento vital: “Certas bacterias viven en simbiose no intestino groso do corpo
humano”.




2. 
Relación de axuda ou apoio mutuo que se establece entre dúas persoas ou entidades,
especialmente cando traballan ou realizan algo en común: “Hoxe en día non podemos imaxinar
o mundo do deporte profesional sen esa simbiose entre deportista e publicidade”.




3. 
Fusión, unión: “A técnica de Jimi Hendrix era indisciplinada e peculiarísima, o resultado da
máxica simbiose do seu corpo co instrumento [a guitarra]”.

a) Que significado coincide co do texto?


b) Obtense en todos os casos un beneficio mutuo?

[Interpretar e relacionar]

2. Enuncia o tema do fragmento utilizando palabras e expresións das definicións da


actividade anterior.

[Interpretar e relacionar]

3. Indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. Corrixe as falsas.

a) As árbores piden auxilio ás eirugas cando as atacan os carboeiros.


b) Os carboeiros son capaces de discriminar entre árbores infectadas por eirugas e árbores
non infectadas.
c) A cor das follas e as substancias volátiles que emitían eran iguais nas árbores infectadas
e nas sas.
d) A atracción polas árbores infectadas mantívose cando as aves puideron unicamente ver
as árbores, pero non cando só podían cheiralas.

[Interpretar e relacionar]

4. Como se aseguraron de que o que atraía as aves eran sinais químicos producidos polas
árbores e non polas eirugas?

[Interpretar e relacionar]

5. Con que sentidos se pensou nun principio que podían recoñecer as aves a chamada de
auxilio? Por que?

[Buscar información]

Unidade 10 │ A especie e o medio 2 Bioloxía e Xeoloxía 4.º ESO


Unidade 10 A especie e o medio Proposta de avaliación
Carboeiros ao rescate: un curioso caso de simbiose
árbore-ave
6. Explica como determinaron que sentido usaban os carboeiros.

[Buscar información]

7. Localiza os parágrafos nos que se expón a conclusión e resúmeos.

[Interpretar e relacionar]

8. Que tipo de relación sería a que existe entre as aves e as eirugas? E entre as eirugas e
as árbores?

[Reflexión sobre o contido]

9. Para que cres que se escribiu este texto?

a) Para opinar.
b) Para convencer.
c) Para divulgar.
d) Para concienciar.
[Reflexión sobre a forma]

10. Redacta un conto sobre a relación que se establece entre unha árbore e un carboeiro
ao que pide axuda, para describir o que acabas de ler a un neno ou unha nena de 1.º de
Primaria.

[Reflexión sobre o contido]

11. Valora a linguaxe empregada e di se cres que calquera persoa pode entender o texto ou
se está dirixido a especialistas.
[Reflexión sobre a forma]

Texto Destrezas
Buscar Interpretar e relacionar Reflexionar Reflexionar
información sobre o contido sobre a
forma
Localización Determinación Identificación Relacións Inferencia Inferencia Relación do Relación da
de do tema da estrutura entre da do contido con forma do
información datos ou relación significado coñecementos, texto coa súa
explícita ideas entre de palabras ideas e utilidade e
datos ou ou experiencias coa actitude
ideas expresións previas e intencións
do autor
Texto 1 Acts. 5 e 6 Act. 2 Act. 7 Acts. 3, 4 Acts. 2 e 5 Act. 1 Acts. 8 e 10 Acts. 9
e7 e 11

Unidade 10 │ A especie e o medio 3 Bioloxía e Xeoloxía 4.º ESO

You might also like