You are on page 1of 2

"A importancia dos Microorganismos e a

Cooperación"
Lynn Margulis foi unha científica estadounidense nacida en 1938, unha
destacada investigadora de biología evolutiva e microbiología. Foi recoñecida cos
premios National Medal of Science e Darwin-Wallace Medal e foi membro da
Academia Nacional de Ciencias e membro honorario da Real Society. Foi pioneira
no estudo da evolución celular e propuxo unha teoría chamada endosimbiosis, que
sostén que as células modernas desenvolvéronse a partir da incorporación de novas
células "invitadas" dentro de outras células preexistentes. Esta teoría foi rexeitada
na época e non aceptada ate o ano 1967.

Lynn Margulis foi unha profesora e autora prolífica. Ela publicou varios libros,
incluíndo Symbiotic Planet: A New Look at Evolution (1998) e Acquiring Genomes: A
Theory of the Origins of Species (2002). Tamén contribuíu á comprensión do papel
dos virus na evolución e foi unha gran defensora dos microorganismos e das súas
capacidades para contribuír á evolución e á adaptación ao medio ambiente.

A vida e obra de Lynn Margulis foi unha gran contribución á ciencia e inspirou
a unha xeración de científicos e educadores. Despois da súa morte en 2011, foi
homenaxeada por académicos de todo o mundo e o seu legado aínda se está a
estudar. A súa teoría da endosimbiosis foi un dos principais desenvolvimentos na
biología evolutiva e a súa contribución á ciencia non será esquecida.

O descubrimento máis relevante de Lynn Margullis foi o concepto de


endosimbiose seriada, o cal describe a orixe das células eucariotas a partir de
diferentes células procariotas mediante unha relación simbiótica. Desta forma, unha
célula eucariota é a acumulación de pequenas mutacións en serie que provocaron a
suma de estruturas complejas que xa existían previamente nas células
procarióticas. Estas células comezaron a metabolizar o CO2 atmosférico, a absorber
a luz solar e a iniciar un proceso de fotosíntese que modificou aquela atmosfera
primitiva.

Na actualidade, créese que as mitocondrias e cloroplastos dos eucariotas


proceden da endosimbiosi. Estes deronlle ás eucariotas a capacidade de pasar de
ser anaeróbica a aerobia e de respirar fóra da auga. Ademais, tiveron a posibilidade
de facer a fotosíntese, por iso convertéronse nun organismo autótrofo capaz de
producir moléculas orgánicas. Esta teoría baséase en diversos fundamentos, como
que as mitocondrias e cloroplastos teñen dimensións morfolóxicas semellantes ás
das bacterias. Ademais, estes organismos posúen ADN, ARN e ribosomas,

1
componentes necesarios para a súa duplicación, independentes do núcleo celular,
tamén o seu ADN é circular, como o das bacterias actuais, e ao contrario do núcleo
celular; e moitos outros fundamentos que apoian a idea da endosimbiosi.

Lynn Margulis destacou a importancia dos microorganismos na evolución e na


adaptación ao medio ambiente. Ela argumentou que os microorganismos eran máis
produtivos que os humanos, xa que podían adaptarse e responder ás mudanzas
medioambientais máis rapidamente que os humanos. E que sen estos
microorganismos, moririamos en cuestion de semanas xa que estes son os
verdaderos productivos na Terra, son os que levan mais tempo e que se eles ningun
ser estaria aqui. Margulis tamén veu que os microorganismos estaban mellor
preparados para aproveitar os recursos dispoñibles. Estas capacidades de
adaptación e aproveitamento dos recursos fai que os microorganismos sexan máis
produtivos que os humanos ademais, argumentou que a cooperación era moito máis
importante que a competencia entre os organismos, e que esta cooperación
permitía que as especies evolucionasen. Ela observou que a cooperación era un
mecanismo fundamental para a adaptación e evolución, e que a competencia ás
veces podía limitar estes procesos.

De este concepto, que conta Margulis na entrevista, ela fala sobre a relación
entre unha bacteria e unha vaca. A científica argumenta que a vaca procede da
simbiose xa que sen eses microorganismos non pode comer polo tanto a bacteria
axuda á vaca a digestir a comida, e a vaca, a súa vez, pode proporcionar un lugar
seguro para que a bacteria se reproduza. Esta relación simbiótica entre as dúas
especies é un exemplo claro de como a cooperación pode axudar aos organismos a
sobrevivir e a evolucionar.

You might also like