You are on page 1of 4

Grao en Optica, USC

Fundamentos de Patoloxía Xeral, curso 2021-2022


Exame, 17 de Xaneiro do 2022
Nome:

1) Marta acude ao gabinete de óptica para renovar as suas lentes de


contacto e queixase de que as que usa lle producen picor, lagrimexo,
“inchazo” e visión borrosa.
a) Marta está a referir 4 síntomas dunha posible conxuntivite
b) Marta podería ter unha conxuntivite alérxica
c) Marta referiu 4 signos compatibles con conxuntivite
d) Marta está na fase prodrómica dunha conxuntivite
e) A óptica-optometrista deberá recomendarlle a Marta que non volte a usar
lentillas nunca mais e use gafas.

2) A ptose:
a) Pode ser un síntoma de miastenia gravis
b) É un signo da enfermidade de Graves
c) É una manifestación clínica inespecífica que non axuda no diagnóstico de
nengunha enfermidade
d) É suficiente para realizar un diagnóstico diferencial de miastenia gravis
e) Todas son incorrectas

3) Noemí, una estudante de Optica, fumadora, sufre unha mutación no seu


ADN consistente no cambio dunha citosina a timina:
a) Trátase dunha mutación “sin sentido”
b) Trátase dunha mutación “de sentido erróneo”
c) Hai un 50% de probabilidades de que esa mutación se transmita a un fillo de
Noemí, se o tivese
d) A mutación causará cancro
e) Todas son incorrectas (non sabemos se a mutación é na liña xerminal)

4) Iván acude ao gabinete dun optico-optometrista nunha pequeña vila e


afirma que sospeita ter unha unha miopatía xenética porque ten ptose
en ambas pálpebras e leu en Internet que iso pode está causado por
unha enfermidade muscular de herdanza mitocondrial. O óptico
respóndelle que iso non é posible porque:
a) A Sra. Rosa, a mai de Iván, non ten ptose (transmisión mitocondrial, de mai
a todos os fillos/as)
b) Xulia, a irmá pequena de Iván, non ten ptose
c) O Sr. Manolo, pai de Iván, non ten ptose
d) Xoan, o seu irmán maior, ten ptose, pero como se dixo, o Sr. Manolo non
ten.
e) Todas son incorrectas

5) As vacinas de Moderna e Pfizer consisten en ARN que codifica a


proteína espícula do virus da Covid-19, empaquetado nunha partícula
lipídica. Ditas partículas fusiónanse con determinadas células do
individuo receptor, que comezan a expresar a proteína vírica. En
determinados casos, fragmentos de dita proteína chegan á superficie das
células e:
a) Asócianse a unha proteína MHC-II, de xeito que o complexo é recoñecido
por linfocitos B, que se multiplican e comezan a producir anticorpos
específicos contra a proteína
b) Asócianse a unha proteína MHC-I, de xeito que o complexo é recoñecido
por linfocitos T4, que se multiplican e comezan a producir anticorpos
específicos.
c) Asócianse a unha proteína MHC-II, de xeito que o complexo é recoñecido
por linfocitos T4 que se multiplican, se activan e a súa vez estimulan
linfocitos B que producen anticorpos específicos contra a proteína vírica.
d) Todas son correctas
e) Todas son incorrectas

6) Alberte ten miopía, con graduación de 4 e 5 dioptrías. O seu marido,


Xoan, non ten miopía. Ambos son informáticos e gamers. Alvaro, de 4
anos, é fillo biolóxico de Xoan e vive con eles.
a) Alvaro non desenvolverá miopía
b) Alvaro desenvolverá miopía por criarse nun ambiente que a favorece
c) Para saber se Alvaro desenvolverá miopía, teríamos que saber se a sua mai
biolóxica a ten
d) Para saber se Alvaro desenvolverá miopía, teríamos que saber se Alvaro se
criou sempre cos seus pais actuais, nese ambiente, ou se os seus primeiros
anos de vida transcurriron coa sua mai biolóxica, na súa granxa ecolóxica.
e) Todas son incorrectas

7) Os tres fillos fruto da unión entre un home con grupo sanguíneo 0 e


unha muller con grupo sanguíneo A, non poderán ser:
a) 0, A,A
b) 0, 0, 0
c) 0, A, B
d) 0, 0, A
e) Todas as combinacións son posibeis

8) Os mecanismos principais de eliminación de tóxicos do organismo son:


a) Transformación en derivados mais hidrosolubeis, por exemplo mediante
conxugación con azúcares
b) Conxugación con ácidos grasos para que sexan mais lipofílicos
c) Unión a proteínas e excreción a través do tracto intestinal
d) Fagocitose
e) Todas son incorrectas

9) Unha resposta de ataque mediada por células e non por


inmunoglobulinas é catracterística de:
a) Conxuntivite vírica
b) Alerxia de contacto as monturas das gafas
c) Conxuntivite infecciosa causada por chlamydia
d) Conxuntivite alérxica causada por polen de gramíneas
e) Conxuntivite alérxica asociada a unha rinite e extendida aos ollos a causa da
comunicacion anatómica entre nariz e ollos
10) Os inmunocomplexos xogan un destacado papel nas reaccións de
hipersensibilidade de tipo:
a) I
b) II
c) III
d) IV
e) I e IV

11) Marisa e Carlos son parella. Recibiron 3 doses da vacina para Covid-19.
Ambos estiveron expostos á mesma cantidade de virus durante un
xantar familiar. Marisa infectouse coa variante ómicron, desenvolvendo
una enfermidade leve, e Carlos, en cambio, non se infectou. Isto pódese
deber a que:
a) Os anticorpos de Carlos recoñecen mellor a proteína espícula de ómicron,
porque os anticorpos inducidos pola vacina non son exactamente iguais en
todos os individuos, xa que se trata dun proceso de selección clonal entre
milleiros de inmunoglobulinas candidatas xeradas mediante procesos
aleatorios durante o desenvolvimento e maduración do sistema inmunitario
específico.
b) Marisa ten niveis menores de anticorpos porque ten menos linfocitos B de
memoria
c) Carlos ten niveis mais altos de linfocitos T8 específicos da proteína de
espícula que detectan células infectadas polo virus e ass destrúen
d) As opcións a, b, c son correctas
e) Todas son incorrectas

12) Nunha conxuntivite sempre hai:


a) Inmunoglobulina IgE
b) Virus
c) Pus
d) Eosinófilos
e) Mediadores de vasodilatación

13) Cal das seguintes manifestacións ou procesos NON é característico da


inflamación:
a) Vasoconstricción
b) Rubor
c) Impotencia funcional
d) Transvasamento de leucocitos
e) Presenza de linfoquinas

14) Un óptico-optometrista observa que un cliente ten un pronunciado e


permanente exoftalmos. Un diagnóstico diferencial sería necesario para
distinguir entre:
a) Neuropatía xenética mitocondrial e conxuntivite
b) Miastenia gravis e enfermidade de Graves
c) Enfermedade de Graves e tiroidite de Hashimoto
d) Miastenia gravis e nuropatía mitocondrial
e) Todas son incorrectas
15) A tolerancia que se produce por exposición reiterada a un axente tóxico
se caracteriza por:
a) Un dos seus mecanismos subxacentes principais é a inducción de enzimas
detoxificantes
b) Un dos seus mecanismos subxacentes principais é a inhibición ou
desactivación de enzimas detoxificantes
c) Ten como causa que os compostos tóxicos se fan cada vez mais hidrofóbicos
d) Ten como consecuencia que o axente tóxico teña cada vez maior toxicidade
e) Ten como consecuencia que o axente tóxico chegue finalmente a ter un
efecto positivo no organismo, en vez de negativo.

16) As reaccións anafilácticas están causadas por:


a) Toxinas bacterianas
b) Virus
c) Complemento
d) Unha reacción alérxica sistémica
e) Células natural killer

17) Nas enfermidades autoinmunes:


a) Pérdese parcialmente a tolerancia inmunolóxica frente aos antíxenos propios
b) Sempre se producen depósitos de inmunocomplexos
c) O sistema inmune actúa sobre antíxenos própios denominados auto-haptenos
d) O sistema inmune reacciona frente a neoantíxenos
e) Todas son falsas.

18) Cal das seguintes doenzas é autoinmune?


a) Miastenia gravis
b) SIDA
c) Xeroderma pigmentosum
d) Hemofilia
e) Asma.

19) Un hapteno é:
a) Un anticorpo propio recoñecido como extraño
b) Un antíxeno de baixo peso molecular
c) Una partícula pequena que causa alerxia inducida por IgE
d) Un ácaro que causa una reacción alérxica
e) Un elemento químico propenso a inducir una reacción de hipersensibilidade

20) Os proto-oncoxenes:
a) Son xenes mutados que provocan cancro
b) Son xenes que poden mutar e convertirse en oncoxenes, que fomentan o
cancro
c) Son xenes que teñen dous posibeis alelos, un que favorece o cancro
(oncoxén) e outro que o ralentiza (xen supresor de tumores)
d) Son xenes que en organismos evolutivamente mais primitivos tiñan unha
función positiva pero nos seres humanos facilitan o cancro
e) Non son realmente xenes, senón modificacións epixenéticas que afectan a
certos xenes, facendo que adquiran unha función favorecedora do cancro

You might also like