You are on page 1of 9

TEMA 3

As enfermidades infecciosas e a súa


prevención
enfermidades transmisibles
enfermidades frecuentes na etapa de
0-3 anos
1. INTRODUCCIÓN
A importancia deste tema reside no coñecemento das enfermidades (infecciosas,
transmisibles e crónicas) dos nenos/as e das máis frecuentes na Primeira etapa da
Educación Infantil de 0-3 anos xunto coas medidas de prevención a nivel Xeral
(vacinas) e a nivel escolar. Rematamos co programa “alerta escolar” que recolle casos
concretos de enfermidades de carácter vital.
2. MARCO LEGAL
Ley Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOE), modificada pola Lei
3/2020 do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de
maio, de Educación. (LOMLOE).

Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación


infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Regulamento de réxime interno (RRI) das escolas infantís do consorcio Galego de


Servicios de Igualdade e Benestar:
Artigo 5: obrigas das familias ou representantes legais.

- Responsabilizarse daquelas situacións que por motivos de saúde sexa


conveniente que o alumnado abandone a escola.
Artigo 27: normas de saúde, hixiene e nutrición.
SAÚDE

- Acudir á escola en condicións correctas.


- Non serán admitidos os nenos/as con enfermidades infecto-contaxiosas.
- Si hai síntomas na escola, informase á Dirección e avisase aos pais. O ingreso
será transcorrido o período de contaxio.
- Despois das primeiras actuacións en caso de accidente ou enfermidade, os
pais irán polo neno/a. Se non puidesen, a Dirección da escola pode autorizar o
desprazamento do neno/a a un centro sanitario para garantir a atención médica
axeitada.
- Falta de asistencia superior a 3 días hai que comunicalo por escrito á Dirección
da escola.
- Dose dos medicamentos fóra dos tempos da escola. Se é imposible, deberán ir
acompañadas das receitas médicas e cunha autorización escrita dos pais.
- Quedarse na casa si ten +38ºC, diarrea, vómitos ou enfermidade contaxiosa.

HIXIENE PERSOAL

- Muda completa de reposto e manta.


- Cueiros e toalliñas.
- Usar tratamento desparasitario cando sexa necesario e quedar na casa.
- Comunicar calquera situación anómala.
- Roupa cómoda que lles permita moverse.

ALIMENTACIÓN

- O menú de cada xornada, asinado pola/o especialista en nutrición e/ou


dietética, estará exposto no taboleiro de anuncios da escola, cunha semana de
antelación.
- Nos supostos de nenas/os con intolerancias alimenticias para que a Dirección
do centro faga a encomenda dos correspondentes menús, será preciso que a
familia teña presentado con antelación informe do facultativo, no que constará
a firma e o número de colexiado do médico da crianza, xunto coas
recomendacións dos alimentos que estean ou non permitidos para esa/e
nena/o. Os menús confeccionados serán remitidos á familia da crianza, para a
súa revisión e sinatura, a modo de aceptación e autorización.

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2021 pola que se convoca o procedemento de


adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o
curso 2021/22:
Artigo 17 (MATRICULA), no punto 1:

- As persoas que obteñan praza disporán de 8 días contados desde o día


seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución de
adxudicación, para presentar o impreso de matrícula debidamente cuberto
xunto coa copia da cartilla de vacinación a través da sede electrónica da Xunta
de Galicia.
- O cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de
vacinación, así como a formalización da matricula no prazo sinalado, son
imprescindibles para confirmar a praza; senón decaerá a súa solicitude.
- Tratase dunha mellora dende o curso 2019-2020.

3. ENFERMIDADES INFECCIOSAS E A SÚA PREVENCIÓN


Definición OMS:

- As enfermidades infecciosas son causadas por microorganismos patóxenos


como son as bacterias, virus, parasitos e fungos.
- Estas enfermidades poden transmitirse directa ou indirectamente, dunha
persoa a outra.
- As zoonoses son enfermidades infecciosas nos animais e que poden ser
transmitidas ao home.
Bacteria
Microorganismo unicelular procariota (carece de núcleo) que pode provocar
enfermidades. Poden ter diferente forma e se dividen en 4 grupos:

- Bacilos (alargadas e curvas)


- Vibrios (con forma de coma)
- Espirilos (aparencia curva helicoidal)
- Cocos (forma redondeada)

O corpo humano ten 10 células bacterianas por cada célula humana. O stma inmune
permite que a maioría sexan inofensivas e/ou beneficiosas. Outras poden causar
enfermidades moi graves (tuberculose, lepra ou cólera).
Virus (Veleno ou toxina)

- Entidade biolóxica que conta coa capacidade de autoreplicarse.


- Clasifícanse en virus ADN e ARN. Poden producir viriases.
- Non responden aos antibióticos pero se controlan con vacinas.

Parasitos

- Organismo que vive a costa de outra especie.


- Pode ser animal ou vexetal.
- A interacción biolóxica coñecese como “parasitismo”. (piollos).

Fungos

- Grupo de organismos eucariotas entre os que se atopan os mofos, lévedos e


organismos produtores de setas.
- No ser humano poden causar enfermidades de micoses ou micóticas.

A maior parte das infeccións dos nenos/as son producidas por virus. Nos casos de
bacterianas precisará tomar un antibiótico receitado polo médico.
Debido á inmadurez do seu stma inmune e á ausencia dos hábitos hixiénicos que
aínda non posúen é mais sensible aos axentes infecciosos.

3.2. PREVENCIÓN ENFERMIDADES INFECCIOSAS

NA ESCOLA
Pautas a nivel preventivo para minimizar a transmisión de enfermidades contaxiosas:

- Manter aireadas as aulas.


- Non intercambiar biberóns, chupetes, cubertos...
- Panos de un só uso.
- Lavar as mans con frecuencia con auga e xabón.
- Axeitada hixiene e desinfección das cousas; pratos, xoguetes, lavabos...
- Non dar bicos.
- Non fumar.
- Tapar a boca ao esbirrar ou tusir.
- Evitar o contacto directo con persoas enfermas.
- Se se trata de enfermidades infecto-contaxiosas, a familia debe notificalo á
escola para adoptar as medidas preventivas específicas.

VACINAS
Son a maior medida de prevención e ao longo dos anos conseguiron erradicar a
varíola.
As vacinas do calendario son:

2 meses Hexavalente Hepatite B, Diftéria, Tétano, 1ºd


Tose ferina, Poliomelite,
Haemophilus influenzae tipo B
Pneumocócica conxugada 13 Tipos de bacterias 1ºd
neumocócicas.
Hexavalente Hepatite B, Diftéria, Tétano, 2ºd
4 meses Tose ferina, Poliomelite,
Haemophilus influenzae tipo B
Pneumocócica conxugada 13 Tipos de bacterias 2ºd
neumocócicas
Meningogócica C Ante os meningococos 1ºd
11 meses Hexavalente Hepatite B, Diftéria, Tétano, 3ºd
Tose ferina, Poliomelite,
Haemophilus influenzae tipo B
Pneumocócica conxugada 13 Tipos de bacterias 3ºd
neumocócicas
12 meses Triple vírica Sarampelo, rubeóla, Parotidite 1ºd
Meningocócica C Ante os meningococos 2ºd
15 meses Varíola Herpes Zoster 1ºd

3 anos Tríple vírica Sarampelo, rubeóla, Parotidite 2ºd


Varíola Herpes Zoster 2ºd
6 anos DTPa Difteria, Tétano, Tos ferina 4ºd
12 anos Meningocócica C Ante os meningococos 3ºd
VPH Papiloma humano. Só nenas 1º/2ºd
14 anos Td Difteria e Tétanos

A continuación, as sintomatoloxías das enfermidades que preveñen as vacinas:

ENFERMIDADE TIPO TRANSMISIÓN SÍNTOMAS

- Cansazo
Parenteral (contacto - Malestar xeral, náuseas,
HEPATITE B V directo entre sangue ou vómitos, dor abdominal,
mucosas oral/xenital) anorexia, ictericia.
- Espasmos musculares en
TÉTANOS B Ferida contaminada cara e pescozo.
- Febre moi alta.
- Inflamación ferida
- Inflamación vías
DIFTERIA B Saliva respiratorias, afonía,
tose e rouquén.
- Crises de tose cun
TOSE FERINA B Saliva estridor ao respirar
- Expulsión de
vómitos/flegmas
- Febre, cansazo, cefalea,
vómitos, rixidez
POLIOMIELITE V Fecal-oral pescozo, dor membros.
- Pode causar parálise
HAEMOPHILUS Contacto directo - Infección vías
INFLUENZAE B B secrecións respiratorias respiratorias superiores.

- Febre, náuseas, dor


cabeza, rixidez parte alta
pescozo.
Secrecións nariz e - Vómitos e petequias
MENINXITE B garganta (sangrado dos capilares
que se derrama na pel)
- Maioría das veces
delirios e pode provocar
morte fulminante.
- Febre, tose,
Contacto directo conxuntivite.
SARAMPELO V secrecións respiratorias - manchas na mucosa
bucal que pasa á
erupción comezada nas
orellas.
- catarro, febre e
RUBEÓLA V Secrecións respiratorias inflamación ganglios
e vía placentaria linfáticos.
- Manchas.
- Inflamación glándulas
parótides, submaxilares
PAROTIDITE V Secrecións respiratorias e sublinguais.
- Dor cabeza, pirexia ou
vómitos.

4. ENFERMIDADES TRANSMISIBLES

Para que se produza unha infección o primeiro que ten que darse é un axente causal
(virus, bacteria...)

METODOS DE TRANSMISIÓN

Vía respiratoria: tusir, esbirrar...expulsamos pequenas pingas que conteñen partículas


víricas. É a mais típica dos nenos/as.

Vía fecal-oral: a través de bacterias/virus eliminados polas feces.

Por contacto directo: de saliva, sangue...

Por contacto indirecto: dunha superficie/obxecto contaminada.

ETAPAS DUNHA INFECCIÓN


Existen tres etapas: período de incubación, de enfermidade e de convalecencia.
Período de incubación: tempo que transcorre entre a exposición a un organismo
patóxeno no organismo e a aparición das sinais e síntomas por primeira vez da
infección.
Período de enfermidade: mostrar síntomas da enfermidade que van desde mais
inespecíficos a mais específicos.
Período de convalecencia: o paciente deixa de manifestar os síntomas e recobra a súa
saúde.
5. ENFERMIDADES FRECUENTES EN 0-3 ANOS

Enfermidade Tipo Transmisión Incubación Contaxio Exclusión Tratamento

FARINXOAMIGDALITE Antes Repouso


FARINXITE, V Respiratorio 2-15 dias primeiros Non hidratación
AMIGDALITE síntomas

FARINXOAMIGDALITE Pasadas Primeiras


FARINXITE, B Respiratorio 1-5 días 24h do inicio 24h desde Antibiótico
AMIGDALITE tratamento tratamento
OTITE (media) V/B Non meses Non Non Antibiótico
24h antes Analxésicos
GRIPE V Respiratorio 24-72h de síntomas Si antinflamatorios
hasta 5-7d

VARÍOLA V Respiratorio 10-21 días 4 días antes Si ata fase Sintomático


Contacto a 5 días costra
directo despois
BOCA,MAN,PÉ V Respiratorio 3-6 días Variable Si, ata Non
Fecal-oral melloría
Respiratorio
BRONQUIOLITE V contacto 7 días 7 mínimo Si, ata Lavados nasais,
obxectos melloría hidratación
contaminados
(V) (V)Lavados do
CONXUNTIVITE V/B Contacto Ata 1 mes 9 mínimo si(B)24h de ollo
directo tratamento (B)Antibiótico
Contacto 2-7 Mentres
MOLUSCOS V directo/obxect semanas duren Non Soluciones
os lesións tópicas
LOMBRIGAS (oxiúros) Parasit Fecal-oral 1-2 meses Mentres Non Fármaco
Obxectos cont sigan dentro

TOSE V Non Días Non Non Non


recomendable
VÓMITOS V/B Non Días Non Ata mellora Non
REGURXITACIÓN
DIARREA V/B/P Fecal-oral Días Non Ata mellora Non
Contaminació
n auga
alimentos
ALERXIAS Respiratorias, aos alimentos, materiais...
5.1. ENFERMIDADES CRÓNICAS
CELIAQUÍA
Intolerancia permanente ao glute.
Considérase unha enfermidade sistémica, xa que a resposta inmune anormal causada
polo glute, pode dar lugar á produción de distintos anticorpos que poden atacar
calquera parte do organismo.
Síntomas: dor abdominal, irritabilidade, diarrea, distensión abdominal, anorexia,
anemia, desnutrición...
Tratamento: dieta estrita sen glute toda a vida.

INTOLERANCIA Á LACTOSA
A lactosa é o principal azucre do leite, polo tanto a intolerancia á lactosa prodúcese
cando o corpo ten un déficit de lactasa, a encima que se encarga de dixerir a lactosa.
Síntomas: retorzóns, dor abdominal, gases e diarrea.
O iogur, quefir e o queixo teñen moi pouca lactosa debido á pouca fermentación.

ALERXIA E INTOLERANCIA Á PROTEÍNA DA LEITE DE VACA (PLV)


Reacción de tipo inmunolóxico, mediada por anticorpos fronte as proteínas do leite.

- Intolerante a algunhas proteínas do LEITE de vaca: non se podería tomar leite


nin derivados pero SI carne de vacún).
- Intolerante a outras proteínas que están no LEITE e CARNE: Nin leite, nin
derivados, nin carne de vacún.

¿Como previr estas accións nos centros de Educación Infantil?

- Coñecer aos nenos/as alérxicos e o motivo.


- Coñecer os síntomas e saber como e cando empregar a medicación.
- Recoméndase que o neno/a leve unha pulseira.
- Evitar a “contaminación cruzada”.
- Lavado frecuente de mans.
- Servir primeiro ao neno alérxico.

PROGRAMA ALERTA ESCOLAR


A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria puxo en marcha desde o curso
2007-08, o programa de Alerta Escolar en colaboración coa Fundación 061, que ten
como obxectivo a atención inmediata e eficiente do alumnado que presente unha
patoloxía crónica e pode desenvolver en calquera momento unha crise:
- Crises alérxicas (anafilaxe) por exposición a alérxenos normalmente
alimentarios.
- Crises comiciais (epilepsia nas súas diferentes formas).
- Crises diabéticas (en xeral, hipoglicemias)

O funcionamento é o seguinte:
- Tras recibir unha alerta (neste caso inxerir ovo) o recoñecemento do paciente
inscrito nunha base de datos e o acceso inmediato o seu historial clínico,
posibilita alcanzar un alto nivel de eficacia e unha racional utilización dos
recursos dispoñibles para a atención da emerxencia.
- Á vez, o profesor responsable designado en cada caso é dirixido por un médico
desde a Central de Coordinación na asistencia do neno/a afectado/a, pudendo,
se é preciso, administrarlle, de maneira precoz, unha medicación pautada de
antemán, que é conservada é custodiada no centro escolar.
Inscrición: todos os centros facilitan aos familiares a documentación precisa para
incluír aos seus fillos no Programa Alerta Escolar, no caso de que padezan algunha
das patoloxías citadas.

CONCLUSIÓN
Cabe resaltar a importancia do coñecemento e posibles actuacións de cara as
enfermidades que poden presentar os nenos/as na escola, por unha banda para poder
dar o sinal de alerta á familia, sempre cando sexa preciso, e por outra banda para
poder manter as actuacións de prevención de cara aos demais nenos/as, polo posible
contaxio das mesmas.

BIBLIOGRAFÍA
Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006
de maio de Educación (LOMLOE).

Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOE).

Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os


centros de atención á infancia.

Decreto 330/2009, do 4 de xuño polo que se establece o currículo da educación infantil


na Comunidade Autónoma de Galicia.

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2021 pola que se convoca o procedemento de


adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o
curso 2021/22

Regulamento de Réxime interno da Rede de escolas infantís A Galiña Azul.

You might also like