You are on page 1of 4

1º BACH TEMA 10 SISTEMA ENDÓCRINO

1. GLÁNDULAS.
Existen dous tipos de glándulas, dependendo de a onde verten as substancias.
1.1. Glándulas exócrina, aquelas que segregan substancias cara ao exterior as cavidades corporais ou cara á
luz dun órgano, nunca producen hormonas.
1.2 Glándulas endócrinas, que producen e segregan hormonas, estas son vertidas ao torrente sanguíneo;
estas son as glándulas existen no aparello endócrino.

2. HORMONAS
As hormonas son compostos orgánicos (proteínas, lípidos ou derivados de aminoácidos) que se
verten ao sangue e van ata un órgano ou célula diana, onde exercen a súa función. As hormonas actúan en
pequenas cantidades e, unha vez realizada a súa función, degrádanse con rapidez. Por iso, é necesario que as
glándulas as sinteticen continuamente. Por outra parte, o exceso (hiperfunción) ou o defecto (
hipofunción) de funcionamento dunha glándula pode provocar alteracións funcionais. Soen activar ou inhibir
procesos nos órganos ou células diana. A
regulación da concentración dunha
determinada hormona faise, xeralmente, por
realimentación negativa; de maneira que si
existe unha elevada concentración da
hormona, a glándula que a segrega recibe
información (directa ou indirectamente) e
resulta inhibida. Do mesmo xeito, cando a
concentración da hormona é moi baixa,
prodúcese a estimulación da glándula que
aumenta a súa secreción. Así os niveis
hormonais mantéñense case constantes.

) de funcionamento dunha glándula


pode provocar alteracións funcionais. Soen
activar ou inhibir procesos nos órganos ou
células diana. A regulación da concentración dunha determinada hormona faise, xeralmente, por
realimentación negativa; de maneira que si existe unha elevada concentración da hormona, a glándula que a
segrega recibe información (directa ou indirectamente) e resulta inhibida. Do mesmo xeito, cando a
concentración da hormona é moi baixa, prodúcese a estimulación da glándula que aumenta a súa secreción.
Así os niveis hormonais mantéñense case constantes.

As neuronas do hipotálamo envían sinais nerviosos e segregan neurotransmisores que controlan a


hipófise. Os neurotransmisores segregados polo hipotálamo chámanse factores hipotalámicos de liberación
ou inhibición. A hipófise segrega, ou deixa de segregar, hormonas que estimulan a produción de outras
hormonas nas glándulas endócrinas,.

Entre os factores de liberación máis importantes destacan, a TRH (hormona liberadora de


tirotropina), a CRH (hormona liberadora de corticotropina), a GHRH (hormona liberadora da hormona do
crecemento), a GHIH ou somatostatina (hormona inhibidora da hormona do crecemento), a GnRH (hormona
liberadora de gonadotropinas) e a PIH (hormona inhibidora da prolactina).
1º BACH TEMA 10 SISTEMA ENDÓCRINO
UN EXEMPLO: O hipotálamo produce o factor de liberación da tirotropina (TRF), que chega polo
sangue á adenohipófise, onde estimula a produción da hormona tirotrópica (TSH) ou tirotropina. Esta vai
polo sangue e, cando chega a tiroides, estimúlaa para que segregue a hormona tiroxina. Cando a cantidade
de tiroxina no sangue é superior a cantidade óptima, inhibe a liberación do factor liberador da tirotropina
no hipotálamo, e polo tanto, a adenohipófise deixa de producir a hormona tirotropina.

A coordinación hormonal lévase a cabo gracias a uns órganos chamados glándulas endócrinas, que
producen e segregan hormonas. As principais glándulas secretoras de hormonas son a hipofise, o páncreas, a
tiroides, paratiroides, cápsulas suprarrenais e as gónadas (ovarios e testículos).
1º BACH TEMA 10 SISTEMA ENDÓCRINO

GLÁNDULA HORMONA FUNCIÓN

Tirotropina (TSH) Regula a secreción da tiroxina na glándula tiroide

Adrenocorticotropina
Controla a secreción de cortisona pola codia suprarrenal
(hormonas trópicas (ACTH)
estimulan a
producción doutras
Fai madurar os folículos ováricos e estimula a formación de
hormonas) Folículo estimulante
extróxenos. Estimula a produción de espermatozoides nos
(FSH)
testículos

Adenohipófise Provoca a ovulación, a formación do corpo lúteo e a formación


Luteotropina (LH) de proxesterona, e no testículo estimula a produción de
testosterona
Hipófise (hormonas non Somatotropina (GH) Estimula o crecemento dos ósos, músculos e cartilaxes
trópicas actúan
sobre cels diana)
Estimula a produción de leite nas glándulas mamarias despois do
Prolactina (PRL)
parto

Rexión Melanocito Estimula a síntese de melanina, producindo a coloración da pel.


intermedia estimulante (MSH) En peixes, anfibios e réptiles controla a coloración da pel.

Estimula as contraccións do útero durante o parto e facilita a


Oxitocina
saída do leite nas mamas como resposta a succión
Neurohipófise
Aumenta a reabsorción de auga nos túbulos renais, así como a
Vasopresina (ADH)
presión arterial

Tiroxina Estimula o metabolismo celular e o crecemento


Tiroide
2+
Calcitonina Regula o Ca no sangue e estimula o seu depósito nos ósos

2+
Paratiroide Paratohormona Regula o Ca no sangue por liberación do ión a partir dos ósos

Cortisona Regula o metabolismo dos glícidos, lípidos e proteínas, e controla


as inflamacións e a tensión sanguínea
(glicocorticoides)
Codia
Aldosterona
Cápsulas Mantén o equilibrio do Na e P; excreta K e retén auga
(mineralcorticoide)
suprarrenais Responde ao estres e aos estados de emerxencia do organismo.
Adrenalina Aumentando a presión sanguínea, o ritmo cardíaco e o azucre no
Médula sangue

Noradrenalina

Reduce a concentración de glicosa no sangue (estimula a


Insulina
glicoxénese)
Páncreas
Aumenta a concentración de glicosa no sangue (estimula a
Glicagon
glicoxénolise)

Ovarios Folículos Estradiol Determina os caracteres sexuais femininos


1º BACH TEMA 10 SISTEMA ENDÓCRINO
Prepara o útero para o embarazo (desenvolve o endometrio e a
Corpo lúteo Proxesterona
mucosa uterina transformase en secretora)

Relaxa o colo uterino e os ligamentos da pelve para favorecer o


Útero e placenta Relaxina
parto

Testículos Testosterona Determina os caracteres sexuais masculinos

En invertebrados existen en abundancia unhas neuronas denominadas células neurosecretoras que


segregan neurohormonas. Como a hormona xuvenil que conserva ao insecto en fase larvaria durante varias
mudas, cando a concentración desta hormona diminúe a hormona da muda ou ecdisona, provoca o
crecemento e a muda e favorece a metamorfose a insecto adulto.

APLICACIÓNS DAS HORMONAS

As hormonas tamén se usan na producción gandeira para:

 Aumento da producción láctea: Dáselle ao animal tiroxina e oxitocina que aumentan a producción de
leite.
 Aumento da producción cárnica: Adminístranse hormonas de crecemento e hormonas sexuais que
estimulan a síntese de proteínas, de forma que aumentan a masa muscular e, polo tanto, o peso do
animal.
 Melloras na reproducción: Úsanse proxesterona e outros xestáxenos para suprimir o ciclo
reproductor das femias, e que todas teñan a época de celo ao mesmo tempo. (inseminación artificial,
abaratan costes veterinarios)
COORDINACIÓN
COORDINACIÓN NERVIOSA HORMONAL

 Lévase a cabo por impulsos nerviosos de  Efectúase mediante substancias químicas,


natureza electroquímica as hormonas
 A información lévase a un punto dun órgano  A información chega a células determinadas,
concreto as células diana
 A acción é rápida, precisa e pouco duradeira  A acción é lenta e duradeira
 As células encargadas desta función son as  As hormonas prodúcense nas glándulas
neuronas endócrinas

You might also like