You are on page 1of 26

elogho?

elogho?

Portada (ilustración de Lara Rey) día da paz_13


ciencia en galego_3 de viaxe_15
en galego_5 cousas da biblio_16
25n no Losada_6 iniciativas_17
dinamizando_8 páxinas creativas_19
avelaíñas_10 despedida_25
uxía R. Nebra_12 Contra (ilustración de Iker Recio)

sobre a capa da revista non está todo


Este ano tivemos menos forzas e
menos páxinas. (E menos tempo)

No está todo, pero o que está, non


podía faltar.

Perdoade as moitas ausencias da


revista deste ano.

O ano que ven prometemos facelo


mellor.

Le, recorda, goza e comparte.


Seguro que Elogho che dá algún
motivo para lembrar.

O ano que ven volvemos.


ILUSTRACIÓN DA PORTADA ILUSTRACIÓN DA CONTRA
Lara Rey Rosende, 3º ESO Iker Recio Matalobos, 3º ESO

Un pouco a casualidade e un pouco a persistencia da profe


de plásica, Eva, trouxo ás nosas mans estas marabillas. Son,
sen dúbida, a portada e a contra perfectas.

Grazas polo voso traballo, que para esta revista é un


agasallo fermoso.
Elogho!

2
elogho?

Redacción EDLG
Novembro é o Mes da Ciencia en Galego e,
desde distintos departamentos (Bioloxía, Física
e Química, Matemáticas) en colaboración co
Equipo de Dinamización da Lingua Galega e da
Biblioteca do centro, organizáronse, un ano
máis, un conxunto de actividades para
contribuír á divulgación científica en galego,
que se estenderon a outros meses do curso.
Todo o ano a ciencia en galego.

O pasado 15 de decembro, o alumnado de 3º e


4º ESO participou activamente na charla de
Xoana Pintos, catedrática en Bioloxía pola USC.
Falou sobre as mulleres na ciencia, as súas
grandes achegas, a invisivilidade de tantas. A
actividade, organizada polo Dto de Física e
Química tamén formou parte da programación
do EDLG arredor do mes da ciencia en galego.

O 25 de xaneiro contamos coa presenza, un


ano máis con Benito Dorrío, catedrático de
Física da Universidade de Vigo, que volveu ao
centro para falarnos de Luz e cor, dentro do
proxecto Física Re-creativa, achegando
experiencias sorprendentes e rechamantes.
Actividade do Dto. de Física e Química e do
EDLG.

Das moitas actividades arredor da ciencia, e en


galego, destacamos os obradoiros impartidos
por un grupo de estudantes do grao de
Bioloxía, voluntarios do proxecto Plantando
cara ao lume, e encabezados pola nosa querida
ex alumna, Verónica Vázquez Pereiras. Os
contidos xiraron especialmente arredor das
consecuencias ambientas do lume nos
diferentes ecosistemas

Saída do alumnado de 4º ESO dentro do proxecto “Os ríos da Estrada”


3
elogho?

Departamento de CCNN e alumnado de 3º ESO

Presentamos un par de interesantes achegas algún dos científicos e científicas galegas de


de alumnos e alumnas de 3º de ESO sobre máis sona e recoñecemento.

ISIDRO PARGA PONDAL


Isidro Parga Pondal naceu o 17 de decembro de 1900 en
Laxe, A Coruña, e morreu o 4 de maio de 1986 con 85 anos.
Foi químico e xeólogo e as súas investigacións permitiron
un gran avance nos coñecementos xeolóxicos e químicos
en Galicia, e noutras zonas de España e Europa.
Estudou bacharelato en Santiago de Compostela e obtivo
a licenciatura de Ciencias Químicas na Universidade de
Madrid en 1922.En 1923 obtivo unha praza de profesor de
Química Inorgánica e Analítica na Facultade de Ciencias
da Universidade de Santiago de Compostela.

En 1933 creou o Laboratorio de Xeoquímica na


Universidade de Santiago e comezou as súas
investigacións da Xeoloxía en Galicia.

Paula Coto Morrazo e Emma Duro San Martín_3º ESO

Nuria García Barreiro


Cristian Gómez Patiño
3º ESO A

4
elogho?

O mes de novembro tivo lugar unha das


novidades máis relevantes dentro das
actividades promovidas polo EDLG.
Premios outorgados polo público a través de
Instagram:
Por quinto curso consecutivo o EDLG publicou o
1º Ángela Cabanas Gestoso e Nerea Campos
almanaque anual que foi pesentando ao inicio
Rodríguez_2ºESO A
de cada trimestre. Os contidos do mesmo foron
seleccionados polo EDLG que tamén se 2º Lúa Mariña Fernández Fernández_2ºESO B
encargou do seu fermoso deseño. 3º Antía Buela Bugallo e Iria Requeijo
Cada mes estivo dedicado a alguna figura Vilariño_2ºESOA
senlleira da nosa cultura: Valle Inclán, Xela Arias, Premios outorgados polo EDLG
Paco Del Riego, etc. 1º Brais Nogueira Corral_2ºESO B
Foron moitos os grupos e tamén alumnado e 2º María Victoria Tarrío Pampín_2ºESO B
profesorado que descargou e imrimiu o 3º Alejandra Vega Eiras_2ºESO B
calendario para convertelo nunha ferramenta
útil para o traballo diario.

O pasado xoves 23 de febreiro, celebrouse un


ano máis o Día de Rosalía coa lectura de poemas
no Teatro Principal organizada polo Concello da
Estrada, e na que participaron os EDL dos
centros de ensino.

En representación do Losada leron, moi ben, Eva


Covas Iglesias (Mais ve que o meu corazón) e
Daniel Canicova Cerviño (Por que?), ambos de 2º
Ilustración realizada por Hugo Ribadavia Conde, 3º ESO de Bacharelato.

5
elogho?

Daniel Canicova, Eva Covas, Noa Míguez, Natalia Recimil_2º Bacharelato


NO LOSADA NON MIRAMOS PARA haber asasinatos. Todos e todas merecemos
OUTRO LADO (MANIFESTO) poder escoller con quen compartir a nosa vida.
Ningún ser humano é dono doutor ser
A ONU (Organización das nacións unidas) humano, algo que deberiamos ter claro.
declarou en 1999 o 25 de novembro como DÍA Respectémonos, vivamos e deixemos vivir...
POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA Que as mulleres poidan ir pola rúa sen medo a
AS MULLERES. Esta institución afirma que: que lles fagan dano por ir soas.
«A violencia contra as mulleres designa todo Que poidan vestir como mellor se vexan sen
acto de violencia baseado na pertenza ao sexo que iso poida ser motivo de agresión.
feminino, teña ou poida ter como resultado un Que poidan desempeñar a profesión na que se
dano ou sufrimento físico, sexual ou sintan realizadas sen que iso sen que iso
psicolóxico para as mulleres, inclusive as implique insultos ou menosprezo.
ameazas de tales actos, a coacción ou Que se respecte a opinión das mulleres no
privación arbitraria da liberdade, tanto se se mesmo nivel que a dos homes.
producen na vida pública
ou privada» Sendo o século XX un
O goberno de España século cheo de
recoñece 37 mulleres revolucións en diferentes
mortas por violencia ámbitos, seguimos tendo
machista no que levamos inxustizas sociais propias
de 2022. Sen embargo, as doutros tempos. Antepor
contas non oficiais elevan a idealización dunha
a 76 as persoas mortas por masculinidade tóxica á
este tipo de violencia, saúde física e psicolóxica
incluíndo nenos e nenas. dunha persoa e do seu
Segundo datos recollidos círculo social semella
publicados no ano 2020, impensable pero non
no Estado español: deixa de suceder.
Un 14.2% das mulleres de O mal costume de pechar
dezaseis ou máis anos os ollos e calar os
sufriu violencia física e/ou problemas sociais non
sexual por parte da súa nos vai axudar a mellorar
parella no transcurso da as nosas vidas. Moita
súa vida, mentres que o xente pasou á historia por
1.8% sufrírono nos últimos abrir os ollos e falar desta
doce meses, o que supón realidade. Ti tamén
374.175 mulleres en podes, ti tamén debes.
situación de violencia de xénero nese ano Por que hai mentes que
2020. pensan que nunha relación o home debe
O 14% das mozas afirmou terse sentido ocupar un nivel superior á muller? Por que
presionada para realizar actividades de tipo pensan que unha muller debe buscar un home
sexual, presión realizada en case todos os “masculino” para sentirse protexida, un home
casos por un home, unha violencia que no forte e valente? E por suposto, a sensibilidade
55.7% dos casos provén do mozo co que saen. ou o feito de amosar os seus sentimentos non
Como cada 25 de novembro vimos lembrando é compatible coa masculinidade. Pode que
as vítimas da violencia machista e como todos nos esteamos esquecendo dun concepto que
estes anos teremos uns compromisos e sempre debe estar presente, a igualdade. Unha
falaremos de propósitos para que non volva a muller non precisa un home para
ocorrer o drama dunha muller morta a mans complementarse e ser unha persoa ao 100%,
dun home. Oxalá, nun futuro non afastado, os ninguén de nós precisamos que nos
que hoxe falamos desta loucura, non teñamos complementen para poder ser. Quen debe
nada que conmemorar neste día. acompañarnos é alguén que nos queira de
Agardemos a que a sociedade reflexione sobre verdade e que queira ao noso 100% e non
o sen sentido que está a suceder e deixe de busque reducirnos ao 50 para achegar o seu

6
elogho?

manifesto/acttividades
outro 50. Querer é antónimo de control, de Cando escoitamos que nós, as mulleres,
violencia, de insultos, de desprezo, de agradecemos sempre que nos digan un
toxicidade, de sometemento. “piropo” ou “foi ela o que o buscou”
E no Losada temos os ollos moi abertos ante Cando detectamos calquera conduta de
estas situacións e non miramos para outro ataque á vida, á liberdade, á situación
lado: económica ou calquera outro ámbito que nos
Cando imos camiñando pola rúa e escoitamos afecte.
comentarios sobre o noso corpo.
Cando nos plasman a realidade ante os nosos No Losada non miramos para outro lado.
ollos e vemos que cada día o número de Enfrontámonos á realidade, rebelándonos así
mulleres mortaAGs, debido á violencia contra calquera indicio de violencia.
machista é maior. Seguiremos mirando a fronte día a día e non
Cando pretenden acosarnos, maltratarnos, pararemos ata acadar o respecto, a empatía, a
insultarnos e invisivilizarnos ..... tolerancia, a xustiza e así poder conseguir a
Cando nos chegan mensaxes intimidatorias ou igualdade entre homes e mulleres.
ameazantes

O pasado 25 de novembro, foi un día intenso no elaborados polo alumnado de 1º e 2º de ESO e lectura
Losada. Aí quedan unhas imaxes das actividades nas do manifesto a cargo de Noa, Eva, Dani e Natalia, de 2ª
que o noso alumnado participou (3º e 4º ESO nas Bacharaleto, autoras/es do mesmo. E tamén temos a
Estacións da igualdade do CIM da Estrada) e no mesa violeta, con libros moi interesantes sobre o tema.
segundo recreo, concentración da comunidade Non faltaron tampouco sesións arredor do tema para o
educativa para reivindicar o noso compromiso coa alumnado de FPB. NO LOSADA NON MIRAMOS PARA
igualdade e contra a violencia de xénero. Lemas OUTRO LADO. centrou moitas actividades, resultando
7
elogho?

Un ano máis o EDLG do Losada participa no


Ata o martes 28 de marzo poderemos des-
proxecto DINAMIZA TV, promovido polo Conce-
llo da Estrada. Ao peche de edición, agardamos frutar no noso centro dunha das exposi-
impacientes a publicación do noso interesante e cións máis exitosas destes últimos anos.
Trátase da mostra sobre música galega do
século XXI "cantáMOLA EN GALEGO", que
fai un interesante percorrido polos grupos e
tendencias musicais das dúas primeiras dé-
cadas do milenio. A exposición foi realizada
polo Servizo de normalización lingüística, A
lingua Latexa, do Concello de Pontevedra

EDLG Losada preparou un concurso no que


podes participar e gañar premios.

O pasado 30 de marzo o EDLG Losada fixo a


entrega dos agasallos para os gañadores e
gañadoras do concurso sobre a exposición
CANTÁmola EN GALEGO do Concello de
Pontevedra Un concorrido sorteo de 3 fer-
mosas pezas de Casal de Creación deseña-
das para a ocasión. Parabéns ás gañadoras!!!

O martes 13 de decembro o grupo Os Quin-


quilláns puxo en obra A señora de Forcade-
la, co patrocinio do programa O pasado por
vir da Deputación de Pontevedra. Magnífica
e emotiva reflexión sobre as vítimas da re-
presión da ditadura franquista a partir da
recreación da vida e sufriemento da mestra
Josefa García Segret.

8
elogho?

O mércores 31 de maio, o alumnado de 3º de ESO fo- Dentro das actividades promovidas por DINAMIZAES-
mos ao Correlingua na Estrada. Aínda que saímos algo TRADA, que agrupa aos EDLG dos centros educativos
tarde, chegamos a tempo para todas as actividades. da Estrada, participamos un ano máis no ciclo de video-
Fíxome especial ilusión ver aos nenos de primaria e aos conferencias interactivas cos centros de primaria.
meus antigos profes. O que máis me gusta do Correlin- Nesta ocasión, tivemos a sorte de asistir á magnífica
gua é dar un paseo cos meus amigos e berrar polas presentación realizada por un grupo de alumnos e
rúas, mágoa que este ano lles dera máis vergonza. alumnas de 6º do CEIP do Foxo baixo o título A ESTRA-
As cancións non son das miñas preferidas, pero aínda DA ROMÁNICA. O alumnado de 3º ESO, atendeu con
así puxen moitas ganas para bailar. O que non agarda- interese á charla e mesmo realizou varias preguntas que
ba é que soara Gaiteiro, unha canción que si coñezo e foron puntualmente respondidas polos relatores e rela-
que desfrutei bastante.. toras. A actividade realizouse o pasado 29 de marzo.
Este ano son algo máis maior e hai algunhas cousas
polas que xa non toleo, pero non por eso xa non iría
máis ao Correlingua. De feito é unha experiencia que
quero aproveitar ao máximo que poida. Estou moi or-
gullosa de poder contribuír neste festival deseñando
uns adhesos para o Losada. Gustoume moito
Lara Rey Rosende, 3º ESO

O premio, dotado con 1000 euros, foille outorgado ao


traballo presentado polo Losada baixo o título Lem-
branzas dun galeguista, centrado na figura de Francis-
co Fernández del Riego.O podcast foi realizado por un
grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO, coordinado
polo docente do centro Esteban Folgar, responsable do
proxecto “Radio Xoven” do Losada.
O alumnado de 3º ESO que participou na elaboración
deste podcast foi: Dolores Porto Arca, Iria Pérez Martí-
nez, Candela Rivas Neira, Adrián Fraga Rodríguez, Arón
Durán Iglesias e Pablo Cabaleiro Fernández
O podcast constitúe unha ficción sonora que recrea a
vida de Francisco Del Riego despois da súa morte, des-
tacando os momento máis destacados da mesma.
Compre subliñar que non foi o único traballo presenta-
do, pois outro grupo de alumnos deste mesmo curso
presentou outro proxecto, A ARCA, tamén moi ben rea-
lizado aínda que finalmente non fose premiado.

9
elogho?

Un curso cheo de teatro no Losada


Alá polo mes de outubro poñíase en marcha, un así. Entre eles a posta en escena de dous
curso máis a Aula de teatro Avelaíñas. Todos os espectáculos. Un no primeiro trimestre, no Teatro
martes, un grupo de vinte rapaces e rapazas, Principal, no certame de Teato Escolar Olimpio
coordinados e dirixidos por Fran Campos Arca, e outro este fin de curso, con cinco función,
traballaron duro, pero tamén con alegría e catro no Losada e unha, a estrea, no IES Salvaterra
entusiasmo. Son moitos os resultados dun esforzo de Miño. Comezamos por este último proxecto.

MADE IN LOSADA Na terceira, unha nai estaba cabreada co seu fillo


porque perderá o Ñ e o LL na escrita pero non na
A obra de teatro MADE IN LOSADA, presentada fala.
pola Aula de teatro Avelaíñas, foi representada por
un grupo de rapaces e rapazas de 1º, 2º e 3º do Na cuarta escena os rapaces dunha clase que non
instituto, e dirixidas por Fran Campos. É unha obra sabían falar galego tiveron que facer unha ouija co
inspirada no Libro Made in Galiza de Séchu Sende. mestre para falar con Castelao. Asustáronse moito
Preséntanse diversas escenas nas que os actores porque pensaban que estaba alí presente. A partir
fan unha defensa do galego e animan a empregar desa experiencia empezaron a falar e estudar en
o noso idioma. galego.
Na primeira aparecen unhas rapazas nun En conclusión, gustoume moito polo que quería
programa de radio, entrevistando a un boneco transmitir que a nosa lingua ten un valor moi
que era moi especial porque ademais de bailar, importante e que nós os adolescentes non
cantar, como todos, tiña algo especial, que era falamos tanto galego como os nosos maiores, por
falar galego. eso debemos facer un esforzo para falar o galego e
así recuperar a nosa lingua. Ademais foi bastante
Na segunda escena son varios rapaces e rapazas divertida, e coas risas que botamos, funme
as que contan as súas experiencias ou anécdotas enganchando cada vez máis á obra.
cando falaban galego e non os entenden.
Antía Álvarez Carabán 3º ESO A

10
elogho?

Un curso cheo de teatro no Losada


O pasado 30 de novembro un un grupo de "Queridiña dos meus ollos" de Rosalía de Castro,
rapaces e rapazas da Aula de Teatro, Avelaíñas, do realizada polo director do grupo Fran Campos No
Losada participou na V Mostra de teatro Escolar Teatro Principal da Estrada. Aplausos merecidos
Olimpio Arca Caldas, cunha adaptación do poema para a súa posta en escena.

Neste evento organizado o pasado 6 de xuño polo Había dúas modalidades que eran micropoemas e
colectivo DINAMIZAESTRADA coa colaboración do microrrelatos, os primeiros debían incluír a palabra
Concello da Estrada, entregáronse premios a 62 espello, e os segundos, camino, ambas da obra de
rapaces e rapazas, todos eles e elas gañadores e Francisco Fernández del Riego.
gañadoras do concurso de micropoemas e micro-
rrelatos. Nos momentos nos que non pasaba nada actuaba
un grupo chamado Proxecto Valladares que toca-
O XURADO estaba composto por profesores e pro- ban cancións tradicionais galegas recollidas polos
fesoras de lingua galega e tamén escritores e escri- irmáns Marcial e Avelina Valladares algo moderni-
toras dela misma, un dos xuíces era o meu profe- zadas.
sor, Francisco Xabier Camba Sanmartín ou como
lle chaman a gran maioría de alumnos; Camba. A celebración comezou as oito da noite e acabou
sobre as nove e o Teatro Principal ateigouse de xe-
As categorías dividíanse en primeiro e segundo de nte que ovacionou a todos e todas as premiadas.
primaria, terceiro e cuarto de primaria, quinto e
sexto de primaria, primeiro e segundo da ESO e Noel Ramos Caramés_3º ESO A
terceiro da ESO, cuarto da ESO, bacharelato e FP.

Na X Festa das estive-


ron os nosos rapaces e
rapazas recollendo o
seu premio:
Gabriel Marín Sinde,
Carla Álvarez Fonten-
la, Ainhoa Fuentes
Castro, Noel Ramos
Caramés, Yara Fuen-
tes Mosteiro e Noelia
Ferreiro Porto.

E algunhas profes
tamén.

Parabéns!

11
elogho?

Unha ex do Losada no campionato do mundo de motociclismo

Uxía Rodríguez Nebra, foi alumna do Losada novos amigos que lle axudaban no que
e veunos falar, o pasado 17 de febreiro, sobre podían asi que con iso ela xa era feliz. Sacaba
os ciclos formativos, que non temos que notas bastante boas e botou o ciclo para
estar obrigados ou obrigadas a estudar un adiante. Unha vez acabou, eses mesmos
bacharelato ou unha carreira universitaria. compañeiros comentáronlle que en Xirona
había un ciclo nunha academia privada que
Esta charla foi na sala de usos múltiples e podía darlle traballo, así que pensouno e cos
explicounos un pouco a sua experiencia. Ela seus pais fixo contas e foi para alá. Ao
non era unha rapaza que tivera unhas notas principio custoulle un pouco facer amigos e
de dez pero defendíase, e non lle gustaban o idioma pero agora xa o domina.
moito as clases así que como case todos os
seus amigos estudaban un ciclo de Ao pouco tempo de estar no ciclo xa lle
mecánica, pois saltábase as sua clases para ir empezaron a saír cousas e agora mesmo
ás do taller. Ao rematar a ESO elixiu o fichouna un equipo italiano de moto 3 para
camiño de bacharelato, pero como non lle que faga de mecánica para o mundial e ao
gustaba nin a motivaba, decidiu deixalo e iso mesmo tempo esta a estudar dous ciclos á
que os profesores intentaron que se quedara vez.
por todos os medios, pero nada.
Uxía díxonos que non nos conformaremos
E decidiu ir estudar un ciclo de automación a con pouco e que loitemos polo que nos
Santiago, era o mellor que podía facer. gusta, eu xa tiña unha idea do que quería
Contouno na casa pero sua nai nona apoiou facer pero grazas a ela dei o paso e xa o teño
e díxolle que fora soa a facer a matricula , e decidido por completo.
ela ala foi. Cando empezou no ciclo douse e
conta que ese era o seu lugar, tiña aos seus Loli Porto Arca, 3º ESO

12
elogho?

O manifesto pala paz

Nós, alumnado, profesorado e representantes das


asociacións de
familias dicimos SI a unha escola plural, libre, crítica
e participativa, baseada nos valores democráticos e
de responsabilidade cos Dereitos Humanos
Universais, a xustiza social, a paz, o respecto á
diversidade e o medio ambiente.
Porque todas as persoas somos diferentes pero
temos os mesmos Dereitos.
Porque calquera tipo de discriminación baseada na
cor de pel, o idioma, a relixión, a orientación sexual, o
xénero, a diversidade funcional, a nacionalidade, ou
en calquera outro aspecto é inaceptable a
discriminación crea divisións e conduce ao odio
entre persoas.
Porque a diversidade é riqueza e forma parte da
natureza do ser humano.
Porque a paz e o respecto aos Dereitos Humanos son
requisitos imprescindibles para un desenvolvemento
equitativo e sostible.
Porque o sistema educativo debe promover valores
comúns para o exercicio dunha cidadanía
democrática nun contexto global.
Por tanto,e de acordo coa Declaración Universal dos
Dereitos Humanos e a Axenda 2030 como centro
educativo:
Rexeitamos calquera comentario, argumento ou
prexuízo que discrimine a calquera ser humano e
indignámonos ante as inxustizas que causan
exclusión e negan os dereitos fundamentais a
millóns de persoas en todo o mundo.
Rexeitamos a violencia e as condutas agresivas en
calquera das súas formas: psicolóxica, verbal, física,
emocional, cultural, etc. e a través de calquera canle:
redes sociais outros medios electrónicos etc.
Comprometémonos a:
Combater calquera forma de discriminación por mor
de raza, xénero, crenza relixiosa, diversidade
funcional, orientación sexual, ou calquera outro
aspecto, tomando as medidas oportunas que
garantan a convivencia plural na nosa escola, no
noso barrio e nanosa sociedade.
Promover a convivencia e resolver os conflitos desde
un enfoque participativo baseado na cultura de Paz
no noso centro educativo.
Impulsar accións que contribúan á construción
dunha sociedade xusta e equitativa para todas e
todos no marco dunha cultura de paz.
sen dúbida.

Manifesto Asemblea de cooperación pola paz lido


por: Nico, Dulce, Iria, Alba, Dominique, Sara, Nerea,
Xián, Yago, Vicky e Alexandre, de 1º e 2º ESO

13
elogho?

Crónica

VIAXE A LONDRES outros 15 minutos para chegar a Carnaby Street


Día 1 - O primeiro día tivemos que chegar ao aero- sobre as 21.00 para cear e reunirnos ás 23.00 horas.
porto de Santiago ás 9:00 e subir ao avión ás 12:00. Despois camiñamos 10 minutos ata a estación de
Chegamos alí, despedímonos dos nosos pais e fo- metro que nos levou ata o hotel.
mos a xunto os profesores para coller os billetes e Día 3 - O terceiro día espertei ás 6:55 e baixei a al-
todo o que precisabamos para a viaxe. Unha vez morzar tamén en pixama, despois de dúas horas
que todo estaba listo, fomos facturar e controlar a déronnos tres horas tamén. Despois visitamos o
equipaxe de man. Son dúas horas en avión e xoga- Museo de Historia Natural, onde tamén paramos
mos todos xuntos. Cando chegamos a Londres re- tres horas, antes de dirixirnos a South Kensington
collemos as maletas e collemos o autobús de dúas para xantar. Despois visitamos a Torre de Londres
horas ata o hotel. Cando chegamos ao hotel dé- en metro e camiñamos 15 minutos ata a Tower
ronnos a chave da habitación e fomos desempa- Bridge. Camiñamos outros 20 minutos e visitamos
quetar e gardar todo. Despois collemos o metro o Shakespeare's Globe e a Millennium Bridge. Des-
ata Picadilly Circus, que é unha praza con moitas pois fomos ao musical ás sete porque tiñamos que
tendas, restaurantes... Alí quedamos a partir das estar media hora antes. Asistimos ao espectáculo
17.00 ata as 23.30. Despois collemos o metro ata o The Back to future ata as 22:30, despois ceamos
hotel para descansar. no McDonald's de enfronte da rúa e collemos o
Día 2 - Ao día seguinte espertei ás 6:55, puxen o metro ata o hotel.
suadoiro e baixei a almorzar. Despois do almorzo Día 4 - Volvo espertar ás 6:55, póñome o suadoiro,
tivemos ata as nove para vestirnos e facer o que baixo, almorzo, vístome, ducha, etc. Ás nove fomos
quixeramos dentro do hotel. Unha vez que esta- ao British Museum, alí estivemos de 10.00 a 13.00,
mos todos xuntos fomos ao Museo da Ciencia on- despois comemos o que queriamos preto do hotel
de temos tres horas para velo, despois imos a co- e algúns foron ver a Harry Potter o 9 3/4. Despois
mer a South Kensington e déixannos ata as tres volvemos ao hotel e agardamos a que o autobús o
para poder ir onde queiramos.Mais tarde collemos recollese no hotel. Cando chegamos ao aeroporto,
o metro ata o Big Ben e o London Eye, despois visi- recollemos as maletas e o noso voo atrasouse unha
tamos as Casas do Parlamento e a Abadía de West- hora. Saímos de Londres ás 21:30 e chegamos ás
minster, camiñamos 10 minutos ata Downing 00:30.
Street, outros 10 minutos ata Trafalgar Square e Noa Otero Calviño 3º ESO B

Cando chegamos ao hotel, déronnos as habitacións, dei-


xamos as cousas e baixamos para ir en metro. Con el che-
gamos á praza Piccadilly Circus , onde atopamos varias
mozas ebrias, algo que me sorprendeu moito, e tamén
me sorprendeu atopar un casino cada cinco pasos.

Fomos ao Natural Museum en metro. Alí probamos o si-


mulador dun terremoto. Despois fomos comer unha ham-
burguesa a un francés. Para rematar asistimos ao musical
The Back to future, que foi moi chulo e fixemos teorías
sobre como voaba o coche.

Samuel Carracedo Álvarez, 3º ESO

Pola tarde vivos o Big Ben, enorme e precioso; despois o


London Eye, dende onde se vía toda a cidade e era incri-
ble. Sen dúbida o que máis me gustou de Londres.

Cando chegamos a Santiago estaban os nosos pais e


unha pancarta que poñía “Londres 2023. IES Antón Losa-
da. Pareceume moi bonito. Foi unha viaxe incrible. Vol-
vería seguro, sen pensalo.

Paula Coto Morrazo, 3º ESO

14
elogho?

Crónica
Sagrada Familia, non só por fóra, senón tamén
por dentro cunha guía que lles axudou a
entender a esencia da Sagrada Familia e por que
é tan importante para Barcelona. Por outra parte,
despois da mañá de cultura, os alumnos terían
Despois dun longo traxecto neste curso 2022- unha tarde de gozo na praia. Para por fin ao
2023, os alumnos de 4º ESO lograron ir de segundo dia de viaxe
excursión a Barcelona. En compañía dos seus O terceiro e último día que durmiron no hostal
profesores Alba e Miguel. sería o día de PortAventura. No famoso parque de
A aventura comezaba o 12 de abril coa partida atraccións catalán, os alumnos disfrutaron dun
desde o aeroporto de Santiago de Compostela. Os día de diversión sen fin que aproveitaron o
alumnos prepararíanse para embarcar e dirixirse máximo posible xa que ao dia seguinte tocaría
á capital catalá. Unha vez alí, o primeiro día volver a terra galega. O día de partida, o
consistiu no descubrimento da zona antiga de alumnado aproveitou a mañá para comprar
Barcelona coa axuda dun guía. Ademais, ese día agasallos ás súas familias ou algún caprichiño
tamén deu lugar ao primeiro contacto dos para si mesmos. Aínda así non terían moito
rapaces e rapazas coa que sería a súa casa tempo, xa que o avión non ía agardar por eles e
durante a súa estancia alí, o hostal Generator. Así tiñan que ser puntuais.
mesmo, pola tarde aplicaron o aprendido pola Despois dunha curta pero interesante viaxe, os
mañá para identificar os 7 palacios de Gaudí no rapaces e rapazas de cuarto da ESO despedironse
Passeig de Gràcia mediante un xogo proposto de Barcelona que sempre estará non seus
polo profesorado. E foi así como puxerom fin ao corazóns.
primeiro día de estancia.
No segundo día, xa descansados, os rapaces e Xian Agra Pampín_4º ESO
rapazas tiveron o pracer de poder ver a famosa

O alumnado de 2º de Bacharelato quedou sen


excursión de 4º por causa da pandemia. Insisti-
ron, insistiron e conseguírono. Non marcharon do
centro sen a súa viaxe de estudos. Foi a Valencia,
onde pasaron 4 días ben agradables e reparado-
res.
(PARABÉNS, por certo, polos vosos resultados na
ABAU)

15
elogho?

Actividades

que se apuntan a este torneo aumente ao longo


do ano.
Aínda que eramos dúas nenas, paseino moi ben.
Despois de xogar varias partidas neste torneo
A maioría da xente da miña idade pensa que o coñecín a un profesor que agora me axuda e
xadrez é un xogo aburrido e vello, pero por outra ensíname nalgúns descansos novos movementos
banda hai xente que lle gusta xogar ao xadrez e de xadrez para poder mellorar as miñas
aprender novos movementos. Este xogo de mesa habilidades neste xogo.
axuda moito a mellorar a concentración, a
paciencia e fai que teñamos unha mellor En resumo, foi unha experiencia que me gustou
memoria entre outras moitas cousas. Pero sobre moito e espero mellorar para que no seguinte
todo é unha nova forma de socializar e facer curso, se aínda hai este tipo de torneos, poida
novos amigos. participar. Tamén chegou aos meus oídos que
No meu instituto fixemos un torneo de xadrez no pode haber algunha actividade extraescolar para
que se podían apuntar alumnos de todas as o ano na que nos ensinen a xogar mellor ao
idades. Unha cousa que me molestou un pouco xadrez
foi que das 20 persoas que se apuntaron só dúas
eran rapazas, espero que o número de rapazas Lía Tato Matalobos. 1ºESO B

Durante o mes de maio, o moi disputado


primeiro torneo de xadrez tivo lugar cada mér-
cores enfrontando nos recreos a un total de vin-
te competidores na biblioteca do centro. O for-
mato para decidir os emparellamentos ba-
seábase no sistema suizo, situando a cada lado
do taboleiro a un xogador co número de puntos
máis próximo ó do seu adversario. Coa finalida-
de de igualar o nivel amosado no campionato
en cada partida, a tensión incrementaba ó parti-
cipar contra un rival directo. Estes terían que
executar nun período de 6 minutos os seus mo-
vementos, detendo tras cada un o seu reloxo e
activando o do opoñente, decidindo por medio
dun xaque mate, o culme do tempo ou unha
posición de táboas o reparto de puntos.

Darío Blanco Ruzo_ 1º BAC

Un dos moitos clubs de Lectura do Losada

16
elogho?

Medio ambiente

UN DÍA DE LIMPEZA EN PRAIA AMÉRICA


PROXECTO STOP AND HELP
O primeiro que fixemos foi coller un autobús de
camiño a praia; a viaxe durou arredor dunha hora e
media, ao chegar, dividímonos en tres grupos de
doce persoas, cada un, se encargaría de unha zona
de praia, a min tocoume no centro desta,
posteriormente asignóuselle capachos a tres
membros do grupo, eu non me ofrecín, debido a
que quería ter o rol de recolledor, despois diso
fomos a recoller o lixo, foron dúas horas de
encontrar obxectos, onde máis encontrei foron nas
acumulacións de algas, onde encontrei desde
sedais, ata anacos de plástico dun tamaño
considerable, o que máis encontrei foron cabichas
e plásticos, despois de estar recollendo lixo
durante dúas horas (case sempre encontrando o
mesmo) marchamos da praia, fun a comer froita e
galletas e vinme noutro viaxe de unha hora e
media, de camiño ao instituto.

Joel Castro Toledo_3º ESO A

baixo a coordinación do profesor de Tecnoloxía,


Emilio Villanueva.
Traballaron moito durante todo o curso no deseño
e consturción un mecanismo de recollida de resi-
Un dos proxectos máis destacados do curso foi a duos, que debía ir instalado sobre o dron que lles
participación dun grupo de alumnas e un alumno facilitou a organización. Tamén tiveron que apren-
de 2º de ESO participou na final da Liga Maker der a pilotar o aparello.
Drone, na súa segunda edición, que se celebrou o
pasado 5 de maio no Coliseum da Coruña. O equi- Un fallo no dron do equipo do Losada impediu o
po estaba formado por: Carla Álvarez, Antía Buela, acceso aos premios, sen embargo o excelente tra-
Antía Campos, Lúa Fernández, Iria Requeijo, Julia ballo de preparación e de execución ata ese mo-
Sinde, Vicky Tarrío, Alejandra Vega e Xián Torres, mento é digno de mención e felicitación.

17
elogho?

A RADIO XOVE DO LOSADA altofalante para visibilizar a mulleres relevantes


inxustamente descoñecidas. Ata o momento o
PARTICIPA NO PROXECTO HISTORIAS alumnado elaborou dous programas, da man dos
NON CONTADAS seus profesores. No primeiro participaron un
As historias non contadas, unha iniciativa grupo de alumnos do IES Antón Losada co
promovida polo CIM do Concello da Estrada e episodio As mulleres non mundo dá moto. Neste
integrada na programación do Pacto de Estado programa Hugo Moure, Martín Vázquez e Nicolás
contra a violencia de xénero. A proposta consiste Pereira explicaron as historias de varias mulleres
nun programa de podcasts desenvolvido pola vinculadas ao mundo do motor, como Jutta
Asociación Profesional de Axentes de Igualdade Kleinschmidt, Susie Wolf, Laia Sanz, María Herrera
de Oportunidades Galega (Apaioga) en e María Villota.
colaboración cos centros de ensino Secundario
do municipio. O alumnado implicouse na (Texto extraído de La Voz de Galicia/Rocío García)
elaboración de podcasts que serven de

Iniciativa moi interesante posta en marcha este curso.


Pretende crear un espazo e tempo de formación
conxunta entre familias e escola, acompañando o
desenvolvemento dos nosos rapaces e rapazas. As dúas
actividades realizadas tiveron unha gran acollida.

O sábado 12 de novembro, no Teatro Lope de Ve-


ga de Madrid, Iria Pérez e Lara Rey (3º ESO) acom-
pañadas do profe Emilio Villanueva recolleron o
premio na sección reportaxe polo vídeo realizado
o curso pasado "As tics con xeito: contrasinais" Outra novidade no centro foi a creación dunha Aula de
outorgado polo Festival EMOVE (Festival escolar y emprendemento para a Formación Profesional. Foron
universitario de las artes audiovisuales). moitas as iniciativas da mesma durante este curso, e
mesmo foi convocado un concurso para escoller un lo-
gotipo para a Aula.

18
elogho?

ENSAIO
ARTES
OPINIÓN
CREACIÓN LITERARIA
[creación literaria]
[poemas finalistas concurso dinamizaestrada]
[espello]

Acercáronse
Miráronse
Estudáronse
E tanto aquela moza coma o espello
Odiáronse

Carla Álvarez Fontenla, 2º ESO

O DESEXO DUNHA PRINCESA


Unha princesa de cabelo louro,
pediulle ao seu espello un tesouro,
un tesouro co que soñar,
sería máis bonito que despertar,
e así todo o mundo soñaría,
coa princesa que quería,
cambiar a noite polo día.

Nerea Campos Rodríguez, 2º ESO

Princesa quero ser,


sen príncipes nin espellos,
forte e independente,
o amor non é o primeiro.

Alejandra Vega Arias, 2º ESO

19
elogho?

ENSAIO
ARTES
OPINIÓN
CREACIÓN LITERARIA
[creación literaria]
[poemas finalistas concurso dinamizaestrada]
[espello]

Un espello é o reflexo da alma,


a nosa persoa,
mirándose fronte a fronte
nunha batalla que non ten calma

Noelia Ferreiro Porto, 4º ESO

QUEN SON NO ESPELLO?

Mírome día e noite nel


e non atopo semellanza ningunha.
Parece que non son eu
a persoa á cal se está a ver.

Non me recoñezo,
síntome invisible.
Parece que o espello
non sabe que dicirme.

Uxía Vilariño Novio, 4º ESO

Era un espello tan brillante


e reflectante que se podía ver o bo corazón que
tiña.

Deixei que o ensuciaran


e golpearan e agora
volveuse un espello
apagado e sen vida,
Coma un corazón que deixa de later.

Sonia Ríos Cores, 3º ESO

20
elogho?

ENSAIO
ARTES
OPINIÓN
CREACIÓN LITERARIA
[creación literaria]
[poemas finalistas concurso dinamizaestrada]
[espello]

Berro en silencio
e só ti me escoitas.
Afloran de min bágoas,
bágoas silenciosas.
Reflexadas no espello
dinme moitas cousas,
quero escoitalas
pero xa están borrosas.

Yara Fuentes Mosteiro 1 BAC

Busco respostas
respostas a preguntas que non sei formular,
miro no espello
e non me chego a atopar,
busco entre os sinais
un que me saiba guiar,
ese faro que a un barco naufragado
a terra firme lle axuda a chegar.

Noa Tosar Rocamonde, 1º BAC

Na auga tranquila
vexo o meu reflexo
a auga quieta
actúa de espello.
Debaixo do río,
nas augas revoltas,
mentres as herbas bailan
os peixes dan voltas

Sara Ribadavia Ferro, 1 BAC

21
elogho?

ENSAIO
ARTES
OPINIÓN
CREACIÓN LITERARIA
[creación literaria]
[poemas finalistas concurso dinamizaestrada]
[camiño]

A súa vida parecía bonita, aínda que el non o sentía, non lle gustaba sufrir,
aínda que si lle gustaba vivir.
Parece ser que tiña que escoller por onde ir, e escolleu o camiño que lle pa-
receu mellor, un camiño cheo de paz, pero tamén de soidade, onde a vida
era tranquila e chea de amor.
El pensando en nós e nós pensando nel. El tendo paz e nós vivindo a vida,
el mirando dende enriba e nós mirando as estrelas cada noite. Nos poñendo
flores e el poñendo o brillo do sol cada mañá.

Ainhoa Fuentes Castro, 1º ESO

Quixo ir polo camiño curto, pero o malo é que non tivo en conta as fochan-
cas.

Lorena Balado Gamallo, 1º ESO

Un día espertei nun ancho e longo camiño. Non había nin árbores, nin flo-
res, nin civilización. Nada que puidera darme a tranquilidade de volver a ver
aos meus pais. Camiñei cara unha voz que repetía unha e outra vez o meu
nome, Hugo, Hugo. Notei que alguén me sacudía e espertei na miña clase.
Esas voces e sacudidas eran da miña profesora. Estaba gritándome porque
me durmira en metade da clase.

Lía Tato Matalobos, 1º ESO

22
elogho?

ENSAIO
ARTES
OPINIÓN
CREACIÓN LITERARIA
[creación literaria]
[poemas finalistas concurso dinamizaestrada]
[camiño]

O detective buscou probas do presunto asasino no corpo das vítimas. Mirou


nas súas casas, no camiño no que foron atopados e no coche do asasinato. Can-
do buscaba mostras de ADN, no coche encontrou un pelo ce coincidía co seu
propio e decatouse que tiña un coitelo an man e estaba cheo de sangue. Tras
pestanexar estaba no xulgado e nun pestanexo máis estaba no cárcere.

Noel Ramos Caramés, 3º ESO A

Cando botou a correr polo camiño lembrou a xente, as paisaxes, os momentos;


a terra que deixaba. Agora só era todo cinzas, a escola na que estudara ardía
bravamente. E corría entre os entullos baixo os que quedaran seus pais mentres
lle caían as bágoas. Había un mes que un exército sen corazón manchara de
vermello unha bandeira azul e amarela.

Lara Rey Rosende, 3º ESO

Aínda que camiñe cara o meu presente, o camiño do pasado aínda segue aí.

Carla Iglesias Blanco, 4º ESO

23
elogho?

ENSAIO
ARTES
OPINIÓN
CREACIÓN LITERARIA

[creación literaria]
[relatos finalistas concurso dinamizaestrada]
[camiño]

Xurxo de Ribeira emprendeu a súa travesía.


-Ei, ti, a onde vas?
-Dixéronme que o camiño era por aquí.
-Ai, es deses...
-Que?
-Nada, nada, que lle vaia ben!
Xurxo non sabía ao que se refería aquel home coas súas palabras, aínda que
non tardou moito en descubrilo.

Gabriel Marín Sinde, 1º BAC

Aquelas bágoas que baixaban polas miñas meixelas fixéronme comprender


que xa non te quería no meu camiño.

Paula Puente Fernández, 1 BAC

Centos de veces nas que me preguntei o porqué da miña escolla, tentando


xustificar o motivo daquel acto, nunca fun quen de demostrarme realmente
o que vin nese camiño.

Darío Blanco Ruzo, 1 BAC

24
elogho?

CS Adm. Sistemas informáticos en rede CM Sistemas microinformáticos e redes. CM Insta. e amoblamento

CS Admintstración e Finanzas CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

CM Electromecánica de vehículos. CM Carpintaría e Moble

2º Bacharelato

25
elogho?

26

You might also like