You are on page 1of 1

1 de 32 !

" # Buscar documento $

elogho?

elogho?

elogho?

sumario

portada (revisando a Losada Diéguez) lgx15_11


ciencia en galego_2 entrevista_12
matemáticas en galego_3 creatividade plástica_14
en galego_4 clubs de lectura_15
un 25n diferente_5 iniciativas_16
o tapiz de Rosalía_6 páxinas creativas_20
letras galegas_7 cousas que pasaron_26
videoconectad@s_8 a fp no Losada_35
avelaíñas_9 despedida_36

editorial
sobre a portada veu unha pandemia
E seguimos aquí.

40 anos despois de construírse a


casa que nos acolle.

Un virus borrou do papel as


imaxes dun curso enteiro, pero
non o borrou da memoria.
Uxía Rosende Uxía Docampo África Loureiro
Non queremos que veña outro
virus e que borre este ano do
papeis, por iso tés nas mans esta
revista.

Le, recorda, goza e comparte.


Seguro que Elogho Che da algún
motivo para lembrar.

O ano que ven volvemos.


Carmen Ruibal Tania Torres Sara Iglesias

Seis mozas.
Seis magníWcas formas de revisar a Losada Diéguez.
E de paso, a Castelao tamén.
Son os traballos gañadores do concurso “Revisando a
Losada Diéguez, organizado polo Departamento de
Plástica e a profe Patricia.
A MELLOR PORTADA.

elogho?

A CIENCIA EN GALEGO
Redacción EDLG
Novembro é o Mes da Ciencia en Galego e,
desde distintos departamentos (Bioloxía, Física
e Química, Matemáticas) en colaboración co
Equipo de Dinamización da Lingua Galega e da
Biblioteca do centro, organizáronse, un ano
máis, un conxunto de actividades para
contribuír á divulgación cientíWca en galego.

Nesta ocasión, e como estabamos a principio


de curso, todas as actividades foron a través de
encontros virtuais e videoconferencias. O
motivo foi, como non, a situación derivada das
medidas e protocolos de seguridade sanitaria
tomados por causa da Covid -19. De todos xeitos
isto non Wxo menos interesante a actividade,
que acadou un importante nivel académico e
interese cientíWco e social.

O alumnado de 1º Bacharelato participou na


videoconferencia da prestixiosa neurocientíWca
galega, Sonia Villapol, que nos falou desde o
seu centro de traballo en Houston de que "Só a
ciencia nos rescatará da pandemia". MagníWca
charla que foi seguida con moita atención por
todo o alumnado.

O alumnado de 4º ESO asistiu á


videoconferencia programada a cargo do
profesor e comunicador Xacobo de Toro. Unha
interesantísima e entretida aproximación á
realización e difusión de vídeos cientíWcos.

Tomamos nota para poder chegar a ser algún


día youtubeir@s cientíWc@s.

Imaxes das actividades do mes da ciencia en galego no Losada, promovidas polo EDLG e departamentos cientíWcos.

You might also like