You are on page 1of 1

CONMEMORACIÓNS

DÍA DA PAZ
Un ano máis celebramos o Día da Paz cun
fermoso e emotivo acto! Poesía e cancións,
que mellor combinación!!
En primeiro lugar, tivemos unha interesan-
te charla, a cargo da nosa directora, Alicia,
sobre o que significa este día e a figura de Isa-
bel Zendal, a quen se lle dedicou a xornada.

Despois, o alumado de 4º deleitounos


cun emocionante poema recreado a
partir dun texto de Antonio García Tei-
jeiro! Parabéns a estes nenos e nenas,
as titoras e a profe Isa que nos trouxe-

ron palabras tinguidas de paz!


A continuación, todo o alum-
nado do centro, cantou a can-
ción "Un veleiro verde" de Ma-
ría Fumaça; e así, embarcá-
monos nese mundo de paz e
harmonía, co que todos e to-
das soñamos, con voz e a lin-
gua de signos da man da nosa intérprete, Rosa,
coa que temos a sorte de contar un ano máis!

E non esquezamos o mural no que


participaron todos os niveis! O alum-
nado escribiu, en pingas de cores, todo
o negativo do mundo que faría des-
aparecer coas súas vacinas especiais!

10

You might also like