You are on page 1of 1

UNESCO

A VISITA DE PLASTIQUINA
No primeiro trimestre, visitounos Plastiquina, a imaxe
do proxecto “ DESPLASTIFÍCATE ” , proposto pola rede
de escolas Unesco, no que participa o noso colexio.
Plastiquina é unha linda boneca que saíu de Tenerife
( I llas Canarias ) coa misión de percorrer España expli-
cando a todos e todas os nenos e nenas a importancia
de non contaminar o noso planeta, e facernos ver os da-
nos que o plástico causa no medio ambiente.
Ela quere que os rapaces e as rapazas aprenda-
mos a reducir o uso dos materiais plásticos e que
reciclemos os que poidamos empregar.
Tan importante nos parece, a misión de Plastiqui-
na que, cando chegou ao noso colexio recibímola
como a unha verdadeira heroína, cunha pancarta e cun fermoso poema que
a nosa mascota Traslí lle dedicou con todo o seu cariño.
Tamén lle quixemos facer un agasallo que lle lembrase o paso polo noso
centro, e o alumnado de cuarto foi o encargado de facer algo típico dos pe-
regrinos, unha fermosa
cuncha coa cruz de
Santiago.
Esperamos que o pe-
regrinar desta boneca
polos colexios sirva pa-
ra espertar conciencias
e que cada un de nós

30

You might also like