You are on page 1of 2

Biografía en conto de Rosa Parks para o alumnado

- Remato de coser este pantalón e marcho para casa… - pensaba mentres colocaba ben as súas
lentes desgastadas.

Estaba algo cansa e aínda tiña que atravesar a cidade en transporte público para chegar a casa. A
miúdo tiña que erguerse do seu asento no vello autobús porque subía algunha persoa branca, algo
que lle molestaba motísimo.

Por aquel entón, os autobuses públicos estaban divididos: unha zona para brancos, unha zona para
negros e unha zona intermedia na que podían sentarse as persoas negras, só se ningunha persoa
branca quería o asento.

- ¡Lévame o demo! – adoitaba dicir - ¡É que ninguén se decata de que todos debemos ser tratados
igual!

Acabou de traballar. Era 1 de decembro e ía frío polas rúas de Montgomery, en Alabama. O aire
frío metíaselle por debaixo do abrigo marrón, que sempre levaba ao traballo, ata os ósos. Como
cada día, subiu ao autobús e sentouse, esta vez na zona do medio. Ía mirando pola ventá, entretida
nos seus pensamentos, cando a voz do condutor a sobresaltou:

- Señora, debe vostede erguerse do seu asento, o mesmo que esas outras tres persoas negras. O

autobús vai cheo e subiron persoas brancas.

As outras tres persoas cederon os seus sitios, pero ela negouse.

- ¡Farei que a metan no cárcere! – ameazou o condutor.

- Moi ben – respondeu –, faga como queira.

Tivo que pagar unha multa e pasou a noite pechada no cárcere, pero sentíase máis libre ca nunca por
ter defendido o seu dereito a ser tratada como calquera persoa branca.

Despois do incidente do autobús, correuse a voz polos barrios: “Unha veciña tivo que pagar unha
multa e durmiu no cárcere por non deixarlle o asento a unha persoa branca, unha inxustiza, un
despropósito, isto ten que cambiar!”.

Houbo protestas e manifestacións. Marchas de miles de persoas protestando e pedindo un trato


xusto para as persoas negras.
PREGUNTAS SOBRE A LECTURA

A protagonista desta historia chámase Rosa Parks. O que pasou no autobús e as manifestacións
posteriores, cambiaron o rumbo da historia. Un ano máis tarde as leis cambiaron e prohibíronse as
discriminacións nos sitios públicos.

- ¿De que cor era a pel de Rosa Parks?

- ¿Cres que Rosa procedía dunha familia adiñeirada?

- ¿Onde sentou Rosa Parks no autobús?

- ¿Por que lle dixeron que se tiña que levantar do asento?

- ¿Por que Rosa Parks se sentía 'máis libre ca nunca' aínda que pasou a noite no cárcere?

You might also like