You are on page 1of 3

Composición 9: A reforma agraria liberal: as desamortizacións.

No Antigo Réxime, diversas normas, leis e prácticas cotiáns condicionaban e limitaban a


produción agrícola e a propiedade da terra. Por iso, a bur guesía liberal consideraba
imprescindible realizar unha reforma agraria que consistía en converter a propiedade da terra
nun ben libre, privado, particular e individual. Para facelo era preciso: abolir o réxime
señorial, desa mortizar as terras eclesiásticas e comunais, desvincular os morgados
(institucións onde as terras as herda o fillo maior varón), suprimir as servidumes colectivas e
o décimo eclesiástico, e autorizar a liberdade de cultivos, o cerramento dos campos e a libre
compravenda das terras.

A medida máis importante foi a desamortización ou venda en pública poxa dos bens rústicos
e urbanos pertencentes ás mans mortas eclesiásticas e dos baldíos e terras de comúns e
propios dos concellos. Debido aos avances e retrocesos provocados polas disputas
políticas,os progresistas a favor e os absolutistas e a Igrexa en contra, a desamortización foi
paralizada polos gobernos liberais moderados.

Os antecedentes da desamortización son:


A análise e o estudo das medidas que se debían tomar para mellorar a agricultura e modificar
o réxime de propieda de da terra iniciada polos ilustrados. Destacamos a Jovellanos e Godoy,
este ultimo levou as súas ideas á práctica en 1798 no primeiro intento de desamortización.

As Cortes de Cádiz promulgaron en 1813 diver sos decretos de desamortización polo que o
Estado confiscaba e poñía en venda os bens dos afrancesados, das ordes militares, dos
conventos suprimidos ou destruídos, xunto con parte do patrimonio da Coroa e dos baldíos e
terras dos concellos. Estas medidas tiveron escasa vixencia debido á rápida restaura ción do
absolutismo. Os liberais volveron a recuperar as medidas desamortizadoras sacando á venda
os bens da Inquisición e dos conventos suprimidos durante o Trienio Liberal.

Foi no reinado de Sabela II cando se realizou a transformación do réxime destacando a


actuación dos progresistas Mendizábal, Espartero e Madoz. Neste proceso diferéncianse as
seguintes fases:

• 1835-1836: Durante este reinado María Cristina de Borbón, rexente do reino no nome da
súa filla, decreta unha reforma provincial, o que orixína revolucións, ante esta situación a
rexente confíalle o goberno a Mendizábal co que comeza o réxime progresista. Mendizábal
acometeu a desamortización eclesiástica mediante dous decretos que afectaron, basicamente,
ao clero regular. Polo Decreto de 1835 quedaban suprimidos os mosteiros, con excepción
daqueles que prestasen servizos de auxilio social . O decreto de 1836 declaraba en venda
todos os bens raíces das institucións suprimidas. Os obxectivos básicos de Mendizábal eran:
• Reformar o réxime da propiedade, convertendo en posesión individual os bens do
clero regular.
• Obter recursos para cubrir os gastos do Estado provocados pola guerra carlista.
• Reducir a débeda pública.

• Conseguir apoio social á causa liberal, á vez que se debilitaba economicamente ao


maior inimigo do liberalismo: a Igrexa.

• 1841: A actuación de Mendizbal orixina unha forte desconfianza da rexente que o substitúe
e posteriormente renúncia á rexencia e exíliase a Francia porque os progresistas impoñen a
correxencia con Espartero. Durante a súa rexencia do liberal completouse a desamortización
eclesiástica de Mendizábal. Polo decreto de setembro de 1841 foron declarados nacionais os
bens do clero secular e postos en venda con finalidades facendísticas.

A partir de 1844 os gobernos moderados paralizaron o proceso e alcanza ron un acordo co


Papa -Concordato de 1851 - polo que a Igrexa acepta ba as vendas xa realizadas a cambio de
que o Goberno español sostivese economicamente o clero, e se considerase o catolicismo
como a relixión do Estado.

• 1855: O breve período do Bienio Progresista comeza con outro pronunciamento militar,
noméase a Espartero xefe de Goberno. Durante este foi aprobada a Lei xeral de
desamortización, presentada polo ministro de Facenda Pascual Madoz. Iniciouse así a
desamortización civil, pola que se puñan en venda os bens do Estado e dos concellos, e
rematouse coa desamortización eclesiástica sacando a venda o que aínda quedaba das
propiedades eclesiásticas. Unha parte importante dos ingresos obtidos polo Estado foron
destinados a financiar a construción do ferrocarril.

En Galicia, a desamortización tivo unhas caracteristicas especiais debido ao mantemento do


sistema foral e á peculiar organización dos montes comunais. A maioría das terras galegas
explotábanse mediante contratos de arrendamento de longa duración ,os foros. Os
campesiños cultivadore e a nobreza eran os donos e titulares das terras e perceptores dunha
parte das rendas. A fidalguía exercia un papel de intermediaria.

Esta situación fixo que, na aplicación das leis desamortizadoras, resultase que:
• O que se sacou a poxa pública foron, as rendas forais; é dicir: o que vendeu o Estado foi o
dereito a percibir unhas rendas
• Tivo escasa importancia a desamortización, debido ao redu cido patrimonio dos concellos
galegos.
• Non se alterou a organización agraria tradicional.
• Tamén se mantiveron os montes comunais en mans dos veciños.
• Os campesiños conservaron os seus dereitos sobre a terra.

A desamortización puxo en venda, aproximadamente, o 20 % do territorio español (o 50 % da


terra cultivable). Os principais compradores foron: nobreza terratenente, campesiños ricos e
burguesía.Os campesiños pobres non podían comprar porque a venta facíse en grandes
bloques. En moitos casos tamén fixeron bos negocios, grazas ao aumento dos prezos
agrarios.As vítimas foron a igrexa, os municipios, os campesiños pobres e xornaleiros. Dende
punto de vista socioeconomico alguns analistas afirman que está reforma non serviu para
incrementar la latifundios agrarios, da que os campesiños e xornaleiros non tiñan acceso ás
terras. También se culpa á desamortización por impedir o avance á industrialización. Cabe
resaltar que a desamortización si serviu para sanear parte das contas públicas.

Iria Rodríguez Díaz 2ºBachA

You might also like