You are on page 1of 1

Ciencia vs fe

A ciencia é un conxunto de coñecementos obtidos mediante a observación e o razoamento,


sistemáticamente estruturados e dos que se deducen principios e leis xerais con capacidade
predictiva e comprobables experimentalmente.

Mentres que a fe é a crenza e esperanza persoal na existencia dun ser superior, que
xeralmente implica o seguimento dun conxunto de principios relixiosos, de normas de
comportamento social e individual e unha determinada actitude vital.

A ciencia enténdese desde un punto de vista racional e a fe ofrece un significado existencial,


relixioso. Precisamos ambas á hora de non ter unha perspectiva parcial para comprender o
mundo. A ciencia humanízase e a relixión ten un método crítico de pensar.

Albert Einstein dicía que “a fe sen ciencia é cega, pero que a ciencia sen fe é coxa”.
E o Papa Juan Pablo II dixo na Universidade de Madrid (1982) que “Ciencia e fe representan
dúas ordes de coñecemento distinto, autónomas nos seus procedementos, pero converxentes
finalmente no descubrimento da realidade integral que ten a súa orixe en Deus.”

Son dúas ventanas diferentes para velo mundo. E sempre se presentaron como unha relación
conflictiva ou armónica.
Para mín as dúas son necesarias nalgún momento da vida, especialmente naqueles para os
que a ciencia non me ofrece unha resposta e a fe me parece máis fantasiosa. Dende o meu
punto de vista, o importante é que ambas se respeten e ofrezan a liberdade para expresarse
cara a unha ou a outra. E que cada persoa se apoie nunha ou noutra segundo as súas crenzas,
podendo cambiar de parecer en calquera momento.

You might also like