You are on page 1of 3

Reflexión sobre a Lingua – Gramática

2. A Palabra
A palabra é a unidade lingüística básica que empregamos para comunicármonos.

Ten en conta
As clases de palabras que presentan morfemas de xénero e número son: o substantivo, o
adxectivo, os determinantes e moitos pronomes. Estes morfemas serven para marcar
a concordancia entre as palabras: As nadadoras están preparadas.

► A estrutura das palabras


A maior parte das palabras (substantivos, adxectivos, verbos, etc.) están formadas polos
seguintes elementos:
 Lexema ou raíz: é a parte invariábel que contén o significado léxico (lúa, irmán).
 Morfemas: únense ao lexema para completar o seu significado (lúas, irmás). Segundo o contido
que achegan, pódense clasificar en:

o Flexivos: aportan información de xénero e número (atent-o, escoitad-a-s) e as


desinencias verbais (acert-a-re-mos).

o Derivativos: únense ao lexema para modificar o seu significado (amigu-iñ-o) ou crear


palabras novas (des-contar, fals-idade). Poden ser:

 Prefixos: antes do lexema. Ex.: pro-activa.

 Sufixos: despois do lexema. Ex.: ferr-aría.

Os morfemas derivativos

 Os prefixos van antes do lexema e modifican o seu significado: electoral


(preelectoral, postelectoral).

 Os sufixos colócanse despois do lexema. Poden ser

o Alterativos ou apreciativos. Modifican o significado o lexema sen cambiar a categoría


gramatical da palabra:

o Aumentativos: barcaza.

o Diminutivos: barquiña.

o Despectivos: barcucha.

o Derivativos. Modifican o significado do lexema e crean palabras novas: barqueiro.


Reflexión sobre a Lingua – Gramática

Algúns prefixos: Algúns sufixos derivativos:

 a-, an- (negación, privación): atípico,  -dura, -mento (acción): trabadura,


analfabeto. padecemento.
 anti- (oposición): antialérxico,  -izo, -ado (temporal): outonizo, reinado.
antiadherente.
 -ada (golpe): lapada, morrada.
 bi-, bis- (duplicidade): bianual, bisneta.
 -al (colectivo): xestal, toxal.
 des- (acción contraria): desabotoar,
desabrigado.  -ario, -eiro (colectivo): poemario,
cancioneiro.
 orto- (correcto): ortografía, ortodoncia.
 -án, -á (xentilicio): ferrolán, ferrolá.
 poli- (varios): polideportivo,
policromada.  -aría (lugar): libraría, notaría.

 pre- (anterioridade): prehistoria,  -eiro, -eira (oficio): carniceiro, peixeira.


preámbulo.  -ista (oficio): ciclista, florista.

► As clases de palabras
 Segundo a súa estrutura, as palabras poden ser:

Ten en conta: As palabras simples, derivadas, compostas e parasintéticas poden levar


ademais morfemas flexivos de xénero e número: monas, menciñeiros, solpores, paraugueiros

 Segundo a flexión, é dicir, a modificación que se fai dunha palabra mediante os morfemas
flexivos, as palabras clasifícanse en:
Reflexión sobre a Lingua – Gramática

You might also like