You are on page 1of 6

Temas ABAU 5 a 8 IES María Casares, Oleiros

5. AL ANDALUS. Etapas políticas e realidade socioeconómica


A crise sucesoria da monarquía visigoda no s. VIII, levou a que o bando dos sucesores de
Witiza pedisen axuda aos árabes para enfrontarse ao rei Rodrigo. Deste xeito, trala derrota
deste na batalla de Guadalete (711), ábrese a dominación musulmana en Al Andalus (nome
que lle daban á Hispania visigoda) e que duraría ata 1492. A conquista e dominio da península
foi doada pola división da sociedad hispanovisigoda que, en moitos casos, firmou pactos de
capitulación cos árabes pois estes respectaban aos cristiáns e as súas facendas. En pouco máis
dunha década a península estaba controlada agás a cordilleira Cantábrica, onde se conformou
un núcleo de resistencia (Covadonga, 722).
Entre 711 e 756 Al Andalus foi un emirato (territorio baixo o goberno dun emir ou
príncipe) dependente do Califato de Damasco, onde estaba a capital. Esta fase de
asentamento non estivo exenta de tensións, pois arredor do 740 os berberes que tiñan
asignadas as peores terras, ao norte do río Douro, rebeláronse e abandonáronas para
establecerse nas zonas do sur e levante. Unha nova etapa iníciase coa chegada de Abd al
Rahmán I, sobrevivinte da dinastía Omeia derrotada pola dinastía Abbasí, que trasladou a
capital do Califato a Bagdad: comeza o Emirato Omeia dependente de Bagdad inda que
políticamente independente. As tensións dentro de Al Andalus (revoltas mozárabes) nos s. IX e
X e a presión dos cristiáns ao norte levarán a Abd al Rahmán III a proclamar en 929 o Califato
independente de Córdoba (o emir asume tamén a máxima autoridade relixiosa). Entre 929 e
1031 Al Andalus vive a súa época de esplendor político, social, económico e cultural. A partir
de 976 Al Mansur (Almanzor) hachib -xeneral e gobernador- de Hixam II iniciou período de
aceifas contra os reinos cristiáns. A partir da súa morte, a institución califal foi
desacreditándose ata que en 1031 disólvese. Xurden entón numerosas taifas ou pequenos
reinos encabezados por nobres ou xefes militares enfrontados entre sí que, para defenderse,
solicitarán axuda aos reinos cristiáns pagándolles parias (impostos) polos seus servizos. Esto
reforzará aos cristiáns e debilitará ás taifas, que axiña verán retroceder as súas fronteiras: en
1085 perden Toledo a mans de Alfonso VI de Castela. Isto fará que as taifas reclamen axuda ao
reino almorábide do norte de África, quenes derrotan aos casteláns ao ano seguinte e
impoñen un réxime de ortodoxia relixiosa que, non embargantes, provocarán revoltas que
levarán á súa caída e a unhas segundas taifas. Algunhas delas pedirán axuda aos almohades,
establecidos no Magreb, que invadirán a península en 1146 pero só dominarán o sur de Al
Andalus. En 1212 serán derrotados por unha coalición de reinos cristiáns nas Navas de Tolosa,
abrindo un tercer periodo de taifas das que só perdurará a de Granada entre os séculos XIV e
XV. A dinastía nazarí gobernou este reino facéndose vasala da Coroa de Castela. Ao final,
problemas sucesorios debilitaron Granada e permitiron o avance de Castela ata que os Reis
Católicos e o rei nazarí Boabdil pactaron a rendición en 1492 do derradeiro reino musulmán de
Al Andalus.
A realidade social era moi heteroxénea. Os invasores eran árabes (a élite dirixente) que
quedaron coas mellores terras nos vales do Guadalquivir, Ebro e Levante, sobre todo, berberes
(o groso das tropas). A meirande parte da poboación de Al Andalus convertiuse ao islam
(muladíes) inda que quedaron pequenos grupos de mozárabes (cristiáns) e xudeos que
puideron manter a súa relixión pagando un imposto especial. Habería que engadir, por último,
unha minoría de escravos eslavos traídos polos árabes.
A base económica era agrícola, onde novas técnicas de rego introducidas (acequias,
noras) como novos cultivos (laranxas, arroz, cana de azucre, algodón ou moreira para a
produción de vermes de seda) fará que sexa moi produtiva. Os excedentes agrarios xunto con
produtos de luxo artesanais (tecidos de seda) consituirán outro piar económico: o comercio
exterior. Inserta no ámbito relixioso e cultural do islam, Al Andalus será a porta de entrada de
especias, escravos e armas, empregándose como moedas o dinar de ouro e dirhem de prata.
Ese comercio tiña lugar a través dunha serie de cidades xa de orixe romana (Sevilla, Córdoba,
Zaragoza, Mérida) ou de nova construción en zonas agrícolas (Badaxoz, Murcia) ou ben como
portos comerciais (Almería). Estas urbes ou medinas estaban rodeadas de murallas cun trazado
irregular, onde os principais espacios públicos eran de tipo relixioso (as mezquitas) e comercial
(os zocos), cun núcleo defensivo nas alcazabas.
Temas ABAU 5 a 8 IES María Casares, Oleiros

6.- Reconquista e repoboación (etapas da Reconquista, modelos de repoboación)


O tradicional termo “Reconquista” alude á expansión dos reinos cristiáns peninsulares sobre
AlÁndalus, ainda que hoxe en día é discutido xa que os reinos cristiáns non eran herdeiros
directos dos visigodos.
Entre os séculos VIII e X configuráronse, nas zonas montañosas do norte peninsular,
uns núcleos de resistencia de cristiáns que fuxiran do control islámico. Tras a vitoria en
Covadonga (722) os sucesores de Pelaio crearon o Reino de Asturias que, na segunda metade
do século IX, aproveitando os enfrontamentos internos entre os musulmáns, ocupou os
territorios ata o val do Douro, nun proceso de ocupación máis que de conquista. Non foi un
avance militar, senón que se baseou na colonización de terras por parte dos campesiños. Logo
disto, a capital foi fixada en León por Afonso III a principios do século X, nacendo o Reino de
León. Para defender o leste da Meseta, a área máis necesitada de reforzo militar, creouse o
condado de Castela dependente de León ata o século X. Doutra parte, o Imperio Carolinxio
ocupou os territorios ao sur dos Pireneos, a Marca Hispánica, que foi dividida en condados.
Pero no século IX, o Reino de Pamplona e o condado de Aragón independizáronse mentres que
os condados cataláns, entre os que destacaba Barcelona, mantiveron os lazos cos francos ata
fins do século X.
Entre os séculos XI e XII os reinos cristiáns consolidáronse politicamente mediante
unións dinásticas, ao tempo que Al Andalus disolvíase en numerosas Taifas. Aragón e os
condados cataláns quedaron baixo a mesma Coroa, o mesmo que Castela e León, malia a perda
de Portugal que se constituiu como reino a mediados do s. XII. A debilidade dos reinos de taifas
despois da caída do Califato de Córdoba permitiu a Afonso VI conquistar Toledo en 1085. A
chegada dos almorávides, chamados no seu auxilio polos reinos de taifas, freou o avance
cristián ata mediados do s.XII chegada dos almohades volverá a paralizar aos cristiáns. Na
fronteira oriental os avances foron máis lentos (conquista de Zaragoza no 1118).
A comezos do s. XIII a derrota dos almohades na batalla das Navas de Tolosa (1212)
abriu unha nova etapa de expansión. Castela abriuse paso cara o val do Guadalquivir. En
Portugal alcánzase o Algarve e a Coroa de Aragón ocupará as illas Baleares e o reino de
Valencia (1238), pasando a estar integrada por catro reinos: Aragón, Cataluña, Valencia e
Baleares e orientando a súa expansión polo Mediterráneo.
Os séculos XIV e XV son séculos onde o ímpetu conquistador remite. So quedará por
ocupar o reino nazarí de Granada, que foi o derradeiro enclave islámico na península ata 1492.

Paralelamente ao proceso de reconquista desenvolveuse o da repoboación das terras tomadas


aos musulmáns e que, debido á inestabilidade provocada polos enfrontamentos entre os dous
exércitos quedaran, en moitas zonas, case deshabitadas. Sobre estas terras, aplicáronse os
criterios xurídicos romanos e visigodos de considerar que se trataba de bens sen dono e que,
polo tanto, pertencían aos reis cristiáns, quen podía dispor libremente deles para levar a cabo a
súa repoboación.
Unha vez que se expulsaba aos musulmáns das terras conquistadas producíase un lento
proceso de repoboación onde os monarcas, donos das terras, animaban á poboación cristiá a
ocupar as terras baleiras a cambio de concesións. Estas repoboacións fixéronse seguindo
distintas fórmulas que influíron na estrutura da propiedade:
Nun principio dominou a repoboación libre pola que aquel que roturase unha parcela
obtiña a propiedade. Esto denominouse presura no val do Douro e aprisio na Marca Hispánica.
Tivo lugar entre os séculos VIII - XI sobre as terras despoboadas do val do Miño, Douro e
somontano pirenaico. Promovida pola nobreza e o clero, tamén contou co protagonismo de
familias de campesiños libres.
Entre os séculos X e XIII os reis otorgaron foros e cartas de poboamento para a creación
de vilas e cidades en zonas despoboadas. Neles concedían liberdades e privilexios aos
habitantes e esas cidades que se desexaba repoboar. No sur do Douro (séculos XI-XII), as terras
foron repartidas polos concellos entre campesiños libres.
Doazóns ás Ordes militares. Nos vales do Texo e do Guadiana, ante os ataques de
almorávides e almohades, os reis concederon terras, traballadas por colonos, ás ordes militares
(Santiago, Alcántara e Calatrava) encargadas da defensa do territorio
Temas ABAU 5 a 8 IES María Casares, Oleiros

A partir do século XIII en Valencia, Murcia, Extremadura e o val do Guadalquivir


cedéronse terras aos participantes na conquista mediante a fórmula dos repartimentos. Os reis
entregaban grandes lotes (de casas e terras) á nobreza como pagamento polo seu apoio militar.
A entrega destes lotes xerou grandes latifundios no sur da Península.
Por último, estaban as capitulacións: acordos (para manter a poboación no territorio)
entre os reis cristiáns e a poboación musulmá e xudea que habitaba a zona conquistada como
foron as capitulacións de Granada (1492), a derradeira taifa de Al Ándalus.
Temas ABAU 5 a 8 IES María Casares, Oleiros

7.- O Réxime feudal e a sociedade estamental.


O réxime feudal é un sistema socioeconómico e político propio da Idade Media en Europa. O
mundo medieval, caracterizado pola fragmentación política e a inseguridade, organizouse en
base a unha serie de relacións sociais de dependencia nas que un individuo se sometía
voluntariamente a outro a cambio de protección. O acto de vasalaxe implicaba un xuramento
de fidelidade por parte do vasalo cara o señor e este o compensaba con terras (feudo ou
beneficio). Esa estrutura xerárquica estendíase por todo o edifico social: os campesiños eran
vasalos do abade dun mosteiro, dun bispo ou dun nobre, pero a súa vez estes poderían selo
doutro señor de maior rango ou do rei. No cumio estaba o rei que era un primus inter pares
polo que a súa dependencia cara a nobreza era moi grande.
A base económica deste sistema era o feudo, territorio baixo o control dun señor (nobre ou
eclesiástico). A orixe atópase en que os monarcas outorgaron estos territorios á nobreza a
cambio de apoio político e militar. O señor feudal tiña autoridade sobre os campesiños (servos)
aos que lles cedían terras (mansos) a cambio dunha renda, tamén houbo campesiños libres
que se encomendaron a un señor por protección ou por débedas.
O reino era patrimonio do monarca, quen era soberano (nel residía o poder último)
pero compartía o poder coa nobreza e clero, que auxiliaban ao rei coas súas mesnadas.
O feudalismo estendeuse pola Península Ibérica desde os territorios europeos e tivo unha
rápida implantación na zona de influencia franca (Marca Hispánica). Os condes aragoneses e
cataláns rendían vasalaxe ao rei francés, se ben, co tempo acabaron por independizarse desta
tutela. En xeral as relacións de vasalaxe foron máis intensas na coroa de Aragón que na de
Castela. En Aragón e Navarra, de feito, os reis tiveron que xurar o respecto aos privilexios
(foros) desde o s. XIII; deste xeito a monarquía era pactista nestes reinos, que limitaba o poder
real ás Cortes. En troques, en Castela o réxime feudal desenvolveu unhas características
propias derivadas dun contexto político de reconquista fronte ao Islam e de repoboación das
terras abandonadas polos musulmáns. Por estas razóns, os lazos de vasalaxe son menores e as
oportunidades de gozar de foros, privilexios e liberdades son maiores. A concesión de terras e
foros para a repoboación e a necesidade de contar coas mesnadas nobiliares ou dos homes
libres dos concellos para emprender un conflito ou defender as fronteiras xogou un importante
papel. Ademáis a mentalidade de fronteira deulle un poder extraordinario a duques e condes
encargados da misión de gardar as fronteiras do reino. Aí está o caso dos condes de Castela
que acabarán conformando un reino propio ou o caso do conde de Portugal.
Os estamentos eran unha forma de estratificación baseada na desigualdade de
dereitos na poboación desde o nacemento e a función que desempeñaban: loitar, orar ou
traballar. Deste xeito, atoparíanse dun lado os privilexiados (non pagan impostos, teñen xustiza
propia) integrados por nobreza e clero. Doutra banda, os non privilexiados (pagan impostos e
están suxeitos á xustiza señorial ou real): campesiñado e burguesía (artesáns e comerciantes
que vivían nos burgos ou cidades). Se ben a pertenza a cada estamento é por nacemento,
tamén estaba aberto o acceso por méritos (á nobreza) ou estudos (ao clero), dando lugar a
diferencias dentro de cada estamento. Deste xeito atópanse desigualdades entre alta nobreza
(duques, condes, marqueses) e a baixa (fidalgos) e entre o alto clero (cardeais, bispos) e o
baixo (cregos e frades). Dentro dos non privilexiados, a meirande parte serían o campesiñado,
suxeito a algún tipo de señorío e por outra a burguesía, reducida e ocupada en actividades
artesanais e comerciais.
É preciso, por último, destacar tamén a existencia de minorías relixiosas coma os
xudeos (adicados a actividades artesanais, comerciais, e prestamistas) e mudéxares
(musulmáns en terras cristiáns, en actividades agrarias e artesanais) que vivían segregados en
barrios extramuros nas cidades denominados xuderías ou alfamas no caso dos primeiros, e
mourerías no caso dos segundos.
Temas ABAU 5 a 8 IES María Casares, Oleiros

8.- As crises baixomedievais


(crises demográficas, problemas sociais, o casogalego: as revoltas irmandiñas do século XV)
Os séculos XIV e XV caracterízanse por un retroceso demográfico e unha forte crise
económica, social e política.
A crise demográfica estivo causada por varias razóns. A primeira é a sucesión dunha serie de
malas colleitas durante a primeira metade do XIV, debido a un ciclo climático máis rigoroso con
abundancia de chuvias e períodos fríos que impiden a maduración dos froitos (o denominado
Pequena Era Glacial). Esta serie de anos de pobres resultados agrícolas xeraron fame e
desnutrición. No século XIV espállase por Europa o andazo da peste negra (1348) que chega a
reducir entre unha cuarta parte e un terzo a poboación. A poboación, debilitada por anos de
malas colleitas, era máis vulnerable ás epidemias. Ademáis, as frecuentes guerras e conflitos
sociais provocan tamén unha gran sobremortalidade como a continuación se conta.
Debido á peste e á fame, aldeas enteiras desaparecen, as terras quedan sen traballar e,
xa que logo, as rendas señoriais vense reducidas de xeito drástico. Para manter o nivel de
rendas os señores incrementan as súas esixencias aos labregos, abrindo unha etapa de
refeudalización. Restablécese a adscrición á terra e os malos usos ou obrigas aos servos. A
nobreza emprega a violencia non só contra os labregos, senón tamén entre ela e, incluso,
contra o rei. O descontento leva a que o campesiñado se rebele. O papel da monarquía é a de
arbitrar en tales conflictos.
Desátase tamén a violencia contra os xudeos pois, en tanto que moitos eran
prestamistas, son acusados de provocar fame dando lugar a pogromos (1391 en Sevilla) con
matanzas, saqueos e conversións forzadas.

Na Coroa de Aragón compre sinalar conflitos en dúas áreas:


as guerras civís catalás: unha primeira de tipo sucesorio (1462-72) entre a oligarquía catalá e o
rei Juan II; unha segunda de tipo urbano en Barcelona (entre a oligarquía e os artesáns, nos
anos 1450-62); e as guerras de remença (1462-86) no campo, de tipo antiseñorial xa que os
paieses (labregos) tiñan que pagar unha remensa ou redención para poder abandoar o campo.
Esta última sería resolta en 1486 por Fernando de Aragón, O Católico.
En Mallorca, a revolta foránea (1450-52) que enfrontou a oligarquía urbana de Palma cos
labregos e artesáns da illa, conflito solventado e reprimido polo rei.

En Navarra estalou unha guerra de tipo sucesorio (1450-52) co fin de evitar a inxerencia da
Coroa de Aragón na política do reino.

Na Coroa de Castela houbo dous áreas ben diferenciadas:


As guerras civís castelás: a primeira delas entre 1366 e 1369, entre Pedro O Cruel (alcume dado
pola nobreza polo control que pretendía exercer sobre ela) e o seu irmán bastardo Enrique o
das Mercedes (polos favores que outorgaría á nobreza)., que o matará establecendo unha nova
dinastía en Castela, a dos Trastámara. No século seguinte unha nova guerra civil sucesoria
estalará entre os partidarios de Xoana la Beltraneja e Isabel de Castela, coa victoria desta
última.
As guerras irmandiñas en Galicia.
A nobreza enfréntase á monarquía para manter os seus privilexios ao tempo que explota aos
labregos (maltrata co fin de obter rendas, saquea e asalta). A monarquía apoia a cidades (de
onde obtén os ingresos monetarios) e campesiñado para limitar as esixencias dos nobres,
autorizando a formación de irmandades que defendan os dereitos e bens dos labregos.
En 1431 estala a Irmandade Fusquenlla (tola), integrada polo campesiñado e coa colaboración
da fidalguía urbana (foi dirixida polo Fidalgo Roi Xordo de A Coruña) nas terras do conde de
Andrade (Betanzos e Pontedeume). A revolta destrozou algunha fortaleza, pero o auxilio do
arcebispo de Santiago ao conde permitiu restablecer a situación.
Os abusos da nobreza aumentaron provocando a Gran Guerra Irmandiña (1467-69) de maior
amplitude territorial. O campesiñado , baixa nobreza e baixo clero érguense contra as casas dos
Andrade, Sarmiento e Lemos, entre outros. A Irmandade chega a destruir unhas 130 fortalezas,
consideradas covas de malfeitores, pero a acción bélica da nobreza (dirixida por Pedro
Temas ABAU 5 a 8 IES María Casares, Oleiros

“Madruga” desde o Sur) e a persuasión (respecto á vida e facendas da baixa nobreza e baixo
clero se apoian á nobreza) farán que fracase. De seguido impúxose un severo castigo
(reconstrución das fortalezas, execucións), que foi aplacada coa intervención dos Reis Católicos
empregando dúas vías: a represión (exilio de Pedro Madruga a Portugal, execución do mariscal
Pardo de Cela) e a atracción doutros nobres á corte, o que dará lugar unha nobreza absentista
das súas terras.

You might also like