You are on page 1of 4

Definicións (B1, B2, B3 e B4):

Aula Regia: Institución creada na época visigoda que facía as funcións do Consello real. Os seus
membros pertencían á aristocracia e eran designados polo rei. Outras funcións que tiña eran
elaborar leis e impartir xustiza, ademais de designar aos propios reis. Desenvólvese entre os
anos 507 e 711.

Bárbaros: Termo co que os romanos designaban os pobos que vivían fóra das fronteiras do
imperio. Citar algún dos pobos bárbaros (godos, vándalos, alanos, suevos...). No século V d.C.
conseguiron invadir o Imperio romano de Occidente.

Castro: Poboado ou asentamento fortificado prerromano que dá nome á cultura castrexa. Neles
predominan as vivendas de planta circular. Atópanse en lugares estratéxicos (cumios de
outeiros, penínsulas costeiras, ladeiras de montañas…), para facilitar a súa defensa e o control
visual do territorio.

Conventus: Inicialmente eran asambleas conxuntas de romanos e indíxenas que evolucionaron


ata converterse nas unidades administrativas e xurídicas básicas dentro das provincias romanas.
Unha cidade actuaba como capital do conventus e dalle nome, pero o seu territorio non estaba
definido xuridicamente, polo que os seus límites eran imprecisos. A actual Galicia
correspóndese, basicamente, có Conventus Lucensus.

Economía predadora: Modo de vida característico do Paleolítico, propio de sociedades que non
producen alimentos e basean a súa supervivencia na caza, na pesca e na recolección de froitos.
Estas actividades obrigaban ás comunidades humanas a un constante nomadismo ao teren que
desprazarse polo alimento. O Paleolítico abrangue entre os 2,5 millóns de anos e o 10.000 a.C.

Guerras cántabras: Guerras contra cántabros e astures coas que remata o proceso de conquista
da península Ibérica por parte de Roma. Foron dirixidas persoalmente polo emperador Augusto.
Entre as causas profundas das guerras cántabras estaba a explotación das minas do norte
peninsular.

Megalitismo: Expresión cultural que xorde no Neolítico e se prolonga ata o Bronce Final,
caracterizada polas construcións arquitectónicas realizadas con grandes bloques de pedra
(denominados megálitos). Desenvólvese no Mediterráneo e na Europa atlántica. Os dólmens
constan dunha cámara sepulcral precedida ou non de corredor, e o tholos ten falsa cúpula.

Carta de poboamento: Documento polo cal os reis cristiáns outorgaban privilexios ás persoas
que habitasen zonas de interese estratéxico e/ou económico no contexto da loita fronte aos
musulmáns. Permitiron a creación e crecemento de vilas e cidades establecidas ao sur do val do
Douro e do val do Ebro. Lévanse a cabo entre os séculos XI e XIII.
Manso: Unidade de explotacion familiar que o señor feudal cedía nun sufruto a un colono libre
ou a un servo a cambio de certas prestacións e censos, xunto coa reserva señorial constituían os
elementos básicos de explotación dos feudos na alta Idade Media.

Marca Hispánica: Fronteira creada polos francos ao sur dos Perineos para frear a expansión
musulmá. Eran núcleos de resistencia cristiá fronte Al-Ándalus. Cando se independizaron deron
lugar aos reinos de Navarra e Aragón.

Mesta: Asociación de gandeiros de ovellas meiriñas transhumantes fundada na Idade Media.


Creada polo rei Afonso X no s.XIII (1273). Os privilexios da Mesta desaparecerán no século XVIII.

Mozárabe: Cristián de orixe hispanovisigoda que vivía en Al-Ándalus durante a dominación


árabe da península Ibérica. A convivencia entre mozárabes e musulmáns foi pacífica, pero algúns
grupos de mozárabes acabaron fuxindo aos reinos cristiáns do norte da Península. Estiveron
presentes na península entre os séculos VIII e XI.

Presura: Forma inicial de repoboación organizada polos cristiáns a partir de finais do século VIII
para ocupar as terras irmás, pouco poboadas ou que se ían reconquistando aos musulmáns .os
reis autorizaban a establecerse nun territorio, que pasaba a ser propiedade de quen o ocupase
e explotase.

Taifas: Cada un dos reinos nos que se dividiu Al-Ándalus logo da disgregación do califato de
Córdoba. Para evitar a conquista, moitas taifas pagaron parias aos reinos cristiáns. O califato
desaparece no século XI.

Converso: Persoa que acepta unha crenza relixiosa diferente (especialmente o cristianismo) á
que profesaba anteriormente. Moitos conversos seguiron practicando os seus cultos en
segredo. Moitos destes novos cristiáns foron vítima do tribunal da Inquisición.

Gran Armada: Gran frota organizada polo rei Felipe II para invadir Inglaterra. O ataque fracasou
e os ingleses descualificaron a frota denominandoa sarcasticamente “armada invencible”. Estivo
comandada por Alonso Pérez de Guzmán, duque de Medina Sidonia.

Mourisco: Musulmán obrigado a convertirse ao cristianismo por orde dos monarcas en


diferentes momentos (1502 en Castela,1518 en Aragón, 1526 en Valencia). A covesion forzosa
significa o fin oficial da poboación musulmá en España pero moitos deles continuaron mantendo
a súa lingua.

Terzos: Unidade militar de infantería creada por Carlos I no século XVI. Estaban asentados
fundamentalmente nas posesións españolas en Europa. Supuxeron un avance fundamental no
proceso de modernización dos exércitos europeos da época.
Unión de Armas: Proxecto elaborado polo conde-duque de Olivares coa finalidade de crear un
gran exército composto por soldados procedentes de todos os reinos que integraban a
monarquía hispánica que garantise a hexemonía dos Austrias españois en Europa. Olivares era
o válido de Filipe IV e partidario de impulsar unha política agresiva en Europa. O proxecto
elaborouse en 1625.

Valido: Persoa da máxima confianza do rei en quen delegaba os seus poderes ata o punto de
entregarlle a dirección do reino. Moitos deles utilizaron o poder no seu propio beneficio e o das
súas familias e achegados. Foron coñecidos cos nomes de “favorito” ou “privado”.

Xuntas do Reino de Galicia: Institución que actuaba en representación do Reino de Galicia ante
a Coroa no Antigo Réxime. As reunións tamén servían para debater a situación do reino e facer
chegar ao rei as súas peticións. Foron creadas no século XVI e estaban presididas polo
Gobernador e Capitán Xeneral de Galicia

Antigo Réxime: Sistema político e socioeconómico propio dos séculos XVI ao XVIII. Baseábase
nunha economía de base agraria. A monarquía absoluta era a forma predominante de goberno.

Catastro de Ensenada: Avaliación da riqueza da Coroa de Castela feita no reinado de Fernando


VI, a instancias do seu ministro, o Marqués da Ensenada. O seu obxectivo era a racionalización
do sistema fiscal castelán, atendendo á filosofía do reformismo borbónico. As protestas dos
grupos privilexiados frustraron a aplicación do proxecto.

Decretos de Nova Planta: Conxunto de decretos promulgados por Felipe V. Supuxeron un


avance cara a unha centralización política. Foron promulgados entre 1707 e 1716.

Despotismo Ilustrado: Forma de goberno característica das monarquías absolutas europeas da


segunda metade do século XVIII. Mantendo os fundamentos do Antigo Réxime, aplicaba
reformas baseadas nas ideas ilustradas. Aplicou reformas sociais, económicas, educativas...
baseadas nos principios de racionalización e progreso.

Motín de Esquilache: Levantamento popular que tivo lugar en Madrid durante o reinado de
Carlos III. Foron froito da oposición as medidas impulsadas polo ministro real Esquilache. as
medidas pretendían mellorar a limpeza urbana e a iluminación da cidade. Tivo lugar en 1766.

Paz de Utrecht: Tratados de paz que poñen fin á guerra de Sucesión española que enfrontara as
casas de Borbón e Austria polo dominio do trono español. Implicou numerosas perdas
territoriais e importantes concesións económicas. Marca o inicio da hexemonía británica en
Europa.
Regalismo borbónico: Doutrina política e xurídica desenvolvida no s.18 polos borbóns españois.
Afirmaba a autoridade politica e administrativa dos reis sobre a igrexa no seu reino, buscaba
unha igrexa sometida ao poder real que os reis influísen no nomeamento dos altos cargos
eclisiásticos e controlasen as riquezas da igrexa. Reforzouse no concordado de 1753.

You might also like