You are on page 1of 2

Economía Predadora: modo de vida característico do Paleolítico, propio de sociedades que non

producen alimentos e basean a súa supervivencia na caza, na pesca, no marisqueo e na recolección


de froitos. Estas actividades obrigaban ás comunidades humanas a un constante nomadismo ó teren
que desprazarse detrás do alimento.

Megalitismo: fenómeno cultural que abrangue dende finais do Neolítico ata a Idade do Bronce, que
se estende polo Mediterráneo e a Costa Atlántica. Destacaba pola construción de grandes
monumentos feitos con pedras de grandes dimensións. Entre os máis característicos temos: dolmen;
taulas; os cromlech ou círculos líticos; e os menhires ou pedras fincadas

Castro: nome que reciben os poboados fortificados que son típicos da Cultura Castrexa, a cal foi o
resultado da mestura das poboación autóctona cos celtas. Estes caracterízanse por vivendas de
planta circular e atópanse en lugares estratéxicos nas montañas para facilitar a súa defensa e control
do territorios.

Aula Rexia: institución creada durante o Reino Visigodo na Península Ibérica, esta estaba formada
polo rei e pola aristocracia visigoda. Era unha asemblea consultiva, que asesoraba o monarca. Unha
das funcións máis importantes era a elección do novo monarca, xa que os visigodos estableceron
unha monarquía electiva.

Bárbaros: termo despectivo usado polos romanos e os gregos para todos aqueles pobos que
consideraban primitivos, non coñecían ou falaban linguas de orixe mediterráneo e afastábanse dos
patróns culturais das civilización do Mediterráneo. Este nome foi usado por uns pobos que atacaban
foron unha das causas da caída do Imperio Romano de Occidente.

Guerras Cántabras: foron un enfrontamento entre os Cántabros e Astures contra o Imperio


Romano entre o 29 e o 19 a. C., que puxo fin a conquista da Península Ibérica por parte de Roma.
Tivo como xustificación obter alimentos, pero tamén o interese das riquezas mineiras.

Conventus: era unha división administrativa propia do Imperio Romano, que xestionaba o control
local dun territorio, o cobro de impostos e o recrutamento de tropas. Esta era unha subdivisión da
Provincia. Exemplo. A provincia romana da Gallaecia estaba dividida en tres: Bracarensis, Lucensis
e Asturiensis.

Marca Hispánica: fronteira creada polos francos para frear a expansión musulmá. Eran núcleos de
resistencia cristiá fronte Al-Andalus. Foi creada por Carlomagno e ía desde Pamplona ata
Barcelona. Os reis francos designaron condes, uns de orixe franca e outros autóctonos, que actuaban
como vasalos seus.

Cartas de Poboamento ou Carta Foral: foi usado durante a Idade Media, e especialmente durante
a Reconquista, para a creación de cidades. Nesta, o monarca concedía á cidades un estatuto,
coñecido co nome de Foro, na que se regulaban os dereitos e deberes dos seus habitantes.

Presura: sistema de repoboación que se usou durante a I Fase da Reconquista, consistía na


concesión de terras a campesiños libres. Estes a cambio das terras tiñan a obriga de poñelas en
cultivo e defendelas ante posibles ataques musulmáns.

Manso: era unha parcela de terreo que estaba a disposición dun campesiño para que a traballara. A
cambio de poder dispoñer do “manso” os campesiños debían entregarlle ó señor feudal: unha parte
da colleita como renda, o pago dos impostos e prestación de certos servizos.

Mesta: asociación de gandeiros de ovellas meiriñas transhumantes .Tiña privilexios reais para o
tránsito polas cañadas e para a utilización de pastos debido a que a lana era o principal produto de
exportación de Castela e proporcionaba ingresos á Coroa.
Converso: nome que reciben as persoas que adoptaron a relixión cristiá. Refírese a xudeus ou
musulmáns que se converteron para evitar seren perseguidos. Moitos destes novos cristiáns
seguiron practicando os seus cultos en segredo e foron vítima do Tribunal da Inquisición.

Mouriscos: nome que reciben as poboación musulmáns que, como consecuencia da lei promulgada
polos Reis Católicos, víronse obrigados a converterse ó cristianismo. Foron moi numerosos na
Coroa de Aragón. A súa expulsión do reino foi a principios do século XVII.

Gran Armada: tamén coñecida como a Armada invencible, foi unha forza naval para invadir
Inglaterra. Pero durante o viaxe cara Inglaterra houbo toda unha serie de problemas
(climatolóxicos...). Cando a flota chegou a Inglaterra, foi incapaz de conquistala e decidiu regresar
rodeando as Illas Británicas.

You might also like