You are on page 1of 46

BLOQUE 2

A IDADE MEDIA:
TRES CULTURAS E UN MAPA POLÍTICO
EN CONSTANTE CAMBIO (711- 1474)
ÍNDICE
1. Introdución
2. Al- Andalus (páx.38)
3. Formación e expansión dos reinos cristiáns (páx.42)
4. Réxime feudal e sociedade estamental (páx.55)
5. A crise Baixo Medieval (páx.62)
1. INTRODUCIÓN
O ISLAM: NACEMENTO E EXPANSIÓN

Entorno ao 610 nace na península Arábiga a relixión islámica da man do seu
profeta Mahoma. No 632 o islam xa se extendera por Arabia.

Poucos anos máis tarde configurouse o Estado Islámico, onde o califa era o
líder político e o espiritual.
1. INTRODUCIÓN
O ISLAM: NACEMENTO E EXPANSIÓN

Baixo o califato da dinastía dos Omeia, o Estado Islámico experimentou un gran
expansionismo territorial desde comezos dos s.VIII, configurando un imperio.
1. INTRODUCIÓN
O ISLAM: NACEMENTO E EXPANSIÓN


A conquista da península ibérica foi moi rápida: no 711 o exército
comandado por Tariq desenvarcou no sur e derrotou ao rei Don Rodrigo na
batalla de Guadalete.

Ao mesmo tempo que as tropas


islámicas foron avanzando co apoio
de Muza, gobernador do norte de
África, o reino visigodo foi
desintegrándose.
2. AL- ANDALUS

Al- Andalus foi o nome que lle deron os musulmáns ás terras que
ocuparon e habitaron na Península Ibérica entre o 711 e 1492.

Mezquita de Córdoba
2. AL- ANDALUS

Al- Andalus foi o nome que lle deron os musulmáns ás terras que
ocuparon e habitaron na Península Ibérica entre o 711 e 1492.
2. AL- ANDALUS
2.1. Evolución política EMIRATO DEPENDENTE
(711- 756)


É un emirato ou provincia do califato de Damasco (711-750) e do de Bagdad
(750-756).


Hai unha forte inestabilidade:
- Diversidade étnica, relixiosa e
económica dos novos habitantes.

- Problemas polo reparto de


terras.

- Fragmentación territorial do
poder, controlado por familias
nobres.

Máxima expansión de al-Andalus (732)


2. AL- ANDALUS
2.1. Evolución política EMIRATO INDEPENDENTE DE
CÓRDOBA (756-929)


Abd al-Rahmán I proclámase emir politicamente independente do califato de
Bagdad (respeta a súa autoridade relixiosa)

Instalou a súa capital en Córdoba e logrou instaurar a súa propia dinastía.

Califato Abasí. S.VIII


2. AL- ANDALUS
2.1. Evolución política EMIRATO INDEPENDENTE DE
CÓRDOBA (756-929)


No s. IX creceron as tensións
que desembocaron en
importantes rebelións
populares.


Xunto as ameazas dos reinos
cristiáns do norte provocaron
unha forte crise a finais do s.
IX e comezos do s. X.

O emirato de Córdoba no s.IX


2. AL- ANDALUS
2.1. Evolución política CALIFATO DE CÓRDOBA
(929-1031)


Abd al-Rahmán III proclámase califa (xefe relixioso) dos musulmáns da
Península, establecendo a independencia política e relixiosa.


Apoxeo económico, cultural e
político:

➢ maior dominio territorial


(campañas de Almanzor)
➢ Córdoba é o maior centro
económico e cultural de
occidente
2. AL- ANDALUS
2.1. Evolución política CALIFATO DE CÓRDOBA
(929-1031)

No ano 1031, culmina un proceso de descrédito dos califas (non exercen o poder
efectivo) e de tensións entre os distintos grupos étnicos que da pé a un proceso
de fragmentación política.
2. AL- ANDALUS
2.1. Evolución política REINOS DE TAIFAS E IMPERIOS
ALMORÁBIDE E ALMOHADE
(1031-1248)


Taifas*: pequenos reinos independentes, xurdidos da división do califato de
Córdoba, que foron incapaces de facer fronte aos ataques dos cristiáns.
2. AL- ANDALUS
2.1. Evolución política REINOS DE TAIFAS E IMPERIOS
ALMORÁBIDE E ALMOHADE
(1031-1248)

No 1085, Alfonso VI de Castela tomou o reino taifa de Toledo, o que provocou


que as principais taifas solicitaran a intervención do imperio almorávide.


Os almorávides derrotan aos cristiáns e
frean o seu avance.


Integraron as taifas no seu imperio; sen
embargo, a súa estricta ortodoxia relixiosa
precipitou a súa caída.


Prodúcese unha nova fragmentación
(Segundos Reinos de Taifas)
2. AL- ANDALUS
2.1. Evolución política REINOS DE TAIFAS E IMPERIOS
ALMORÁBIDE E ALMOHADE
(1031-1248)

Os almohades (pobo bereber do norte de África) invadiron o sur da península


derrotando aos cristiáns. Pero finalmente os cristiáns véncenos nas
Navas de Tolosa (1212).


Trouxo coma consecuencia
unha nova fragmentación
política: Terceiros Reinos
de Taifas.


Isto favoreceu o avance
cristián, resistindo só unha
taifa.
2. AL- ANDALUS
2.1. Evolución política REINO NAZARÍ DE GRANADA
(1248-1492)


É a derradeira taifa, en mans da dinastía nazarí,que se mantivo independente
grazas a unha hábil diplomacia (fíxose vasala de Castela).

Finalmente é
conquistada polos reis
católicos (aproveitando
os problemas
sucesorios), poñendo
fin a al-Andalus.
2. AL- ANDALUS
2.2. A realidade socioeconómica A SOCIEDADE

Os conquistadores musulmáns eran un grupo moi heteroxéneo (gran diversidade


relixiosa e étnica). Non ocuparon toda a Península coa mesma intensidade.

Árabes: pequeno grupo dirixente, con grandes


propiedades. Instálanse nos vales ricos (Sur e Leste)
Bérberes: a maioría dos conquistadores, cunha
posición inferior. Poseían as terras máis pobres da
Meseta e do norte.
 Poboación autóctona:

Muladís: convértense ao islam.

Mozárabes*: manteñen a súa fe cristiá.
 Minorías:

Eslavóns: escravos liberados e convertidos ao islam.

Xudeus: dedicados ao comercio e a administración.
2. AL- ANDALUS
2.2. A realidade socioeconómica A ECONOMÍA

Renacemento das cidades polo asentamento dos conquistadores nelas.


Eran os centros políticos, administrativos e
de intercambios de produtos.


Podían ser de nova creación
(Almería, Murcia) ou de orixe
romana (Sevilla, Zaragoza)

Incrementaron a súa poboación.

Partes:
- Medina: mesquita, álcazar e zoco.
- Arrabaldes: artesáns e minorías.
2. AL- ANDALUS
2.2. A realidade socioeconómica A ECONOMÍA

Reactivación das actividades artesanais e agrarias.


Forte e diversificado desenvolvemento
artesanal, sobre todo nos pequenos talleres dos
zocos das cidades.

Melloraron as técnicas
agrarias: regadío (canles,
noras).


Introduciron novos
produtos: arroz, cana de
azucre, laranxas.
2. AL- ANDALUS
2.2. A realidade socioeconómica A ECONOMÍA

Predominio dunha economía comercial.



Para abastecer á crecente poboación.

Tiña o seu centro nas tendas dos zocos das cidades.

Os intercambios favorecíanse pola emisión de
moedas (dinar, dirhem)


O comercio prosperou
polo florecemento das
cidades e das rutas comerciais.

Importaban: materias primas, armas e escravos.

Exportaban: produtos agrarios e produtos de luxo.
2. AL- ANDALUS
2.2. A realidade socioeconómica A ECONOMÍA

Predominio dunha economía comercial.

Comercio andalusí
3. FORMACIÓN E EXPANSIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS

Tras a conquista, os musulmáns asentáronse na meirande parte da


península, agás nas zonas montañosas do norte.
3. FORMACIÓN E EXPANSIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS
3.1. A reconquista
Denomínase así ao período no que os cristiáns recuperaron o territorio
conquistado polos musulmáns: entre o 722 (data probable do primeiro triunfo cristiá
na batalla de Covadonga) e o 1492 (conquista de Granada, a derradeira taifa musulmá).

É un termo tradicional hoxe en


día discutido: os reinos
cristiáns non eran os herdeiros
directos dos visigodos,
algunhas terras foron
colonizadas, non se tratou dun
proceso constante e
progresivo.

Ten a súa orixe no s. IX na corte de Alfonso III de Asturias, creada coa finalidade de
lexitimar as campañas de conquista e coa pretensión do rei de exercer unha posición de
supremacía sobre o resto dos territorios cristiáns da península.
3. FORMACIÓN E EXPANSIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS
3.1. A reconquista
SÉCULOS VIII-X

Fórmanse os primeiros reinos cristiáns no norte:
➢ Reino de Asturias
(máis tarde reinos de León e de Galicia)

➢Reino de Pamplona e os condados de Aragón e


Barcelona: a nobreza local toma os territorios ocupados Cordilleira
polos francos (Marca Hispánica*) Cantábrica

Pirineos

Desde estes núcleos os cristiáns


avanzaron lentamente cara o val
do Douro e do Ebro.
3. FORMACIÓN E EXPANSIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS
3.1. A reconquista
SÉCULOS XI-XII
Pouco a pouco os reinos foron consolidándose
mediante unións dinásticas. 
Créanse:

- Reino de Aragón (1035)

- Reino de Castela (1037)


O Reino de Navarra queda
illado (proximidade a Francia)

S.XII:

- Independencia de Portugal

- Constitúese a Coroa de Aragón


(Aragón + condados cataláns)

- Coroa de Castela (incorpora a


Galicia e León)
3. FORMACIÓN E EXPANSIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS
3.1. A reconquista
SÉCULOS XI-XIII

No sector occidental, a liña de fronteira pasou da
cunca do Douro á cunca do Texo.

A debilidade de al- Ándalus
(fragmentación en taifas) permitiu aos
cristiáns facer grandes avances:

- Alfonso VI conquistou Toledo (1085)

- O reino de Portugal conquista Lisboa (s.XII)

- León e Castela ocupa o val do Guadiana.

Cos almorábide o expansionismo


Cristiá foi paralizado, o que
determinou a creación das ordes

No sector oriental os avances foron máis
militares (Santiago, Calatrava e lentos.
Alcántara) para contrarrestar o
poder do pobo bereber.

No ámbito aragonés conseguiuse o control
do val do Ebro coa conquista de Zaragoza.
3. FORMACIÓN E EXPANSIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS
3.1. A reconquista
SÉCULO XIII
Trala derrota dos almohades na batalla das Navas de
Tolosa (1212), iniciouse unha nota etapa expansiva.


Coroa de Castela: conquista
o val do Guadalquivir
(Fernando III e Afonso X)

Coroa de Aragón: avanza
sobre Valencia e Baleares.

Portugal: acada o Algarbe
3. FORMACIÓN E EXPANSIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS
3.1. A reconquista
SÉCULOS XIV-XV
Reduciuse o ímpetu conquistador polos problemas
internos da Coroa de Castela, ata o 1492 coa
conquista do reino de Granada.

Reinos peninsulares cara o século XV


3. FORMACIÓN E EXPANSIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS
3.2. A repoboación
Paralelamente ao proceso de reconquista, desenvolveuse a repoboación
das terras tomadas aos musulmáns (a súa ocupación efectiva), xa que en
moitas zonas quedaran case deshabitadas.

Utilizáronse diferentes
modelos ou fórmulas de
repoboación, que influíron na
estrutura da terra.
3. FORMACIÓN E EXPANSIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS
3.2. A repoboación

Inicialmente (ss.VIII-XI), predominou a PRESURA* OU APRISIO: o
rei autorizaba a establecerse nun determinado territorio, que pasaba a
ser propiedade de quen o ocupase e cultivase as terras. Habitualmente
foi promovida pola nobreza e o clero. Tivo lugar sobre as terras do val
do Miño, do Douro e no somontano pirenaico.

Repoblación no norte

Mosteiro de Caaveiro
3. FORMACIÓN E EXPANSIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS
3.2. A repoboación

Dende o s.X, os monarcas otorgaron CARTAS DE POBOAMENTO*
e cartas forais para potenciar a fundación de novas vilas e cidades.
Nelas recollíanse os privilexios e liberdades dos novos habitantes. Foi
común no sur do Douro (séculos XI-XII).

Carta de poboamento de Belmonte Sepúlveda (Segovia)


3. FORMACIÓN E EXPANSIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS
3.2. A repoboación

Nos ss. XI e XII, ante os ataques de almorábides e almohades, os reis
concederon DOAZÓNS ÁS ORDES MILITARES: grandes dominios de
terras para que os ocupasen e defendesen, traballadas por colonos.
Especialmente nas zonas comprendida entre o Texo e Serra Morena, nos
cursos alto e medio do Turia e Guadiana e nas serras de Cuenca e Teruel.

Serra Morena
3. FORMACIÓN E EXPANSIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS
3.2. A repoboación

A partir de finais do s. XII, empregaron o REPARTIMENTO: concesións de lotes
de terras e casas para os repoboadores de acordo coa súa categoría social e
militar, creándose grandes latifundios en mans de señores eclesiásticos e
nobiliarios. Sobre todo na zona extremeña e do sur.

Finalmente en Granada aplícanse as CAPITULACIÓNS: acordos para manter a
poboación no territorio entre os reis cristiáns e a poboación musulmá e xudea que
habitaba a zona conquistada.

Capitulacións de Granada A rendición de Granada, Francisco Pradilla y Ortiz (1882)


4. RÉXIME FEUDAL E SOCIEDADE ESTAMENTAL

O feudalismo foi o sistema social, económico e político vixente na Idade


Media europea, baseado nas relacións de vasalaxe.


O rei era o señor supremo dun territorio, a quen todos
lle debían obediencia e fidelidade.

A cambio tiña que outorgar aos seus vasalos un
beneficio ou feudo (terras ou/e dereitos xurisdicionais).

A súa vez, os grandes nobres empregaban este tipo de
relacións con outros de inferior categoría, formándose
así unha pirámide de dependencia (pirámide feudal).
4. RÉXIME FEUDAL E SOCIEDADE ESTAMENTAL

Cada señor importante dispuña dun exército particular de vasalos ao seu servizo
e o exército do rei estaba formado pola unión desas mesnadas particulares dos
nobres e eclesiásticos.

O monarca era o dono do reino (monarquía patrimonial) e exercía a soberanía
(de orixe divino) e a autoridade suprema, pero compartía cos señores o exercicio
do poder e da xustiza que estes administraban nas súas terras e señoríos e
debía gobernar respectando os privilexios forais dos reinos e cidades.
4. RÉXIME FEUDAL E SOCIEDADE ESTAMENTAL

O feudalismo estendeuse pola Península Ibérica e tivo unha rápida implantación
na zona de influencia franca (Marca Hispánica). Os condes aragoneses e
cataláns rendían vasalaxe ao rei francés, pero acabaron por independizarse.

As relacións de vasalaxe foron máis intensas na coroa de Aragón que na de Castela.

Nos reinos occidentais da


península a configuración
do feudalismo estivo
asociado á situación propia
de “Reconquista” fronte ó
islam e de repoboación.
4. RÉXIME FEUDAL E SOCIEDADE ESTAMENTAL

Co feudalismo a nobreza foi reforzando o seu poder, mentras


que a monarquía cada vez dependía máis dos seus vasalos.

COROA DE ARAGÓN COROA DE CASTELA


Era pactista: o rei e o reino 
Tiña unha concepción autoritaria
manteñen un pacto. do poder (agás nos señoríos
vascos).

O monarca reina de acordo cos
privilexios dos diferentes reinos 
O monarca (apoiado nas cidades)
que a forman. retivo gran parte do seu poder.

Limitación do poder real pois está 
As Cortes viron reducidas as
sometido ás Cortes, que súas funcións a tarefas
teñen un gran poder lexislativo. consultivas e voto de subsidios.
4. RÉXIME FEUDAL E SOCIEDADE ESTAMENTAL

A sociedade cristiá medieval era reflexo das relacións


de dependencia e vasalaxe.


Estaba dividida en estamentos: grupos
sociais pechados, marcados polo
nacemento e a función que desenvolvían
(loitar, rezar, traballar).


Predominaban os lazos de dependencia
persoal fronte aos vínculos de carácter
público.


Os seus membros tiñan diferente
estatuto xurídico: uns grupos posuían
privilexios e vantaxes xurídicas, e outros
non.
4. RÉXIME FEUDAL E SOCIEDADE ESTAMENTAL

Grupo dos privilexiados: nobreza e clero


Tiñan privilexios: non pagaban tributos,
tiñan leis e tribunais especiais e exercían
o poder e a xustiza sobre os demais.

Fundamentaban a súa posición de dominio
na posesión de terras e na dedicación ao
exercicio das armas ou á oración.

A súa autoridade incrementouse ao
concederlles os reis funcións de goberno
nos seus señoríos: poder xudicial, cobro
de impostos e taxas.

Entre eles existían grandes diferenzas
(honoríficas e económicas).
4. RÉXIME FEUDAL E SOCIEDADE ESTAMENTAL

Grupo dos non privilexiados: maioría da sociedade


Eran os pecheiros, porque pagaban os pechos (impostos).

Antes do s.X estivo composto polos campesiños:

Libres: propietarios de pequenas parcelas.

Colonos ou servos: adscritos á terra que
traballaban (non a podía abandonar sen
permiso) e debían realizar diversas prestacións
e servizos aos seus señores.


Despois do s.X, co renacemento urbano:

Burgueses: artesáns e comerciantes.

Grupos marxinais e minoritarios (vivían nas
cidades en barrios separados):

Xudeus: actividades artesanais e mercantís.

Mudéxares: artesáns e campesiños.
5. CRISE BAIXO MEDIEVAL
Os ss. XIV e XV estiveron marcados por unha profunda crise
(económica, social e política) que afectou a todos os sectores da
sociedade e se asocia ao retroceso demográfico causado por:

Sucesión de malas
colleitas debido a un ciclo
climático máis rigoroso
(pequena era glacial) o que
xerou fame e desnutrición.

A peste negra exténdese


por Europa e provoca unha
grande catástrofe
demográfica.

Frecuentes guerras e
inestabilidade política.
5. CRISE BAIXO MEDIEVAL

Na Península a Peste provocou un descenso entre un 25% e un 35% da poboación,
afectando especialmente a Cataluña.

Este forte impacto debeuse a que a poboación estaba
debilitada logo de décadas malas colleitas.

Moitos pobos quedaron sen habitantes, co conseguinte
abandono das explotacións e caída da produción.
Peste negra ou bubónica


A diminución das súas rendas
levou aos señores feudais e ás
elites das cidades a esixir con
dureza os seus privilexios sobre
labregos e artesáns.


Esta presión señorial sobre os
grupos non privilexiados causou
un forte descontento.

O triunfo da morte, Brueghel o Vello (1562)


5. CRISE BAIXOMEDIEVAL
Este forte descontento acabou por producir levantamentos contra a
nobreza e ocasionar distintos conflitos:

➔ A revolta foránea de Mallorca (1450-1452) dos campesiños e artesáns contra a


oligarquía da cidade de Palma. O exército de Aragón axuda a derrotar os rebeldes.

➔ O enfrontamento da Busca e Biga en Barcelona (1450-1462): entre o sindicato da


Busca (artesáns e pequenos comerciantes) contra a Biga (goberno da cidade). Esta
última triunfa, reprimindo con dureza aos dirixentes da Busca.

➔ O conflito dos payeses de remensa en Cataluña (1462-1486): unha das revoltas


máis importantes. Conflito antiseñorial dos campesiños cataláns que querían liberarse
da suxeición na que se atopaban mediante unha redención (remensa). Conseguirano.

➔ Ruptura da tolerancia relixiosa cos


xudeus: a crise xeral acrecentou a
violencia e a intolerancia e producíronse
diversos progroms (Sevilla en 1391).
5. CRISE BAIXOMEDIEVAL

O CASO GALEGO: A REVOLTA IRMANDIÑA


Igual que no resto da Península, os nobres galegos, para compensar a perda de
ingresos, actuaron con violencia usurpando bens e esixindo novas taxas e
tributos á poboación


Ademais realizaron numerosas expedicións de saqueo, refuxiándose logo
nas súas fortalezas.


Os campesiños e os habitantes
das cidades levantáronse contra
estes abusos e a violencia dos
señores formando irmandades e
protagonizando as revoltas
5. CRISE BAIXOMEDIEVAL

O CASO GALEGO: A REVOLTA IRMANDIÑA

IRMANDADE FUSQUENLLA (1431)



Orixínase nas terras dos Andrade ante a dureza que amosaba Nuño Freire o Mao.

Os campesiños, dirixidos por Roi Xordo, formaron a irmandade e asaltaron e destruíron
diversas fortalezas e castelos.

Os Andrade, axudados polo arcebispo
de Santiago, derrotaron aos irmandiños
e restableceron a situación anterior.

Extensión da I Guerra irmandiña

Castelo de Moeche
5. CRISE BAIXOMEDIEVAL

O CASO GALEGO: A REVOLTA IRMANDIÑA

GRAN GUERRA IRMANDIÑA (1467-1469)



Enfrontou a unha gran irmandade (campesiños, habitantes das cidades, cregos, fidalgos)
fartos dos abusos señoriais, contra a nobreza e o arcebispo de Santiago.

Derrubaron moitas fortalezas (símbolos do poder dos señores) e expulsaron aos nobres.

Castelo de Monterrei

A nobreza contraataca dirixida por Pedro
Álvarez de Soutomaior e os irmandiños foron
derrotados, padecendo unha dura represión.

You might also like