You are on page 1of 6

IES Johan Carballeira Apuntes Xª e Hª

2º ESO (2ª UD)

A Europa feudal

1. O IMPERIO CAROLINXIO
1.1. Creación e organización do Imperio de Carlomagno
• Os reis francos que habitaban na Galia eran débiles, polo que foron deixando pouco a pouco o poder en
mans dos mordomos de palacio (altos funcionarios).
• O mordomo máis destacado foi Carlos Martel. De feito, foi o seu fillo, Pipino o Breve, quen destronou o
último monarca franco e se fixo coroar rei (751). A este sucederíao no ano 768 o seu fillo Carlomagno.
• Carlomagno levou a cabo numerosas conquistas (entre elas algúns territorios na península ibérica) e
impuxo o cristianismo aos pobos sometidos.
• Chegou a acumular tal prestixio e poder que, no ano 800, o papa coroouno como novo emperador de
occidente.
• Carlomagno estableceu a súa residencia en Aquisgrán , desde onde gobernaba o Imperio que se
organizou do seguinte xeito:
o Condados: adoitaban corresponderse
co territorio dunha cidade e estaban
administrados polos condes.
o Marcas: territorios fronteirizos, cun
exército ao mando dun marqués.
• Carlomagno nomeaba directamente os
condes e os marqueses, que debían
xurarlle fidelidade. Ademais, contaba cos
missi dominici, unha especie de inspectores
que vixiaban os condes, marqueses e
bispos.

1.2. A partición do Imperio


• A Carlomagno sobreviviuno un único fillo,
Luís o Piadoso. Mais, cando este morreu, o
Imperio foi dividido entre os seus
descendentes (costume dos francos):
o Carlos, o Calvo, recibiu a parte
occidental.
o Luís, o Xermánico, ocupou a zona
oriental.
o Lotario, que herdou o título de
emperador, recibiu o territorio
central.
• Os irmáns enfrontáronse entre si, ata que
no 843 asinaron o Tratado de Verdún, onde
recoñecían a repartición do Imperio.
1
IES Johan Carballeira Apuntes Xª e Hª
2º ESO (2ª UD)

• Tras a morte de Lotario, o seu reino foi dividido entre os outros dous, nacendo así o reino de Francia e
o Sacro Imperio Romano Xermánico.

2. UNHA ÉPOCA DE INSEGURIDADE


2.1. A segunda vaga de invasións
• Cara o ano 1000, Europa estaba dividida en numerosos Estados e reinos (reino de Francia, Sacro Imperio
Romano Xermánico, Estados pontificios, etc.).
• As guerras entre estes reinos debilitaron os reis e minguaron a súa capacidade defensiva, o que facilitou
a chegada de novos invasores que arrasaron Europa (viquingos, maxiares e sarracenos).
• Estes pobos actuaban con violencia e crearon un clima de terror que se estendeu por toda Europa.

3. A DEBILIDADE DOS REIS


3.1. O reducido poder dos reis
• Durante os séculos IX e X, os reis tiñan escaso poder. A maior parte das decisións que tomaban só
afectaban aos territorios que quedaban baixo o seu dominio directo.
• Ademais, o exército real era reducido, polo que, para defender o reino, o monarca dependía dos
exércitos privados dos nobres → por iso establecían lazos persoais coa nobreza, para asegurar a súa
fidelidade.
• No aspecto económico, os reis non tiñan poder abondo para cobrar impostos nas terras dos seus
vasalos, polo que a súa principal fonte de ingresos proviña do seu patrimonio persoal. Só en
circunstancias ocasionais, como unha guerra, recibían axudas da Igrexa e dos grandes nobres do reino.

4. O FEUDALISMO
4.1. Servos, vasalos e señores
• Ante a violencia das segundas invasións e a
debilidade dos reis para defender os seus
reinos, os campesiños buscaron a protección
dos nobres, xa que dispoñían dos seus propios
exércitos e dun castelo para refuxiarse en caso
de ataque.
• A cambio, os nobres esixíronlles traballar
para eles e someterse á súa autoridade. Así,
os campesiños convertéronse en servos.
• Ó mesmo tempo, os nobres estaban ligados ao
rei por un pacto de vasalaxe:
• O nobre presentaba homenaxe ao seu señor
e convertíase en vasalo: xuraba fidelidade,
axuda militar e consello no goberno.

2
IES Johan Carballeira Apuntes Xª e Hª
2º ESO (2ª UD)

o A cambio, o comarca concedíalle un feudo, é dicir,


unhas terras que gobernaba e explotaba a través dos
campesiños.
o Ademais, os nobres podían ter outros nobres como
vasalos. A cambio de fidelidade, estes obtiñan feudos
máis pequenos.
• Desta forma creouse unha cadea de lazos persoais que
ligaba o rei cos nobres do reino.

4.2. O feudo
• As terras que constituían o feudo dividíanse en dous tipos:
o A reserva señorial: explotación reservada para o señor. Incluía o castelo, onde residía; as terras de
cultivo, cos produtos que se entregaban ao señor, e os prados e bosques, nos cales os campesiños
só podían cazar ou recoller leña co permiso do nobre.
o Os mansos: porcións de terra que o señor concedía aos campesiños para o seu sustento a cambio
dunhas rendas en forma de diñeiro, de produtos (unha parte da colleita, tecidos, animais, etc.) ou
de servizos persoais (traballo gratuíto na reserva señorial).
• Ademais das terras, os señores feudais gozaban de dereitos de xurisdición sobre os seus feudos
(impartían xustiza neles e cobraban impostos).

3
IES Johan Carballeira Apuntes Xª e Hª
2º ESO (2ª UD)

5. A SOCIEDADE ESTAMENTAL
5.1. Organización da sociedade estamental
• A sociedade medieval organizouse en tres grupos, chamados estamentos,
con funcións distintas. A cada estamento pertencíase por nacemento.

4
IES Johan Carballeira Apuntes Xª e Hª
2º ESO (2ª UD)

6. OS CAMPESIÑOS
6.1. Servos e campesiños libres
• Na Idade Media, gran parte da poboación eran campesiños, dos cales só uns poucos eran propietarios
das súas terras xa que a maioría traballaban nun feudo. Por iso diferenciamos entre:

6.2. O traballo no campo


• O traballo no campo era moi duro.
• TODA a familia traballaba de sol a sol, con ferramentas moi rudimentarias, para sacar adiante a
produción.
• Só dispoñían do esterco que producía o gando, polo que era necesario deixar descansar a terra. Así, cada
ano cultivábase a metade do terreo e deixábase a outra metade en barbeito. Por iso os rendementos
agrícolas eran baixos.
• Cultivaban sobre todo cereais: co trigo fabricaban pan (principal alimento) e coa cebada facían cervexa.

7. O PODER DA IGREXA
7.1. A organización do clero

5
IES Johan Carballeira Apuntes Xª e Hª
2º ESO (2ª UD)

7.2. A influencia da Igrexa


• A Igrexa tiña un gran poder político e económico.
• Os Papas interviñan nos asuntos dos Estados cristiáns e mediaban nas disputas entre os reis.
• Gran parte das terras estaban en mans dos mosteiros e das catedrais, que cobraban rendas aos seus
servos. Ademais, os campesiños pagaban á Igrexa o décimo (décima parte das colleitas).
• A vida cotiá estaba marcada pola relixión:
o As campás da Igrexa marcaban as tarefas diarias dos campesiños.
o O calendario seguía as festas relixiosas .
o Os anos contábanse a partir do nacemento de Xesús.

7.3. A extensión da cristiandade


• Entre os séculos XI e XIII a Europa cristiá ampliou as súas fronteiras.
• Esta expansión non se limitou ao territorio europeo senón que se
organizaron as cruzadas (intervencións militares organizadas polo
papa e os reis para conquistar Terra Santa aos musulmáns).
• Moitos cabaleiros, impulsados pola fe ou polo espírito de aventura,
uníronse na conquista de Xerusalén (Terra Santa) e fundaron reinos.
• Para a defensa destes reinos fundaron ordes militares, formadas por
monxes-soldados, como os Templarios.

You might also like