You are on page 1of 2

Ficha Profesor 1005

Historia 4º da ESO

5.1.Guerra e Revolución
GLOSARIO

 Tratado de Fontainebleau  Xunta de Goberno:

 Motín de Aranjuez: Xunta Suprema Central:

 Tratado de Valençai

5.1.1. A Guerra da Independencia


O monarca español Carlos IV opúxose ás ideas da Revolución Francesa e entrou en guerra contra a
Francia revolucionaria (1793-1795). Foi derrotado e pasou a ser aliado de Francia. En 1807 asinaron o
Tratado de Fontainebleau, polo que acordaban invadir Portugal. As tropas francesas aproveitaron a
situación e ocuparon algunhas cidades españolas.
Fernando (fillo de Carlos IV), aproveitou o descontento e instigou o Motín de Aranjuez (marzo de 1808),
que provocou que Carlos IV abdicase no seu fillo, que pasou a ser o rei Fernando VII. Nese intre
Napoleón secuestra á familia real española en Bayonne deixando en España unha XUNTA DE GOBERNO
dirixida polo xeneral MURAT. Unha vez en Bayonne obrigounos a abdicar en favor do seu irmán Xosé
Bonaparte, que se converte en rei de España polo documento colecido como as "Capitulacións de
Bayona".
Nesa situación o 2 de maio de 1808, produciuse unha sublevación popular en Madrid contra os franceses
que será o comezo da Guerra da Independencia.
Cidades españolas sufriron importantes asedios e as guerrillas atacaban continuamente ao poderoso
exército francés, mellor equipado e formado.

Napoleón retirou algunhas tropas para a dura campaña de Rusia, e os españois, aliados cos ingleses,
iniciaron unha contraofensiva decisiva para a victoria. En 1813 asinouse o Tratado de Valençay que poñía fin
á guerra e lle devolvía a coroa a Fernando VII

5.1.2. As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812

A Guerra supuxo cambios políticos. Sen rei España quedou nun baleiro de poder nas zonas que non
recoñecían a Xosé Bonaparte. Creáronse Xuntas Provinciais para organizar a loita e organizouse unha
Xunta Suprema Central, co fin de crear un Goberno convovando a realización de CORTES.

Reuníronse en Cádiz por ser a única cidade que os franceses non ocuparan. A maioría dos deputados
eran liberais, e algúns monárquicos que querían o regreso de Fernando VII e o mantemento do Antigo
Réxime.

As Cortes elaboraron a Constitución de 1812, a primeira constitución da nosa historia. Reflectía os


principios do liberalismo político: recoñecía a soberanía nacional e a división de poderes e establecía
unha declaración de dereitos moi completa. Recoñecía o sufraxio universal masculino.Foi aprobada o 19
de marzo, día de San Xosé, polo que se coñece como a Pepa.

Ademais as Cortes de Cádiz aprobaron moitas reformas que puxeron fin ao Antigo Réxime: suprimíronse
os señoríos, aboliuse a Inquisición, prohibíronse os gremios e declarouse a igualdade de todos os
Ficha Profesor 1005

Historia 4º da ESO

españois ante a lei.

You might also like