You are on page 1of 1

ESQUEMA LINGUA E SOCIEDADE.

TEMA 2: DE 1936 A 1978

1 Aceleración profunda do proceso de substitucion lingüística do galego polo castelán.


1.1 Punto de vista cualitativo:
▪ Marxinación dos ámbitos formais.
▪ Desprestixio do galego.
1.2 Punto de vista cuantitativo:
▪ Penetración do castelán en toddas as capas sociais.
▪ 1938 só 10% falaba castelán; 1978, 50% fala castelán.
1.3 Motivos do proceso castelanizador:
▪ Represión do franquismo contra as linguas distintas do castelán.
▪ Escolarización obrigatoria en castelán.
▪ Industrialización nos 60 de Vigo, A Coruña e Ferrol: urbanización e éxodo do
campo á cidade. ABANDONO DO GALEGO.
▪ Introdución da radio e a televisión exclusivamente en castelán.

2 A produción en lingua galega.


2.1 Ata os anos 50 non houbo publicacións en galego.
2.2 Os movementos galeguistas culturais e políticos foron represaliados.
2.3 A publicación en galego continuou no exilio:
▪ CASTELAO: Os vellos non deben de namorarse.
▪ BLANCO AMOR: A esmorga.
2.4 No 1950 fúndase a editorial GALAXIA, que recupera os autores exiliados e
publica as novas xeracións.
▪ As publicacións debían pasar pola censura.
▪ Prodúcese unha tímida recuperación cultural: textos literarios de carácter
folclórico.
▪ Seguía prohibido para os actos públicos ou nos xornais.

3 O galego nos movementos políticos e asociativos nos anos 60.


3.1 Nos 60 xorden asociacións que reivindican o uso do galego:
▪ cursos, conferencias, coloquios.
3.2 Fúndanse os primeiros partidos políticos galegos na clandestinidade que
recuperan o idioma para os usos orais.
▪ O uso do galego estenderase a todos os partidos non fascistas.

You might also like