You are on page 1of 4

-La

cultura en el mundo de la modernidad líquida-



Zygmunt Bauman é un sociólogo, filósofo e ensaísta polaco que a través deste
libro trata o tema da cultura dende diferentes perspectivas: a moda, a globalización
cultural, a multiculturalidade, o Estado, a Unión Europea, o arte e o mercado, e
vincula todo este cambio co termo de modernidade líquida.
Bauman sinala ó inicio desta obra que a realidade actual atópase en permanente
cambio. O autor non se preocupa por sinalar a causa deste cambio, nin por que
unhas formas de vida son máis resistentes ca outras ante esta disolución.
Aplicando o seu concepto de liquidez á cultura, sinala que esta, na súa etapa
líquida, deixou de ser patrimonio dunha elite porque agora pertence á plebe, polo
que pasou a convertirse en mercancía que seduce aos clientes sen necesidade de
dignificalos.
Bauman encontra o estado de fluidez da cultura moderna na moda, porque esta
nunca se limita a ser, senón que constitúe un estado permanente de devenir que
nunca perde ímpetu, que parece incrementarse porque contrasta o desexo de
pertencer a un grupo coa búsqueda de individualidade e orixinalidade. Con esto
afirma que a moda sempre foi o factor principal do cambio na vida humana, aínda
nque varíe co tempo.
Máis adiante, o autor precisa o concepto de progreso deslindándoo do auténtico
desenrolo e vinculándoo coa ganancia nunha sociedade de mercado. En
consecuencia, afirma que nin a moda nin o progreso melloran a vida, porque só
dan ao individuo elementos para evitar o seu fracaso demostrando a capacidade
para ser outra persoa. Aquí aparece xa o contraste entre Estado e sociedade a
partires da cultura.
En relación coa historia do Estado Nación, o autor destaca que, para a súa
formación, permanencia e fortalecemento serviuse da cultura, que dende entonces
desempeñou un papel central. Bauman ve nisto a fase sólida do Estado moderno
protagonizada por académicos e expertos do mesmo Estado Nación, quenes
promoveron unha cultura acorde con dita institución. Sen embargo, a
"funcionalidade" do fomento dos desexos do individuo trouxo consigo
progresivamente a desatención das prácticas estabilizadoras do Estado,
especialmente baixo a presión globalizadora.
Con respecto á globalización, Bauman sinala que a migración constitúe un
elemento central da cultura no mundo "líquido". Destaca que a creación da orde e
do crecemento económico na modernidade xerou a expulsión de numerosos
grupos humanos da súa terra de orixe: primeiro de Europa ata América, Asia e
África en diferentes épocas; logo o fluxo das colonias ata os centros imperiais e, de
calquera punto do planeta ata lugares onde o individuo busca asegurar para el e os
seus unha supervivencia digna. As forzas do mercado son un factor determinante
que contribúe á movilidade crecente de migrantes que adoptan o papel de factor
económico antes que de factor cultural. Eso determina o estalido dunha nova
cultura que mantén certos rasgos ancestrais e que, ao mesmo tempo, adquire
rostros novos que proviñan non só das características propias das culturas locais,
senón da comunicación global de formas diversas de vida, o cal cuestiona a
identidade do individuo co seu hábitat, dando paso ao "arte de vivir coa diferenza".
O sociólogo afirma que esto "rompe a xerarquía de culturas herdada do pasado e
desbarata o modelo de asimilación como evolución cultural naturalmente
progresivo". Xa non hai superioridade dunha cultura sobre outras. Hoxe domina o
factor económico, que trae cambios para a cultura que, en ocasións, son violentos,
pero que continúan modificando a estrutura social agora globalizada. Esto acarrea
necesariamente presións políticas; algunhas tenden ata a separación e o
crecemento dos inmigrantes, e outros a impoñer barricadas que impidan o fluxo de
individuos. Neste contexto, o sociólogo denuncia o interese dalgunhas estruturas
políticas por manter conflitos entre comunidades e por fomentar a desunión;
critica especialmente a filosofía do "multiculturalismo" porque, ao seu parecer,
"refuta precisamente o valor que profesa na teoría: o dunha convivencia
armoniosa de culturas. Esta filosofía apoia as tendencias separatistas e en
consecuencia antagónicas, dificultando así aún más cualquier intento de diálogo
multicultural".
Bauman advirte neste diálogo multicultural —que el apoia— a fortaleza e a única
posibilidade para efectuar o cambio social, esto é, o cambio que permite aos
individuos alcanzar unha supervivencia digna. De feito, para el o
"multiculturalismo" —ao que se opón— o que conseguiu é manter a desigualdade
social mostrándoa como "diversidade cultural", e —coherente coa dimensión
económica do nacemento da nova cultura— sostén que calquera loita polo
recoñecemento require unha redistribución da riqueza. Isto, sen embargo, é asunto
de cada individuo e de cada comunidade, porque a xuízo seu hoxe non se busca
unha "sociedad perfecta" como resultado da cultura. Cabe sinalar que ás críticas
sarcásticas e abundantes que Bauman dirixe ao multiculturalismo non
corresponde a unha proposta da súa parte que apunte ata unha nova cultura da
sociedade globalizada.
Bauman destaca outra vez que a cultura moderna estivo vinculada coa
construción do Estado Nación; aos filósofos da Ilustración, afirma,
correspondeulles "ilustrar" e "cultivar" ao "pobo": tal foi o seu obxetivo. Ademáis,
dentro do Estado, correspondeu a esa clase instruída, agora como lexisladora,
levantar as estruturas necesarias para o novo estilo de vida impulsado polo
recente Estado. Estamos, polo tanto, ante un concepto de cultura vinculado —
confundido— cunha nova estrutura de poder, que hoxe se cuestiona en múltiples
aspectos. Segundo Bauman, o modelo de dominación establecido en e polo Estado
moderno está "dando paso á autosuperación e o autocontrol por parte dos
obxectos de dominación” que adoptan unha forma de enxame na medida en que os
"creadores de cultura" son hoxe múltiples e alleos ao mecanismo de dominación,
tal como o sinalou con motivo da moda. Destaca aquí a importancia do individuo,
característica propia da "modernidade líquida" en oposición á sociedade.
Sen embargo, o recoñecemento do pluralismo cultural pódese ver como o punto de
partida para unha posible convivencia. Isto implica necesariamente a apertura e a
aceptación de que non toda diferencia existente merece sobrevivir pola única
razón da diferencia. A esto añade a conveniencia de alzar como marco o réxime
constitucional democrático (propio do Estado moderno) porque con esto
asegúrase a autodeterminación do individuo en liberdade. En consecuencia, o
filósofo destaca a universalidade dos dereitos do ciudadán como precondición de
calquera política do recoñecemento; universalidade acorde coa pluralidade de
formas de vida humana que mantén a búsqueda constante do benestar de cada
individuo. Asegura, ademáis, que isto podería tamén desterrar o sentimento de
ameaza e indecisión cando entran en relación diversas culturas, dando paso ao
postulado do "multiculturalismo".
Parecería que con esta posición Bauman ábrese a unha cultura global, ata a que
impulsa a globalización económica e mediática. Pero non é así. No capítulo cinco
deste libro propón á Unión Europea como paladín da identidade cultural dos
países que a integran en oposición á tendencia que pretende separar á nación do
Estado e do territorio. Bauman visualiza unha Europa disposta a ofrecer aos
demáis a experiencia que vive integrando diversos Estados nación. Pretende
ofrecer unha fusión de horizontes culturais, étnicos e lingüísticos en vistas a
construír un futuro común.
Un espazo considerable do libro refírese específicamente a Francia. Bauman
destaca o papel que desempeñou para a formación da cultura. Determinou,
difundiu e fomentou unha cultura que inicialmente poseían só algunhas personas.
Isto trouxo consigo a imposición de modelos e gustos elaborados polas
autoridades políticas e culturais. Foi ata o século XX tardío cando Malraux
considerou a cultura o ámbito onde era posible crear oportunidades, que trouxo
consigo o recoñecemento e a adopción do pluralismo cultural promovido no seo da
cultura francesa. Sen embargo, o autor sinala que este pluralismo trae consigo
conflitos, especialmente no caso das Belas Artes, conflitos que poñen en oposición
á administración co artista, quen tende a superar, ignorar, negar oi rexeitar o
establecido e cuidado pola administración. Sinala que o artista non ten dereito á
elección porque as súas obras se apartarían da sociedade. Aquí o autor ignora o
papel socialmente creativo da arte e o dinamismo da cultura impulsado pola
innovación e as rupturas que o arte aporta continuamente. En contraste con esta
visión parcial y limitada do arte afirma que a cultura trascende e supera as
realidades presentes máis alá dos límites que lle impón "a problemática actual"
sometendo a cultura á beleza, a cal, sen embargo, carece de finalidade. Neste punto
retoma a súa idea inicial de consumo que se vincula necesariamente coa arte e, en
consecuencia, coa cultura, tal como sucede cos eventos que se realizan en galerías,
auditorios e estadios. Isto é, para Bauman, unha característica da modernidade
líquida e pregúntase se a cultura se beneficiará do paso dunha administración
supostamente clara e ordenada a unha nova "xerencia" na que as obras artísticas
son fugaces y dependen da fama. Conclúe sinalando que "o Estado cultural", un
Estado adicado á promoción das artes, debe enfocarse en asegurar y atender el
encuentro continuo entre los artistas e o seu "público".
Ao longo do libro subxace a análise da relación entre a cultura e o Estado.
Abórdase o tema da cultura desde diversos puntos de vista, e a modernidade
líquida non é o eixo desa diversidade. En ocasións acerca a cultura á moda, logo ao
arte, logo ao multiculturalismo, vincúlaa co Estado Nación moderno, etc., sen
aportar algo que congregue significativamente a todas esas vertentes da cultura.
Sen embargo, en ocasións proporciona frases e ideas incuestionables e que
apuntan ata unha nova idea de cultura, pero que non desenvolve, senón que
permanece nunha multiplicidade próxima á superficialidade no trato dun asunto
que é crucial para comprender a sociedade actual e especialmente para visualizar
algúns rasgos desta no futuro, o futuro que engloba a cultura, o arte e os aportes
tecnolóxicos que constitúen un capítulo determinante na conformación da
sociedade actual e da súa cultura.
Bótase de menos unha reflexión ordenada acerca do concepto de "modernidade
líquida" aplicado á cultura, pois o autor só menciona nela algúns cambios que hoxe
vemos nas nosas vidas sen facer referencia á historia e aos factores que foron a
causa de ditos cambios.
A pesares de certas divagacións, no pensamento do sociólogo nesta obra prevalece
unha idea de cultura propia da modernidade, dende onde a considera un
patrimonio de grupos privilexiados que a cultivan, a desenvolven e a transmiten ao
pobo.

You might also like