You are on page 1of 4

REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA E ESTADO DA CUESTIÓN

Neste apartado vanse comentar as actividades e disciplinas que empregan a

eutonía como medio para desenvolver a súa actividade. A razón pola cal se vai

comentar a eutonía nestas disciplinas é porque resulta un coñecemento

interesante para logo saber como empregar a eutonía actualmente e buscar a

maneira para aplicala a música, e especialmente ao fagot.

No ano 1993 Berta Vishnivetz, nunha conferencia expón “La eutonía: un

camino para reestablecer la unidad psicofísica” en español. Presentouno no I

Congreso Arxentino de Educación Física e ciencias ( La Plata, 8 ó 12 de

setembro de 1993). Berta Vishnivetz, mestra de Educación Física e fundadora

da primeira escola de eutonía de Latinoamérica, explica de que trata a eutonía

a través da proxección dunha película realizada pola escola de Gerda

Alexander, en Copenhague, onde esa estudou.

No ano 2005, Juan García Cámara publica “La eutonía y su aplicación a las

técnicas aéreas”. Este traballo ten a meta de analizar por separado unha técnica

de conciencia corporal que e a Eutonía e dúas disciplinas aéreas do ámbito

circense, as telas e o trapecio, para a despois combinalas e ver se a práctica da

eutonía pode ter un impacto positivo, e se é así de que forma, na práctica das

técnicas aéreas. A metodoloxía utilizada é variada, xa que hai tres vías diferentes,

que inclúen a busca de información por medio dunha investigación bibliográfica;

participación e observación tanto en clases de teñas aéreas como de trapecio e

por último, realízanse comunicacións persoais con expertos na materia. Os

resultados obtidos mostran que a Eutonía é beneficiosa, non solo para o

desenvolvemento da conciencia corporal a nivel persoal, senón tamén para

optimizar a práctica do trapecio e as telas aéreas. Son precisos estudos


posteriores que traten a relación de forma máis específica e cun maior seguimento

individual.

No ano 2012, Adriana Rovella publicou “El espacio interno personal reencontrado

desde la eutonía – De la clase a la vida cotidiana”. Neste traballo fala da orixe da

eutonía, a cal Gerda presenta como unha pedagoxía que motiva a recoñecerse a

través do corpo con concentración e atención, desenvolvendo posibilidades de

moverse con economía, flexibilidade, forza e delicadeza centrándose no Principio

Espazo Interno.

No ano 2017, Mariana Pesquero Lima Torres de Carvalho, publicou “ O corpo

experimental nas práticas de improvisaçao livre: a eutonía enquanto estratégia

de presença”. Neste traballo pretende demostras as posibles achegas da

eutonía na improvisación libre. O traballo da eutonía (de coñecemento,

percepción e sensibilización do corpo na súa totalidade) pode permitir a

construción dun estado de presenza fundamental na improvisación libre,

práctica que busca continuamente crear outros contextos e territorios no

momento presente. Sexa presente é encarnar o son. A forma en que esta

relación entre eutonía (corpo) e a improvisación libre (son) é experimental, de

investigación constante, que busca fuxir de regras preestablecidas e vai tendo

forma gracias ás súas prácticas. O traballo componse dunha parte teórica e a

experimentación práctica, individual e colectiva en dous grupos nos que

participa, baseados no Departamento de Música da Universidade de São

Paulo: Orquestra Errante e Coro Profano.

No ano 2018, Juan Camilo Arias Noreña, publica “Aportes desde la Eutonía al

fortalecimiento de la conciencia corporal en bateristas para la prevención de

lesiones por subreuso”. Este é un traballo que se propón establecer unha serie
de dispositivos metodolóxicos e actividades, desde unha proposta pedagóxica,

para fortalecer a conciencia corporal no exercicio instrumental dos bateristas da

Facultade de Belas Artes da Universidade Pedagóxica Nacional, en pro da

prevención de lesións por sobre uso ou no seu defecto, minimizar o desgaste

corporal que unha educación netamente técnica poida producir no

instrumentista.

No ano 2018, Paloma Francisca Rivas Díaz, publica “Posibles contribuciones

de la eutonía al modelo psicoterapéutico desarrollado en biosístesis”. Esta tese

busca describir as contribucións que pode realizar a eutonía ó modelo

psicoterapéutico desenvolto en Biosíntese. Para iso describíronse os enfoques

teóricos dos precursores da psicoterapia corporal Wilhelm Reich, Alexander

Lowen e Stanley Keleman, os cales serviron como antecedentes para a posterior

comprensión do modelo desenvolto en Biosíntese. A continuación chegouse ó

modelo psicoterapéutico da Biosíntese e a técnica corporal desenvolta en Eutonía.

Traballouse cun enfoque cualitativo, o cal a través do análise e síntese teórica

dunha metodoloxía non aplicada, permitiu identificar a posible relación entre os

obxectivos terapéuticos da Biosíntese e a Eutonía. Os resultados esperados son

unha potencial proposta de estratexias terapéuticas que permiten integrar as

técnicas utilizadas na Eutonía ao modelo psicoterapéutico desenvolto pola

Biosíntese.

En 2018, Sandra Paola Zabaleta Mateus, publica “Reconstruyendo mi conciencia

corporal a partir de la eutonía”. Neste traballo ten como obxectivo principal

precisar o rol da conciencia corporal para favorecer o desempeño musical nos

estudantes do primeiro semestre da Licenciatura de Educación Musical da

Universidade Pedagóxica Nacional de Colombia por medio da eutonía.

You might also like