You are on page 1of 9

Como crear unha

definición
Lingua galega e literatura
Definir é explicar o significado dunha palabra.
Unha boa definición non debe ser sinonímica e debe presentar as seguintes
características:

 Debe ser breve, clara e exacta.


 A palabra que se define non debe aparecer na propia definición.
 Unha definición debe constar de unha única oración, sen puntos ou puntos e
coma no seu interior.
 Para definir unha palabra hai que ter en conta a súa categoría gramatical, dado
que non definimos igual un substantivo, un adxectivo ou un verbo.
 Para definir un nome ou substantivo empregamos en primeiro lugar un nome que
identifique o xénero ou especie do que estamos a definir (hiperónimo): persoa,
animal, planta, instrumento, obxecto, sentimento, actitude, situación... Despois
enuméranse ou descríbense as propiedades específicas do que se está a definir.

Chándal. s.m. Vestimenta deportiva composta por unha chaqueta e un pantalón.


Tallo. s.m. Banco pequeno de tres ou catro patas e sen respaldo, que serve de
asento para unha persoa.
 Os substantivos abstractos defínense utilizando expresións do
tipo: “acción de…”, “calidade de…”, “situación de…”, “fenómeno
que…”

Atraco. s.m. Acción e efecto de atracar


Honestidade. s.f. Calidade do que é honesto
 Para definir un verbo debemos empregar outro verbo en infinitivo.
Correr. v. Desprazarse a pé con rapidez, dando pasos longos e
elevando un pé antes de pousar o outro.

Hoxe están en desuso fórmulas do tipo “acción de” ou “acción que


consiste en” na definición dos verbos.
 O máis recomendable é comezar a definición dun adxectivo coa
construción “que + verbo”, aínda que tamén se usan expresións do
tipo “pertencente a”, “propio de”, “relativo a”, “dise de”, “aplícase
a”..., ás que segue a explicación do seu significado.

Feliz. adx. Que sente felicidade.


Felino, -a. adx. Relativo ao gato ou propio del.
 O máis recomendable é comezar a definición dun adxectivo coa
construción “que + verbo”, aínda que tamén se usan expresións do
tipo “pertencente a”, “propio de”, “relativo a”, “dise de”, “aplícase
a”..., ás que segue a explicación do seu significado.

Feliz. adx. Que sente felicidade.


Felino, -a. adx. Relativo ao gato ou propio del.
• Para definir as locucións, sintagmas e frases utilizaremos outras
palabras para explicar o seu significado.

Pés de barro. Expresión que se aplica a algo moi fraxil,


vulnerable.

Xente esfameada (contexto: E un cacho de carne sempre era ben


recibido na boca daquela xente esfameada). Persoas que hai tempo
que non comeron ou non teñen para poder comer

Termóstato da saúde social (contexto: non me parece o


mellor termóstato da boa saúde social). Instrumento de medida para
controlar que a sociedade estea como debería.
 Que erros detectas nas definicións das seguintes palabras?

Amable. Dise dun tipo que é agradable.


Derrochador. É cando alguén fai gastos excesivos.
Hábil. É unha persoa que ten destreza para facer algo.
Robusto. Forte, vigoroso, firme.
Suave. Cousa branda e suave
Slogan. É un texto curto e orixinal habitual na propaganda
comercial, política etc.
Podes consultar o DRAG para ver as súas definicións

You might also like