You are on page 1of 2

2BAC.LATíN.

2023-24
Profesora: A. Belén Martínez Delgado

Flexión nominal latina: 3ª declinación (I)


https://sites.google.com/a/iesgarciabarros.org/paulatimgallaecia/gramatica-latina/flexion-nominal-videos

Logo de escoitardes o vídeo, respondede ás preguntas:

1. Que xénero presentan os substantivos da 3ª declinación?


2. Que característica teñen no xenitivo plural os substantivos cuxo tema remata en consoante?
3. Por que se lle chama a rex, regis - imparisílabo?
4. Como fan o xenitivo plural os temas en vogal?
5. Pon un exemplo de substantivo imparisílabo en latín.
6. Que é un tema mixto? Como o definimos? Pon algún exemplo.
7. Cal é o acusativo plural de Princeps, principis? E o xenitivo plural?
8. Que significa cinis, cineris?
9. Que significará in illo tempore?

Unha vez acabes, fai os exercicios que están a continuación

1. Nos temas en consoante hai moitas clases segundo a consoante final do tema sexa labial (b,
p), dental (d, t), gutural (g, c), nasal (m, n), líquida (l, r) ou sibilante (s). Non ten que
preocuparte, pois a única diferenza está no nominativo singular e este dancho no enunciado.
De todos modos, para te afaceres fai a declinación completa dos seguintes substantivos.

pes, pedis “pé” leo, leonis “león” ops, opis “riqueza”

2. Que casos poden ser as seguintes formas?

ars, flores, facilitas, auctoritati, valetudinis, amorem, floribus, morum, milite.

3. Escribe a declinación completa dos sintagmas

aemulatio magna magnus homo

4. Analiza e traduce as seguintes oracións:

Bonum vinum laetificat cor hominis


Diversitas opinionum est causa litis
Proba merx facilem emptorem reperit
Habet suum venenum blanda oratio
O verbo SVM (es, esse, fui) é o verbo copulativo por excelencia e serve
para unir o suxeito e o atributo. Pode ademais significar “estar”, “existir”
e “haber” (este en forma impersoal). E utilízase tamén como auxiliar da
voz pasiva.
Recorda e escribe o presente de indicativo do verbo sum:

_______, _________, _________, _______, ________, __________.

1. Declina o seguinte sintagma:

Pirus alta

2. Completa as seguintes frases:

Eu son galego. Gallaicus______________.

A terra é boa. Bona_________terra.

Sodes bos amigos. Boni amici__________.

Os campos de Galicia son grandes. Agri_____________magni.

Nós somos galegos___________________________.

Os habitantes da provincia son moitos________________________.

3. Pon en plural estas dúas frases:

iucunda est populi vita “a vida do pobo é agradable”

pulchrum est templi signum “a estatua do templo é fermosa”

4. Recorda que as formas verbais se estruturan así:

Tema + (vogal de unión) + Morfema modal-temporal + (vogal de unión) +Desinencias

5. Traduce:

Tu Marcellus eris
Cogito, ergo sum
Ars longa vita brevis
Equitatus auxilio consuli fuit (Dobre dativo con SVM)
Toga consuli erat (Dativo posesivo con SVM)

You might also like