You are on page 1of 2

2BAC.LATíN.

2023-24
Profesora: A. Belén Martínez Delgado

Flexión nominal latina: 2ª declinación: https://www.youtube.com/watch?v=YW5LNBH9gBo&t=19s

ACTIVIDADES

1. Vas escoitar 2 veces o audio que aparece arriba sobre a flexión nominal latina da segunda
declinación, logo responde do modo máis preciso ás preguntas seguintes:

a. Cal é a característica máis destacada dos nomes da 2ª declinación?


b. A que xénero pertencen as palabras da segunda declinación?
c. Di os nomes das árbores que se citan no vídeo. Que xénero teñen?
d. Cantos tipos de nominativo existen nesta declinación.
e. Cita algún pluralia tantum deste paradigma.
f. Que significa bellum, -i? Coñeces algunha palabra en castelán ou galego que derive
desta? Cal?
g. Que significado ten ager, -agri?
h. A que xénero pasaron os neutros do latín en galego ou castelán?

1. Realiza tamén estes outros exercicios.

1.1. Escolle os nomes que pertenzan á 2ª declinación. E indica a que declinación pertencen os
outros.

Nauta, -ae
Puer, -i
Praetor, -is
Dominus, -i
Filius, -ii
Avus, -i
Dies, -ei
Exercitus,-us
Aemilia, -ae
Nomen, -is
Puer, -i
Vir, -i

MATERIAL COMPLEMENTARIO:

SEGUNDA DECLINACIÓN TABLA y explicación teórica ‹ Curso de latín desde


cero #1.4: https://www.youtube.com/watch?v=Q4-hKFM1kq0

“O filólogo é a pessoa que ama as palavras e se interessa pela formação humana” Frínico.
1.2. Emparella cada forma co caso que lle corresponde.

1.3. Une as 2 declinacións segundo coincidan en caso e número.

1.4. Rodea a palabra que está nun caso ou número diferente do resto das palabras do
grupo..

puero, domini, rosae, puellae


domini, puer, rosae, puellae
puellarum, puerorum, dominorum, rosis
puerum, rosam, dominos, puellam
domino, puellae, rosam, puero
rosis, puellae, dominis, pueris
dominum, puella, rosam, puerum
rosam, puerorum, puellarum, dominorum
dominus, puer, rosa, puellam
domino, puer, rosa, puella

1.5. Escribe o caso ou casos en que aparecen as palabras seguintes.

puellas, dominos, pueris, rosae, puer, domino, dominorum, scriptorii


puellis, pueri, rosarum, dominum, puellam, domine, rosa, oculi

1.6. Declina o sintagma seguinte: bonus magister

You might also like