You are on page 1of 2

Lingua Galega 2 (2.

º curso)
Facultade de Filoloxía XOÁN LÓPEZ VIÑAS
GRAO EN ESPAÑOL / GALEGO E PORTUGUÉS / INGLÉS Curso 2023/2024

P02 PRÁCTICA 2. Fonética e fonoloxía (2) Grupo interactivo

1. Comenta o tipo de alteración fónica que presentan as palabras embaixo e indica a forma correcta:

d[e]nte n[o]vo

menistro (< ministro) lovar (< levar)

adevertir (< advertir) san (< santo)

derde (< desde) A Curuña

des (dez) leva (< lévaa)

probe (< pobre) [s]apato

vran (< verán) e[ħ]te (este)

mutio (< dial. muito) ghato

tar (< estar) pidir

probe derfacer (< desfacer)

arradio ho[s]e (hoxe)

queixón (< caixón) teraio (< terao)

tre[ʃ] (tres) malenconía (< melancolía)

mullere vo[s] (voz)

verdá dazanove

pirmeiro (< primeiro) millor

2. Le os seguintes enunciados, reparando especialmente na pronuncia das secuencias subliñadas:

• Puxeron este hotel entre os dous e teñen clientes todos os días.

• Colle a vasoira e varre o cuarto que non hai quen respire con tanto po.

• Tráeme ese informe sobre o crime do taxista.

• Meu pai, xunto coa miña nai, tráeme ao colexio nese automóbil.

• Entre vós os dous e nós os tres podemos compoñer a canción e cantar as estrofas todas ao unísono.

• Contei trinta e dúas moedas no outro día, mais hoxe só vexo vinte e sete.

• Despois de tomaren o flúor para os dentes chamaron o chofer para que os fose levar ao aeroporto.

• Comeu un sándwich de sushi e kiwi que era un cóctel molotov de sabores non reservado para amateurs.
Lingua Galega 2 (2.º curso)
Facultade de Filoloxía XOÁN LÓPEZ VIÑAS
GRAO EN ESPAÑOL / GALEGO E PORTUGUÉS / INGLÉS Curso 2023/2024

3. Le os seguintes enunciados coa entoación adecuada tendo en conta a modalidade enunciativa.


Indica, así mesmo, o modelo de entoación, os grupos fónicos, os tonemas e as pausas.

• Quen es? Quen é? Quen apagou? Quen a pagou?

• Estudamos toda a noite e, cando chegou a hora do exame, entrounos o sono.

• Había xente de Ferrol, da Coruña, da Laracha, de Carballo…

• Compramos o pan, o leite, o deterxente e o xel.

• Dáme os cartos!

• Onte viñeron moi tarde.

• Os meus curmáns xa volveron do estranxeiro.

• Os teus curmáns xa volveron do estranxeiro?

• Gústache o marisco?

• Gústache o marisco, non si?

• É unha música marabillosa!

• Que marabilla de música!

• As persoas que teñen dificultades para acentuar necesitan aprender as normas.

• As persoas, que teñen dificultades para acentuar, necesitan aprender as normas.

4. Le os seguintes fragmentos dos seguintes textos narrativos. Marca as pausas entre cada grupo
fónico e os tonemas.
Afanábase en desfacer un dos nós trenzados no tear na última xornada. Tiña présa. O malva que
tinxía o ceo anunciaba o albor e o inicio dun novo día de mentiras e fuxidas. Absorta no labor de
destrución do creado, paradoxalmente —pensou— no labor de creación da súa liberdade, advertiu
apenas as voces que chegaban desde a praia e que tiñan unha intensidade desacostumada. Serán os
primeiros barcos de pescadores que regresan á terra, dixo para si, o mar debeulles ser propicio
nesta madrugada e as súas familias recíbenos con alegría. O algareo foi medrando e achegándose até
os muros da casa.

Por moi boa que fose a pesca, o balbordo era excesivo. Tan excesivo como comprensíbel era tamén
esa proximidade á morada rexia. Só un suceso excepcional podía xustificar aquel estraño
comportamento. Ulises! —pensou de socato a raíña— e o pensamento aferroulle o corazón. Deixou
o traballo e aproximouse á xanela da estancia que miraba cara ao mar. Eran, si, os pescadores, os
que avanzaban na cabeza do que semellara converterse xa nunha marcha procesional. Mais canda
eles marchaban tamén os labregos e os pastores que se foran sumando á espontánea manifestación.
Caamaño, Begoña (2009). Circe ou o pracer azul. Galaxia.

You might also like