You are on page 1of 2

FEUDALISMO

Chámase así o sistema social, económico, político e ideolóxico que se deu


en prácticamente toda Europa entre os séculos IX e XV, aínda que restos del
permaneceron nalgúns lugares ata fins do século XIX.

O poder do Estado desapareceu cando o fixo o Imperio Romano.Este poder foi


substituído polo poder duns señores, que dominaban o resto da poboación dun
xeito absoluto e en todos os aspectos da vida e pola xeneralización de
relacións ou vínculos persoais entre as persoas ( vasalaxe) . Os dominadores
eran os nobres, señores ou aristócratas e unha parte do clero da Igrexa .
Os dominados eran o resto do poboación, a maior parte campesiños, que
pasaron a depender do señor a cambio de protección (servidume).

•Chegase a esta situación pois os reis non foron quen de impor o


poder despois da caída do Imperio romano. Para poderen gobernar
estableceron cos nobres un sistema de relacións persoais baseado
na concesión de bens a cambio de certas prestacións (feudo).

•Como funciona o sistema feudal? Na base deste sistema hai un


contrato mediante o cal un home (o rei, ou un nobre con moitas
posesións) concede a outro (tamén nobre) a posesión de determinados
bens (beneficio), case sempre terras, para que as administre e viva
delas. En troca do beneficio, o beneficiado ten que lle render vasalaxe ,é
dicir , ten que prestarle determinados servizos . O contrato faise cunha
cerimonia chamada investidura. Outra peza esencial do sistema é a
inmunidade, pola que o beneficiado se libera de moitas obrigas, como
impostos e, o máis importante, pode transmitir en herdanza o beneficio.
Por outra banda, estendeuse o sistema de servidume. Os campesiños,
que constituían o 90 % da poboación, para protexérense nun tempo
de temor e inseguridade, sometéronse a estes señores, traballando nas
súas terras ou cedéndolle as terras de seu, a cambio de protección
física, converténdose en servos.

•A economía feudal: na busca da autosuficiencia. Era unha


economía totalmente baseada na agricultura e na gandaría.Os
campesinos libres tiñan que pagar unhas rendas moi elevadas
ao señor, e a décima parte da colleita (o décimo) á Igrexa. Era unha
economía de autoabastecemento.
•Unha sociedade composta por estamentos. Formábana grupos
sociais moi pechados, chamados estamentos (non existía igualdade
xurídica para todas as persoas; segundo o estamento ao que pertencían
gozaban de dereitos diferentes. Ademais, tamén existían diferenzas
económicas). O ascenso era prácticamente nulo.

- Estamento dos privilexiados. Formábano os nobres e o alto


clero. Os nobres dedicábanse á guerra e o alto clero ocupaba
os principais cargos da Igrexa.

- Estamento dos non privilexiados. Formábao o resto da


poboación , os que traballaban para manter ao estamento
privilexiado e vivían nunha situación moi dura: labregos libres,
artesáns e servos.

•Organización política. En cada señorío exerce todo o poder un nobre,


señor freudal, non sometido ao poder de autoridade superior ninguna. O
rei era un señor feudal máis que ocupaba o cumio da sociedades en
máis poder que o resto dos señores.

You might also like