A Primeira Guerra Mundial

You might also like

You are on page 1of 12

A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL (1914-1918)

COMPOSICIÓN de texto histórico e PREGUNTAS TEÓRICAS (máximo 60 liñas)


Causas da Primeira Guerra Mundial
Fases da guerra.
Unha nova forma de guerra.
Organización da paz.
Consecuencias da Guerra.
DEFINICIÓNS
Armisticio, economía de guerra, frentes de guerra, guerra de movementos e guerra de trincheiras,
Paz Armada, Sociedade de Nacións, totalitarismo, Tratados de Paz, Tripla alianza e Tripla Entente.

COMPOSICIÓN de texto histórico e PREGUNTA TEÓRICA


Causas da Primeira Guerra Mundial
1. CAUSAS DA GUERRA (páx. 134-135) + 2. QUEN FORON OS RESPONSABLES DO ESTALLIDO DA
GUERRA (páx. 136-137)
Económicas (non aparecen no libro de texto): ao longo da Segunda Revolución Industrial entre finais do
século XIX e as primeiras décadas do século XX, se deron unha serie de cambios como a aparición de novas
fontes de enerxía (petróleo e electricidade), de novos sectores industriais como o químico ou o eléctrico, e
xurdiron novas formas de organización do traballo (taylorismo) e dos capitais quue se concentraron ao redor
de grandes monopolios como os cartel ou trust, en definitiva da globalización económica (os países buscaban
novos mercados para colocar os seus excedentes productivos, pero tamén para abastecerse en moitos casos
de materias primas, produtos alimenticios e man de obra baratos).
Xurdiron novas potencias industriais como EEUU e Xapón que se sumaron ás xa existentes como GB, Francia
e Alemaña que gañou terreo a GB ao tempo que intentaba arrebatar a británicos e franceses os mercados
coloniais.
Disputas imperialistas e rivalidades coloniais: Guerras Marroquíes.
Nacionalismo radical: Alsacia e Lorena, os Balcáns e os imperios coloniais.
Sistema de alianzas e a Paz Armada (as relacións internacionais marcadas pola tensión e a carreira de
armamentos).
Causa inmediata=estallido do conflito: asesinato en Sararexo, capital de Bosnia (provincia austríaca) o 28 de
xuño de 1914, do herdeiro ao trono de Austria-Hungría, Archiduque Francisco Fernando e a súa muller.
DOCUMENTOS para comentar: consulta ao final deste guión.
COMPOSICIÓN de texto histórico e PREGUNTA TEÓRICA
Fases da guerra.
Neste apartado debemos ter en conta tamén a extensión xeográfica do conflito ao sumarse a esta os
imperios coloniais. No que respecta á duración temporal deberás ter moi claro as cronoloxías de
cada unha das fases, as súas características máis sobresaíntes e principais escenarios (citando
algunha das máis destacadas batallas, pero sen ser estas o aspecto fundamental)
3. AS FASES DA CONTENDA BÉLICA (páx. 138-139)
Doc. para comentar: consulta ao final deste guión.
COMPOSICIÓN de texto histórico e PREGUNTA TEÓRICA
Unha nova forma de guerra.
Este apartado requerirá pola túa parte un maior esforzo xa que a información deberás sacala de
diferentes apartados, estate atento ás explicacións de aula na que se estructura conxuntamente a
explicación.
Do libro de texto, resultarán de utilidade as seguintes páxinas: esquema páx. 146, apartado UNHA
GUERRA TOTAL; o apartado de “OBXECTIVO”, páxina 146, o apartado 4. A MOBILIZACIÓN DAS
MULLERES, páx, 140-141, doc. 1 da páx. 138
A continuación se destacan unha breve explicación que diferencian a esta guerra “Gran Guerra” ou
“Primeira Guerra Mundial” das anteriores do século XIX:
A súa gran extensión

Debido ás alianzas militares existentes se arrastrou ao conflito a moitas potencias dunha gran
extensión xeográfica ao tempo que demográfica; potencias que posuían en moitos casos un vasto
imperio colonial (GB e Francia) o que internacionalizou o conflito aínda que o escenario sería
fundamentalmente europeo donde se desenvolveron os combates máis duros (Bélxica e Francia).
Longa duración (28 de xullo de 1914-11 de novembro de 1918)
Durante 4 anos, desde o 28 de xullo de 1914 cando Austria-Hungría declarou a guerra a Serbia ata o
11 de novembro de 1918 en que Alemaña firma o armisticio, desenvolveuse un conflito que superou
aos desenvolvidos no XIX.
Unha “guerra total” cun potencial armamentístico semellante que paralizaría a guerra en
posición=frentes estáticas “trincheiras” durante dous anos, 1915-1916, e que só a entrada dos EEUU e
a retirada rusa faría inclinarse cara o bando da Tripla Entente (GB, Francia, EEUU).
Ao prolongarse durante catro anos, supuxo un gran esforzó económico, social, pero tamén
demográfico (+ mortes, sobre todo de homes, e menos nacementos), psicolóxico e moral que
entorpeceu a reconstrucción de posguerra e a época de entreguerras.
Emprego de novas armas
As innovacións tecnolóxicas da Segunda Revolución Industrial repercutiron na producción de novas
armas ata entón descoñecidas e se perfeccionaron as xa existentes caso das ametralladoras,
perfeccionamento da artillería (canóns, acoirazados, etc), etc.
Dentro das novidades armamentísticas: automóbiles blindados, carro de combate ou tanque, armas
químicas, o avión e globos dirixibles "Zeppelins", submariños, etc.
Dentro deste apartado, sen sen armas, os novos medios de comunicación e transporte xogaron un
papel clave ao permitir o rápido e masivo traslado das tropas e armamento; e aparatos como o
telégrafo, radio e teléfono foron imprescindibles na transmisión de información nos diferentes
frentes.
Movilización militar e civil masiva
Xa na época da “Paz Armada” todos os exércitos reforzaron os seus efectivos que foron
incrementando durante o conflito. Para movilizar á poboación, se recurríu á propaganda bélica na que
se exaltaría o militarismo que exalzou o patriotismo dos países en guerra.
Ante a escasez de man de obra masculina, a muller entrou de cheo na producción industrial para
substituir aos homes o que supuxo unha auténtica revolución social xa que a muller conquistaría
como consecuencia, dereitos políticos (sugraxio) e legais.
Uso da progaganda.
A manipulación da prensa contribuíu a crear e aumentar o ambiente de rivalidade internacional
existente durante a guerra, exaltanto e confiando no éxito militar propio, e na derrota do contrario.
Tamén se intentou contrarrestar a duración e dureza do conflito que debilitaba a moral, tanto dos
combatientes como dos civís, con campañas de exaltación patriótica nas que se ridiculizaba as accións
inimigas, ou campañas para evitar a desmoralización e derrotismo.
Tamén os diferentes gobernos, controlaron e a miúdo censuraron os medios de comunicación, caso
da prensa e a radio.

Outros aspectos
Ante a magnitude do conflito, foi necesario unha forte planificación e control económico xunto con
cambios na súa organización, así como tamén no aspecto laboral e sanitario. A industria tivo que
adaptarse ás necesidades bélicas, a penuria de alimentos obrigou sobre todo no caso da poboación
alemana ás cartillas de racionamento, e a medida que a guerra se alongaba se facía máis preocupante a
escasez de man de obra na industria o que levou a recurrir á man de obra feminina, cuxas repercusións
foron máis alá do económico, senón tamén político e social, xa que ao rematar a guerra, servíu para
afianzar as reivindicacións pola equiparación/igualdade legal e política (sufraxio) da muller.
Para facer frente ao mentemento da guerra, os estados belixerantes acadaron elevadas cifras de déficit
que trataron de saldar recurrindo aos créditos e á emisión de débeda pública. EEUU, pasou a ser o
acreedor de Europa que durante a reconstrucción permitíu a reconstrucción do continente (incluída a
alemana, inimiga durante a guerra).
En definitiva, o modelo económico transformouse, pasando dun liberalismo clásico, a unha crecente
control dos estados “intervencionismo”.
Doc. para comentar: consulta ao final deste guión.

COMPOSICIÓN de texto histórico e PREGUNTA TEÓRICA


Organización da paz

Apartado 5. A PAZ DOS VENCEDORES (en concreto o 5.1, páx. 141) e o 6. 1919: CONSTRUIR UNHA NOVA
EUROPA?, páx. 144

Xa durante a guerra xurdiron unha serie de intentos de concluir esta cunha paz xeral, pero sería a feita
polo presidente dos EEUU Wilson, “14 Puntos” en xaneiro de 1918 a que servíu de base ao rematar a
guerra, para a organizar a paz.
As potencias vencedoras, reuníronse en París para fixar as condicións da paz, nunhas negociacións nas
que non interviñeron os vencidos (que viron esta como unha imposición “Diktat”) e na que incluso
había desacordos dentro dos vencedores (Francia mostrou a postura máis intraxisente). Pero, unha paz
que se baseou nos seguintes principios:
I. Propostas de Wilson
a. Creación da Sociedade de Nacións.
b. Principio das nacionalidades para trazar fronteiras e crear Estados.
c. Expansión da democracia e das repúblicas frente aos antigos Imperios.
d. Redución do armamento.
II. Facer pagar a Alemaña (postura defendida por Francia).

Os Tratados, cinco, con cada unha das potencias derrotadas. Nos que se tomaron diferentes acordos
que modificaron o mapa de Europa; ao desmembrarse os antigos imperios alemán, austrohúngaro,
ruso e turco xorden novos Estados e outros saíron engrandecidos. páx. 144-145

Doc. para comentar: consulta ao final deste guión.


COMPOSICIÓN de texto histórico e PREGUNTA TEÓRICA
Consecuencias da Guerra.
Apartado 5.2. AS CONSECUENCIAS INMEDIATAS DO CONFLITO, páx. 143 + 4. A MOBILIZACION DAS
MULLERES, pax. 140-141, este último moi útil para ampliar a explicación dos aspectos sociais, xa que
unha das consecuencias sociais máis importantes foi o papel máis activo das mulleres na sociedade
tras entrar de pleno no mundo laboral e como consecuencia reivindicar a igualdade legal e política.
Doc. para comentar: consulta ao final deste guión.
DEFINICIÓNS
Armisticio
Suspensión das hostilidades acordada entre exércitos en conflito, pero non implica necesariamente a
firma dun tratado de paz, pero soe ser un paso cara esta. O asinado o 11 de novembro de 1918 en
Compiégne (Francia) entre o imperio alemán e os aliados (GB, Francia, Rusia e EEUU) permitíu
rematar coas hostilidades da Primeira Guerra Mundial.
Economía de guerra
Medidas e actuacións que adoptan os países para financiar unha guerra ou con posterioridade a esta.
Aínda que cada país desenvolve a súa economía de guerra, sí existen trazos comúns: tendencia á
autarquía ou autoabastacemento, racionamento de alimentos e outros bens, o aforro enerxético,
producción industrial adaptada aos fins bélicos, control da inflación, creación de novos impostos, etc.
Frentes de guerra
Liña onde se atopan e loitan dous ou máis exercitos inimigos durante unha guerra; os soldados
adiántanse (de ahí o nome) aos demais membros do exercito. Durante a Iª Guerra Mundial en Europa
houbo dúas frontes: a occidental (entre Francia e Bélxica fundamentalmente), oriental (entre
Alemaña e Rusia, e entre Rusia e o Imperio Austro-Húngaro), nos Balcáns e Italia.
Guerra de movementos
Nome das operacións bélicas alemanas durante o ano 1914 co fín de derrotar a Francia e, unha vez
conseguido, aniquilar ao exército ruso. Durante esta etapa, os alemáns utilizaron unha estratexia
baseada nos movementos rápidos “guerra relampo” co obxectivo de sorprender aos adversarios. Ex,
o plan Shlieffen, na fronte occidental que permitíu a invasión de Bélxica (neutral) por Alemaña
Guerra de posición/trincheiras
Forma de guerra que se desenvolveu entre os anos 1915 e 1916 como consecuencia do fracaso da
guerra relampo iniciada polos alemáns en 1914. Caracterizada polos frentes estables que inmovilizou
aos exércitos en liñas de trincheiras que se extenderon ao longo de centos de Qm en Europa co
obxectivo de evitar que os inimigos puidesen conquistar un determinado territorio.
Paz Armada
Período comprendido entre 1890, tras a dimisión de Bismarck, ata 1914, no que se foi formando un
sistema bipolar de alianzas defensivas, obrigando aos Estados europeos implicados a desenvolver
unha carreira de armamentos, incrementando os seus gastos militares e efectivos dos seus exércitos;
aumentando consecuentemente a tensión internacional.
Sociedade de Nacións (SDN)
Asemblea constituída na Conferencia de Paz de París de 1919, e con sede en Xenebra, partindo dun
dos “14 Puntos” de Wilson e disolta en 1946 (coa creación da ONU). Entre os seus obxectivos:
garantir a paz, o respecto á independencia política e á integridade territorial dos países membros, e o
fomento da participación e o desenvolvemento social e cultural. A diferencia da ONU, carecía de
forza militar coa que facer cumprir posibles sancións. En caso de conflito entre estados, as
diferencias deberían solucionarse pacíficamente, con base ao dereito internacional.
Totalitarismo
Réxime político caracterizado pola forte intervención do Estado na vida dos cidadáns. O poder
concéntrase en mans dun só home ou grupo. Neste só está permitido un partido e non existe
liberdade de expresión. Os medios de comunicación, a economía, a cultura e a educación son
fortemente controlados e non se tolera a máis mínima disensión. Ex. o fascismo italiano, o nazismo
alemán e, o estalinismo soviético, o franquismo.
Tratados de Paz (1919)
Acordos asinados en xaneiro de 1919, polos representantes dos países vencedores (EEUU, GB,
Francia e Italia, sobre todo os tres primeiros), non entre vencedores e vencidos, aos que lles prohibíu
asistir. Os tratados foron presentados como feitos consumados que debían aceptar, Alemaña sempre
víu o Tratado de Versalles como un “Diktat” ou imposición. As demais potencias derrotadas asinaron
os seus respectivos tratados.
Tripla alianza e Tripla Entente.
Alianzas defensivas constituídas durante a Paz Armada, á que se irían incorporando países durante a
guerra. A Tripla Alianza foi promovida polo chanceler alemán Bismarck, estivo formada por Alemaña,
Austria-Hungría e Italia que non cumpríu os seus compromisos. A Tripla Entente creouse en 1907 con
Francia, Gran Bretaña e Rusia, as que máis tarde se sumou Serbia.
COMPOSICIÓN de texto histórico
Causas da Primeira Guerra Mundial
Doc. 1. Alemaña unha nova potencia industrial frente a GB.
“A pesar meu son cada vez menos inglés. O meu calzado é francés, a miña roupa alemá, as cadeiras
do meu despacho son de fabricación alemá, o mesmo ocorre coas miñas plumas, o meu papel e a
miña alfombra: a cervexa que bebo é alemá. Pronto o único inglés da miña casa serán a miña carne e
os meus ósos e os sentimentos inmutables que me animan”.
Palabras do cónsul do Reino Unido en Aleppo (1898).
Doc. 2. Formación da Tripla Alianza (maio de 1882)
As súas Maxestades o Emperador de Austria e Rey de Hungría, o Emperador de Alemaña, Rey de
Prusia, e o Rey de Italia, animados do desexo de aumentar as garantías da paz xeral, de fortificar o
principio monárquico (...), acordaron a conclusión dun tratado (...).
Art. 1. (...) comprométense reciprocamente paz e amizade, e non entrarán en alianza ou compromiso
algún dirixido contra calquera dos seus Estados (...).
Art. 3. Se unha ou dúas das Altas Partes contratantes, sen provocación directa pola súa banda,
chegasen a ser atacadas e a atoparse empeñadas nunha guerra con dúas ou máis grandes potencias
non asinantes do presente tratado, o casus foederis presentarase simultaneamente para todas as
Altas Partes contratantes.
Art. 6 As Altas Partes contratantes prométense reciprocamente o secreto, tanto sobre o contido
como sobre a existencia do presente tratado.
Doc. 3. Ultimato de Austria-Hungria a Serbia (23 de xullo de 1914)
“A historia dos últimos anos, e especialmente os acontecementos dolorosos do 28 de xuño,
demostraron a existencia en Serbia dun movemento subversivo cuxo fin é separar da Monarquía
austro-húngara algunhas partes dos seus territorios. Este movemento, que foi crecendo ante os ollos
do Goberno serbio, chegou a manifestarse máis aló do territorio do reino con actos de terrorismo,
cunha serie de atentados e de mortes (...) O goberno Real serbio debe comprometerse:
1. a suprimir toda publicación que incite ao odio e ao desprezo da Monarquía (...).
2. a disolver inmediatamente a sociedade chamada “ Narodna Odbrana” e a confiscar todos os seus
medios de propaganda (...).
O Goberno imperial e real espera a resposta do Goberno real o máis tarde ata o sábado 25 deste
mes, ás cinco horas da tarde.”
COMPOSICIÓN de texto histórico e PREGUNTA TEÓRICA
Fases da guerra.

Doc. 1. O plan de guerra alemán “Plan Schlieffen” (guerra de movementos, 1914)


Despois da guerra de 1870-1871 (entre Francia e Prusia) fíxose evidente que unha guerra simultánea
contra Francia e Rusia sería a proba máis perigosa para a estabilidade do noso imperio alemán (…).
Raramente, nese caso, un é o bastante forte como para atacar os dous adversarios ao mesmo tempo.
A conduta a seguir é a mesma en todos os manuais: aténdese primeiro a un adversario e logo ao
outro, ao que se contivo ata ese momento. (…) Contra que adversario volverse primeiro? (…) Como
conter ao outro adversario ata que chegue o momento? (…). O conde Schlieffen decatouse deseguida
de que os franceses eran o inimigo máis poderoso, o máis ameazador, ao que había que atacar con
tanta superioridade numérica como fose posible (…). Nos anos seguintes, o conde Schlieffen foi
acentuando progresivamente a idea de envolvemento (…). Atravesando Bélxica e o norte de Francia
como un poderoso rodete, desbordaríamos toda posición francesa (…). Era preciso aniquilar o
exército francés.
Von Kuhl (Xeneral alemán, xefe do I exército na invasión de Bélxica e Francia en 1914)
Doc. 2. A Guerra de posición/trincheiras (1915-1916)
“A trincheira ten unha profundidade de dous ou tres homes. Por tanto, os defensores móvense por
ela como polo fondo dun pozo, e, para poder observar o terreo que teñen diante ou disparar contra
o inimigo, teñen que subir por chanzos feitos na terra ou por escaleiras de madeira, ao posto de
observación: unha longa tarima ou saínte practicado no noiro (talud), de maneira que quen estea
sobre el poida asomar a cabeza e mirar. Sacos de terra, pedruscos e ferros de aceiro constitúen o
parapeto (...) Diante mesmo e ao longo das trincheiras esténdese, case sempre en varias liñas, redes
de aramados, enrexados de púas de arame que deteñen aos asaltantes e permiten aos defensores
disparar con toda tranquilidade (...)”
Ernst Junger. Tempestades de acero. 1920.
Doc. 3. 28 de febreiro de 1918. Carta dun soldado francés.
Quizais che gustase saber como está o ánimo dos homes aquí. (…) todo o mundo está totalmente
farto e a ningún quédalle nada do que se coñece como patriotismo. A ninguén lle importa se
Alemaña ten Alsacia, Bélxica ou Francia. O único que quere todo o mundo é acabar con isto dunha
vez e irse a casa. Esta é honestamente a verdade, e calquera que estivese nos últimos meses dirache
o mesmo. De feito, e isto non é unha esaxeración, a maior esperanza da gran maioría dos homes é
que os disturbios e as protestas en casa obriguen ao goberno para acabar como sexa. Agora xa sabes
o estado real da situación.
COMPOSICIÓN de texto histórico
Unha nova forma de guerra.
Doc. 1. Efectivos movilizados entre 1914-1918 + mapa libro páx. 147
TRIPLA ENTENTE TRIPLA ALIANZA
Países Forzas movilizadas Países Forzas movilizadas
Rusia 12,000,000 Alemaña 11,000,000
Francia 8,410,000 Austria-Hungría 7,800,000
Gran Bretaña 8,905,000 Turquía 2,850,000
EEUU 4,355,000 Bulgaria 1,200,000
Doc. 2. Movilización dos recursos humanos e a propaganda
“Un erro fundamental (durante a I Guerra Mundial) foi o de
mostrar ao adversario á luz do ridículo, forma de propaganda á
que se consagraron con afán as revistas humorísticas de Austria
e Alemaña; e foi errónea porque cando daba realmente no cravo
servía para que os nosos homes formásense unha impresión
completamente equivocada do inimigo; porque o soldado
alemán baixo a impresión directa da capacidade de resistencia
do adversario, comprobaba que fora enganado ata aquel
momento."
J.A.C. Brown. Técnicas de persecución. Da propaganda ao lavado
de cerebro.
Doc. 3. Novo tipo de armas e o carácter destructivo da guerra “Guerra total” + páx. 148 (máscara)
COMPOSICIÓN de texto histórico e PREGUNTA TEÓRICA
Organización da paz
Doc. 1. Os 14 puntos de Wilson como base para a paz, 9 de xaneiro de 1918.
1. Acuerdos de paz negociados abiertamente (...) La diplomacia procederá siempre (...) públicamente.
4. Suficientes garantías recíprocas de que los armamentos nacionales serán reducidos al límite
compatible con la seguridad interior del país.
8. Todo el territorio francés deberá ser liberado (...) El daño hecho a Francia en 1871, en lo que se
refiere a Alsacia-Lorena (...), deberá ser reparado.
10. A los pueblos de Austria-Hungría (...) deberá serles permitido, con la mayor premura, la posibilidad
de un desarrollo autónomo.
13. Deberá constituirse un Estado polaco independiente, que (…) deberán tener asegurado el acceso al
mar (...)
14. Deberá crearse una Sociedad general de las Naciones en virtud de acuerdos formales, que tenga
por objeto ofrecer garantías recíprocas de independencia política y territorial tanto a los pequeños
como a los grandes estados.
Doc.2. As diferentes posturas dos vencedores nas Conferencias de París (1919).
O xefe de goberno francés, Georges Clemenceau, dirixíndose ao Consello dos 4 (EEUU, Francia, GB e
Italia)
Tomo acta das palabras e das excelentes intencións do Presidente Wilson.(…). O presidente de EE. UU.
descoñece o fondo da natureza humana. O feito da guerra non pode ser esquecido. América non viu
esta guerra de cerca durante os tres primeiros anos; nós, durante ese tempo, perdemos un millón e
medio de homes. Non nos queda man de obra. Os nosos amigos ingleses, que perderon menos que
nós, pero o bastante para haber tamén sufrido moito, comprenderanme.
As probas que debemos pasar crearon un sentimento profundo sobre as reparacións que se nos
deben; e non se trata só de reparacións materiais: a necesidade de reparacións morais non é menos
forte (...)
Buscades facer xustiza aos alemáns. Non pensedes que eles nos van a perdoar, buscarán a ocasión do
desquite, nada destruirá a rabia daqueles que quixeron establecer a súa dominación no mundo e que
se creron tan próximos de conseguilo.
Pierre Renouvin, Le traité de Versailles, Paris, Flammarion, 1969, pp. 118 à 123

Doc.3. Os cambios territoriais como consecuencia dos tratados de paz (mapa do libro, páx. 145)
COMPOSICIÓN de texto histórico e PREGUNTA TEÓRICA
Consecuencias da Guerra.
Doc. 1 Custo humano
Paises Movilizados Mortos Feridos Desaparecidos total de % de baixas
baixas movilizados
Entente 42,188,810 5,152,115 12,831,004 4,121,090 22,104,209 52%
Rusia 12,000,000 1,700,000 4,950,000 2,500,000 9,150,000 76,3%
Francia 8,410,000 1,357,800 4,266,000 537,000 6,160,800 76,3%
GB 8,904,467 908,371 2,090,212 191,652 3,190,235 35,8%

EEUU 4,355,000 126,000 234,300 4500 364,800 8,2%


Imperios 22,850,000 3,386,200 8,388,448 3,629,829 15,404,477 67.4
Centrais
Alemaña 11,000,000 1,773,7000 4,216,058 1,152,800 7,142,558 64,9%
Austria- 7,800,000 1,200,000 3,620,000 2,200,000 7,020,000 90%
Hungría
TOTAL 65,038,810 8,538,315 21,219,452 7,750,919 37,508,686 57.6
Doc. 2. Papel máis activo das mulleres

Women’s Army Auxiliary Corps (WAAC). Gran Bretaña.

Doc. 3. Transformacións políticas e territoriais (fragmentación dos Imperios Centrais e triunfo das
nacionalidades e a fragmentación dos Imperios Centrais). Mapa páxina 145

You might also like