You are on page 1of 29

A ratiña presumida Letras Galegas 2019

A RATIÑA PRESUMIDA
OBRADOIRO DE TEATRO- LETRAS GALEGAS 2019
==============================================================
Reparto:
PRESENTADOR FAN 1
RATIÑA PRESUMIDA FAN 2
PLÁCIDO GORRINO FAN 3
BURRO SALOMÓN SEGURIDADE 1
GALO QUIRICO SEGURIDADE 2
RATO PÉREZ Gatil prota
AZAFATA TELEPROMOCIÓN Aspirina prota
MICHO MICHIÑO Extraterrestre
HONORRATO PRESUMIDO Esterco prota
RATOLINA PINIPÓN Limpeza prota
ASISTENTE (CARTELÓN APLAUSOS)
==============================================================
[]
[SET DE TELEVISIÓN, APLAUSOS DO PÚBLICO]
VOZ EN OFF.- [VOZ ENTUSIÁSTICA] Ratas e ratos! Chegou o momento que
estaban esperando. Unha tarde máis comeza o Talent Chou máis esperado da
Ratavisión, o espazo no que as celebridades acuden para desvelarnos todos os seus
segredos. E agora con todos vostedes o presentador estrela da televisión! Charles
McAndrew!!!

[APARECE PRESENTADOR SAUDANDO ENTRE O PÚBLICO, QUE APLAUDE.


SUBE AO ESCENARIO, A CÁMARA DE TELEVISIÓN SÉGUEA]

PRESENTADOR.- Boas tardes ratos e ratas! Benvidos a unha nova edición de


ROENDO COAS ESTRELAS, o programa para os roedores de hoxe en día.
[ASISTENTE AMOSA CARTELÓN APLAUSOS]
PRESENTADOR.- E hoxe temos connosco unha invitada de excepción. A súa vida está
chea de grandes e dramáticos acontecementos. Non lles direi o seu nome todavía, pero
seguro que o van adiviñar deseguida cando lles conte o seguinte: Foi nomeada raíña no

1
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

concurso de beleza máis importante de Ratilandia, acadou unha fortuna millonaria


xogando ao RatoLoto e perdeuna despois de terse metido en negocios que non
resultaron moi afortunados. Ademáis a nosa invitada quere ser estrela de cine e está a
piques de estrear a sua segunda película. Si, benquerido público, si, acertastes! Esta
tarde está connosco… Ratiña Presumida!!!

[RATIÑA APARECE DENDE O FONDO, SAUDANDO AO PÚBLICO E


REPARTINDO BICOS, CHEGA Ó ESCENARIO E SAÚDA AGARIMOSAMENTE
AO PRESENTADOR, FANS ENTRE O PÚBLICO BERRAN HISTÉRICAMENTE E
TÍRANSE DOS PELOS]
FANS.- [ERGUEITAS, ENARBOLAN PANCARTA E BERRAN] Ratiña! ¡Ratiña!
Ahhhhhhhhhhhhh!!!
PRESENTADOR.- Benvida Ratiña!
RATIÑA.- Grazas Charles, é un pracer estar aquí.
PRESENTADOR.- Qué me dis da resposta do público? Están entusiasmados contigo…
[FAI ACENOS INDICANDO Ó GRUPO DE FANS DE RATIÑA QUE SEGUEN MOI
ANIMADAS].
FAN 1.- Dame un RA!
FANS A CORO.- RA!!!
FAN 2.- Dame un TI!
FANS A CORO.- TI!!!
FAN 3.- Dame un ÑA!
FANS A CORO.- ÑA!!! RA-TI-ÑA!!!
[VOLTAN A APLAUDIR E AXITAR A PANCARTA ENTRE ASUBÍOS]
RATIÑA.- [FACENDO GRANDES XESTOS CARA Ó PÚBLICO] Non teño palabras
para agradecer tanto cariño. Quérovos!!! [REPARTE BICOS NO AIRE]
FAN 2.- Es a mellor Ratiña!!
FAN 1.- Querémoste!!!
RATIÑA.- [EMOCIONADA, ASÓMALLE UNHA BAGOA] Grazas, grazas!!
PRESENTADOR.- Estou seguro de que no día de hoxe imos asistir a moitos intres
emocionantes, momentos para rir e para chorar porque [DIRIXÍNDOSE
DIRECTAMENTE A RATIÑA] a verdade, Ratiña, é que a túa vida é de película!!

2
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

RATIÑA.- [RINDO AFECTADAMENTE E DÁNDOLLE UN TOQUIÑO


CÓMPLICE A PRESENTADOR] Oh Charles, hasme poñer vermella! Eu son unha rata
sinxela que tenta facer realidade os meus soños, como calquera rato da miña idade.
PRESENTADOR.- Non sexas tan modesta Ratiña Presumida, porque a túa vida non ten
nada de ordinaria como habemos comprobar hoxe no noso programa! [DIRIXÍNDOSE
AGORA Ó PUBLICO] O certo é que o público presente neste Estudio 3 de Ratavisión
Española e os telespectadores que nos seguen dende as súas alcantarillas están
desexando saber máis de ti.
RATIÑA.- E eu estarei encantada de que coñezan á verdadeira Ratiña, non a que
aparece nas revistas e na prensa do corazón. Esa non son eu, é unha imaxe falsa que non
ten nada que ver comigo. E veño aquí para contar a miña verdade [EMOCIÓNASE E
SALOUCA]
PRESENTADOR.- [MENTRES LLE PALMOTEA AGARIMOSAMENTE A MAN]
Resulta estupendo saber que estás tan disposta a abrir o teu corazón no noso programa, e
tanto mellor porque hoxe imos falar dos teus anos de nenez!
RATIÑA.- [XIME ENGAIOLADA] Ouhhhhhh!
PRESENTADOR.- E dos teus proxectos artísticos!
RATIÑA.- [ENCANTADA] Siiiiiiiiiiiii!
PRESENTADOR.- E dos teus amores!
RATIÑA.- [ENCANTADORAMENTE TÍMIDA E VERGOÑENTA] Uiiiiiiiiiiiiiii!
PRESENTADOR.- E dos teus pufos e negocios!
RATIÑA.-[CAMBIA TOTALMENTE DE TONO MENTRES SE PON ALERTA]
Ehnnnnnnnnnnnn! Que dixeches lajarto?
PRESENTADOR.- [TRANQUILIZADORA] Acouga, non te anoxes. Lembra que hai
un intre querías abri-lo teu corazón para poñer fin a todas as críticas…
RATIÑA.- [PONSE DE PÉ, MOI AXITADA] No meu contrato non dicía nada de tocar
eses temas! Eu estou aquí para falar da miña carreira! Se alguén di algo dos meus
negocios marcho do programa!
PRESENTADOR.- [MOI TRANQUILO] Tranquilidade! Lembra que cobraches quince
queixos de bola por asistir a este programa, así que agora terás que facer honor ao teu
compromiso. Ademáis, lembra que o público quérete moito e de seguro te vai tratar moi
ben [DIRIXÍNDOSE Ó PÚBLICO] Non é así?
[O PÚBLICO DI QUE SI]
FAN 3.- Estamos contigo Ratiña!!

3
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

FAN 1.- Ratiña é a rata máis fashion do mundo!!


FAN 2.- Seguirémoste onde vaias!!!
FANS A CORO.- Ratiña, Ratiña, Ratiña!!!
PRESENTADOR.- [CARGADO DE RAZÓN] Ves parruliña?
RATIÑA.-[NADA CONVENCIDA REFUNFUÑA MOI MORRUDA] Grumpffffffff…
PRESENTADOR.- [CONCILIADOR DÁNDOLLE UNHAS PALMETADAS] Ale, ale
veeeeña, xa pasou bonitiña…
RATIÑA.- [ADVERTINDO] Seguro que me vou enfadar moito e…e… e choro!!
PRESENTADOR.- Mellor así, din que é moi bo para os ollos. Pero deixa de falar por
un intre e atende á primeira sorpresa da noite.
[ÉRGUESE E DIRÍXESE Ó PÚBLICO]
PRESENTADOR .- Querido público, chegou o intre de coñecer algo máis sobre a nosa
invitada. Imos ver agora unha pequena reportaxe na que descobriremos lembranzas da
nenez de Ratiña e repasaremos os datos máis importantes da súa biografía. Adiante
vídeo!

[ENTRA VÍDEO DA REPORTAXE BIOGRÁFICA DE RATIÑA]

PRESENTADOR.- Ben, que che pareceu a reportaxe?


RATIÑA.- [IMPRESIONADA E EMOCIONADA, LÉVASE A MAN Ó CORAZÓN]
Quedeime sen palabras!!
PRESENTADOR.- Veña, non tes nada máis que engadir?
RATIÑA.- De verdade quero agradecerlle aos teus compañeiros esta marabillosa
reportaxe. Ver esas imaxes de cando era cría e aínda non me saira o bigote tráenme moi
bos recordos.
PRESENTADOR.- O certo é que non pasou tanto tempo dende entón. Só tes cinco
meses de idade pero tes vivido experiencias como para encher tres vidas de rata. E
precisamente sobre a última época quería centrarme eu. Viamos na reportaxe que estás a
acabar a tua segunda película…
RATIÑA.- Si, está sendo unha experiencia increible poder cambiar de rexistro. Facer
comedia e logo pasar ao drama é o máximo para unha rata actriz…
PRESENTADOR.- E a película parece moi prometedora…
RATIÑA.- [ASENTINDO] Si, un drama romántico…

4
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

PRESENTADOR.- [SULIÑANDO O SENTIDO DAS PALABRAS] E se por riba


traballas con Rat Pitt, o roedor máis atractivo da escea internacional…
RATIÑA.- Oh, traballar con Ratt foi un auténtico soño e coido que conseguimos
transmitir o drama da historia.
PRESENTADOR.- Unha historia que ten un título cheo de forza: Roerei ese cable de
alta tensión por ti, meu amor…[ADMIRADO] Guahhh!
RATIÑA.- [CONVENCIDA] O meu personaxe está disposto a perdelo todo loitando
polo triunfo do seu amor. Estou segura de que vai ser un éxito e xa está firmada unha
secuela!
PRESENTADOR.- [CORTESMENTE SORPRENDIDA] Si?
RATIÑA.- [ENTUSIASTA] Está. E xa ten título. Chamarase [PAUSA. ABRE OS
BRAZOS SOÑADORA, VISIONANDO] A rata da dentadura postiza…
PRESENTADOR.- [PENSATIVA] Humm… Semella que o de perder cousas ía en
serio. [TOMA AIRE] Ben, é o intre de cambiar de tema. Deixamos a un lado a túa
carreira profesional e queremos falar agora dos teus amores…
RATIÑA.- [RESOPLA] Uhhhhhhhhhh!
PRESENTADOR.- Moitos queren conquistar o corazón de Ratiña Presumida e a algúns
vímolos na reportaxe anterior, pero [TONO CONFIDENCIAL] agora quero
preguntarte, e por favor resposta con sinceridade, quen está a ocupar o teu corazonciño
nestes intres?
RATIÑA.- [RI NERVIOSAMENTE] Uiiii, que preguntas me fas!!! [CARRASPEA E
SE RECOMPÓN E PONSE SOLEMNE] Nestes intres teño bos amigos pero nada serio.
PRESENTADOR.- E dos nomes que se relacionan contigo e que puidemos ver na
reportaxe?
RATIÑA.- [QUÍTALLE IMPORTANCIA] Boh! Fálase moito pero non é para tanto.
PRESENTADOR.- [MIRA FIXAMENTE A RATIÑA] Ratiña… teño unha sorpresa
para ti.
RATIÑA.- [NERVIOSA] Outra?
PRESENTADOR.- Hoxe no estudio vainos visitar alguén que te coñece ben e que quere
dicirche algo.
RATIÑA.- [RETÓRCESE AS MANS INQUEDA] Ai mamasiña, que terá argallado
este diaño de rata…

5
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

PRESENTADOR.- [PONSE DE PÉ E ANUNCIA DE CARA Ó PÚBLICO] Esta tarde


chega ao noso programa un admirador de Ratiña cunha mensaxe para ela. Recibamos
cun forte aplauso ao porco cantor Plácido Gorrino!!!

[PÚBLICO APLAUDE, PLÁCIDO GORRINO CHEGA DENDE O FONDO E


SAÚDA, TOMA ASENTO]
PRESENTADOR.- É un honor para nós recibir a un cantante mundialmente coñecido
coma vostede, señor Gorrino.
PORCO.- O pracer é meu, Charles, porque me permite estar preto da fermosa Ratiña.
RATIÑA.-[ESCANDALIZADA, DÁNDOLLE UN TOQUIÑO] Oh, Plácido!! Es un
porco moi traveso!!
PRESENTADOR.- Vaia, vaia, o noso amigo non perde o tempo. Vostede Sr. Gorrino é
un cantante de ópera moi famoso que ten actuado nos cortellos máis prestixiosos de
Europa e América ainda que nos últimos tempos estase adicando á canción lixeira…
PORCO.- Hai que darlle a todo!
PRESENTADOR.- Pois esperamos que despois nos poida agasallar coa interpretación
dunha peza en directo no noso programa. Pero vostede non veu aquí para cantar senón
para falarnos da súa relación con Ratiña…
RATIÑA.- [INTERRUMPINDO] Non hai nada que falar, eu aprezo moito a Plácido
como amigo, pero…
PORCO.- [INTERROMPE Á SÚA VEZ] Non fales todavía Ratiña!. Hoxe debería dicir
neste programa que nos coñecimos no acto da presentación da nova fragancia Esterco e
que dende entón mantemos unha boa amizade
[BRUSCAMENTE PONSE DE PÉ E ALZA A VOZ MOI AXITADO]
PORCO.- Pero en realidade estou aquí para dicirche que estou tolamente namorado de
ti!!! [AXEÓNLLASE E FALA DRAMÁTICAMENTE AFOGADO POLA
EMOCIÓN] Quérote Ratiña!!!
PRESENTADOR.- [SORPRENDIDO] Alaaaaaaaa!!!
RATIÑA.- [ALPORIZADA, PONSE DE PÉ] Pero este cocho está tolo!! Ti que dis,
desgraciado!!
PORCO.- Dígoche que quero casar contigo e que se me dis que non a miña voz
apagarase.
RATIÑA.- [SARCÁSTICA] Mellor para os veciños!!
PORCO.- E non quererei vivir máis!!

6
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

RATIÑA.- [DESPECTIVA] Bah! Non se perdería gran cousa!


PORCO.- Se morro ti terás a culpa de que o mundo quede sen a voz de Plácido Gorrino!
RATIÑA.- Se cadra o mundo agradece que haxa un porco menos facendo oink oink!
todo o tempo!
PORCO.- Ratiña, pénsao ben! Estamos feitos o un para o outro!
RATIÑA.- Ti non sabes o que dis! Un porco e unha rata? Pois como que non… Mira
voucho amosar enseguidiña. A ver: se casamos, ti que farías pola noite?
PORCO.- [MATINANDO E FALANDO PARA O SEU PETO] Pois tendo en conta que
teño que coidar a voz… [TRIUNFALMENTE] Eu o que faría sería durmir e calar,
durmir e calar!
RATIÑA.- [TODA CARGADA DE RAZÓN] Durmir e calar??? Pois eu o que quero é
sair de marcha!! Ves como o noso non ten futuro?
PORCO.- [MOI EMOCIONADO] Mira, mira… que se me dis que non, son quen de me
poñer a pasear pola rúa o día de San Martiño! Mira que non respondo!!
RATIÑA.- [DESAFIANTE, ENCÁRASE] A ver, a ver, xa estás tardando! A que non
tes fuciños?
[INTERPONSE PRESENTADOR PARA CALMAR OS ÁNIMOS]
PRESENTADOR.- Por favor, un pouco de compostura! Lembrade que estamos en
horario infantil e hai crías de rata que están vendo este programa. Tomade asento outra
vez, por favor.
[ELES ACEPTAN A REGAÑADENTES]
PRESENTADOR .- Os ánimos están moi exaltados e penso que é o momento para unha
pausa publicitaria. Uns minutiños e deseguida estamos de volta con vostedes, aquí en
Roendo coas estrelas. Ata agora mesmo!!
[CARTELÓN APLAUSOS]

[PAUSA PARA ANUNCIOS PUBLICITARIOS]

[DE VOLTA DA PAUSA PUBLICITARIA]


PRESENTADOR.- Xa estamos outra vez con vostedes. Durante esta pausa os nosos
invitados tiveron tempo para serenar os ánimos así que agardamos que se comporten
con educación durante o resto do programa.
PORCO.- [ACLARÁNDOSE A VOZ] Charles, se me permites quero pedir perdón ao
noso público e ás ratas que nos ven polo espectáculo que dei antes. Síntoo moitísimo.

7
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

[DIRIXÍNDOSE A RATIÑA] E a ti, Ratiña, quéroche tamén pedir desculpas polas


barbaridades que che dixen.
RATIÑA.- Non hai problema, e quero tamén me desculpar porque fun moi
desconsiderada contigo.
PRESENTADOR.- E agora que todo está en paz de novo coido que é o momento de que
Plácido Gorrino nos brinde unha canción. [DIRIXÍNDOSE Ó PÚBLICO] Está de
acordo o público?
[O PÚBLICO BERRA QUE SI]
FANS A CORO.- Ratiña, Ratiña, Ratiña!!!
PRESENTADOR.- Ratiña, estas fans túas son incansables e non paran de animarte.
Coido que merecen que as coñezamos un pouco máis. [DIRIXÍNDOSE A ELAS] Veña,
subide ó escenario por favor! Un aplauso para elas!!!
[APLAUSOS DO PÚBLICO, AS FANS SUBEN E EMPEZAN A ACHUCHAR A
RATIÑA]
FAN 1.- É a ilusión das nosas vidas, non o podo crer!
PRESENTADOR.- A ver, como vos chamades?
FAN 1.- Eu son Ratalia
FAN 2.- Eu chámome María Roí
FAN 3.- E eu Vanessa Ratesa Represa!
PRESENTADOR.- Jeje, impresionante. Admirades moito a Ratiña, non si?
FAN 2.- Gústanos todo dela, como viste, como actúa, como modela!
FAN 3.- É a rata ideal [BERRA DE NOVO ] Eu quero ser coma ti!!
[AS TRES EMPEZAN A CHIMPAR POLO ESCENARIO MENTRES AXITAN A
PANCARTA DE RATIÑA]
PRESENTADOR.- Vale, vale. Acougade agora un pouco porque chega o intre de
escoitar o noso invitado. Gústavos Plácido Gorrino?
FAN 1.- Non é do noso estilo pero non está mal…
FAN 2.- Pois a min gústame. Ten moi boa voz para ser un porco…
PRESENTADOR.- Gustaríavos facer o coro a Plácido?
FANS A CORO.- Siiiiiiiiii!!!
PORCO.- [DUBIDOSO] E non terán problemas co idioma porco?
FAN 1.- Oh, ningún problema. Gústannos os idiomas extranxeiros e no colexio xa
estamos no segundo curso de porquiñés.
FAN 2.- E levamos moi boas notas!

8
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

FAN 3.- Mira, mira!! [PONSE A GRUÑIR COMA UN PORCO] Oink, oink!
PORCO.- [CONVENCIDO] Impresionante, fala coma un nativo!
PRESENTADOR.- Problema resolto! [DIRIXÍNDOSE A PLÁCIDO] Xa oiches
Plácido, o público quérete ver en acción. Por favor, diríxete ao escenario.
[AO PÚBLICO]
PRESENTADOR .- Ratos e ratas, con todos Vdes. o porco cantor, Plácido Gorrino!!!
[GRANDES APLAUSOS DO PÚBLICO. PLÁCIDO TOMA O MICRO E AVANZA
CARA O CENTRO DA ESCENA]
PORCO.- Querido público, esta tarde vou interpretar para vos un par de temas do meu
último disco de baladas románticas titulado Amor de Porco. A primeira canción titúlase
Escándalo. Espero que vos guste.
[SONA A MUSIQUIÑA DO ESCÁNDALO DE RAPHAEL COS GRUÑIDOS
GRAVADOS ENGADIDOS. FANS FAN O CORO]
[Ó REMATE APLAUSOS]

PRESENTADOR.- Que marabillosa canción Plácido! Es todo un artista, pero


permíteme unha pregunta, non dicías que este disco éra de baladas?
PORCO.- Ahá!
PRESENTADOR.- Pois a verdade é que o tema tiña moito ritmo para ser unha canción
lenta…
PORCO.- Ai, non! Chámolles baladas porque as canto moi rápido, como unha bala!
PRESENTADOR.- [POUCO IMPRESIONADA] Ah, vale! E cal vai ser a segunda peza
que vas cantar hoxe?
PORCO.- Outro tema moi bonitiño e moi meu que se chama Porquería.
PRESENTADOR.- Adiante entón. Plácido Gorrino cántanos Porquería, un aplauso
para el!!
[INTERPRETACIÓN DO TEMA PORQUERÍA. Ó REMATAR A CANCIÓN TODOS
APLAUDEN, PORCO REGRESA Ó SITIO SAUDANDO]

PRESENTADOR.- [DESPEDINDO ÁS FANS, QUE SENTAN DE NOVO ENTRE O


PÚBLICO] Moitas grazas, rapazas. [DIRIXÍNDOSE AGORA A PLÁCIDO] Unha
interpretación impresionante, si señor! Agora entendemos por que te reclaman nas
cortes e curricheiras máis importantes de todo o mundo.

9
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

PORCO.- [RESPIRA E FALA SOLEMNEMENTE] A verdade é que penso que estou


no meu mellor momento artístico. Síntome equilibrado e sereno, capaz de me comportar
en calquera situación…
[DE SÚPETO TROCA BRUSCAMENTE A ACTITUDE E RETÓRCESE MENTRES
SE BOTA AOS PÉS DE RATIÑA]
PORCO.- [XEMINDO DOENTE] Non, é mentira cochina! Non podo evitalo! Quérote
Ratiña! Non me digas que non !!
[CHORA MENTRES SUPLICA DESCONSOLADO]
RATIÑA.- [DESESPERADA] Non, outra vez non!!
PRESENTADOR.- Plácido, por favor non deas un espectáculo. Prometiche
comportarte!!
PORCO.- [BERREANDO, AGARRADO ÓS PÉS DE RATIÑA] Buahhhhhhhh! Non
queeeeeeero!
RATIÑA.- [HISTÉRICA] Sacádeme este cacho de carne de enriba!!
PRESENTADOR.- Por favor, que veñan os de seguridade!!
[IRRUMPEN DOUS GARDAS CON GAFAS DE SOL E COLLEN AO PORCO E
EMPEZAN A LEVALO A RASTRAS]
PRESENTADOR.- Sacádeo a que lle dea un pouco o aire!!
PORCO.- [DESESPERADO MENTRES O LEVAN] Ratiña, dime algo!!
RATIÑA.- [CON FALSO SORRISO MENTRES AXITA A MAN EN DESPEDIDA]
Bye, bye currichiño, e non volvas!! Oink, oink!! [RI MALICIOSA]
PORCO.- [MENTRES VAI DESAPARECENDO POLO FONDO CANTA] Escándalo,
isto é un escándalo, Escándalo…!!!!
[PRESENTADOR E RATIÑA SENTAN DE NOVO]
PRESENTADOR.- [RESOPLA] Buff!! Que barbaridade… Rogamos aos nosos
espectadores que nos desculpen polo que acaban de presenciar. O pobre animal non era
dono de si mesmo.
RATIÑA.- Fíate ti dun porco!
PRESENTADOR.- Continuamos co programa! Queremos lembrar aos nosos
telespectadores que poden participar no noso programa enviando unha mensaxe para dar
a sua opinión. Marquen 0123 Ratiña ton bonitiña no caso de que estean a favor da nosa
invitada e 0123 Ratiña ton mala besta se consideran que está mentindo esta tarde.

[LEVANTA A VOZ E CAMBIA O TON]

10
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

PRESENTADOR.- Estamos con Ratiña Presumida para seguir repasando os episodios


máis interesantes da túa vida! [DIRíXESE DIRECTAMENTE A ELA] Agora imos
abordar un momento difícil para a nosa invitada, un momento que lle será duro de
lembrar.
RATIÑA.- [DUBIDOSA] Non sei, ti dirás…
PRESENTADOR.- O noso seguinte invitado tivo moito que ver coas dificultades
económicas que pasache recentemente.
[RATIÑA INTERROMPE MENTRES SE BOTA AS MANS Á CARA]
RATIÑA.- Oh, non pode ser! El non!!
RATICIA.- Si, el si!!! Recibamos cun forte aplauso ao burro Salomón!!

[CARTELÓN APLAUSOS DO PÚBLICO, O BURRO APARECE DENDE O FONDO


SAUDANDO]
PRESENTADOR.- Como está Sr. Salomón?
BURRO.- Ben, grazas…
PRESENTADOR.- [PENSATIVO] Vostede é un burro que…
BURRO.- [INTERROMPE DESCONFIADO] Sen faltar, eeeeh? [ACELÉRASE]
Uuuuuuui, xa sabía eu! empeza mal a cousa se entramos insultando! [MÓVESE
CANDA EL, AGRESIVO MENTRES DASE A VOLTA PARA COUCEAR] Voulle
dar un couce que o esfolo!!
PRESENTADOR.- [EXTRAÑADO] Pero que diaño lle pasa? É que dixen mentira?
[BURRO QUEDA PARADO PENSATIVO, LOGO RELÁXASE]
BURRO.- Ui!, se é certo! huhuhuhu, ai que graza…!
RATIÑA.- [DESANIMADA] Quedou retratado nun segundo…
PRESENTADOR.- Agora que xa tomou asento, Sr. Salomón, podemos falar da súa
relación con Ratiña. Unha relación un tanto desgraciada, todo hai que dicilo.
BURRO.- [REVOLVÉNDOSE] Boh! Non foi para tanto, uns negocios que sairon
lixeiramente mal e foi mala sorte porque eran un éxito seguro!
RATIÑA.- [ACENDIDA E INDIGNADA] Un éxito seguro? Pero como esta desfeita
con patas se atreve a dicir semellante burrada! Este baldrocas perdeu todo o meu diñeiro
coas súas brillantes ideas!!
BURRO.- [SORRINDO DIPLOMÁTICAMENTE] Es un pouco inxusta Ratiña. O que
pasa é que non tes experiencia coma min no mundo dos negocios…

11
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

RATIÑA.- [INTERROMPE, BOTÁNDOSE AS MANS Á CABEZA SEN DAR


CRÉDITO] Eu debo estar soñando! Non é posible que esta cousa me estea dicindo isto!
Que o boten aos leóns, a ver se así serve para algo!
PRESENTADOR.- A ver, aclarémos o asunto para que os nosos espectadores se fagan
unha idea. Vostede, Sr. Burro, foi durante algún tempo asesor financieiro da Srta.
Presumida, aquí presente.
BURRO.- [ASINTE MOI SERIO] Efectivamente.
PRESENTADOR.- E como tal asesor aconsellouna no modo de investir os cartos que
ela ía gañando co seu traballo.
BURRO.- Si, a miña preocupación foi poñer o seu diñeiro en negocios de rendabilidade
segura.
RATIÑA.- [XIME DESCONSOLADA] Aahhhhhhhh!
PRESENTADOR.- Así que o primeiro negocio foi…
BURRO.- Si, a primeira vez que aconsellei a Ratiña foi na compra de forro de cola.
PRESENTADOR.- [EXTRAÑADA] Forro de cola?
BURRO.- Forro de cola, si. Vostedes os roedores teñen a cola espida e no inverno pasan
moito frío nela, non coma nós os burros que temos un rabo ben peludiño.
[MENTRES O DIN CÓLLEO COA MAN E MENÉAO PARA AMOSAR O SEU
ARGUMENTO]
BURRO.- Se convenceramos ás ratas de que o máis moderno é ter a cola cuberta cunha
funda, seriamos os primeiros en aproveitar a idea e iso suporía unha fortuna. Non é
brillante?
PRESENTADOR.- Parece que as ratas non foron da súa opinión…
BURRO.- Non, e foi unha pena. Os meus contactos nas pasarelas de moda dicíanme que
a cousa ía ter un éxito rabioso, pero ó final non vendemos nin unha. Pero só foi unha
cuestión de mala sorte, que conste!
RATIÑA.- [CON VOZ LÚGUBRE] E alá se foron os meus cartos…
PRESENTADOR.- E despois…
BURRO.- Despois non quixen precipitarme. Adiquei moito tempo a observarlles a
vostedes os roedores. E comprobei que pasan o día rillando, o que lles quita moito
tempo para facer outras cousas. Asi que tiven a seguinte idea: por que non inventar algo
que libere aos ratos da fastidiosa tarefa de roer?
PRESENTADOR.- [ESCÉPTICO] Unha brillante idea, sen dúbida…

12
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

BURRO.- [ENTUSIASMADO] Iso mesmo pensei eu!! Así que preparamos un kit
portátil. Un cinturón con petos no que ía un muiñiño a pedal para esmoer a comida. Así
un rato pedalea para facer papa a comida e lle quedan libres as patiñas de adiante. A que
é brillante?
RATIÑA.- [CON VOZ LÚGUBRE] E alá se foron o resto dos meus cartos…
PRESENTADOR.- [CON VOZ COMPRENSIVA] Pero a cousa non funcionou,
verdade?
BURRO.- [DESOLADO] Non vendimos nin un…
PRESENTADOR.- Así que Ratiña quedou sen un chavo por culpa do seu mal ollo para
as oportunidades empresariais…
BURRO.- [EXCITADO] As ideas eran boas! O problema está en vostedes, que non as
entenderon!
RATIÑA.- [IMPLORANTE] Charles, que se vaia por favor ou non me fago
responsable…
BURRO.- Escoita Ratiña, non todo está perdido! Teño unha nova idea e non pode fallar.
Imaxina! Un casco para ratos con luz incorporada, así non haberá problemas ao moverse
de noite! Que me dis? Botámonos a iso?
RATIÑA.- [AIRADA] Vouche botar, pero debaixo dun tren!!
PRESENTADOR.- [POÑÉNDOSE EN PÉ] Moitas grazas pola súa presenza, Sr. Burro!
Un aplauso para o noso invitado!
[O PÚBLICO APLAUDE. BURRO ABANDONA O ESCENARIO]
RATICIA.- Uns momentos de promoción dos nosos patrocinadores. Nuns intres
seguimos aquí con Ratiña Presumida e un novo invitado.

[APARECE AZAFATA-ESPAZO DE TELEPROMOCIÓN]

RATIÑA.- [DESANIMADA] Coido que me estou deprimindo…


PRESENTADOR.- Colle ánimo Ratiña e prepárate para o nosa seguinte sorpresa!
RATIÑA.- [PERSIGNÁNDOSE] Ai, miña rata querida!
PRESENTADOR.- [SOLEMNE] Esta tarde temos oído moitas revelacións sobre a vida
de Ratiña Presumida. Coido que agora é o intre de saber se Ratiña está sendo sincera
connosco. [LEVANTANDO A VOZ] Demos paso ao galo Quirico co seu polígrafo, a
máquina da verdade!!

13
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

[CARTELÓN APLAUSOS DO PÚBLICO, APARECE DENDE O FONDO O GALO


LEVANDO UNHA MÁQUINA, CHEGA Ó ESCENARIO E PREPARA O
APARELLO]

PRESENTADOR.- Boas tardes amigo Quirico. Está todo disposto para empezar a
proba?
GALO.- Tan pronto como lle conecte os cables á invitada.
[GALO CONECTA A RATIÑA Á MÁQUINA]
PRESENTADOR.- Estás nerviosa, Ratiña?
RATIÑA.- [SORRÍ NERVIOSAMENTE] Un pouco…
PRESENTADOR.- Adiante coa proba!!
[NENO SITUADO EN SEGUNDO PLANO REDOBRA UN TAMBOR PARA
CREAR CLIMA DE SUSPENSE]
GALO.- Chámase Vostede Ratiña?
RATIÑA.- Si.
GALO.- Ratiña contestou que si e o polígrafo amosa que…[REDOBRE DE TAMBOR]
minte!!
RATIÑA.- [CO CORAZÓN NA BOCA] Como!!!
[GALO QUEDA MIRANDO PARA ELA DURANTE UNS SEGUNDOS E DESPOIS
BOTA A RIR]
GALO.- Aaaaaahhhhh! Era broma!! [MIRANDO PARA PRESENTADOR] Hihihi,
sempre caen todos!!
PRESENTADOR.- Seriedade coa proba, Sr. Quirico…
GALO.- [RECOMPOÑÉNDOSE] Ai, que risa, ehem, ehem. [REDOBRE] Ratiña,
participou vostede en concursos de beleza?
RATIÑA.- Si.
GALO.- Ratiña dixo que si, e o polígrafo di [PAUSA, REDOBRE] que está dicindo a
verdade!
[PEQUENA PAUSA ENTRE PREGUNTAS]
GALO.- É verdade que Vde. é moi amiga do maior inimigo da raza ratonil, o flautista
de Hamelín?
RATIÑA.- Non.
GALO.- Ratiña contestou que non e o polígrafo amosa [PAUSA, REDOBRE] que di a
verdade!!

14
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

GALO.- Seguinte pregunta. De que color é o rato branco de Santiago?


RATIÑA.- [APRESURADA] Verde!!
GALO.- Ratiña contestou que verde e o polígrafo amosa que [PAUSA, REDOBRE]
minte!
RATIÑA.- [ALPORIZADA] Branco, é branco! É que me puxen nerviosa. Pero que raio
de pregunta é esa?
GALO.- Era unha pregunta de control. Continuamos… É certo que a estrela de cine Ratt
Pitt lle pediu casar con el?
RATIÑA.- Non.
GALO.- Ratiña contestou que non e o polígrafo di que [PAUSA, REDOBRE] di a
verdade!
GALO.- Outra cuestión. Pagou Vde. a Facenda os impostos correspondentes aos
beneficios do seu traballo como rata actriz?
RATIÑA.-Si.
GALO.- Ratiña contestou que si e o polígrafo di que …[PAUSA, REDOBRE] minte!!
PRESENTADOR.- Ooooooohhhhhhhh!!
RATIÑA.- [MOI ACENDIDA] Iso é mentira, esta máquina non funciona ben e vostede,
[NON ATOPA AS PALABRAS COA INDIGNACIÓN] vostede… vostede é un jalo
choco!!!
GALO.- [IMPERTURBABLE] O meu procedemento é estritamente científico…A
máquina detecta as alteracións no pulso cando algo sobresalta ao suxeito do test.
RATIÑA.- [MOI ENFADADA, APUNTÁNDOLLE CO DEDO] Déixame de lerias,
has acabar no pucheiro do cocido do domingo, xúrocho por San Ratonio!!
PRESENTADOR.- Compórtate, Ratiña! [DIRIXÍNDOSE Ó GALO] Prosiga, doutor
Quirico…
GALO.- [TOMA AIRE] É certo que o famoso rato Pérez lle ofreceu un contrato
millonario para que sexa a imaxe pública da súa empresa, o Clube Fanado?
RATIÑA.- Si!!
GALO.- Ratiña contestou que si e o polígrafo amosa …[PAUSA, REDOBRE] que di a
verdade!
GALO.- E por último, adorable e preciosa Ratiña Presumida, queres casar comigo?
RATIÑA.-[ELEVANDO A VOZ] Por supostísimo que non!!!
GALO.- [MANTEN O MESMO TON DE VOZ] Á pregunta de se quería casar cun
servidor Ratiña contestou que non e o polígrafo di [PAUSA, REDOBRE] o polígrafo

15
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

amosa que [PAUSA, DE SÚPETO DERRÚBASE CHORANDO INCONSOLABLE] di


a verdade! Buahhhhhhhh!
RATIÑA.- [ESCANDALIZADA] Pero isto é incrible! É que por aquí hai un virus do
casorio e só afecta aos máis impresentables?
GALO.- [CHORANDO E PERDENDO TODA DIGNIDADE, AXEÓNLLASE]
Ratiña, ven ó meu galiñeiro! Non podo vivir sen ti!
RATIÑA.- [A VOCES TENTA SOLTARSE DO GALO] Socorro, sacádeme este becho
de aquí!!
PRESENTADOR.- [BERRANDO] Seguridade!
[CHEGAN OS DE SEGURIDADE]
SEGURIDADE 1.- Outro máis? Que vos deron hoxe?
SEGURIDADE 2.- Anda, ven acá paxarelo, imos de volta para o poleiro…

[LEVANSE Ó GALO QUE MENTRES MARCHA VAI MIRANDO PARA ATRÁS


CHORANDO E FACENDO ACENOS A RATIÑA]

RATIÑA.- [ALPORIZADA] Charles, isto é un pesadelo!


PRESENTADOR.- Muller, sonche cousas do directo! Unha ratiña tan fermosa coma ti
volve parvos a calquera animal, xa sexa porco, galo ou escolopendra!
RATIÑA.- Pois non sei se sería mellor que nacera cucaracha, para non estar pasando
malos intres coma estes!
PRESENTADOR.- Anímate Ratiña, porque o noso seguinte invitado vaiche gustar de
seguro. Non o temos aquí esta tarde, porque está en Nova York por motivos de traballo
pero seguriño que ten algo que dicirche…
RATIÑA.- Ai, que nervios…
PRESENTADOR.- Terás que adiviñar a súa identidade, pero che será ben sinxelo
[MIRA PARA OS ESPECTADORES], e a todos Vdes. tamén, se lles digo que é o
presidente dunha importante compañía internacional que se ocupa do negocio dos
dentes…
RATIÑA.- [TÁPASE OS OLLOS, INCAPAZ DE OCULTAR UN SORRISO] Non
pode ser! Que forte!
PRESENTADOR.- Si, adiviñáchelo, Ratiña! En conexión directa dende Estados Unidos
recibamos cun forte aplauso ao Rato Pérez!!!

16
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

[PRÉNDESE A PANTALLA DE VÍDEO E APARECE O RATO PÉREZ CON


CASCOS, PRESENTADOR ADIÁNTASE PARA MANTER UN DIÁLOGO]
PRESENTADOR.- Boas tardes dende España, son seis horas menos aí onde estás Rato
Pérez, así que bo proveito se é que ainda non comeche!
RATO P.- Ola Charles, un saúdo a todos dende aquí!
PRESENTADOR.- Cóntanos, que estás a facer en Nova York?
RATO P.- Xa sabes, un dente cae un día na India, outro en Australia, o día seguinte hai
que ir a Chicago ou a Nova York coma hoxe. É o traballo da miña empresa, o Clube
Fanado, pero non nos queixamos porque nos gusta o que facemos!
PRESENTADOR.- Pero ti non es só un empresario. Es un rato triunfador e sempre estás
presente nos acontecementos sociais máis importantes…
RATO P.- Son afortunado en ter amigos ós que lles gusta que lles axude a promocionar
os seus produtos.
PRESENTADOR.- E falando de promoción está aquí a unha boa amiga túa, Ratiña
Presumida…
RATIÑA.- Ola Rato Pérez!
RATO P.- Ola cariño, que gusto verte!
PRESENTADOR.- Cóntanos por favor, Rato Pérez, como coñeceche a Ratiña
Presumida?
RATO P.- Foi hai algunhas semanas durante a entrega do dente de ouro que recibin por
parte da Asociación de loita contra a carie. Ratiña era a encargada de presentar o acto e
fixemos boas migas.
PRESENTADOR.- [SORRINDO MALICIOSAMENTE] Moi boas migas?
RATO P.-[RINDO] Ouh, como es Charles!! Só somos bos amigos, nada máis.
PRESENTADOR.- Iso é o que dicides todos pillabán!
RATIÑA.- [RINDO AVERGOÑADA] Por favor, Charles, hasme poñer vermella!
PRESENTADOR.- Deixaremos iso por agora e pasemos a temas máis profesionais. Que
opinión tes de Ratiña?
RATO P.- Oh, é unha rata marabillosa! Ten un futuro brillante no mundo da moda e do
espectáculo.
PRESENTADOR.- [CON CARA DE CONSPIRADOR] E ese futuro inclúe colaborar
co Clube Fanado?
[RATO P. PERDE A COMPOSTURA UN POUCO, CARRASPEA E MÓVESE NO
ASENTO]

17
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

RATO P.- Ehem, ehem, por suposto que algún día podería ser así!
PRESENTADOR.- [EXTRAÑADA] Extráñame oirche falar así, acaso non hai un
acordo en firme para que Ratiña sexa a imaxe internacional do Clube Fanado?
RATO P.- Istoooo…, non exactamente.
RATIÑA.-[ABRAIADA] Como é iso?
RATO P.-[TODO APURADO] Verás cariño, eu quería levalo adiante, pero o consello
de administración decidiu que non tiñas o perfil. Querían algo máis seguro…
RATIÑA.- [APLASTADA] Non pode ser…
RATO P.- Íacho dicir tan pronto puidera. De verdade que o sinto moito.
PRESENTADOR.- E quen foi a escollida finalmente?
RATO P.- Minnie Mouse.
RATIÑA.- [MOI DESPECHADA] Xa estivo ese miserable de Mickey movendo fíos
para favorecer á noiva. Como se non tiveran xa para morrer de fartos!!
PRESENTADOR.- Ben, coido que será mellor que cortémos a conexión. Moitas grazas
por estar connosco, Rato Pérez, e que te vaia moi ben cos negocios.
RATO P.- Un saúdo a todos [DUBITATIVAMENTE DIRIXÍNDOSE A RATIÑA]
Ratiña, espero que sigamos sendo bos amigos. Xa sabes onde estou, chámame!
[A CONEXIÓN DESAPARECE]
PRESENTADOR.- [SARCÁSTICO] Estou segura de que te vai chamar, pero de todo!!
RATIÑA.- [DESCONSOLADA] Quero morrer!!
PRESENTADOR.- Por favor, non te poñas así!
RATIÑA.- [CON BÁGOAS] Dende que cheguei ó teu programa todo me está a sair
mal! Primeiro o porco tolo ese. Logo o burro que me arruina. O galo dicindo mentiras
de min e agora afúndeseme un contrato de primeira! É que me pode pasar algo peor!!
PRESENTADOR.- [CÓLLEA DA MAN] Cando os tempos veñen malos hai que
confiar naqueles que che son máis próximos. Por iso queremos chamar a unha persoas
que te queren ben. Recibamos agora cun forte aplauso ao axente artístico de Ratiña, o
gato Micho Michiño!!

[MICHO MICHIÑO APARECE DENDE O FONDO SAUDANDO ENTRE


APLAUSOS, Ó CHEGAR RATIÑA DALLE UNHA APERTA]

RATIÑA.- Oh, Micho! Isto está sendo un inferno!


MICHO.- Veña Rati, xa pasou! Verás como agora sae todo ben!

18
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

PRESENTADOR.- Pero todavía hai máis. Porque están aquí os pais de Ratiña!
Honorrato Presumido e Ratolina Pinipón!!
[OS RATOS VELLOS CON BASTÓNS PASAN ENTRE O PÚBLICO. RATIÑA VAI
ONDA ELES PARA DARLLES UNHA EMOCIONADA APERTA ENTRE
CHOROS]
RATIÑA.- Pai! Nai!
HONORRATO.- Meu cachiño de queixo!
PRESENTADOR.- Honorrato, Ratolina, por favor tomen asento! [SENTAN]
PRESENTADOR.- Un momento moi emocionante, sen dúbida. Seguro que estarán moi
orgullosos da súa filla.
HONORRATO.- Estamos. É unha rata que non deixa de darnos satisfaccións…
RATOLINA.- [EMOCIÓNASE] Moi boa rata! E moi traballadora! [CHORA,
HONORRATO E RATIÑA DANLLE A MAN AFECTUOSAMENTE] Non se merece
que a traten mal! [SALOUCA]
PRESENTADOR.- Que lembranzas teñen dos seus primeiros días?
RATOLINA.- [SOÑADORA] Ai! Era unha cría preciosa, sen pelo ningún e moi
considerada! Sempre que ía mamar pedía por favor!
RATIÑA.- [UN POUCO AVERGOÑADA] Mamá!!!
HONORRATO.- [RINDO ASPERAMENTE] E moi cagona. Como apestaba todo o
niño cando se puña a botar esterco! Hihihihi!
RATIÑA.- [DEFINITIVAMENTE AVERGOÑADA] Cala, por Deus!
PRESENTADOR.- Oh, que recordos tan entrañables. Vdes. estiveron vendo o programa
dende o camerino… Que lle terían que dicir a todos aqueles que atacan á súa filla?
MICHO.- [FALANDO ALERTA] Oes Charles, coidado co que dis que o vello ten a
mecha curta…
HONORRATO.- Mira Raticia, dígoche que estou un pouco vello xa, pero como pille a
calquera que fale mal da miña Ratiña, acáboo a vergallazos!
MICHO.- Charles, que che digo que non quentes ao vello que isto acaba mal!
PRESENTADOR.- Pois mire Vde. por onde que esas persoas que a incomodaron
todavía están no estudio!
MICHO.- [ESCANDALIZADO] Pero Charles!
PRESENTADOR.- Todo sexa polo índice de audiencia!!!
[HONORRATO ÉRGUESE COMA UN LÓSTREGO]

19
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

HONORRATO.- Como? Disme que eses miserables están tan tranquilos a roer e beber
aí dentro despois de facer sufrir á miña flor de rata?
PRESENTADOR.- Xusto, xusto! [SINALA DIANTE DO ESCENARIO] Por aí!
MICHO.- [LEVANDO AS POUTAS Á CABEZA] Ai, ai!
[RATOLINA ERGUE COMA UNHA CENTELLA, COS OLLOS BOTANDO LUME]
RATOLINA.- [DIRIXÍNDOSE Ó SEU RATO] A que esperas Honorrato? Puxeron na
lama á túa filla e ti tan tranquilo aí!! Como tes callo para aturar semellante cousa? Ai se
fora eu! Ti que es, rato ou home?
HONORRATO.- Rato!!!
RATOLINA.- Pois cumpre como tal!
HONORRATO.- [DIRIXÍNDOSE CO BASTÓN EN ALTO ADENTRO] Ala vou!

[BAIXA HONORRATO E PERSIGUE A PORCO, BURRO, GALO QUE ESTÁN


DIANTE DO ESCENARIO]
HONORRATO. Ides ver agora, baldrocas!!
RATOLINA.- [RADIANTE] Siiiiiiiiii! Dalles onde lles doa! Forte!
[O PORCO, O GALO, O BURRO TENTAN ESCAPAR, SUBEN AO ESCENARIO E
HONORRATO TENTA DARLLES SEN CONSEGUILO, DE SÚPETO PARA E
BERRA]
HONORRATO.- Ai de min, deume un paralís no corazón!!
PORCO.- Que lle pasa?
HONORRATO.- [MENTRES SE BOTA A MAN Ó PEITO] Que morro!!
[OS TRES ACHÉGANSE CANDA EL PARA AXUDALO. CANDO ESTÁN NA
BEIRA RATOLINA BÓTASE A ELES E AGÁRRAOS]
RATOLINA.- [BERRA TRIUNFANTE] Xa os teño, o vello truco segue funcionando!!
[HONORRATO RECUPÉRASE DO SEU FALSO ATAQUE E VAI POR ELES]
HONORRATO.- [EMPUÑA O BASTÓN MENTRES SE DIRIXE Ó PORCO] Vouche
mete-lo bastón por… por…!!!
PORCO.- [ASUSTADÍSIMO] Socorro, que me desgracian!!!
PRESENTADOR.- [INTERPONSE] Alto aí! Lembren que estamos en horario infantil,
así que fágalle o que queira pero non diga palabrotas!!

[NO MEDIO DO BALBORDO E CONFUSIÓN XERAL RATIÑA PONSE NO


MEDIO E RECLAMA ATENCIÓN]

20
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

RATIÑA.- Quedos todos, abonda xa!!


PRESENTADOR.- Querías algo Ratiña? Agora que isto estaba no mellor…
RATIÑA.- Estou chea de todos vós! Non me chegou con que me avergoñaran os
invitados do programa e vós [DIRIXÍNDOSE A SEUS PAIS] acabastes de rematala!
Acabouse, estou farta!
RATOLINA.- [SORPRENDIDA] Que queres dicir?
RATIÑA.- Que a partir de agora mesmo renego da miña condición de rata [ARRINCA
AS ORELLAS, ARRINCA A COLA]
HONORRATO.- Que fas, tola!!
RATIÑA.- E anuncio en exclusiva neste programa que vou ir a Corporación
Dermoestética a operarme. Voume facer un cambio de raza e convertirme en gato!!
Quero sair do armario!!!
PRESENTADOR.- Impresionante noticia! Esperamos que veñas contalo aquí en
exclusiva unha vez que estrees a tua nova vida de gata!!
RATIÑA.- [SORRINDO] Por suposto Raticia, será un pracer!
PRESENTADOR.- [DIRIXíNDOSE Ó PÚBLICO] Señores telespectadores, estimado
público do plató, estamos xa no final do programa. Esta edición de hoxe resultou un
pouco máis tranquila do que estamos acostumados pero non se preocupen porque…
[REDOBRE DE TAMBORES]
PRESENTADOR.- No programa de mañá teremos un debate sobre unha cuestión moi
polémica que divide ás familias. Mañá o debate será…
[REDOBRE DE TAMBORES]
RATICIA.- Queixo de bola ou queixiños El Caserío? Moitas grazas pola súa asistencia
aos nosos invitados e Vdes. [DIRIXÍNDOSE Ó PÚBLICO] teñen unha cita connosco
mañá, aquí en Roendo coas estrelas, Boas tardes a todos!!!

[PÚBLICO E INVITADOS APLAUDEN, SINTONÍA DO PROGRAMA]

FIN

21
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

Vídeo 1- Biografía
[VOZ EN OFF]
A nosa invitada de hoxe naceu hai cinco meses no seo dunha familia numerosa…
(Se localizamos unha foto singular podemos engadir texto extra)
Aquí temos a Ratiña cando tiña só dúas semanas de idade.
(imaxe dos pais de Ratiña saudando e figurando ante a cámara, varios ratos que lle
están a pedir e achuchar)
O matrimonio formado por Honorrato Presumido e Ratalina Pinipón tivo que
traballar moi duro para manter unha camada de dez crías que lles pedían comida
de continuo.
(Ratiña lectora. Ratiña declamando, tocando instrumentos musicais…)
O terceiro animaliño, unha femia, amosou deseguida un grande interese por
descubrir o mundo máis aló da alcantarilla adosada onde se trasladaron ao pouco
de nacer. Nada máis abrir os ollos a pequena ratiña empezou a organizar funcións
teatrais e cine-foros para os seus irmáns.
(Honorrato e Ratolina pensativos, ven a luz e chocan as palmas, a última frase pode
ser con fundido a negro)
Honorrato e Ratalina decidiron que esa filliña súa era especial, e que sen dúbida
non sería unha rata máis. Así que dende o principio decidiron darlle á súa filla un
nome único e orixinal. E por iso lle chamaron [pausa] Ratiña…
(Ratiña pasease polo campo en medio da admiración. Ela loce o palmito. Axente rato
fíxase ben, fala ante ela xesticulando. Van onda pais. Pais dubidan, axente convénceos
e anímaos e logo asinten).
Ratiña Presumida medrou e pronto a súa beleza e a perfección da sua cola e
bigotes foron coñecidas en toda a alcantarilla. Un día que paseaba por diante do
cubo do lixo acertou a pasar por aí un axente da prestixiosa escola de modelos Top
Mouse. O axente convenceu a Ratiña para que o levara canda seus pais. Unha vez
ante eles o axente non tardou en convencer a Honorrato e Ratolina de que a súa
filla tiña un futuro na pasarela e que os concursos de beleza serían o trampolín que
súa filla necesitaba para se dar a coñecer.
(Ratiña con banda e cetro, recibe a coroa en medio de aplausos).

22
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

Así foi como Ratiña presentou a súa candidatura aos máximos galardóns da beleza
ratonil e acadou sucesivamente os títulos de Lady Cloaca e Miss Alcantarilla en
medio dos aplausos da rendida concorrencia.
(Cámara de cartón, gravan película, ela facendo un diálogo con outros ratoactores)
A partir deste momento a carreira de Ratiña Presumida despegou coma un
foguete. Ás sesións fotográficas seguiron as propostas para facer cine. Da man do
prestixioso director Michael Mouse tivo un papel destacado na comedia
Alcantarilla para tres.
(Acompañada por outro galán, ela cun cable na man, melodramática, roe)
Animada polas boas críticas recibidas está rodando actualmente o seu primeiro
drama Roerei ese cable de alta tensión por ti, meu amor polo que espera acadar
unha acollida tan boa coma no seu primeiro traballo.
(Vai pola rúa e lle asedian os admiradores rendidos, ela faise a princesa, fala polo
móbil mentres anda, asina autógrafos, con gafas de sol, levanta as mans para fuxir do
acoso xornalístico)
Ao éxito profesional lle seguiu pronto unha axitada vida privada. Ratiña pronto
comezou a ser unha figura habitual nas revistas da prensa rosa máis prestixiosas
como Ratola! e Que me roes! e apareceron a mancheas os candidatos a ocupar un
lugar moi especial no seu corazón.
(Imaxes fixas de Rato Pérez, Micho Michiño e Plácido Gorrino, aparecen no intre que
se lles menciona)
Entre moitos ratos anónimos, amigos e relacións fugaces, destacan os nomes do
Rato Pérez, presidente da poderosa corporación multinacional Clube Fanado, do
gato Michiño, e do porco cantor Plácido Gorrino.
(Imaxes en movemento ou fixa de Ratiña)
Quen ocupará agora un lugar especial no corazón da bela Ratiña? Qué proxectos
profesionais medita para os vindeiros meses? Estes e outros interrogantes serán
desvelados pola nosa invitada desta tarde en Roendo coas estrelas. Continuen
connosco!

23
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

VÍDEO 2.- PUBLICIDADE


ANUNCIO 1.- GATICIDA GATIL
(Un rato camiña preocupado dun lado a outro. Semella abrumado e fai acenos que
amosan o seu agobio)
Voz en off: Desacougado? (rato asinte mirando á cámara)
Voz en off: Os gatos non che deixan en paz, verdade? (asinte impotente)
Voz en off: Gustaríache te-la solución definitiva para vivir tranquilo dunha vez?
(a rata implora suplicante pedindo unha solución)
Voz en off: Pois agora podes con GATIL, o gaticida máis eficaz do mercado!!
(plano do recipiente con Gatil).
Voz en off: Unha soa rociada de Gatil e os problemas acabaron, e os gatos tamén…
Non hai gato que se lle resista! Porque o único gato bo é o gato morto…
(imaxe da rata rociando gatos e estes caendo fulminados)
Voz en directo do rato: Con Gatil, que diferencia!!!
(rato di mentres amosa fachendoso o recipiente de Gatil ó lado dun gato tirado).
Remata coa cancionciña jingle Con Gatil os gatos morren de mil en mil!!

ANUNCIO 2.- COLONIA ESTERCO


(Un grupo de ratos andan mesturándose. De súpeto miran con admiración e respeto e
deixan paso a outro que camiño entre eles. Despois de pasar mírano con reverencia)
(Ruido de esnifar. Rato levanta a axila. Os outros ulen e vese caras de admiración,
gravar ruido de oooooooooh!)
Voz en off: O que diferencia a un roedor de verdade dos ratos vulgares é o rastro que
deixa ao seu paso. (en negro)
Voz en off: Esterco é a colonia para a rata de hoxe. Nova colonia Esterco, para o rato
que vive cada momento con intensidade… (imaxe da colonia nunha mesa).
Voz en directo: Eu uso Esterco. E ti, a que esperas? (rato amosa en primeiro plano o
bote de colonia mentres fala con presunción).
Voz en off (distinta): E para os máis cativos, liña de fragancia infantil Esterquiño.
(imaxe dunha man que pon un botiño máis pequeno ó lado do grande). Pedir que grave
alguén con voz máis infantil.

ANUNCIO 3.- ASPIRINA

24
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

[IMAXE DUNHA RATA QUE PARA ANTE A CÁMARA E MIRA PARA ELA]
RATA.- Eu son unha rata que vive intensamente as 24 horas do día, e non me podo
parar por unha dor de cabeza.
[IMAXE DA RATA DESPACHANDO PAPEIS, ATENDENDO CRÍAS, FACENDO
DEPORTE, BAILANDO]
Voz en off.- O meu traballo, atender ás miñas crías, facer deporte e ter tempo para
min mesma.
[RATA VOLVE MIRAR Á CÁMARA]
RATA.- Vou perder todo iso? Non!! [SACA EN CÁMARA UN COMPRIMIDO
XIGANTE – CAIXA DE GALLETAS FORRADA DE BRANCO] Cando a necesito
tomo aspirina e como nova! Fai coma min! Roe un comprimido cada día e esquécete
para sempre da dor de cabeza!!
[IMAXE ESTÁTICA DA ASPIRINA]
Voz en off.- Aspirina con ratoprofeno, o remedio que estabas esperando.
[VOLVE APARECER A RATA SORRINDO]
RATA.- Aspirina funcióname!
Voz en off.- (cada frase unha pantalla, ou mentres se recita o texto imaxe estática da
aspirina)
Este produto é un medicamento
Mantéñao fóra do alcance de crías e de ratos pequenos
En caso de dúbida consulte ao seu veterinario

ANUNCIO 4.- PRODUTO DE LIMPEZA PITICLÍN


[RATA APARECE FREGANDO A LOUZA. MOI ANOXADA E FARTA]
RATA.- Estou farta de tanto frotar!! E toda esta cotra que non sae! Xa estou chea!!
Efecto especial, facer aparecer a personaxe fantástico (acompañar de son máxico)
RATA.- [MOI EXTRAÑADA] Ooooooh!
RATICULINA.-[LEVA NA MAN UNHA BOTELLA DO PRODUTO] Veño do
planeta Raticulín para che amosa-la brancura do novo limpador universal Piticlín.
Se usas PITICLÍN poderás conseguir un branco nuclear definitivo.
RATA.- [ESPERANZADA, ENSINANDO OS PRATOS QUE ESTÁ A LAVAR] E
Piticlín poderá tamén con esta cotra?
RATICULINA.- [RADIANTE] O poder de Piticlín permitirá que os teus pratos
relozan coma novos!

25
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

[RATA RECIBE O LIMPADOR E ÚSAO PARA FREGAR]


RATA.- [CONVENCIDA, LAVA E COMPROBA] Quedaron coma novos! Piticlín
convenceume!! [ESPERANZADA] E xa que é tan eficaz, poderá limpar tamén as
mudas do meu marido? E que é un pouco porcallán…
RATICULINA.- [ASINTE SORRINDO] Por suposto. Piticlín pode con calquera tipo
de suciedade.
RÓTULO EN PANTALLA NEGRA “Ó cabo duns minutos…”
[PRIMEIRO PLANO DE RATA, SORRINTE E RELAXADA]
RATA.- Ben amigas, a roupa do meu home resultou unha proba moi difícil incluso
para Touporroutou. Pero non todo foi perda…
[A CÁMARA XIRA E AMOSA A RATICULINA LAVANDO MOI APURADA]
Veña Raticulina, que é para hoxe, dalle con máis xeito! Xa acabache cos calcetíns?
[RATICULINA RESOPLA E ASINTE]
Perfecto, agora che traio o resto da roupa interior, pero será mellor que tomes aire
antes, porque disto seguro que non tedes en Raticulín. Menudo é o meu Tobías
cando se pon a manchar!!
[CARA ESTUPEFACTA E DESESPERADA DE RATICULINA]
Rótulo en pantalla negra (posibilidade de que amose o produto) á vez o locutor di
“Piticlín pode con todo” óese un carraspeo e o rótulo cambia a “Con case todo”.

ESPAZO DE TELEPROMOCIÓN
[AZAFATO SE COLOCA NUN RECUNCHO DO ESCENARIO, DETRÁS DEBE
HABER UN PANEL ONDE APAREZA O PRODUTO ANUNCIADO. FAI
POSTURAS MENTRES NARRADOR LE]
VOZ OFF.- A beleza dunha rata está na suavidade da súa pelaxe. Co paso dos meses
aparecen esas estrías e arrugas que nos fan perder esa pel tersa que tiñamos cando
estabamos no niño. Agora PONDS REGENERACTIVE PARA RATOS te ofrece a
solución definitiva para ese problema. Unha sinxela aplicación cada noite despois de
ter buscado comida e de escapar do gato é o único que necesitas para ser de novo unha
rata atractiva.
[COLLE UN POUCO DE CREMA E EXEMPLIFICA MENTRES FALA]
Bota un pouco de PONDS REGENERACTIVE PARA RATOS polas patiñas e o lombo e
verás como se absorbe. A pel recupera a tersura da mocedade e de novo volve ser
suave e brillante!

26
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

[AGORA MENTRES FALA CÓLLESE A COLA]


E non te esquezas da cola, a parte máis olvidada da nosa anatomía. Unha rata dez
precisa unha cola dez, así que aplica tamén a crema aí! Xa o sabes amiga, agora non
tes excusa para non estar perfecta.
[VOZ PERSUASIVA]
Con PONDS REGENERACTIVE PARA RATOS a raíña da alcantarilla podes ser ti!!!
[APLAUSOS]

27
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

LETRA CANCIÓN ESCÁNDALO LETRA CANCIÓN PORQUERÍA


(15 seg) Escándalo Porquería, porquería
Isto é un escándalo Fozar nela cada día
Escándalo Sempre foi meu soño dende que nacín
Gruñen se me ven pasar Porquería, porquería
Máis che quero cada día
Escándalo Moi cheo de cotra así é como quero vivir
Isto é un escándalo
Escándalo Chimpo, como un tolo pola lama
No cortello gruñen sen parar Por completo emborcallado
Como quixen sempre estar
(53 seg.) Son un porco artista
Gruño con xeitiño No estrume, salpicadiño de landras
Viaxo polo mundo sinto a barriguiña chea
Cantando son feliz pero ainda cabe algunha máis

A eles non lles gusta Leituga, o embruxo dun repolo


Que non faga coma todos a dozura dun cabazo
E non vaia a Frigolouro e unhas codias de pan
Para ser xamón de York
Quentiño, ben dentro da curricheira
Porque son un porco bravo onde como, durmo e bebo
Que non fago caso a todos todo o día sen parar
Porcos, porcas e currichos
Gruñen sempre mal de min Porqueria, porquería
Fozar nela cada día
Pero a min pouco me importa sempre foi meu soño dende que nacín
O que gruñan nos cortellos porquería, porquería
Son un cocho forte e libre máis che quero cada día
Non me van facer rendir Moi cheo de cotra así é como quero vivir

Escándalo
Isto é un escándalo
Escándalo
Gruñen se me ven pasar

Escándalo
Isto é un escándalo
Escándalo

28
A ratiña presumida Letras Galegas 2019

No cortello gruñen sen parar

29

You might also like