You are on page 1of 2

EXERCICIOS GALEGO

1) Busca información na Internet sobre estes pesoeiros da cultura galega. Escribe un breve
resumo de 3-4 liñas sobre a súa vida:

 Pedro Madruga
 Diego Xelmírez
 María Casares
 Xoán Montes

2) Escoita a canción “Negra Sombra”, composta por Xoán Montes e baseada nun poema de
Rosalía de Castro. Escribe un breve comentario persoal sobre as impresións que che causa dita
canción:

Para ver a canción tes que ir a Youtube e poñer na caixiña de búsqueda: “Negra Sombra Luz Casal e
Carlos Núñez Luar”, xa é o primeiro video que che vai aparecer.
Enlace: https://www.youtube.com/watch?v=bIcGcBZX75g

3) Busca unha noticia no xornal dixital Nós Diario e fai un breve resumo dela:

Con poñer no Google “Nós Diario” xa che aparece de primeiro. Enlace: https://www.nosdiario.gal/

4) Aquí mándoche outro capítulo do programa da TVG Alalá, neste caso está dedicado á gaiteira
Susana Seivane. Non é necesario que o vexas todo, mirao ata onde ti consideres para que non che
canse, despois coméntame brevemente en 3-4 liñas as túas impresións:

Para buscar o video vas a Youtube e pos na caixiña de búsqueda: “Alalá Susana Seivane”, xa é o
primeiro video que vai aparecer. Enlace: https://www.youtube.com/watch?v=tmg3RQ7kY_Y&t=1281s

5) Mira esta breve reportaxe sobre o pintor galego Leandro Lamas. Escribe brevemente en 3-4
liñas as túas impresións:

Para buscar o video vas a Youtube e pos: “Leandro Lamas zigzag”, xa é o primeiro video que aparece.
Enlace: https://www.youtube.com/watch?v=1h1rAhayrUs

1
6) Sinala un sinónimo das palabras subliñadas e marcadas en escuro:

Deulle unha forte aperta


Fun falar co cura da parroquia
Que ledicia me causaches!
O leite aínda está morno
Teño abondo con este prato de patacas
O teu amigo é moi latriqueiro

7) Acentúa as palabras que o precisen:

El dixoche que agardaba por nos fora


A celebración sera o sabado na Rua Nova
O gato deitouse comodamente a caron de min
Ademais de leite, tamen e necesario comprar pan

8) Lee este breve texto sobre Roberto Vidal Bolaño e fai un breve resumo:

Roberto Ignacio Vidal Bolaño naceu o 31 de xullo de 1950, en Santiago de Compostela. Os seus pais,
Roberto e Carmen, aínda tiveron outra filla oito anos despois, María del Carmen. Os seus primeiros
anos de vida pasan no barrio de Vista Alegre, nas aforas de Santiago, facendo os estudos de primaria e
bacharelato en varios colexios desta cidade. Púxose a traballar dende moi novo. Con doce anos estaba a
repartir, indo en bicicleta, recambios de coche e máis adiante empregouse nunha axencia de viaxes, nun
almacén de «coloniais» e nunha entidade bancaria. Con vinte e sete anos decide adicarse ao teatro
profesional, creando a súa propia compañía, Antroido, e escribindo e dirixindo as súas propias obras.
Gañou numerosos premios teatrais: o Abrente, o Premio Cunqueiro, o Rafael Dieste, o do Eixo
Atlántico... sempre con obras escritas en idioma galego. Tamén traballou Roberto no cine e na
televisión, como actor, director, xefe de producción... e actor de dobraxe en máis de cincuenta películas.
A súa primeira obra de teatro «O xogadeiro», escrita con só quince anos, duraba só dous minutos, só foi
representada unha vez e rematou co afundimento do escenario. A esta seguíronlle máis de trinta obras,
algunhas dirixidas ao público infantil. Roberto foi o creador do teatro profesional galego, con el
defendeu o noso idioma e a nosa cultura; por iso a Real Academia Galega adícoulle o Día das Letras de
2013.

You might also like