You are on page 1of 4

Acceso á aula virtual

Para acceder á Aula Virtual:


1. Busca en google IES Terra de Trasancos
2. Accede á web do instituto:
3. Na parte superior preme en Aula virtual
4. Pincha en Acceder (parte superior dereita da páxina)
5. Aparecerá a seguinte ventá:

6. O teu usuario é o teu nome e o primeiro apelido en minúsculas,


sen espazos, sen tiles e cambiando ñ por nh. Por exemplo, se eu
fose Antón Camiño Pérez, o meu usuario sería antoncaminho.
7. Se no instituto houbese algunha persoa co mesmo nome e
primeiro apelido, habería que engadir o segundo apelido: no
exemplo anterior antoncaminhoperez.
8. O contrasinal é 123456.

Xa estás na aula, agora cambia o contrasinal e lémbrao para próximas visitas.

Os meus cursos
Fíxate que, unha vez dentro da aula virtual, na columna da esquerda aparecen
os cursos nos que estás matriculado.

Engade unha dirección de correo electrónico


1. Arriba á dereita aparece o teu nome, pincha nel e vai a Perfil.
2. No medio da páxina preme en Editar o perfil.
3. Cambia o enderezo de correo electrónico.
4. Baixa ata o final da páxina e Actualiza o perfil.
App moodle para móbil ou tableta
Podes acceder aos teus cursos dende o móbil ou tableta dixital, descárgate a
App de moodle e pega a ligazón da Aula Virtual do IES Terra de Trasancos:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesterratrasancos/aulavirtual/

Subir tarefas en pdf


A seguinte icona indica cando tedes que entregar algunha tarefa na aula virtual.

Ás veces faredes as tarefas no voso caderno e subiredes unha imaxe á aula virtual,
pero no lugar dunha foto, é mellor subir un documento en formato pdf.

Hai Apps para móbil e tableta dixital que converten unha ou varias imaxes nun só
pdf, por exemplo jpg a pdf, pdf scanner e moitas máis que podedes descargar e
probar nos vosos dispositivos.

Correo electrónico
Para enviar un ficheiro mediante un correo electrónico:
1. Enche os campos seguintes:

2. Envía o correo electrónico.


Sesión inicial: Aula Virtual

IES TERRA DE TRASANCOS


Curso 2020/21

You might also like