You are on page 1of 1

Coma docentes do IES Terra de Trasancos queremos manifestar o noso profundo desacordo a

respecto do modo como a administración educativa ten xestionado a actual crise. Se hai unha
palabra que defina o que vivimos coma profesionais do ensino nos últimos meses, esa é
“improvisación”. Improvisación nas medidas e instrucción propostas, dende o inicio confusas e
contradictorias, que máis que axudar dificultaron o desenvolvemento da nosa labor e
entorpecérona ademais sobrecargándonos de burocracia. Improvisación que se repite agora,
previndo a posibilidade dunha nova onda vírica, as únicas medidas propostas polos dirixentes das
institucións educativas son as de voltar a unha normalidade na máis absoluta anormalidade, con
ratios de 30 alumnos/as e máis nalgúns casos, sen dotar aos centros dos recursos necesarios para
manter as medidas protectoras de distanciamento físico aconselladas polas autoridades sanitarias.
Aínda así, o máis indignante é que as autoridades educativas non están contando con nós en
cuestión relevantes e que afectan á nosa labor diaria: non fomos consultados sobre a nosa
disponibilidade de medios informáticos para traballar, supoñendo que eramos nós quen tiñamos
que asumir os gastos de ordenador ou liña de internet, non se nos consultou sobre a mellor forma
de reorganizar o ensino ou afrontar a avaliación.
Cando o 14 de marzo se decretou o estado de alarma, tivemos que improvisar solucións
implementando en tempo récord un sistema de ensino a distancia. Ademáis de profesores, tivemos
que ser técnicos, psicólogos, asesores e policías. Estivemos aí, educando, non só ensinando
coñecementos, senon animando e sostendo emocionalmente a un alumnado adolescente
confinado, en moitos casos en condicións moi duras. Loitando coa fenda dixital, que non se resolve
dotando de ordenadores ás familias, porque o que hai é unha fenda máis profunda de
desigualdade e carencias. E fixémolo porque se algo nos caracteriza como colectivo é a
responsabilidade e o compromiso co noso alumnado aínda carecendo do apoio da administración.
Agora toca empezar o curso e xa non hai coartadas á improvisación, houbo tempo para deseñar un
plan compartido entre a administración e o resto de membros da comunidade educativa. En lugar
diso atopámonos cun protocolo que quere iniciar as clases a “custe cero” cargando novamente a
responsabilidade no profesorado. De novo son os equipos directivos os que teñen que asumir
funcións propias da administración, dos servizos técnicos e do persoal sanitario (redacción do plan
de adaptación, o plan de continxencia, coordinación do comité COVID, subministro e control dos
materiais de protección.) Todas as funcións que lles esixen non poderán realizarse sen dotación de
máis persoal docente e de limpeza. E no eventual caso de necesitar activar o ensino a distancia
deben asumir toda a organización sen instrucións nin dotación de medios.
Por todo isto, esiximos da Consellería:
- Unha baixada de ratios que faga posible manter as recomendación sanitarias coherentes cun
contexto de pandemia. Esta reducción de alumnado por aula e profesorado posibilitaría tamén
unha atención máis individualizada para a recuperación do terceiro trimestre do curso pasado.
- Contratar profesorado para permitir a baixada de ratios e garantir a atención individualizada ao
tempo que se garante a protección da saúde
- Habilitar espazos novos cubrindo a pista polideportiva exterior para que poda ser usada nas
clases de Educación Física e nos periodos de lecer
- Medios de protección individual e colectiva para todo o persoal do centro e para as familias.
Esta situación extraordinaria non pode supoñer unha carga económica nin para o profesorado
nin para o alumnado.

You might also like