You are on page 1of 11

Camiño Real s/n

15570 Narón (A Coruña)


Tlf.: 881.938.159 Fax: 81.938.170
e-mail: ies.terra.trasancos@edu.xunta.es
web: www.edu.xunta.es/centros/iesterratrasancos

GUÍA PROFESORADO PROTOCOLO COVID

Durante esta difícil etapa que se nos vén enriba, solicitamos a vosa colaboración
para facilitar o traballo de todo o profesorado, persoal non docente e do equipo
directivo, así como para intentar preservar a saúde de todos. Somos docentes, non
profesionais sanitarios, e só podemos poñer á disposición da Comunidade
Educativa os medios dos que dispoñemos para intentar ter o entorno escolar o
máis seguro posible durante o próximo curso 2020/21, ademais de seguir o
protocolo da Xunta dentro das nosas posibilidades humanas.

As novidades que xurdan, serán informadas a todo o profesorado a través do


correo electrónico, debedes revisalo todos os días. A páxina web do centro será un
vehículo oficial de información para alumnado e familias e así llelo debedes de
transmitir tamén na medida que vos afecte.

É recomendable que leades estas instrucións con atención porque rexirán mentras
dure a pandemia e mentres as autoridades sanitarias nolo indiquen.

Haberá un equipo COVID que coordinará todas as accións acerca do COVID e que
estarán apoiadas polo Equipo Directivo e, agardo, por todo o profesorado do
centro. A AULA COVID será, durante este curso, a Sala de Titorías.
O Equipo COVID estará formado por:

- COORDINADORA POR DELEGACIÓN DE DIRECCIÓN:


Carmen Martínez Arribe
PROFESORAS COLABORADORAS:

- Encarna Méndez Casal


- Mercedes Santalla Felgueiras

Calqueira incidencia relacionada co COVID deberedes comunicarlla a algún dos


membros do equipo.

COMEZO DE CURSO: Os días 16, 17 e 18 de setembro haberá unhas xornadas


de adaptación COVID nas que cada curso terá unhas horas coa titora/r para
familiarizarse coas novas normas do centro.
Camiño Real s/n
15570 Narón (A Coruña)
Tlf.: 881.938.159 Fax: 81.938.170
e-mail: ies.terra.trasancos@edu.xunta.es
web: www.edu.xunta.es/centros/iesterratrasancos

1. MEDIDAS DE HIXIENE E SEGURIDADE DO PROFESORADO PARA O


CURSO 2020/21:

-O Equipo Directivo proporcionará, a principio de curso, a todo o profesorado,


unha máscara de protección, ademais dunha bolsiña con dúas máscaras
hixiénicas, un xel hidroalcohólico individual e un pen que poderedes utilizar para
gardar o voso material no caso dunha nova suspensión das clases.

-En todos os espazos do centro disporase de xel hidroalcóholico, papel e


papeleiras con bolsa (nas aulas e sala de profesores), e con pedal (na aula COVID
para os residuos de papel e protección). Todos debemos lembrarlles ao alumnado
a importancia de utilizar dentro e fóra do centro os puntos específicos de recollida
do lixo.

-Deberemos lavar as mans, alomenos, ao entrar e saír do centro e das aulas.

-É obrigatorio o uso de máscara en todo momento, nos espazos comúns, recreos,


cambios de aula e entradas e saídas do centro.

-O profesorado, se lle parece oportuno nalgún momento, e, sempre e cando a clase


estea ventilada poderá deixarlles baixar a máscara uns segundos/minutos ao
alumnado.

- Como norma xeral, durante este curso, evitaremos a nosa estancia na Sala de
Profesores para evitar aglomeracións, prevalencendo o uso dos nosos
Departamentos sempre que a distancia de seguridade nolo permita.
Na sala de profesores estará indicada a distancia interpersoal de 1´5 metros. A
capacidade é sobre 14 persoas.

- A capacidade de todas as salas de Uso Común do centro máis a Biblioteca


estarán sinaladas nas portas das mesmas.

- O Salón de actos non terá sillas e estará principalmente reservado para recreos
do alumnado como Sala Auxiliar e ten unha capacidade para 57 persoas. No caso
de usarse para clases(Economía, Filosofía) o alumnado deberá doblar as sillas se
ten clase antes de calquer recreo sempre e cando chova ou haxa previsión de
choiva.

-Os equipos de traballo (ordenador, monitor, teclado, rato, mesa, teléfonos ou


material de oficina) deberán ser usados só pola persoa titular do posto e, de non
ser posible, desinfectaranse adecuadamente antes de ser empregados por
outra persoa. As ventás, portas, persianas, contras, dispositivos de funcionamento
da iluminación, os proxectores, e restantes ferramentas pedagóxicas serán
unicamente usadas polo profesorado, coas medidas de seguridade e hixiene que
procedan.
Camiño Real s/n
15570 Narón (A Coruña)
Tlf.: 881.938.159 Fax: 81.938.170
e-mail: ies.terra.trasancos@edu.xunta.es
web: www.edu.xunta.es/centros/iesterratrasancos

- Debedes intentar utilizar o voso propio ordenador na medida do posible, pero


se precisades utilizar os ordenadores da Sala de Profesores (para imprimir, por
exemplo) deberedes desinfectar as mans co xel hidroalcohólico que tedes na
mesma así como desinfectar o posto correspondente.

Todo o profesorado entrará e saírá pola porta


-
do aparcadoiro, para o cal disporedes dunha chave que
recolleredes en conserxería e que deberedes levar sempre convosco, aínda
que a primeira e última hora estará aberta (non así o resto da xornada)

- Todo o profesorado do centro deberedes ter, obrigatoriamente, unha chave


mestra para abrir as portas da clase cando sexa preciso abrilas, durante toda a
xornada as portas permanecerán abertas. Debedes ventilar o máximo posible.

-Durante as primeiras semanas de curso, o profesorado/titores, dedicará o


tempo que considere preciso a explicar ao alumnado/titorando as medidas básicas
de hixiene e as medidas especiais nas diferentes aulas materia e aquelas que
requiran o uso de instrumental ou traballo en grupo. Non obstante, deberá evitarse
o traballo en grupo e, sobre todo, cando non se poida manter a distancia de
seguridade recomendada.

Se se detecta que falta material nalgunha aula, o profesorado debe


comunicalo inmediatamente a calquera dos membros do equipo COVID.

2. ANTES DE CHEGAR AO INSTITUTO:

- Antes da chegada ao centro, deberedes realizar esta auto enquisa diaria do


Anexo I para comprobar, no caso de que haxa síntomas, que estes son
compatibles cunha infección por SARS-CoV-2.

- Ante a aparición de sintomatoloxía compatible, non acudiredes ao centro


educativo e chamaredes ao centro de saúde de referencia que vos indicaremos e
a algún dos membros do equipo COVID.

- Como criterio xeral, manterédesvos en illamento preventivo domiciliario,


poñéndovos en contacto co voso centro de saúde ou de ser o caso cos facultativos
da mutua. Serán estes facultativos os que valorarán a sintomatoloxía e prescribirán
a realización dun test diagnóstico ou proba PCR en 24 horas, se así o consideran.

- A canle de comunicación para dar a coñecer ao equipo COVID os casos de


sintomatoloxía compatible, as ausencias de persoal non docente e profesorado e
para a comunicación das familias co equipo COVID para comunicar incidencia e
ausencias será o teléfono do centro 881938162 / Equipo COVID-19
Camiño Real s/n
15570 Narón (A Coruña)
Tlf.: 881.938.159 Fax: 81.938.170
e-mail: ies.terra.trasancos@edu.xunta.es
web: www.edu.xunta.es/centros/iesterratrasancos

ANEXO 1

Presentou nas últimas 2 semanas? S N


I O
N

Febre maior de 37,5ºC

Síntomas
respiratorios
Tose
seca

Dificultade respiratoria

Fatiga severa (cansazo)

Outros síntomas Dor muscular

Falta de olfacto

Falta de gusto

Diarrea

Ten actualmente algún dos síntomas?


Sinalar cales e cando comezaron.

S N
I O
N
Cunha
Tivo CONTACTO persoa COVID-
Nas últimas 2 19 confirmado
semanas?
Cunha
persoa en
illamento por
sospeita de
infección pola
COVID- 19
Cunha
persoa COVID-
CONVIVIU nas 19 +
últimas 2 confirmado
semanas?
Cunha
persoa en
illamento por
sospeita de
infección pola
COVID- 19?
Camiño Real s/n
15570 Narón (A Coruña)
Tlf.: 881.938.159 Fax: 81.938.170
e-mail: ies.terra.trasancos@edu.xunta.es
web: www.edu.xunta.es/centros/iesterratrasancos

3. ORGANIZACIÓN XERAL DAS CLASES:

1. Cando o alumnado chegue ao centro, entrará directamente ao centro (poderá


facelo dende as 8:00 da mañá e agardar no patio cuberto ata as 8:20). As aulas
este ano estarán abertas e quedarán abertas en todo momento.

2. Ás 8:20 soará un único timbre para subir ás aulas.

NOTA IMPORTANTE:

O PROFESORADO de primeira hora da mañá deberá estar ás oito e vinte na


clase agardando polos rapaces, que poderán ir hixienizando as mans e
preparándose para comenzar as clases ás 8:30.

8:05-Profesores/as de garda de custodia ás para a organización de entradas.


Profesorado de primeira hora da mañá máis membros do equipo directivo que entrarán
ás
8:20 -Profesores de garda ou con clase a 1ª hora(10 minutos antes do habitual) para organizar a
entrada do alumnado na aula xunto con membros do Equipo Directivo.

TODO O PROFESORADO EXTREMARÁ A PUNTUALIDADE

3. Pola tarde: a entrada da tarde será directamente ás aulas cando toque o


timbre das 16:20.

A puntualidade, tanto do profesorado de garda como do profesorado de


primeiras horas deberá ser ESTRICTA pola seguridade de todas/os.

4. Á saída da mañá haberá varios timbres:

14,00- Para a saída do alumnado de 1º Bacharelato, Fp Básica e Ciclos


Formativos.
14,05-Para a saída do alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO.
14,08- Para a saída do alumnado de 1º de ESO e 2º de Bacharelato

5. Á saída da tarde os timbres serán:

17:50-Para a saída do alumnado de 1º Bacharelato e FP Básica


17:55-Para a saída do alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO
18:00-Para a saída do alumnado de 1º de ESO e 2º de Bacharelato

NOTA: O ALUMNADO DE CICLOS SAE ÁS 18:50 COMO É HABITUAL.

-Todo o profesorado deberá permitir ao alumnado que recollan antes desa


hora para que a saída sexa puntal e non haxa aglomeracións.

Deberán baixar sempre polas escaleiras de baixada (A ou B) e saír polas


portas principais (A ou B) segundo as indicacións, que vos adxuntamos por
correo electrónico, de entradas e saídas, indicacións que debe respectar
tamén o profesorado.
Camiño Real s/n
15570 Narón (A Coruña)
Tlf.: 881.938.159 Fax: 81.938.170
e-mail: ies.terra.trasancos@edu.xunta.es
web: www.edu.xunta.es/centros/iesterratrasancos

- Faremos unhas sesións informativas e ilustrativas para titores en grupos


pequenos posto que van ser os transmisores desta información o primeiro
día.

-Entre clase e clase é obrigatorio e indispensable que, sempre que poidades,


esteades uns segundos antes de que toque o timbre nas portas da aula
correspondente para evitar aglomeracións nos corredores ou que o alumnado saia
das clases.

- Cando entredes na clase deberedes airear durante cinco minutos e tamén cinco
minutos antes de sair.

- Se nunha aula cambia o grupo de alumnos en dúas horas consecutivas, haberá


que ventilar durante 10 minutos mínimo.

-Todo o profesorado contará cunha chave mestra das aulas que deberá
recoller en conserxería antes de que comecen as clases. O resto do tempo as
aulas permanecerán preferentemente abertas.

- O alumnado no recreo deberá baixar directamente ao patio, non se permitirá a


subida aos baños de ningunha forma polo que este ano deberedes ser flexibles e
deixar ir ao alumnado ao baño. Se no recreo hai algunha emerxencia poderán ir ao
baño da planta baixa.

-Todo o profesorado deberá velar porque non haxa rapaces nos corredores e que
o alumnado, nos momentos de lecer, garde as correspondentes distancias de
seguridade e leve máscara.

- Non se poderá usar o salón de actos para exames durante o curso. Haberá
que facelos nas aulas.

O incumprimento do uso da máscara ou outra actitude que sexa contraria ás


medidas de seguridade e hixiene, poderá ser motivo de sanción para o alumnado.

3.1. CAMBIO DE AULAS:

Cando un grupo deba cambiar de aula, farao en ringleira de un, respectando a distancia de
seguridade de 1,5 m , transitando pola parte dereita do corredor e usando as escaleiras
correspondentes para cambiar de planta.

Agás o alumnado procedente de distintos puntos do centro, que irá directamente á nova aula, o
alumnado dun grupo completoque teña que trasladarse esperará na súa aula de referencia a que
o profesorda nova aulao vaia buscar, para garantir que o espazo de destino está baleiro e non
conflúen os dous grupos no corredor.

.Ao entrar na nova aula, cada un deberá hixienizar mans, mesa e cadeira co produto que
encontrará na nova aula.
Camiño Real s/n
15570 Narón (A Coruña)
Tlf.: 881.938.159 Fax: 81.938.170
e-mail: ies.terra.trasancos@edu.xunta.es
web: www.edu.xunta.es/centros/iesterratrasancos

4. OUTRAS MEDIDAS ORGANIZATIVAS

4.1. CAFETERÍA:

- O uso da cafetería durante os recreos estará reservado ao alumnado e farase por


quendas: 1º recreo (1º, 2º e 3º ESO) / 2º recreo (4º ESO, Bacharelatos e
Ciclos). O profesorado poderá ir nos momentos libres dos que dispoña durante
o resto da xornada. A cafetería estará tamén sinalizada con entrada e saída e unha
única dirección.
O profesorado de garda deberedes vixiar que o alumnado entre ven ringleira
respectando a distancia de seguridade e só se poderá permanecer nela o tempo de
ser servido. ( o consumo terá que ser fóra).

O profesorado poderá ir só nas “horas libres”.


-Os recreo estarán divididos por zonas, non poderán usar o balón na pista e tamén
terán subidas e baixadas escalonadas(ver protocolo xeral).

4.2. INSTRUCCIÓNS DE CONSERXERÍA:

 Non deberemos deixar obxectos (bolsos, paraugas, etc) nin material persoal (libros,
carpetas, etc)

 Deberemos levar sempre preparado o material que queiramos fotocopiar e non


permanecer dentro facendo as montaxes, composicións, etc...

 Se é necesario entrar, facelo de un en un, podendo facer entregas e recollidas pola


ventanilla

4.3. RECREOS:

HORARIOS:

A saída ao recreo farase de xeito escalonado, para o que soarán varios timbres.Cada grupo deberá
baixar sempre acompañado do seu profesor ata o vestíbulo.

1º recreo:

10:00.1º e 2º ESO
10:05. 3º e 4º ESO
10:10. Bach, FP Básica e Ciclos

2º recreo:

12:00.Bach, FP Básica e Ciclos


12:05.3º e 4º ESO
12:10.1º e 2º ESO
Camiño Real s/n
15570 Narón (A Coruña)
Tlf.: 881.938.159 Fax: 81.938.170
e-mail: ies.terra.trasancos@edu.xunta.es
web: www.edu.xunta.es/centros/iesterratrasancos

ESPAZOS:

1º e 2º ESO: sempre que non chova, utilizarán a pista LUNS, MÉRCORES e VENRES (os martes e
xoves utilizarán o patio exterior)

3º e 4º ESO: sempre que non chova, utilizarán o patio exterior, agás martes e xoves que utilizarán
a pista.

Bacharelato, FPB e Ciclos: preferentemente utilizarán o exterior do centro en caso de que


dispoñan de permiso das familias. En caso contrario, permanecerán no vestíbulo.

O ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS, excepcionalmente este curso, poderá permanecer na


súa clase durante todo o recreo se non opta por sair do centro pero nunca poderá permanecer nos
corredores.

Cando chova, ou cando as condicións meteorolóxicas impidan estar no exterior, a dirección do


centro permitirá a todo o alumnado usar o interior do centro(salón de actos, ximnasio, vestíbulo...)
agás a cafetería.

Non se poderá usar o balón nas pistas.

A vixilancia dos distintos espazos de recreo dependerá do profesorado de garda


dispoñíbel , que se organizará para vixiar os distintos espazos: patio cuberto, pista
exterior, vestíbulo e corredor.

5. APUNTE ESPECIAL SOBRE A ORGANIZACIÓN DAS CLASES PARA CICLOS


FORMATIVOS:

-O alumnado de Ciclos Formativos, excepcionalmente este curso, poderá


permanecer na súa clase durante todo o recreo ou ben optar por sair do centro, pero
nunca deberá quedarse nos corredores.

-As medidas respecto á máscara e lavado de mans serán iguais ás do alumnado da


ESO, FP Básica e Ciclos.

-As medidas sancionadoras no caso de incumprir as normas do centro relacionadas


co COVID serán as mesmas que para o alumnado de ESO, FP BÁSICA E
BACHARELATO.

-Na AULA 0 e na AULA 6 terán unhas mamparas separadoras entre ordenadores.


O profesorado de Ciclos deberá velar polo seu uso responsable.
Camiño Real s/n
15570 Narón (A Coruña)
Tlf.: 881.938.159 Fax: 81.938.170
e-mail: ies.terra.trasancos@edu.xunta.es
web: www.edu.xunta.es/centros/iesterratrasancos

6. MEDIDAS ORGANIZATIVAS EN CASO DUN NOVO CONFINAMENTO OU


SUSPENSIÓN DAS CLASES:

-O medio de información onde centralizaremos a información para todas as materias


será a Aula Virtual.

-Haberá dous profesores encargados da Aula Virtual: Vicente Suárez e


Cristóbal Llano, aos que podedes dirixirvos para as vosas dúbidas durante o curso
escolar, sempre partindo de que todo o profesorado do centro debe saber como
funciona a Aula Virtual a 16 de setembro.

-Durante as dúas primeiras semanas, unha vez que comecen as clases, faredes
un especial fincapé na vosa metodoloxía de traballo en caso de haber un novo
confinamento. Iredes matriculando ao alumnado nos cursos da Aula Virtual e
deberedes formalos acerca da utilización da mesma e doutras plataformas ou
medios que vaiades utilizar.

-Todo o profesorado deberá saber utilizar as Videoconferencias como medio de


traballo e para favorecer a continuidade ás clases. Para o uso das videoconferencias
e plataformas das mesmas podedes consultar coa Directora ou coa Xefa de
Estudos.

- Os plans de traballo, no caso de habelos, serán colgados na páxina web do


centro.

-No caso de adaptación das programacións tamén serán colgadas na web.

-Teredes toda a información exhaustiva no noso protocolo xeral , no protocolo que


sacará a Xunta e que, cos anexos, estará impreso e exposto na Sala de Profesores.

7. USO DE AULAS ESPECIAIS:

- As aulas especiais como a de Plástica, Música, Laboratorios, Talleres, etc... e na


materia de Educación Física e Ximnasio, rexiranse polas normas que indique o
profesorado correspondente sempre tendo en conta o protocolo xeral.

- A Biblioteca do centro vai seguir funcionando coa maior normalidade posible. Aínda
así sufrirá adaptacións á nova situación que se incluirán no protocolo do centro e vos
comunicaremos a principio de curso.

8. OUTRAS INDICACIÓNS IMPORTANTES ACERCA DE MEDIDAS PARA O


ALUMNADO:

- Todo o alumnado deberá traer no seu estoxo/mochila o seu propio xel


hidroalcohólico, tamén lles recomendamos xel desinfectante. Deberedes
asegurarvos que ao entrar nas clases, unha vez que estean sentados, hixienicen as
súas mans.

- O alumnado deberá utilizar a máscara en todos os momentos.


Camiño Real s/n
15570 Narón (A Coruña)
Tlf.: 881.938.159 Fax: 81.938.170
e-mail: ies.terra.trasancos@edu.xunta.es
web: www.edu.xunta.es/centros/iesterratrasancos

-Se o alumnado trae máscaras hixiénicas dun só uso tipo quirúrxicas deberán
cambialas cada catro horas, o que supón que ás doce e media debedes asegurarvos
que a cambian.

-Nas aulas, o alumnado estará situado de forma individual. Non deben cambiar
de sitio en todo o curso e non poderán utilizar nin as taquillas nin os percheiros, non
poderán intercambiar material e non poderán xirarse cara seus compañeiros.

-Estarán reguladas nas NOF (normas de organización e funcionamento do centro)


as medidas sancionadoras no caso de que un alumno non traia a máscaraou non
obedeza as indicacións do profesorado,xa sexan relacionadas con este feitoou con
non manter as distancias de seguridadeououtras que atenten contra a saúde.

- Se detectades que un alumno non trae máscara,deberedes comunicalo, xa que,


quedará illado ata que seus familiares/titores/pais lle proporcionen unha. En ningún
caso se permitirá estar no centro a ningunha persoa sen máscara.

-Dende as titorías deberedes darlles as normas específicas, que vos


proporcionaremos noutro documento, aos vosos titorandos.

9. REUNIÓNS E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES:

Por regra xeral, e mentras rixa este protocolo, as reunións que se fagan durante o
curso serán telemáticas. Deberedes ter coñecemento tanto da Plataforma
Webex como da Plataforma JITSI, que serán as que utilizaremos tanto para as
reunións como para as videoconferencias con alumnos. En caso de non saber
utilizalas deberedes falar coa Directora ou a Xefa de Estudos do centro.

-As actividades extraescolares estarán restrinxidas durante este período, aínda que
se poderán facer de xeito telemático. Xa hai experiencias de charlas e encontros
tipo telemático que se realizaron sen problema o curso pasado.
Para situacións excepcionais de grupos de pouco alumnado deberedes consultar
con Dirección.
Camiño Real s/n
15570 Narón (A Coruña)
Tlf.: 881.938.159 Fax: 81.938.170
e-mail: ies.terra.trasancos@edu.xunta.es
web: www.edu.xunta.es/centros/iesterratrasancos

COUSAS FUNDAMENTAIS:

1. Realizar a autoenquisa de diagnose diaria ( do anexo I) antes de asistir ao centro.

2. En cada cambio de grupo o profesorado responsabilizarase da hixiene das súas mans e do


material de uso docente empregado, da ventilación do local e de lembrar hixiene e
seguridade ao alumnado.

3. Daráselle prioridade ás reunións telemáticas, mais no caso se ser presenciais


garantirase a distancia interpersoal de 1.5 metros.

4.Para evitar aglomeracións e como norma xeral, evitarase a estancia prolongada na Sala
de Profesores, prevalencendo o uso dos Departamentos sempre que a distancia de seguridade
o permita.

5. Haberá dúas portas de entrada e saída ( as do patio cuberto)reservadas ao profesorado,


que entrará polo portal do aparcadoiro con chave propia.

6. O profesorado non poderá usar a cafetería durante os recreos.

7. Respectar as marxes horarias de comezo e fin das clases para medidas hixiénicas, cambios de
aula, saídas a recreos,etc. EXTREMAR A PUNTUALIDADE.

ANTE CALQUERA DÚBIDA, ACLARACIÓN OU SUXERENCIA ACERCA


DESTAS INSTRUCIÓNS PODEDES DIRIXIRVOS AO CORREO ELECTRÓNICO:
graciela.galdo@edu.xunta.es

You might also like