You are on page 1of 4

ESCRIBIR UNHA POSTAL

Esta semana vamos a propoñervos escribir unha


postal para os maiores da Residencia de Ordes.
Non te esquezas de facela sempre nun borrador
e unha vez revisada pasala a limpo.
Os pasos a seguir para escribir a postal
son:

1º Facemos un debuxo na plantilla sobre o que


nos queiramos.
2º Ao darlle a volta á postal, atoparas unha liña
vertical no centro do folio, cun espazo en branco
a esquerda e un espazo con liñas a dereita.
Escribe a dirección do destinatario nas liñas, á
dereita das liñas verticais.
A dirección é a seguinte:
Residencia Maiores De Ordes
Rúa Víctor González Faya nº 26
C.P.15689 Ordes
3º Decora o selo na parte superior da postal.
4º Escribe a data na esquina superior esquerda. Por
exemplo:
27- 04- 2020
27 de abril do 2020
5º Saudamos ao noso destinatario no lado
esquerdo.
6º Escribe unha mensaxe.
As postais son emocionantes, a mensaxe ten que
ser corta e agradable.
Despois de escribir a mensaxe, non esquezas
firmar co teu nome, na parte inferior esquerda da
postal.

Se seguiches estes pasos xa tes feita a túa postal.

Non te esquezas de compartila ca túa


titora antes do 10 de maio.
_______________________________________________________

_______________________________________________________

_______________________________________________________

_______________________________________________________

You might also like