You are on page 1of 3

SOFÍSTICA.

→Sofista = “sabio”, “experto do saber”. O concepto adquiríu unha significación negativa pola
influencia de Platón e Aristóteles: para estes o saber dos sofistas era aparente e non era froito
dunha busca desinteresada da verdade senón co fin de lucro. A posterioridade permaneceu
presa do prexuízo platónico e aristotélico. Actualmente impónse unha revalorización do
movemento. (Jaeger).

→ A Sofística representou unha revolución no pensamento grego: un desprazamento da


reflexión filosófica dende a physis e o cosmos ata o home en tanto membro dunha sociedade.
Os temas dominantes pasan a ser a ética, a política, a retórica, o arte, a lingua, a relixión, a
educación... a cultura do home. A SOFÍSTICA INICIOU O PERÍODO HUMANISTA DA FILOSOFÍA
ANTIGA.

Os factores que propiciaron o cambio de orientación da filosofía foron:

1). Esgotamento das posibilidades da filosofía da physis. Búscanse novas vías para a filosofía.

2). Fenómenos económicos e culturais que favoreceron o desenvolvemento da sofística e que


esta potenciou: A aristocracia entra en crise ao tempo que cobra impulso o pobo (demos):
influencia dos metecos nas cidades sobre todo Atenas, crecemento do comercio coa
conseguinte difusión de experiencias e coñecementos o que determinou a confrontación entre
costumes, leis e usos helénicos e non helénicos.

Coa crise da aristocracia entran tamén en crise os valores tradicionais e o antigo concepto da
virtude (areté). A virtude estaba ligada ao orixe e nacemento pero agora amplíanse as
posibilidades de acceso ao poder e cuestionanse e relativízanse as posturas tradicionais.

Os sofistas sabían captar as novas demandas da época facéndose populares entre os mozos
dicíndolles o que esperaban cando xa non lles satisfacían os valores tradicionais.

Aspectos a considerar da Sofística que non se valoraron no pasado:

1). Os sofistas atenderon a cuestións prácticas: buscaban alumnos para aplicar as súas
ensinanzas. Grazas a eles o problema educativo e o afán pedagóxico pasan a primeiro plano.
Convértense en difusores da idea de que a virtude non depende da nobreza senón que se
fundamenta no saber. De aí que a indagación da verdade estivera para eles necesariamente
ligada á difusión. O concepto de educación baseada na difusión do saber debe moito aos
sofistas.

2). Os sofistas esixían unha compensación polos súas ensinanzas. Converteron o saber en oficio
e romperon có esquema segundo o cal a cultura quedaba reservada a determinada elite social.

3). Reprochóuselles o seu carácter errante pero a súa actitude, non obstante, encerraba algo
positivo comprenderon que os estreitos límites da polis non tiñan razón de ser converténdose
en representantes das demandas panhelénicas (foron máis alá de Platón e Aristóteles no seu
ideal da polis como cidade- Estado).
4).Erixíronsen en representantes da razón como crítica das vellas ideas: foron os “ilustrados
gregos”.

5). Non constituíron un bloque compacto de pensadores. Hai que distinguir 3 tipos de sofistas:
1). 1º mestres que non carecían de criterios morais e foron respectados polo propio Platón.

2). Os eristas preocupados por cuestións formada e que descoidaron a cuestión dos contidos.

3). Os sofistas políticos que hoxe poderiamos clasificar de ideolóxicos e que acabaron caendo
no inmoralismo.

PROTÁGORAS E O MÉTODO DA ANTILOXÍA (Abdera 491-381 a.C.).

→ Proposición básica: “o home é a medida de todas as cousas das que son en aquilo que son e
das que non son en aquilo que non son”. Postura de relativismo: Protágoras nega a existencia
dun criterio absoluto que discrimine entre o ser e o non- ser, o verdadeiro e o falso. O único
criterio é o home.

→ Na súa obra “as Antiloxías” demóstrase que “acerca de cada cousa hai dous razoamentos
que se contrapoñen entre si”. Respecto de calquera cousa pódense presentar argumentos
contrarios (trátase de ensinar a criticar e discutir). Protágoras ensinaba a facer forte o
argumento aparentemente máis feble. A virtude para Protágoras consistía no feito de dispoñer
da habilidade necesaria para facer prevalecer calquera punto de vista sobre o seu contrario. Os
mozos vían nesta habilidade unha maneira de abrirse camiño nas asembleas públicas, os
tribunais e a vida política.

→ Ademais de relativismo dáse en Protágoras unha postura de Pragmatismo. O bo é o útil e


conveniente. O sabio é o que sabe coñecer o relativo máis útil.

→ Agnosticismo a nivel relixioso

GORGIAS E A RETÓRICA (Leontini, Sicilia 485-575 a.C.).

→Protágoras parte do relativismo e constitúe sobre el o método da antiloxía. Gorgias parte do


nihilismo e constrúe sobre el a súa retórica.Tesis do nihilismo: 1). Nada existe. 2). No suposto
de que algo exístIse non podería ser cognoscible. 3). No suposto de que algo fose cognoscible
non podería ser expresable.

Gorgias nega a posibilidade de coñecer a verdade absoluta (aletheia), nega a vía do


coñecemento racional e o da doxa u opinión.

Constitúe o primeiro representante da ética da situación: o bo o malo, verdadeiro o falso varían


segundo o momento, a cidade as características sociais.

→ Por outra parte se non existe unha verdade absoluta a palabra adquire autonomía propia en
tanto desvinculada do ser: a retórica é o arte da persuasión. A retórica era un instrumento
fundamental da vida política.
→Gorgias considerou a dimensión estética da palabra: o arte como a retórica consiste en
provocar sentimentos pero non con intencións prácticas, senón para provocar un engano
poético.

PRÓDICO E A SINONIMIA

→ Practicaba a táctica da sinonimia: diferenciación de sinónimo e determinación dos matices


que entraña o significado de cada un.

CORRENTE NATURALISTA: HIPIAS E ANTIFONTE

A contraposición entre physis e nomos comeza a finais do século V a.C.:

→Hipias Arte da memoria o mnemotécnica

A natureza une aos homes mentres que as leis os dividen.

Xorde a diferenza entre un dereito natural e un dereito positivo promulgado polos homes. O
1º é eternamente válido, o 2º continxente. As leis humanas (nomos) son arbitrarias. Esta
distinción fundamenta un igualitarismo (baseado na Natureza) entre os cidadáns.

A diferenciación entre Physis e Nomos faise con afán igualitarista.

→ Antifonte( vs. Calicles e Trásimaco).

Radicalización da distinción.

A reivindicación das leis naturais se utilizan tamén con fins igualitarios “... por natureza
todos son absolutamente iguais”.

Con isto a Sofística elimina e ataca o prexuízo tradicional do pobo grego cara ós estranxeiros e a
súa pretendida superioridade.

OS ERISTAS E OS SOFISTAS POLÍTICOS

→ A antiloxía de Protágoras ao “corromperse” producíu a erística: arte de disputar mediante


palabras cuxo obxectivo consistiu na disputa mesma. A súa finalidade era fomentar o xogo
conceptual. Os eristas inventaron os razoamentos capciosos e falsos que foron chamados
“sofismas” → Platón denunciará no “Entidemo” a súa vacuidade.

→ Os sofistas políticos extraeron as súas armas do nihilismo de Gorgias

● Crítias atacou o concepto dos deuses= invencións dos políticos para facer respectar as leis.

● Trasímaco: “ o xusto é a vantaxe do máis poderoso” vs. Antifonte.

● Calicles: por Natureza é xusto que o forte domine ao débil e o subyugue por completo. Só
dous principios son por natureza lexítimos: a lei do máis forte e o principio do pracer.

You might also like